MAREA DE VIGO SOBRE A DISPOSICIÓN CONTIDA NOS ORZAMENTOS DO ESTADO QUE IMPIDE A REMUNICIPALIZACIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS

Marea de Vigo considera que a disposición adicional 27 do proxecto de orzamento do Estado supón hipotecar o futuro de cidades como Vigo, impedindo de facto a remunicipalización de servizos públicos.

“A FEMP e o seu presidente, Abel Caballero deberían comezar un calendario de mobilizacións ante o triunfo dos intereses privados sobre o público” afirma Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo

Ademais de supoñer un 32% menos en inversións para Galicia, estes Orzamentos Xerais do Estado de 2017 conteñen un “dardo envelenado” para o municipalismo ao conter unha medida absolutamente lesiva para aqueles concellos que decidan remunicipalizar servizos públicos en mans de empresas privadas.

Esta medida, en forma de disposición adicional, segundo Rubén Pérez, “chega curiosamente nun contexto no que cada días máis entidades locais dan inicio á recuperación de concesións, especialmente as relacionadas co subministro de auga, ORA, limpeza viaria, parques e xardíns, etc…É curioso como despois de non poder impedir pola vía da impugnación dos procesos administrativos iniciados en cidades como Zaragoza, Santiago de Compostela, Valladolid, etc… o Ministerio de Facenda e o goberno do PP atacan con esta fórmula de impedir consolidar os cadros de persoal das empresas concesionarias se son remunicipalizadas. Esta disposición adicional 27 é a resposta dun goberno neoliberal ás necesidades dos intereses económicos do neoliberalismo”

Esta disposición, breve pero clara, pon evidentes limitacións a incorporar persoal laboral ao sector público xa que, coa entrada en vigor da lei de orzamentos e curiosamente coa vixencia indefinida da mesma disposición, evita que noutros orzamentos poida emendarse e as administracións públicas non poderían considerar como empregados públicos nin incorporar como tales aos traballadores e traballadoras das contratas públicas se o concello en cuestión decide remunicipalizar o servizo despois dun rescate ou a fin da concesión. Mesmo trata de eliminar o dereito de subrogación contido nos convenios ou pregos se o servizo é xestionado dende o público.

Marea de Vigo considera que o alcalde de Vigo debería dar un “golpe de autoridade na FEMP” para parar esta nova agresión aos concellos do Estado e que Vigo se sume á campaña de denuncia que concellos como Madrid, Barcelona, Valencia, Zaragoza, A Coruña e Terrassa presentaron xa no Congreso dos Deputados. Mais para iso, debería comezar pola súa propia casa, posto que as políticas que se levan a cabo no Concello de Vigo con respecto á contratación pública están diametralmente en contra do concepto da remunicipalización, incluso en contra do concepto de “control do público”, xa que, nin as ferramentas que existen para tal fin, puxéronse a funcionar nos últimos anos.

MAREA DE VIGO PRESENTA AS EMENDAS Á LEI DE ÁREA METROPOLITANA DE VIGO.

Marea-Vigo-rubenMarea de Vigo trasladou hoxe ao grupo parlamentar de AGE unha serie de emendas ao proxecto de Lei de Área Metropolitana. O Grupo Parlamentar de AGE non presentou finalmente a solicitude de devolución que garantía o debate sobre as insuficiencias da lei, e no seu lugar presentou as emendas que se lle trasladan dende este Grupo Municipal e as que elaborou o propio Grupo Parlamentar.

As emendas da Marea de Vigo están feitas baixo a filosofía da recuperación dos servizos públicos actualmente privatizados, así como do control dos servizos concesionados, incluíndo nas mesmas as garantías de cumprimento dos pregos no caso das empresas adxudicatarias de tales servizos, tal e como sempre defendeu a Marea de Vigo. Transporte, RSU, a auga, son servizos que poden ser perfectamente asumidos directamente dende a Área Metropolitana e o Grupo Municipal da Marea de Vigo considera que neste momento, co debate desta lei, ábrese a porta a cambios substanciais en materia de recuperación para a xestión pública directa.

Por outra banda, pídese artellar un estatuto de capitalidade para Vigo evitando o baleiro legal da declaración de capital semellante a capital provincial que expón o PSOE e que obrigaría a modificar a lei de bases de réxime local.pdf1

O GRUPO MUNICIPAL DA MAREA DE VIGO PARTICIPOU HOXE DA MOBILIZACIÓN CONVOCADA POLA REPRESENTACIÓN DO PERSOAL DA EMPRESA LINORSA, ACTUAL ADXUDICATARIA DA LIMPEZA DAS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS, COLEXIOS PÚBLICOS E XERENCIA DE URBANISMO DE VIGO A CAUSA DOS IMPAGOS DOS SALARIOS.

linorsaMarea de Vigo vén de presentar unha moción para o vindeiro pleno cara a solución da problemática xerada pola adxudicataria, na cal contémplase a opción da resolución do contrato do Concello con Linorsa.

Unha vez máis, estamos acontecendo o bochornoso espectáculo que se está dando na nosa cidade froito das concesións que se dan neste Concello e o posteriori laisez faire sen control que da lugar a este tipo de situacións.
Dende a Marea de Vigo voltamos a insistir na remunicipalización dos servizos, como opción para ter un control directo sobre os servizos públicos, garantir os dereitos das e dos traballadores que dependen deles, alén da garantía de calidade e retorno cidadá.

Xose Lois Jácome, concelleiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, considera que este sistema de contratación e non control no Concello de Vigo está xerando unhas dinámicas que, tal e como estamos vendo nos últimos tempos, están derivando no xulgado, así como en suspensións de concursos públicos, como o recente do mantemento das instalacións de alumeado público e o de xardinería no seu día.

MAREA DE VIGO REXISTRA UNHA MOCIÓN PARA DECLARA O CONCELLO DE VIGO MUNICIPIO OPOSTO O TTIP.

ttipA negociación de tratado de libre comercio estase a facer de costas a cidadanía para evitar calquera mobilización ou critica.

Tal e como xa denunciou a eurodeputada Lidia Senra nin sequera as e os eurodeputados teñen acceso o documento completo. Senra relata que as eurodeputadas que queren ter aceso o documento teñen que facelo nunha sala na que apenas hai dúas cadeiras e unha mesa, e na que as eurodeputadas non poden estar máis de dúas horas, acompañados por un funcionario en todo momento e ademais só teñen acceso a documentos parciais nos que se citan anexos que non están o seu dispor.

Os escasos datos públicos indican que neste tratado o que se busca é a liberalización total dos servizos públicos, comprometendo así as competencias dos e das representantes elixidos para administrar con liberdade as súas comunidades.

A Marea de Vigo considera que as administracións locais ao estar preto das necesidades das e dos cidadáns e sendo as canles máis apropiadas para promover os servizos públicos e a industria e emprego locais deben posicionarse claramente en contra deste tratado que ameaza con acabar coa xa de por si , escasa autonomía local.

Non é casualidade que unha e outra vez a cidadanía vexa como os centros de decisión van quedando cada día en institucións que están máis lonxe deles, xa que este brutal ataque centralizador ten como obxectivo acabar co control que o pobo debe lexitimamente exercer sobre as e os seus representantes
Dende a Marea solicitamos que o Concello solicite ao ministerio de Economía e Competitividade a suspensión das negociacións do TTIP ata que remate a falta de transparencia das negociacións e se abra un debate público na UE e nos seus respectivos parlamentos.

MAREA DE VIGO PIDE RESPONSABILIDADES POLÍTICAS NO DESASTRE DE FUNCIONAMENTO DO NOVO HOSPITAL

logowebMAREA DE VIGO coincide co grupo parlamentar de AGE en pedir á conselleira de sanidade que asuma e depure responsabilidades ante o novo capítulo de deficiencias e irregularidades do novo centro.

Para a MAREA DE VIGO, que se teñan que suspender traslados de pacientes por non superar controis microbiolóxicos os quirófanos e outras dependencias hospitalarias constitúe un feito de extrema gravidade que ten que ter responsabilidades concretas.

MAREA DE VIGO considera “fracasado” o modelo de xestión privada ou mixta no sistema sanitario e lembra que os criterios de xestión de empresas privadas van en moitos casos a colisionar co concepto de servizo público e garantía sanitaria. A procura de maior marxe comercial sobre o canon que o SERGAS pague á empresa concesionaria esta condicionando dende a accesibilidade ao centro ate, como estamos comprobando, a calidade asistencial, a seguridade dos pacientes e traballadores traballadoras e mesmo as mínimas garantías de dereito á asistencia sanitaria universal e gratuíta.

MAREA DE VIGO considera “apresurado” e “improvisado” o traslado ao novo hospital e non entende como dende o Concello se facilitaron as acometidas de auga, luz e saneamento sen antes asegurarse de que as condicións de apertura e funcionamento ían ser as mínimas exixibles a calquera edificio sanitario público.

ESQUERDA UNIDA PIDE A XESTIÓN PÚBLICA DIRECTA DOS PARKINGS DO CALVARIO, COIA E ROSALÍA DE CASTRO

O coordinador local de EU e candidato á alcaldía de Vigo, Rubén Pérez, considera que nunca deberon saír a concurso para a súa xestión a través de empresas privadas e mesmo algún deles nin debería “ter sido construído pola cercanía doutros parkings que nunca están completos”.

ESQUERDA UNIDA considera que a xestión dos parkings directamente dende o Concello a través da fórmula de empresa pública non só é posible senón que ante a realidade de que os aparcamentos públicos deberían ser un servizo e non un negocio lucrativo.

Para EU o uso do solo e subsolo na cidade é público, polo que perfectamente un Concello pode asumir a xestión directa do servizo, ofertando tarifas con bonificacións a traballadores e traballadoras das áreas que comprende a área de influencia do parking.

Esquerda Unida considera que a construcción e adxudicación de estos parkings responde, unha vez mais, a intereses económicos de empresas privadas, facilitados polo concello, e, unha vez máis, con resultados nefastos na xestión posterior, como era de esperar, o adxudicar o servizo a empresas que non ofrecian a solvencia necesaria para a correcta xestión do servizo.

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA ERRÓNEA A POLÍTICA DE CHEQUES SOCIAIS E PIDE A SÚA RECONVERSIÓN EN EXENCIÓNS DE PAGO DE AUGA, TRANSPORTE, ETC..

Concello_de_VigoEU considera que gran parte dos recursos son empregados en “manobras propagandisticas” en vez de traballo concreto no eido dos servizos sociais.

O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera “caótica” e a propia convocatoria e proceso opaco das Axudas de Emerxencia Municipais (AEM) e considera “fume” os anuncios de ampliación do Alcalde. Lembra que o que finalmente conta é o que se executa do orzamento, non o que se orzamenta.

EU sempre defendeu que se tiña que evitar fórmulas de cheque dinerario neste tipo de gastos e suliña que “estamos ante un dos máis claros exemplo de gastos impropio que asume un concello como o de Vigo, considerando impropios os gastos que corresponderían á administración autonómica e non ao Concello por non recadar para sostelos (máis do 24% do orzamento actual son este tipo de gastos)

EU considera agotado o tempo no que dende o goberno municipal solucionábase todo cunha rolda de prensa ou a presentación dun programa. Hoxe a situación de emerxencia social que vive unha gran parte da cidadanía viguesa golpea con toda a crueldade as portas do Concello.

Non podemos máis que voltar a denunciar que se anuncian programas con gastos de promoción altísimos (algúns con entrevistas ao alcalde nos medios incluído) e posteriormente os programas non chegan a desenvolverse ou ter un seguemento de se as familias están accedendo ao montante das axudas. Mesmo o nivel de execución final das partidas sociais nos orzamentos non chegan en ocasións ao 50% do orzamentado.

EU considera esencial presionar dende o público a Aqualia e Vitrasa para que existan bonificacións e exencións ás familias con menos recursos en vez de “cheques de beneficiencia” propias doutras épocas.

%d bloggers like this: