ESQUERDA UNIDA DE VIGO REXISTRA NO CONCELLO UNHA PETICIÓN DUNHA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN SOBRE OS CONTRATOS RELACIONADOS COA OPERACIÓN ”PATOS”

operacionpatosO coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, presentará mañá xoves no rexistro do concello unha petición ao pleno para artellar, de acordo co artigo 51 do regulamento orgánico do pleno do Concello de Vigo, a creación dunha comisión especial de investigación da licitación e seguemento dos contratos públicos relacionados coas empresas CESPA, EIRIÑA e en xeral as relacionadas coas humanizacións.

EU considera “infame” o silencio do alcalde e lembra que se a operación efectivamente é xudicial a responsabilidade de informar de que contratos e procedementos administrativos están en investigación é do alcalde como presidente da corporación local.

EU cree preciso aplicar o ARTIGO 51 do regulamento do pleno no tocante ás COMISIÓNS ESPECIAIS que permite “constituír, en calquera momento, para un asunto concreto co fins de estudo, elaboración de propostas ou outros de natureza análoga, co ámbito de actuación que se estableza no seu acordo de creación.”

Esta comisión debería elaborar un informe que veña a dar luz e taquígrafos sobre os procesos de elaboración de pregos, adxudicación e mesmo se realmente realizouse un seguemento das contratacións públicas outorgadas ás empresas que figuran no centro das investigacións xudiciais e por extensión en todo o proceso de adjudicación de obras contidas nos plans de humanizacións dende 2011.

O coordenador local de EU, Rubén Pérez, lembra que esta comisión pode ser proposta pola alcaldía ou dun so grupo municipal e a súa aprobación require de maioría absoluta.

Esta comisión contaría tamén, tal e como recolle o regulamento, coa presenza de persoal do Concello que participara directa ou indirectamente na elaboración ou aprobación dos plegos.

EU non entende outro xeito de aclarar ante a cidadanía o sucedido que unha transparencia total e pública, así como o traslado ao pleno como o único vehículo de democracia local.

Advertisements

ESQUERDA UNIDA DE VIGO PREPARA UNHA PROPOSTA DE ORZAMENTOS ALTERNATIVOS E PARTICIPATIVOS AOS PROPOSTOS POLO GOBERNO LOCAL PARA 2014

Transparencia Concello O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez anunciou hoxe que EU proporá a cidadanía viguesa un ORZAMENTO ALTERNATIVO que tome como base de traballo as políticas de orzamento participativo que IU ten implantado en moitos Concellos que goberna.

EU considera preocupante que algún medio coñeza antes que a oposición e a cidadanía o contido da proposta orzamentaria que, polo recollido hoxe nos medios, é unha proposta “reincidente” nos erros que EU denunciou de orzamentos anteriores “falta de rigor nas partidas e na execución final das mesmas” e “descontrol no seguimento do gasto en servizos privatizados e externalizados”.

Hoxe EU reúne a súa área de política municipal para artellar un primeiro borrador de traballo que tamén centre propostas de resistencia á lei de reforma de bases locais que aprobou o PP.

EU considera que é necesario que a cidadanía viguesa coñeza como se elabora o orzamento local, cales son as limitacións do mesmo, pero tamén que potencialidades de mellora existen cando se realiza dende unha óptica participativa e que prioriza o gasto social real, non o consignado a partidas xenéricas que en ocasións non acaban en políticas xerais directas. EU pon como exemplo os miles de euros de publicidade do chamado plan de emerxencia social do orzamento de 2013.

EU pedirá explicacións concretas sobre os motivos polos que partidas do 2013 non foron executadas na súa totalidade e seguirá denunciado os convenios do plan de emprego que pide que desaparezan e sexan substitutos por plans de emprego directos con oferta pública.

%d bloggers like this: