MAREA DE VIGO CUALIFICA A ACTITUDE DO PSdeG-PSOE EN MATERIA DE SANIDADE UNHA ABSOLUTA INCOHERENCIA XA QUE, RESPONDE A INTERESES MÁIS ELECTORALISTAS QUE A PROPIA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA, QUE QUEDA RELEGADA A UN SEGUNDO PLANO.

marea-descartaAs votacións do PSdeG-PSOE parece que máis que dependentes do contido, dependen do momento electoral, dos intereses propagandísticos ou en moitos casos, de quen son as persoas que presentan a iniciativa ou moción que teñan que votar.

Marga L. Barreiro considera que o que está pasando co PSdeG-PSOE en materia do Hospital Álvaro Cunqueiro “é para chorar”. Primeiro, no Parlamento de Galiza, vota a favor da Proposición non de Lei que fai o grupo parlamentario de AGE para a reversión ao público do Hospital, con algun engadido que AGE acepta.

Despois abstense no Concello de Vigo de aprobar a moción presentada pola Marea de Vigo para sumarse tanto á denuncia presentada pola Asociación Galega pola Defensa da Sanidade Pública na UE como a dita Proposición non de Lei no Parlamento Galego, dicindo que o Concello non é unha institución “adecuada” para sumarse ás iniciativas que outras organizacións presenten; E mais tarde, de novo no Parlamento, o PSdeG-PSOE rexeita unha emenda de AGE , que antes xa votara a favor, para incluír no texto da súa iniciativa. Por certo, indica Marga López Barreiro, “iniciativa similar á que AGE propuxo para reverter o Hospital Álvaro Cunqueiro ao público e que a eles lle debeu causar algún tipo de reacción de “envexa” por pensar que era un tanto que lle podía ser moi útil para comezar a súa campaña electoral; pois non será polo moito que lle importe o estado da sanidade de Vigo xa que como é visto van sempre detrás das iniciativas dos demais colectivos para facer as súas reclamacións .”

Marga López Barreiro lembra que “non foi o Concello de Vigo quen convocou a manifestación multitudinaria, o Concello sumouse, pero convocou a Xunta de Persoal, a pesar do que o alcalde expresou en varias ocasións” e mesmo no pasado pleno deste martes, onde insistían na idea, cando a realidade e que a loita pola defensa da sanidade publica na área de Vigo sempre foi levada por iniciativa tanto da Xunta de Persoal como SOS Sanidade pública, dando moitos pasos nesa loita á que despois se foron sumando entidades coma o Concello de Vigo.

O que sí fixo o PsdeG-PSOE de Vigo, como é xa coñecido aínda que non lles guste escoitalo, foi facilitar as acometidas de auga e luz para que a obra fose adiante.

O grave vai seguir sendo que a atención hospitalaria nesta cidade segue a ser cada vez máis desastrosa e quédanos un futuro negro para a saúde de toda a veciñanza de aquí en diante se non somos quen de reverter a situación.

Dende o Grupo Municipal da Marea de Vigo pedimos o PsdeG-PSOE que deixe nun segundo plano os seus intereses electorais en favor dos intereses da cidadanía, que ten dereito a unha sanidade pública e de calidade.

Advertisements

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA OS  DESPEDIMENTOS QUE NO DÍA DE HOXE NOTIFICOU A DIRECCIÓN DE POVISA A 13 TRABALLADORAS/ES

 povisa

O coordinador local de EU e candidato á alcaldía de Vigo, Rubén Pérez, considera este anuncio, outro exemplo do abuso que esta empresa está exercer en todos os ámbitos e esixe ao SERGAS que os parámetros de calidade asistencial que aplica os centros públicos sexan tamén aplicados con Povisa, xa que o orzamento autonómico deriva varios millóns de euros a este hospital.

10 celadores e 3 do arquivo son as primeiras persoas despedidas despois da retirada do ERE por parte da empresa. Mentres que o persoal de arquivo desaparece, as tarefas dos celadores serán asumidas por auxiliares de enfermería, MERMANDO, TODAVÍA MÁIS, A CALIDADE ASISTENCIAL DE POVISA no tocante o ratio de persoal sanitario por número de camas.

Esquerda Unida considera que o servizo sanitario dun área tan importante como a de Vigo, non pode estar a expensas dos intereses económicos dun grupo empresarial.

Rubén Pérez considera que, un hospital que forma parte da rede hospitalaria do Sergas, non pode ser moeda de cambio nas aventuras empresariais e no engorde de sociedades pensadas para a evasión fiscal como as SICAV’s, que a familia Silveira atesoura.

Consideramos estes despedimentos un ERE encuberto, o ter retirado o ERE extintivo plantexado fai unhas semanas, pola imposibilidade de xustificar o último exercicio fiscal, e non poder aportar a documentación esixida por lei, e, neste caso, polo comité de empresa dentro da negociación do expediente. Esta imposibilidade ven dada, ademáis de pola complicidade do goberno da Xunta de Galicia, a traves do SERGAS,  polos beneficios obtidos por esta empresa, a costa do desmantelamento sistemático da sanidade pública.

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE O PSOE EN VIGO AMPARA O MODELO SANITARIO DO PP AO FACILITAR AUGA E LUZ AO NOVO HOSPITAL SEN GARANTIR A XESTIÓN PÚBLICA DO SERGAS.

novo_hospitalEU sigue defendendo que mentres non se garanta a titularidade 100×100 pública do centro hospitalario e dos servicios sanitarios polo SERGAS o Concello non debe proceder a realizar a obra de conexión de auga e luz. O coordinador local de EU, Rubén Pérez, considera que facelo “en comandita co PP é asumir o seu modelo sanitario fracasado en outras comunidades como Madrid e Valencia”.

Para EU a exención que marca o artigo 5.1.i da ORDENANZA MUNICIPAL quedaría sen efecto ao tratarse dun centro cunha titularidade do SERGAS discutible e pide que se lle cobre IBI ao centro hospitalario.

Tamén subliña Esquerda Unida que O Novo Hospital de Vigo é unha infraestructura Sanitaria que ten como finalidade a satisfación das necesidades de atención sanitaria da poboación do área de saúde de Vigo, e que esta vaise a realizar mediante explotación de dita infraestructura sanitaria por parte da empresa privada. Esta explotación é sobre a totalidade do NHV e non só a prestación de servizos non clínicos, tal como se indica na lexislación relativa aos contratos.

EU tamén considera que, para que ningunha empresa privada se beneficie dos beneficios que se conceden aos equipamentos sanitarios públicos debería modificarse a actual ordenanza municipal sobre o IBI coas seguintes actuacións:

1. Solicitar a modificación da ordenanza fiscal do IBI, no artigo 5.1.i que di: “Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario”

Quedando como segue:

i) Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario e sexan explotados polo SERGAS.

Todas estas medidas, para ESQUERDA UNIDA, deberían ser eventuais mentras non se produce un cambio político que permita revertir ao público o novo complexo hospitalario.

INTERVENCIÓNS DE EVA SOLLA NO PARLAMENTO

INTERVENCIÓNS DE EVA SOLLA NO PARLAMENTO (27/5/2014)

INTERVENCIÓNS DE EVA SOLLA NO PARLAMENTO (6/5/2014)

INTERVENCIÓNS DE EVA SOLLA NO PARLAMENTO (24/4/2014)

%d bloggers like this: