MAREA DE VIGO ANTE A ADXUDICACIÓN DO MANTEMENTO DE PARQUES E XARDÍNS EN VIGO


Rubén-PérezMAREA DE VIGO CONSIDERA QUE, CON RESPECTO A NOVA ADXUDICACIÓN DE PARQUES E XARDÍNS, “ALGUÉN TEN QUE ACLARAR COMO SE EVALÚAN E CONTROLAN CUSTES DOS SERVIZOS” E REITERA A SÚA PETICIÓN DUN OBSERVATORIO DA CONTRATACIÓN PÚBLICA COMO XA FUNCIONA EN ZARAGOZA PARA AUDITAR A CONTRATACIÓN NOS SERVIZOS MUNICIPAIS.

Marea de Vigo sigue insistindo en que a situación actual de priorización do criterio de “oferta máis económica” na contratación , fomenta a precarización das condicións laborais nos cadros de persoal das contratas. Considera que os riscos de perda de emprego no servizo “eran patentes antes coa anterior concesionaria como o son agora coa nova”. A única maneira de garantir emprego estable é a xestión directa municipal do servizo e a consolidación do persoal.

Rubén Pérez, voceiro municipal da MAREA DE VIGO, non entende como a actual concesionaria estivo anos cobrando unha cantidade pola xestión do mantemento de parques e xardíns, tentando sempre reducir dereitos e custes laborais, o que ocasionou folgas en datas recentes, e presenta unha oferta agora ao novo concurso que reduce sensiblemente o custe que anteriormente cobraba.

MAREA DE VIGO considera “inexistente” o seguimento da situación laboral e do cumprimento da lexislación laboral por parte do Concello nas empresas que xestionan contratos públicos e lembra que “existe unha responsabilidade directa do Concello en que en determinados servizos aparezan situacións de precaridade laboral, flexibilidade arbitraria e mesmo incumprimentos graves dos convenios colectivos.

MAREA DE VIGO considera necesario artellar un control público (concello, sindicatos, asociacións veciñais, consumidores e usuarios, etc…) a través dun observatorio da contratación que xa funciona de xeito positivo en cidades como Zaragoza e que estudan implantar Madrid ou Barcelona.

Para a MAREA DE VIGO a exclusión de CESPA, EULEN ou VALORIZA no contrato pon en manifesto que o criterio de rebaixa sobre o prezo estimado do servizo desencadea unha “guerra de prezos á baixa” que inexorablemente actúan sobre o emprego ao ser o principal custe que actualmente supón o SERVIZO DE CONSERVACIÓN DE ZONAS VERDES DA CIDADE DE VIGO.

Rubén Pérez. Voceiro do grupo municipal da MAREA DE VIGO manterá hoxe unha xuntanza co presidente do comité de empresa do servizo para evaluar a situación da concesión e os riscos futuros do mesmo.

 

PARTICIPA NA ELABORACIÓN DO PROGRAMA DA MAREA DE VIGO

progra-1024x626Lanzamos o Programa Vivo.
Un xeito de facer política distinto, participativo e aberto, onde toda a veciñanza de Vigo poderá participar na elaboración do programa electoral.
www.mareadevigo.org/programavivo

Para acceder só tes que asinar o manifesto, crear un contrasinal e comezar a facer propostas e votar as xa plantexadas. Cómpre sinalar que as propostas que incluíremos no programa serán aquelas que no cómputo de votos positivos e negativos obteñan +7.

Temos unha cidade aínda por facer. Participa!

ALBERTO GARZÓN E RUBÉN PÉREZ EN VIGO

acto-alberto

RUBÉN PÉREZ, CANDIDATO DE EU Á ALCALDÍA DE VIGO, PIDE “VERDADEIRA PROPOSTA UNITARIA” NOS ESPAZOS DE CONVERXENCIA XURDIDOS NA CIDADE

Ruben_PerezRubén Pérez, que foi o único candidato presentado para as primarias abertas de EU na cidade cuxo prazo de recolla de avais rematou este fin de semana, considera que baixo o nome de “plataforma cidadá”, pode autodenominarse “calqueira iniciativa de parte”, sen garantías de ser realmente un espazo de encontro da esquerda política e social.

Para EU, a MAREA está tendo un debate constructivo e plural sobre a formula de concurrir ás eleccións, pero considera que ten que abrirse a espazos de converxencia que se poidan construir fóra da nosa cidade para evitar o “bloqueo sistemático ao municipalismo de esquerda” que pode realizar unha deputación dominada polo PP.

Esquerda Unida priorizará a proposta programática sobre formulacións de candidatas/os ou fórmula xurídica xa que entende que “o tempo político actual require audacia e responsabilidade”.

Esquerda Unida, de acordo coa súa folla de ruta acordada na asemblea local, remite cartas a tódolos colectivos sociais da cidade, AAVV, asociacións culturais, deportivas, etc… para interlocucionar con elas sobre o modelo de converxencia política e programa que precisa unha cidade como Vigo para ser actor importante no proceso de ruptura democrática que defende EU.

Esquerda Unida avanza que o vindeiro luns 9 de febreiro estará en Vigo Alberto Garzón, candidato de EU á presidencia do goberno, para apoiar a candidatura de Rubén Pérez nun acto público na cidade.

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A FALLA DE DEMOCRACIA DO ALCALDE DE VIGO E O SEU GRUPO POLO INCUMPRIMENTO SISTEMÁTICO DOS ACORDOS PLENARIOS

bernardo-alfagemeEU considera que onte “traspasaronse liñas vermellas” no pleno en canto ao respeto á oposición e ó xogo democrático e partidario acusando a EU e outras organizacións de reventar o pleno.

Para o coordinador local de EU, Rubén Pérez, “un pleno o rebenta quen no fai rendición de actuacións e decisións ante o mesmo e quen non garante as máis básicas garantías de funcionamento democrático do máximo órgano da política municipal, que non é o alcalde senón o pleno”

EU exixe xa aclaración de que partida orzamentaria e en base a que conceptos están a consignarse recursos públicos para a obra e instalación do barco Bernardo Afageme na rotonda de Coia. É evidente que non estamos ante un contrato de mantemento polo que “queremos saber que pinta Civisgloblal e o seu retén de mantemento no asunto”.

O coordinador de Esquerda Unida, Rubén Pérez, considera que o cumplimento ou non dos acordos acadados no pleno municipal parece que queda determinado polos desexos do Alcalde de Vigo con respecto a sua idea de cidade, e non dos resultados das votacións dos membros do pleno do Concello de Vigo, aludindo a unha maioria fantasma da cidadanía manifestándose clamorosamente, nesta ocasión, a favor da colocación do Bernardo Alfageme na rotonda de Coia, e chegando o nivel de insultar e calumniar a veciñanza presente no público do pleno.

Esquerda Unida considera que ademáis, no pleno de onte, as continuas descalificacións á oposición amosan que o talante democrático do alcalde e cero; cunha folla de ruta de obrigado cumprimento, ainda que para iso teña que actuar coma o cabalo de Atila.

Rubén Pérez considera que, con luz e taquígrafos, se presenten todos os datos con respecto os custes das obras na rotonda de Coia, así coma que se explique a que capítulos vanse consignar eses custes e por que se considera que isto e un mantemento e non outro tipo de obra, onde é necesario publicitar os datos da mesma.

ACTO PÚBLICO EU VIGO – EUPV PATERNA “URBANISMO RACIONAL OU MACROCENTROS COMERCIAIS”

cartel_conferencia_urbanismo

ESQUERDA UNIDA DE VIGO E ESQUERRA UNIDA DE PATERNA (VALENCIA) UNEN AS SÚAS FORZAS CONTRA OS MACROCENTROS COMERCIAIS DE EUROFUND NAS DÚAS LOCALIDADES .

cartel_conferencia_urbanismoEU de Vigo e EUPV de Paterna celebran en Vigo este xoves 25 un acto aberto sobre os proxectos de PORTO CABRAL (Vigo) e PUERTO MEDITERRANEO (Paterna) como exemplos dun modelo de urbanismo especulativo e con incidencia desastrosa nas economías locais.

No acto, que será no antigo reitorado da rúa Oporto ás 20:00 horas intervirán Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo  e Javier Parra, concelleiro de EUPV en Paterna

EU pretende explicar no acto determinadas “follas de ruta” que comunidade de montes, empresa, concello e “algúns empresarios locais que actúan como mediadores” están seguindo para facerse cos terrenos de Liñeiriños que, curiosamente, son dunha edificabilidade moi alta. Para EU detras dese suposto centro comercial con pista de esquí e lago navegable hai moito máis que unha extratexia de negocios comerciais e oferta de ocio.

ESQUERDA UNIDA considera igualmente que o ámbito a desenvolver no PXOM curiosamente tense que facer no primeiro cuadrienio, co que entende perfectamente “as prisas e pánico” que a algúns lle entraron de repente para relanzar o “corazón do PXOM de Vigo”.

EU considera que Liñeiriños é a plasmación da “tolemia urbanista que contén o PXOM de Vigo” e traballará arreo pola redacción dun novo PXOM e a modificación da presión que promotores e intereses económicos especulativos fan sobre o monte comunal de Cabral e por extensión na superficie rústica de Vigo.

Do mesmo xeito EUPV amosará como o proxecto “xemelgo” de Porto Cabral: Puerto Mediterráneo esconde unha intencionalidade semellante.

%d bloggers like this: