O CONSELLO NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA APROBA O DOCUMENTO DE “MUNICIPALISMO NO PROCESO DE UNIDADE POPULAR E REBELIÓN DEMOCRÁTICA” E O CALENDARIO DE PRIMARIAS DE CARA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE 2015

cpnO consello nacional de Esquerda Unida, máximo órgano de dirección entre asembleas, reunido hoxe en Compostela, vén de aprobar o documento marco de cara ás eleccións municipais enmarcado nun contexto de emerxencia social e excepcionalidade democrática, que require de xenerosidade e intelixencia colectiva de todas aquelas forzas políticas, movementos sociais e cidadanía que propugnan un cambio profundo de radicalidade democrática e, xa que logo, da unidade popular para derrotar ao bipartidismo e transformar as institucións co protagonismo absoluto da maioría social.

Neste senso o Consello Nacional de Esquerda Unida ratifica a vontade e a necesidade de reforzar AGE como elemento aglutinador dos procesos de cambio, que tamén aparecen reflectidos nos movementos de confluencia cidadá que están a xurdir ao longo do país.

O Consello Político Nacional aprobou o calendario do proceso de primarias para elexir ás candidatas e candidatos que representarán a Esquerda Unida nas vindeiras eleccións municipais do 2015, coincidindo coas primarias de IU a nivel estatal.


Este consello tamén aprobou o programa marco “Municipalismo de esquerdas para unha alternativa constituínte republicana”
que Esquerda Unida presentará ante os colectivos e movementos sociais, os verdadeiros protagonistas do proceso constituínte, co obxecto de recoller as súas propostas de cara á elaboración dun programa participativo.

Ao longo da tarde, Esquerda Unida celebra unha xornada de traballo sobre as dinámicas de confluencia e transformación do mapa político hoxe dominante que marca unha tendencia en aumento da fin do bipartidismo. Para elo contamos coa presenza de Lara Hernández (responsable Federal de converxencia) e Ramón Luque (responsable Federal da secretaría executiva de acción política).

ACTO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA EN EUROPA

acto_lidia

ESQUERDA UNIDA CELEBRA HOXE O 10 DE MARZO, DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA, CUN CHAMAMENTO Á DEFENSA DA NEGOCIACIÓN COLECTIVA EN GALICIA

10-DE-MARZO

Yolanda Díaz, vicevoceira de AGE e coordinadora nacional de EU participa na movilización polo 10 de marzo en Ferrol acompañada de membros da executiva nacional lembrando que asistimos a “unha demolición de dereitos laborais sen parangón nos últimos 30 anos”

EU lembra que cada vez son máis os convenios colectivos que non son renovados co risco da ultraactividade e a perda de dereitos contidos neles. Este feito por en relevancia as loitas do 72, loitas que tiveron como eixo mobilizador a negociación colectiva e os dereitos laborais.

En Galicia e no conxunto do estado non é posible para EU acordos marcos de negociación colectiva ao atoparnos cunha patronal disposta a todo para abaratar dereitos e salarios e polo tanto apostamos por un sindicalismo de mobilización sostida que remate nunha folga xeral coa participación activa da cidadanía expulsada do mercado laboral.

EU considera ilustrativas as receitas que reiteradamente ven mandando o FMI sobre a necesidade de “radicalizar a reforma laboral”, feito que coincide coa estratexia da patronal de dinamitar a negociación colectiva e o papel garantista do sindicalismo de clase, estratexia que últimamente ven a estar alentada dende medios de comunicación para laminar o derradeiro baluarte contra a desregulación total do mercado laboral.

Yolanda Díaz lembra que, tal e como figura no cartel conmemorativo de EU para este 10 de marzo, vindicar a memoria dos homes e mulleres que con audacia foron quen de poñer en pé ao pobo de Ferrol contra a ditadura e as leis laborais franquistas e vindicar hoxe a non renuncia aos nosos dereitos conseguidos tamén con sangue como a verquida por Amador e Daniel na rúa naqueles tempos.

Esquerda Unida, que participará activamente nas MARCHAS POLA DIGNIDADE, que partirán de 9 puntos do estado con destino Madrid, aproveita este 10 de marzo para pedir a participación activa dos galegos e galegas nesta marcha, que no noso país concretarase nun tren con saída dende Galicia o 22 de marzo

A EDUCACIÓN: UN DEREITO NA ENCRUCILLADA

Cartel Ensino

ESQUERDA UNIDA REUNE MAÑÁ SÁBADO 8 DE XUÑO O CONSELLO POLÍTICO NACIONAL

O CONSELLO POLÍTICO NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA RATIFICA A YOLANDA DÍAZ COMO COORDINADORA NACIONAL E ELIXE A COMISIÓN EXECUTIVA

asemblea_euYOLANDA DÍAZ MANIFESTA QUE “A RESPONSABILIDADE DE ESQUERDA UNIDA NESTA NOVA ETAPA POLÍTICA É UN RETO QUE ASUMIMOS CON ILUSIÓN, TRABALLO E COMPROMISO”.

Tras a XI Asemblea nacional de Esquerda Unida celebrada no mes de abril, mañá sábado 8 de xuño, reunirase na sede nacional de Esquerda Unida o Consello Político Nacional (máximo órgano de dirección entre asembleas). Este órgano conformado por 53 persoas, marcará a liña política que Esquerda Unida desenvolverá nos vindeiros catro anos.

Yolanda Díaz manifesta que “a responsabilidade de Esquerda Unida nesta nova etapa política é un reto que asumimos con ilusión, traballo e compromiso”. Ante a situación de continua agresión política, económica e sobre todo social deste goberno, Esquerda Unida xoga un papel relevante na labor de conformar un bloque político e social que sexa o que lidere unha alternativa anticapitalista que busque unha saída social á situación de desesperanza e desgoberno na que nos atopamos.

Nesta primeira xuntanza como órgano de dirección, o Consello Político Nacional ratificará a Yolanda Díaz como coordinadora nacional e dará a coñecer a nova comisión executiva de Esquerda Unida.

A xuntanza terá lugar ás 10h na sede nacional de Esquerda Unida sita na rúa Dublín 8 en Compostela.

O CONSELLO POLÍTICO NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA ACORDA QUE A XI ASEMBLEA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA SE CELEBRE A FINAIS DE ABRIL NA CIDADE DE COMPOSTELA

Yolanda Diaz e Xavier Ron, membros da executiva de EU

Yolanda Diaz e Xavier Ron, membros da executiva de EU

“É UN MOMENTO DE DEBATE NECESARIO ONDE A MILITANCIA TEN QUE MARCAR A LIÑA DA POLÍTICA QUE DEBEMOS DE SEGUIR ANTE AS POLÍTICAS DE ABUSO DE PODER QUE A DEREITA NOS ESTÁ A IMPOÑER” MANIFESTA A COORDINADORA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA, YOLANDA DÍAZ

O Consello Político Nacional de Esquerda Unida, máximo órgano de goberno entre asembleas, tomou a decisión de celebrar a XI Asemblea Nacional a finais de abril na propia cidade de Compostela.

Ao longo da xornada de traballo que se desenvolveu neste sabado 9 de febreiro, o Consello Político Nacional conformou as liñas mestras polas cales transitará a tarefa das comisións que elaborarán os documentos que se someterán a discusión e debate nas asembleas de base. Do mesmo xeito, aprobáronse as normas que regularán o proceso até a celebración da Asemblea Nacional.

A XI Asemblea Nacional terá lugar no momento en que a quebra dos ténues mecanismos do estado de “medioestar” está na súa fase máis acelerada, onde aos recortes orzamentarios, ao rescate da banca, ao incesante incremento do paro temos que engadirlle todos os procesos de corrupción.

Neste contexto é máis importante que nunca a definición do traballo a realizar para conformar as ferramentas políticas e sociais que permitan asentar EU como alternativa.

 “É un momento de debate necesario onde a militancia ten que marcar a liña da política que debemos de seguir ante as políticas de abuso de poder que a dereita nos está a impoñer” manifesta a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz.

 

CAYO LARA PROGNOSTICOU EN VIGO QUE O RESCATE TRADUCIRASE EN NOVOS RECORTES Á CIDADANÍA MENTRES A FRAUDE FISCAL SUPERA OS 90.000 MILLÓNS DE EUROS

YOLANDA DÍAZ, QUE DENUNCIOU AS PROMESAS INCUMPRIDAS DO PP AOS ASTALEIROS GALEGOS, E INDICOU QUE FEIJÓO ATRASA O RESCATE GALEGO POR MOR DAS ELECCIÓNS 

O CANDIDATO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA POR PONTEVEDRA, JUÁN FAJARDO, AFIRMA QUE FEIJÓO IGNORA O SUFRIMENTO DIARIO DOS CIDADÁNS 

Despois dunha rolda de prensa no Hotel Coia, Cayo Lara, Yolanda Díaz e Juán Fajardo, desprázanse ata o CEIP Seis do Nadal para expoñer a súa visión política ante un ateigado auditorio.

A necesidade dunha esquerda honesta

Cayo Lara, Coordinador Federal de IU, explicou que “combatendo a fraude fiscal non precisaríamos rescate”. En España calcúlase que a fraude fiscal supera os 90.000 millóns de euros e a responsabilidade podería estar concentrada no 3% das empresas que operan no país. O Coordinador de IU visita Vigo para levar unha mensaxe de alternativa, de esperanza e de “esquerda honesta”.

Cayo Lara, fala das políticas de axuste e o seu fondo. Na súa opinión o programa electoral do Goberno incumpriuse sen ningún tipo de rubor, facendo que a clase traballadora teña que cargar con todo o peso da crise, sen aprobar un só real decreto para xerar emprego. O incumprimento total deixa ás claras que o Partido Popular está a estafar a sociedade e teme que o rescate se traduza en máis medidas de recorte que afecten aos mesmos estratos sociais. É por todo esto que chama ao pobo galego a non deixarse enganar polo aparato propagandístico popular e a que loite polos seus dereitos.

Feijóo destruíu 153.000 empregos en Galicia

Yolanda Díaz, Candidata de Alternativa Galega de Esquerda pola provincia de A Coruña e Coordinadora Nacional de EU, declama que “Feijóo non é o presidente da solvencia, é o presidente do engano, do paro, dos recortes no ensino, dos recortes nas pensións, dos recortes na sanidade e dos recortes nas liberdades civís. […] Feijóo destruíu 153.000 empregos en Galicia en soamente tres anos.”

Yolanda Díaz, pon os datos enriba da mesa para deixar ás claras que Feijóo falta á realidade. En palabras da candidata “temos máis déficit que Cataluña, non piden rescate porque estamos en eleccións, por iso non deberían presumir de solvencia. Yolanda Díaz fixo alusión á perversión das cifras cando se defende que en Galicia é onde menos medra o paro cando nalgunhas zonas da comunidade aumentou nun 70% e moitos traballadores vense forzados a migrar ou pasar miseria.

A Coordinadora de EU fixo un percorrido por máis promesas incumpridas nos tres anos de goberno de Feijóo e polo reducido marxe de garantías de cobertura social pola que queren facer pasar aos galegos e galegas. No caso dos contratos para aos asteleiros remarcou que “maila crise os países de Europa constrúen barcos e Feijóo é incapaz de acadar carga de traballo”, non confía en que vaia conseguir nada no futuro.

A candidata de Alternativa Galega de Esquerda finalizou comparando a Feijóo cun mando a distancia de Rajoy, mentres chamaba a mobilizar aos galegos e galegas porque hai alternativa.

O Partido Popular descoñece o sufrimento da cidadanía

Juán Fajardo, cabeza de lista de Alternativa Galega de Esquerda por Pontevedra, dirixiuse a cidadanía galega. O candidato da coalición mostrouse convencido de que o Partido Popular vive na irrealidade porque descoñece sufrimento diario dos cidadáns e xustifican as súas posturas económicas con datos prefabricados mentres ignoran aqueles que non son convenientes. Juán Fajardo encontrou primordial dar á abstención motivos para rebelarse contra un “Partido Popular que non sabe o que significa que suba o IVA dunha barra de pan”.

%d bloggers like this: