RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): O DESALOXO DO CENTRO CÍVICO DE TEIS AMOSA QUE ADEMÁIS DE COINCIDIR EN MODELO ECONÓMICO CO PP NOS ORZAMENTOS, ABEL CABALLERO TAMÉN COMPARTE A PULSIÓN REPRESORA DA DEREITA

centro_civico_teisO coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera que o desaloxo do CENTRO CÍVICO o que agocha realmente é o intento do alcalde de “clientelizar” o tecido asociativo veciñal e vender a xestión dos espacios públicos a empresas amigas como CLECE, SAMYL e outras parásitas do público.

EU pide a dimisión do concelleiro de participación cidadá por “incapacidade evidente” de entender o propio concepto que nomea a súa concellería “participación” e “cidadá”.

EU considera absolutamente denunciable que despois de anos de xestión por parte do movemento veciñal dun espazo público e da consolidación de partidas orzamentarias para iso, agora apareza a presión do goberno municipal para xestionar de outro xeito esta infraestructura..

 Esquerda Unida apoia as mobilizacións organizadas polos veciños de Teis para recuperar a xestión directa desta infraestructura pública e pide a rectificación do goberno municipal.

Advertisements

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA UNHA BOA NOTICIA A VISITA DUNHA DELEGACIÓN DA COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO ANTE AS REITERADAS DENUNCIAS SOBRE A CONTAMINACIÓN NA RÍA DE VIGO

O vindeiro 13 de febreiro esta comisión europea visitará a ría de Vigo e manterá xuntanzas con cidadáns e organizacións peticionarias e visitará espacios da ría que teñen sido reiteradamente denunciados polos altos niveis de contaminación (depuradora de Coruxo) ou por ser espacios con constantes agresións medioambientais (proxecto do Porto da Lagoa en Teis ou espacios sometidos a aterramentos e recheos). EU lembra que foio o eurodeputado de Esquerda Unida, Willy Meyer (que participará nesta comisión presidida polo eurodeputado do Partido Popular Europeo Philippe BOULLAND) o que en 2010 solicitou formalmente a visita a Vigo durante unha comparecencia de veciños de Coruxo e Teis no Parlamento Europeo. Lembra que PSOE e PP non quixeron nesta comisión que esta visita se producira.

Xunqueira LagaresO borrador da proposta da visita da comisión europea di textualmente que : “El Comité de Peticiones ha recibido un total de 11 peticiones de ciudadanos en la comunidad española autónoma de Galicia. Los solicitantes denuncian los altos niveles de contaminación de agua en varias áreas costeras, notablemente en varios estuarios de diversidad biológica notable e incluyendo un sitio de Natura2000. Las causas parecen ser prácticas de tratamiento de aguas negras sobre todo urbanas en un número de puntos, y también un número de instalaciones industriales. Las dos áreas principales geográficas concirnieron son la Bahía de Vigo y dos estuarios alrededor de un Coruna y la Ferrol.

O Coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera “oportuna” “necesaria” e que ten que poñer “as cores” ao Concello de Vigo pola súa nefasta xestión da política de depuración de aguas, “á Xunta de Galicia e ao Porto de Vigo” por permitir portos deportivos e recheos en zonas costeiras e de alto valor ecolóxico e marisqueiro. Esta visita, para o coordenador local de EU, “ten que ser un serio correctivo para tres administracións con nula sensibilidade medioambiental con respecto a nosa ría.

Esquerda Unida de Vigo aproveitará a visita para denunciar proxectos como o do Porto Deportivo de Canido e denunciar que a nova depuradora proxectada en Coruxo “non solucionará os problemas de depuración de agua en Vigo” e quederá obsoleta en pouco tempo como a anterior.

O eurodeputado, Willy Meyer, presentóu unha pregunta ante a comisión sobre a ampliación da AP-9

O pasado mércores 9 de febreiro o eurodeputado de IU Willy Meyer presentou unha pregunta ante a Comisión Europea sobre a posible ampliación da AP-9 no tramo Enlace de Cangas-Enlace de Teis.

A ampliación da AP-9 neste tramo implicará o desdobramento da Ponte de Rande e suporá a realización de obras no entorno da Enseada de San Simón, zona integrada na Rede Natura 2000 como Lugar de Interés Comunitario (LIC) e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).

Ademáis a realización desta obra conta coa oposición de boa parte dos veciños de Chapela xa que aparte das novas molestias e expropiacións afectaría a algunhas infraestruturas públicas da vila como son o centro de saúde, o colexio público Alexandre Boveda, o instituto de enseñanza secundaria obligatoria e F.P., o pabillón deportivo, a iglesia parroquial, atrio, casa rectoral e cemiterio, o colegio público Iglesia, dous aparcadoiros parroquiais e fontes públicas.

España é o estado europeo con máis Km de asfalto tanto en relación a número de habitantes como a número de vehículos. Isto, sumado a que o transporte por carretera emite máis do 20% dos Gases de Efecto Invernadoiro (GEI), causantes do Cambio Climático e a urxencia de adoptar medidas para frear estas emisións motiva que dende EU nos opoñamos á ampliación da AP-9. A solución aos problemas do transporte en Galicia non é o contínuo incremento de vías de asfalto, senon a mellora do transporte público, sobre todo o tren de cercanías, e unha política territorial que reduza a necesidade de desprazamentos achegando os servizos aos cidadáns.

As preguntas que Willy Meyer realizóu ante a Comisión Europea foron as seguintes:

1. Tendo en conta os danos sociais e ambientais que produciría a execución desta obra, ¿considera a Comisión Europea xustificable a súa realización en función da suposta mellora de la fluidez do transporte na zona?.

2. ¿Ten coñecimento a Comisión Europea da existencia dalgún Estudio de Impacto Ambiental favorable á execución desta obra?. No caso contrario, ¿pensa esixir a realización dese estudio?.

 

 

Lino C. Vila
Secretaría de Medio Ambiente
Executiva Nacional de Esquerda Unida
%d bloggers like this: