RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): O ABANDONO DE PEMEX DA INVERSIÓN EN BARRERAS CONFIRMA AS SOSPEITAS DA INTENCIÓN REAL DA COMPRA DO ASTELEIRO.

barreras-astillero-vigo--644x362O CANDIDATO DE EU Á ALCALDÍA DE VIGO LEMBRA QUE EN 2013 O GOBERNO RESPONDEU A EU QUE QUE BARRERAS TIÑA QUE SOMETERSE ÁS “SOLUCIÓNS DE MERCADO” E DESCARTABA A INTERVENCIÓN PÚBLICA NO ASTELEIRO, FEITO QUE IMPOSIBILITA AGORA RETOMAR A PARTICIPACIÓN PÚBLICA ANTE A MALA XESTIÓN PRIVADA.

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo e candidato de EU á alcaldía de Vigo, considera que un eventual abandono de Pemex das inversións no asteleiro obriga ao goberno a dar a batalla por un sector naval público recuperando asteleiros privatizados e que xa non pode o goberno ampararse no artigo 107.1 do Tratado de Funcionamento da UE amosa que “admite que o modelo actual de construcción europea é incompatible coa defensa dos sectores productivos xeneradores de emprego en Galicia”

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo, sigue considerando que o goberno ten que tomar todas as medidas necesarias para salvagardar os intereses públicos e o ben xeral evitando que o diñeiro público invertido nesta empresa e o esforzo fiscal de quitas e axudas acabe sendo pasto de intereses alonxados do interese xeral.

O coordinador local de EU lembra que EU considerou en 2013 “indignante” que a solución que a Xunta para un asteleiro que no seu día foi público fóra a venta a unha multinacional mexicana da que “non se coñecía máis interes que apropiarse do know-how da construcción naval”

ESQUERDA UNIDA sigue defendendo que, ao igual que Francia e Holanda, teríamos seriamente que enfrontarnos á lexislación europea en materia de presencia pública no sector da construción naval. Pide que se tomen medidas de “urxencia estratéxica” como en Francia está facendo o goberno cos asteleiros TX en Saint-Nazaire, especializados en cruceiros, que o goberno pretende nacionalizar “aínda contravindo as leis europeas” para salvagardar a “industria estratéxica do país”

Advertisements

O GOBERNO RESPONDE A ESQUERDA UNIDA QUE BARRERAS TEN QUE SOMETERSE ÁS “SOLUCIÓNS DE MERCADO” E DESCARTA A INTERVENCIÓN PÚBLICA NO ASTELEIRO

barreras-astillero-vigo--644x362O goberno contestou á pregunta remitida por Esquerda Unida de Vigo en maio de 2013 solicitando a nacionalización do asteleiro e a declaración de sector estratéxico e sistémico do sector naval e descarta intervir como así o fixo na banca ao entender que esta si ten un carácter sistémico e o sector naval non

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo, considera que o goberno efectivamente ten renunciado a dar a batalla por un sector naval en Galicia e no estado e que a propia resposta do goberno, amparandose no artigo 107.1 do Tratado de Funcionamento da UE amosa que “admite que o modelo actual de construcción europea é incompatible coa defensa dos sectores productivos xeneradores de emprego en Galicia”

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo, sigue considerando que o goberno ten que tomar todas as medidas necesarias para salvagardar os intereses públicos e o ben xeral evitando que o diñeiro público invertido nesta empresa e o esforzo fiscal de quitas e axudas acabe sendo pasto de intereses alonxados do interese xeral.

O coordinador local de EU considera “indignante” que a solución que a Xunta ten para un asteleiro que no seu día foi público sexa a venta a unha multinacional mexicana e considera que ao igual que fai Francia e Holanda teríamos seriamente que enfrontarnos á lexislación europea en materia de presencia pública no sector da construción naval. Pide que se tomen medidas de “urxencia estratéxica” como en Francia está facendo o goberno cos asteleiros TX en Saint-Nazaire, especializados en cruceiros, que o goberno pretende nacionalizar “aínda contravindo as leis europeas” para salvagardar a “industria estratéxica do país”

EU defende que o goberno central actúe defendendo o artigo 128 da constitución española que dí:
“Toda la riqueza del país en sus distintas formas y sea cual fuere su titularidad está subordinada al interés general. Se reconoce la iniciativa pública en la actividad económica. Mediante ley se podrá reservar al sector público recursos o servicios esenciales, especialmente en caso de monopolio y asimismo acordar la intervención de empresas cuando así lo exigiere el interés general.”

ADXUNTAMOS REPOSTA DO GOBERNO Á PREGUNTA DE ESQUERDA UNIDAICONO PDF

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA) “QUEN DEFENDE A EUROPA DE MAASTRICH TAMÉN DEBERÍAN SER CONSIDERADAS PERSOAS NON GRATAS EN VIGO”

Para ESQUERDA UNIDA é o tratado o que permite á Comisión Europea a coordinación das políticas industriais dos países membros. Lembra que o artigo 157, modificado no Tratado de Niza, deixou en evidencia que o sector naval en Galicia non interesa o máis mínimo a Bruselas.

Rubén Pérez, coordinador local de ESQUERDA UNIDA consideran que Almunia namentres actúa en base a asunción do PSOE e do PP destas políticas herdeiras dun modelo de construción europea profundamente inxusto e con diverxencias industriais máis que notorias; permite a gobernos manter e incluso alimentar con cartos públicos industrias que consideran estratéxicas (sector naval, aceiro e mesmo carbón…) e condena ao estado español a facelas desaparecer en aras dunha converxencia ficticia.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO TRASLADA UNHA BATERÍA DE PREGUNTAS AO DEPUTADO GASPAR LLAMAZARES NA COMPARECENCIA DE HOXE DO MINISTRO DE INDUSTRIA JOSE MANUEL SORIA HOXE NO CONGRESO

EU, que solicitara formalmente a comparecencia a través do deputado Llamazares considera que o esforzo das organizacións sindicais teñen sido claves para que o goberno retome os esforzos por impedir o afundimento do sector naval.

Na comparecencia IU cuestionará a estratexia levada a cabo estes meses polo goberno, incapaz de plantarlle cara á comisión europea e nomeadamente ao comisario Almunia e cunha reacción tardía a poucos días da resolución final do colexio de comisarios.

EU considera necesario implementar medidas de control público nos asteleiros privatizados, considerándoo como sector estratéxico para evitar a reducción drástica de emprego que desde 2007 e até 2011 aconteceu (máis do 27% o que supuxo a perda de 40.000 postos de traballo no conxunto do sector.

Igualmente Llamazares recriminará ao ministro Soria a falla de cumprimentos das promesas de carga de traballo e sistemas de financiación axeitados para a construcción naval anunciados a bombo e prato polo goberno.

INTERVENCIÓN DO DEPUTADO GASPAR LLAMAZARES EN DEFENSA DO SECTOR NAVAL

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): “ALMUNIA SE LLE QUEDA ALGO DE DIGNIDADE QUE NON PISE VIGO NO QUE LLE RESTA DE VIDA”

barreras-astillero-vigo--644x362PARA O COORDENADOR LOCAL DE EU, A DECISIÓN DO COLEXIO DE COMISARIOS DA DEVOLUCIÓN DAS BONIFICACIONS OBTIDAS MEDIATE O SISTEMA DO TAX LEASE ENTRE 2007 E 2011 AMOSA QUE ESA EUROPA DE MAASTRICH É UNHA PATRAÑA QUE DESTRÚE A INDUSTRIA DO NOSO PAÍS FRONTE A INTERESES DE LOBBIES CON MÁIS PODER DECISORIO.

EU considera nefasta a xestión do goberno autonómico do PP en Galicia e o do estado, que simplemente reaccionaron na última semana previa á resolución. Para EU hoxe asinouse o fin non só do sector naval senón a entrada en barrena definitiva da economía productiva viguesa.

EU considera que non existe alternativa seria para a construcción naval que non implique a axuda e soporte financeiro público, o resto son xiros baseados na economía especulativa que acaban causando desastres como o tax lease polo que seguirá defendendo a nacionalización dos asteleiros privatizados.

EU chama a mobilización sostida e a rebelión cidadá contra este “tiro de gracia” no futuro da nosa comarca e de localidades asturianas, bascas, canarias, etc…

EU pedirá unha comparecencia de urxencia do ministro Soria na comisión permanete do Congreso dos Deputados

ESQUERDA UNIDA SÚMASE Á FOLGA XERAL DO SECTOR NAVAL PRIVADO DE MAÑÁ DÍA 20 DE XUÑO

O coordenador local de EU Vigo, Rubén Pérez, participará na concentración de traballadores e traballadoras do sector que sae ás 9:30 horas da porta do asteleiro Barreras.

barreras-astillero-vigo--644x362Pola súa banda, o responsable de emprego da executiva nacional de EU e parlamentario de AGE, Juan Fajardo, que participará na concentración de traballadores do sector Asturias, considerou hoxe que “a situación de contínuo engano que as administracións públicas e o goberno están xenerando co sector naval” obriga de novo a parar en tódolos asteleiros privados do estado, nomeadamente na Ría de Vigo”.

Non podemos permitir, engadíu Juan Fajardo, que un sector industrial desapareza ante a inoperancia dun goberno incapaz de negociar ante Bruselas unha saída esperanzadora para as ameazas de anular o antigo sistema de bonificacións no sector naval, o “tax lease”.

EU considera positivo que de novo, como aconteceu fai uns días en Ferrol, a unidade sindical en Galicia e en todo o estado, de froitos esperanzadores para afrontar unha loita pola supervivencia do sector naval, industria que ate fai uns anos era quen de xenerar máis de 12.000 postos de traballo directo en Galicia e miles de indirectos.

Esquerda Unida sigue considerando que a aprobación dun novo tax lease fai uns meses era unha auténtica cortina de fume; xa que non garantir a legalidade do anterior (que operou entre 2002 e 2010 na construción de 273 barcos con bonificacións estipuladas entre 1700 e 2600 millóns de euros) non solucionaba nin evitaba que estas bonificacións fiscais obtidas polo “vello tax lease” non tiveran que ser devoltas por armadores e investidores feito que faría do novo tax lease unha canle non garantista para os actores operativos neste sistema: armadores, entidades financeiras e socios aportadores das Agrupacións de Interés Económico (orixe dos recursos para someter a leasing amortizable á contratación de buques.

Esquerda Unida ten manifestado en reiteradas ocasións que non nos gustaba o sistema do tax lease, que viña a ser un parche ás axudas directas da SEPI ou o fondo de garantía patrimonial de PYMAR, perseguidos dende vello pola comisión de competencia da UE.

Non nos gustaba en primeiro lugar porque era un sistema “embarullado” e que dependía finalmente de investidores especulativos e de entidades bancarias e o polo tanto nun momento de crise financeira poderían desaparecer deixando sen ferramentas de competitividade comercial aos nosos estaleiros.

EU considera que un goberno decente, con esta folga xeral, tería que desafiar abertamente á Comisión Europea como fixo Francia no 2006 e defender o lexítimo dereito a financiar públicamente a un sector estratéxico para a nosa economía como o sector naval.

%d bloggers like this: