O GRUPO MUNICIPAL DA MAREA DE VIGO PIDE ACLARAR SE OS AUTOBUSES PÚBLICOS TEÑEN OPERATIVA A RAMPLA ADAPTADA.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo pide aclarar se os autobuses públicos teñen operativa a rampla adaptada.

Tendo constancia de varias denuncias de persoas en cadeira eléctrica que non puideron acceder aos autobuses de Vitrasa por non estar operativo o sistema que así o facilita.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo denuncia que vai facer un ano que o Concello anunciou unha instrución especial para regular o acceso das persoas que empregan cadeiras eléctricas tipo “scooter”, instrución anunciada por Abel Caballero como “unha prioridade non só en Vigo senón tamén a nivel do estado, que defendería como presidente da FEMP”, mais nada se fixo a esta altura. O Grupo Municipal da Marea de Vigo non ten constancia de ningunha orde especial nin modificación do servizo de transporte urbano.

O concelleiro da Marea de Vigo Xosé Lois Jácome, lembra que “non se trata de dispor dun servizo a demanda a través de autobuses especiais para persoas con mobilidade reducida (os PMR), xa que, se realmente é certo que o 68% dos autobuses de Vitrasa contan con rampla manual e dende decembro de 2005 moitos con rampla eléctrica, non se entende que moitos usuarios de cadeiras eléctricas teñan denunciado a imposibilidade de subir en moitos autobuses de diversas liñas da cidade.” No entanto Marea de Vigo non entende que haxa tantas denuncias por parte das persoas usuarias se foran certos os anuncios do concello e da concesionaria ao respecto, onde se di que a maioría da flota xa está dotada do sistema de rampla eléctrica.

Xosé Lois Jácome, considera ademais que “é absolutamente necesario que todos os autobuses estean equipados co sistema eléctrico e non manual debido aos tempos impostos pola empresa ás/aos condutoras/es; a súa baixada, ademais de atrasar, trátase dunha función a maiores das que teñen asignadas, que con toda seguridade, non está reflectida nas súas condicións laborais nin en materia de saúde laboral”.

Por outra banda, ao Grupo Municipal da Marea de Vigo non lle estraña esta situación, perfectamente coherente cun Goberno Municipal para o que unhas escaleiras mecánicas axudan á mobilidade, cando, para unha persoa que use cadeira de rodas, estas resultan completamente inútiles.

Advertisements

O GRUPO MUNICIPAL DA MAREA DE VIGO REXISTRA UNHA MOCIÓN PEDINDO UN SERVIZO ESPECIAL NOCTURNO PARA AS E OS PACIENTES QUE SON DADOS DE ALTA POLA NOITE E NON TEÑEN POSIBILIDADES DE VOLVER A CASA EN TRANSPORTE PÚBLICO.

hospital alvaro cunqueiroTal e como acontece nos servizos de urxencias dos hospitais, cando unha persoa doente recibe a alta, debe marchar das instalacións de dito hospital, con independencia da hora que sexa; feito do que todas e todos fomos testemuñas nalgunha ocasión cando tivemos que acudir, acompañar, ou mesmo sendo traballador ou traballadora deste servizo.

Pois, partindo desta realidade, dia tras día, tal e como sinala Marga L. Barreiro, concelleira da Marea de Vigo, “o cadro de persoal do Hospital Álvaro Cunqueiro presente en moitas quendas de noite no servizo de urxencias, veñen vivindo situacións nas que presencian que as persoas con poucos recursos económicos , que cada vez son máis, sofren as eivas que a xestión deste hospital presenta, neste caso, á hora de volver aos seus domicilios.”

Moitas das persoas que acoden ao servizo de urxencias ben en ambulancia ou en autobús, en moitos casos, son dadas de alta pasadas as dez e media da noite, última hora na que hai autobuses urbanos, non habendo máis servizos durante horas, ata a mañá seguinte; xerando situacións lamentables cando, despois de estar doentes, teñen que esperar horas no propio hospital para poder volver a casa, se non é collendo un taxi, para o que moitas persoas non teñen recursos.

Marga L. Barreiro, explica que, xa en moitas ocasións, a solidariedade das persoas que alí traballan é a que fai que se lle pague o taxi para podelas levar de volta ás súas casas.

O mesmo acontece con outros municipios da área sanitaria, por iso, na moción do Grupo Municipal da Marea de Vigo, se pide que, se leven a cabo os trámites necesarios, incluída a colaboración coas entidades correspondentes, como son a Xunta e a Área Metropolitana para poñer unha solución para todas aquelas persoas que, non tendo recursos, se atopan nesta situación.

Do mesmo xeito, o Grupo Municipal da Marea de Vigo, apoia as demandas da veciñanza de Teis, onde, a través de mobilizacións (a próxima será o dia 25 deste mes) e da recollida xa de mais de 3000 sinaturas, solicitan ao Concello un servizo directo desde Teis, e defenderá que este colectivo participe cunha intervención no vindeiro Pleno do Concello, tal e como solicitaron esta semana vía rexistro.

MAREA DE VIGO CONSIDERA POSITIVA A PROPOSTA DE VIGO PARA POÑER EN MARCHA A CONSTRUCIÓN DO FUTURO TRANSPORTE METROPOLITANO

logowebMarea de Vigo defende a “especificidade” do transporte urbano en Vigo pero ese mesmo feito non impide a integración e coordinación metropolitana.

Marea de Vigo valorou hoxe a xuntanza mantida polos 14 concellos principais da futura área como “esperanzadora” e celebra que haxa consenso en que a actual lei é insuficiente e ten que ser amplamente modificada e dotada de orzamento e claridade no reparto competencial asumido por parte das administración públicas

Marea de Vigo considera necesario o acordo do transporte interurbano e como integrar os traxectos que afecten dentro do mesmo ao transporte urbano de Vigo e mesmo defende artellar dende xa os traballos para que o novo prego concesional ao rematar a concesión en 2019 teña xa partes específicas do transporte metropolitano.

Marea de Vigo aportará a súa proposta ao plan de transporte que deseñe a futura área metropolitana, que pasaría por un modelo análogo ao da área metropolitana de Barcelona, onde existiría un Consorcio público participado ao 51% pola Xunta de Galicia, o 25% polo Concello de Vigo e un 24% polo resto dos concellos da área metropolitana. Para a Marea así se solventarían os problemas de financiación do servicio xa que a maior parte da financiación sería autonómica de acordo con esa participación maioritaria no consorcio.

MAREA DE VIGO DEFENDERÁ NO 2016 UNHA NOVA LEI DE ÁREA METROPOLITANA DE VIGO QUE BLINDE O MODELO DE XESTIÓN PÚBLICA DO TRANSPORTE  

pleno-rubenMAREA DE VIGO considera que os intereses dunha concesionaria privada como Vitrasa e a indefinición do modelo de transporte que propón a Xunta son os que impiden integrar o transporte local no metropolitano.
 
MAREA DE VIGO propón que o modelo de transporte sexa o sistema consorciado público vixente na área metropolitana de Barcelona: un modelo de operador público de transporte integrado.

O voceiro municipal da MAREA DE VIGO Rubén Pérez, sinalou hoxe que o debate sobre o modelo de xestión de transporte da área metropolitana comeza a ter tintes esperpénticos como a declaración do alcalde sobre a non participación de Vitrasa no transporte metropolitano, “ninguén pide que os vitrasas cheguen a Porriño”, sinalou Rubén Pérez senón que un vigués ou viguesa que traballe alí teña opción de transporte público integrado”. Nesta lexislatura remata a concesión a Vitrasa e é un bo momento para que no prego de condicións da nova concesión blíndese a obrigatoriedade da participación do transporte público vigués nos modelos de transporte metropolitano público.

MAREA DE VIGO defende un modelo análogo ao da área metropolitana de Barcelona, onde existiría un Consorcio público participado ao 51% pola Xunta de Galicia, o 25% polo Concello de Vigo e un 24% polo resto dos concellos da área metropolitana. Isto solucionaría os problemas de financiamento do servizo xa que a maior parte do financiamento sería autonómica de acordo con esa participación maioritaria no consorcio. Esta é a proposta na que traballa o grupo municipal da MAREA DE VIGO que será presentada á asamblea da mesma para a súa aprobación.

Rubén Pérez discrepa do modelo da xunta de integrar todas as concesións de transporte privado da área (máis de 11 empresas distintas) mantendo prácticamente as mesmas liñas, frecuencias e bonificando prezos, a integración do transporte metropolitano esixe que paralelamente a área asuma a xestión do transporte nas localidades pequenas mantendo exclusivamente Vigo a xestión do transporte urbano pola súa magnitude e pola diferenciación de planificación necesaria.

MAREA DE VIGO pide de novo discutir sobre o modelo de transporte metropolitano, dos motivos polos que o modelo de lei aprobada polo Partido Popular desbota a xestión pública directa do transporte e de como e cando se concretará a cesión de competencias en transporte a área.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE O ORZAMENTO QUE PREPARAN PP E PSOE VOLTA A INTRODUCIR OS GRAVES ERROS DO PASADO.

Concello_de_VigoO coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera que de novo a fórmula de gasto mediante convenios do plan de emprego e as fórmulas de contratos opacos das humanizacións poñen de novo ao orzamento 2014 na senda das políticas municipalistas populistas.

EU lembra que as poucas diferencias co orzamento de 2013 fan de todo o proceso unha “opereta a tres bandas, cun BNG que agora se opón por cálculo meramente electoral”. EU considera que as prácticas municipais do PP, e polo tanto o deseño orzamentario, consagradas pola nova Lei 27/2013, do 27 de decembro de 2013, son incompatibles co municipalismo progresista e coa actitude expresada polo propio PSOE na FEMP.

EU considera a venda das 40 vivendas de Rosalía de Castro un “novo expolio do patrimonio público” e constata que existen inmobles por toda a cidade de titularidade municipal e sen escriturar o que fai pensar nunha nula xestión do patrimonio e inventario público.

Pide que estas vivendas señan parte do parque social de vivendas de Vigo e que se repense o proxecto arquitectónico da cidade da xustiza en base á rehabilitación de edificios públicos e espazos na propia cidade e non á construcción de novos espazos cun custe de edificación alto.

EU alerta do grave aumento das partidas de subvención directa a Vitrasa sen contraprestación real do servizo, a cuantía semellante no tocante a salarios e retribucións de concelleiros e concelleiras e a persistencia de partidas “exclusivamente publicitarias” en moitos convenios e políticas sociais.

Esta semán EU presentará publicamente a súa proposta alternativa de orzamentos 2014.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE A REFORMA DAS LIÑAS DE VITRASA SE FAI A COSTA DOS TRABALLADORES DA PLANTILLA E DO RURAL.

vitrasaO coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez considera que zonas do rural como Beade ven incrementado en varios minutos o tránsito facendo un traxecto entre García Barbón e a parroquia en case 1 hora. Igualmente considera que o aumento de tránsito de liñas obrigará aos conductores e conductoras a alongar os periodos de conducción algo que incumpliría de xeito evidente o convenio laboral.

EU non entende como a desaparición de 6 liñas (C4B, C6, C9B, L20, L21, C22) e a súa integración en parte noutras pode considerarse mellora, pregúntase como poden conxugarse frecuencias e tramos sen afectar ao servizo ofertado, xa antes deficitario no rural vigués.

EU considera que a reforma de liñas non foi consensuada cos usuarios, perfectamente posible mediante un sistema de participación cidadá como fan outras empresas de transportes públicos no estado, e se foron empregadas as supostas enquisas de satisfacción non existe unha análise de que as reformas propostas responderon a demandas colectivas dos usuarios

Para EU existe un risco evidente de “precarizar” as condicións laborais de conductores e conductoras, que xa tiñan unha situación difícil, coñecida por EU, en canto a tempos de descando e tempos de conducción. Esperamos, engade Rubén Pérez, que non estemos asistindo a un “pacto de intereses” entre a concesionaria e o concello de Vigo.

EU sigue sen considerar suficientemente aclarados os motivos para os incrementos dos pagos do concello á concesionaria dos bonobús, se estamos ante un recorte de liñas e de tempos Vitrasa terá que aclarar se o servizo queda tocado e polo tanto terá que ter unha penalización dende a administración pública.

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA) CONSIDERA CURIOSA A AMEAZA XUDICIAL DE VITRASA A CIDADE XUSTO CANDO EMPEZA A MOVERSE DE NOVO A IDEA DE TRANSPORTE METROPOLITANO

vitrasaEU defende unha auditoria total á concesionaria e ao plego de concesión asinado no seu día e considera que varios factores que inciden no prezo do billete e no deseño de liñas está auténticamente desfasados. Amortizar no custo do billete autobuses que xa non se mercan senón son renting é un auténtico disparate: suliña o coordenador local de EU Rubén Pérez.

Vigo é perfectamente capaz por extensión poboacional e territorial de crear unha empresa pública municipal de transporte unha vez remate a concesión ou mesmo artellar, se non existe o actual bloqueo dende varias institucións implicadas, un consorcio metropolitano de transportes como funciona nas grandes urbes do estado español.

EU considera que Vitrasa aduce motivos auténticamente disparatados xa que existen numerosas compensacións en canto a rutas no rural, cobertura e ratios de horarios, etc… que compensan con creces o importe dos billetes de transferencia gratuitos. Curiosamente a concesionaria pasa á ofensiva cando quedan poucos anos para a renovación da mesma, empregando a mesma táctica que Aqualia e outras concesións públicas que “xestionan os servizos públicos como señoritos de contijo andaluz”

EU non entende como cidades como Xixón con aportacións dos orzamentos municipais dunha media de 9 millóns de euros anuais xestionan un transporte público 100×100, con criterios sociais, prezos de 0,7 euros billete a menores de 26 anos e billetes gratuitos para desempregados e desempregadas e en Vigo, cidade parecida en indicadores económicos, demográficos e territoriais ten que estar sempre condicionada ao interés particular de VITRASA e o grupo propietario da empresa.

%d bloggers like this: