MANIFESTACIÓN POLA REPÚBLICA

mani_republica_17x

Advertisements

DIVERSOS COLECTIVOS SINDICAIS, POLITICOS E SOCIAIS, EN REXIME DE AUTOCONVOCATORIA CONVOCAN EN VIGO DIANTE DO MARCO ESTE SABADO 7 DE XUÑO EN AS 19:00 A CIDADANIA A SAIR A RUA CO LEMA “FORA ÓS BORBONS, POLA REPÚBLICA”

RepúblicaVigo

A Convocatoria a asinan a Asemblea Republicana, Esquerda Unida, CUT, STEG, Anova, Sindicato Ferroviario da Confederación Intersindical, Equo, Democracia Participativa, FPG, Espazo Ecosocialista, Sindicato de Elevación, Xeira, Xuventude Comunista, PCG, SLG, PODEMOS,  Fronte Cívico, Nova Esquerda galega.

Este colectivo de organizacións fai un chamamento a cidadanía para que reclame o dereito a decidir sobre o modelo de estado que queremos; Unha clamorosa esixencia de superacion do pacto constitucional do 78, do que moitas e moitos que ainda poden contalo, non participaron; e do que todas e todos os que hoxe teñen menos de 57 anos, tampouco puideron ser partícipes.

 As forzas política e sociais que convocan consideran que neste contexto político aberto trala abdicación do monarca o papel fundamental ten que xogalo á cidadanía e evitar que este intento de segunda transición relegada a un pacto de élites e de despachos sen o concurso do pobo.

A concentración será o sábado 7 ás 19 horas coincidindo coas múltiples convocatorias que en Galicia e no estado se celebrarán á mesma hora.

ESQUERDA UNIDA PRESENTA NO REXISTRO DO CONCELLO UNHA PROPOSTA DE MOCIÓN PARA PEDIR UN POSICIONAMENTO DO PLENO A FAVOR DO REFERENDO VINCULANTE SOBRE MONARQUÍA OU REPÚBLICA

O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, presentou hoxe no rexistro do concello unha proposta de moción coa que EU pretende que “como no 1936 seña o poder local o que pule pola aposta republicana e o proceso constituínte que precisa o estado español”.

RepúblicaO coordenador local de EU, Rubén Pérez, considera que as forzas que se din progresistas presentes no pleno non pode permanecer “equidistantes” dun debate abertamente cidadá que xa está nas nosas rúas e que onte manifestouse como masivo e decidido a impedir que a “segunda transición que pretender artellar” volva a agochar os graves problemas democráticos que vivimos.

A proposta de moción lembra que o artigo 57.5 da Constitución española establece que as abdicacións teñen que regularse mediante lei orgánica. Con todo, tal lei aínda non se promulgou e, con todo, o actual monarca xa manifestou, a través do Presidente do Goberno, a súa decisión de abdicar en favor do seu fillo.

Para ESQUERDA UNIDA, sen dúbida, o momento elixido ten un contexto político e social determinado no que se evidencia, cada vez con maior claridade e forza, que a cidadanía quere participar activamente na toma daquelas decisións que lle afectan. Hoxe día, a democracia xa non pode ser unha mera cobertura sen contido, senón que é preciso que se dote de auténtica lexitimidade, permitindo a participación activa de todos os seus membros. Por iso, é imprescindible que a cidadanía se manifeste nesta ocasión sobre o modelo político do que quere dotarse e póñase en marcha, por tanto, un referendo no que o pobo decida se quere manter a forma monárquica ou, pola contra, opta polo modelo republicano no que a Xefatura do Estado sexa elixida mediante sufraxio universal, libre, segredo e directo pola totalidade da cidadanía.

MOCIÓN REFERENDO

MOCIÓN REFERENDO

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): A REPÚBLICA VIU DA MOBILIZACIÓN POPULAR NOS CONCELLOS POLO QUE É O MOMENTO DE SAIR Á RÚA PARA TRAELA DE NOVO

republicaESQUERDA UNIDA APOIA A MOBILIZACIÓN DE HOXE EN VIGO CONVOCADA POLA ASEMBLEA REPUBLICANA ANTE O ANUNCIO DE ABDICACIÓN DE JUAN CARLOS I

Esquerda Unida de Vigo considera que Vigo ten que ser un dos referententes de mobilización popular pola III República ante a oportunidade que temos de trocar o réxime obsoleto da monarquía e traer unha República que además mude o modelo económico, social e político que xenerou a transición.

O coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez, a deputada de AGE Eva Solla e militantes e simpatizantes de EU participarán hoxe na concentración que ás 20 horas reclamará unha República enfronte do MARCO de Vigo.

EU de Vigo considera que vivimos un momento histórico para derrubar o réxime e abrir un novo proceso constituínte.

SECRETARIA DE COMUNICACIÓN DE EU VIGO

Vídeo do 82º Aniversario da II República (1931-2013)

14 DE ABRIL: MANIFESTACIÓN POLA REPÚBLICA

14abril

ESQUERDA UNIDA CHAMA Á PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN REPUBLICANA MAÑÁ EN VIGO PORQUE “A REPÚBLICA NUNCA FOI TAN NECESARIA E ESTÁ Á VOLTA DA ESQUINA”

O Consello local de EU chamou hoxe a participar mañá SÁBADO 14 DE ABRIL, data conmemorativa da proclamación da II República en 1931 na manifestación convocada pola ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO que sairá ás 12:30 horas do M.A.R.C.O.

ESQUERDA UNIDA defende fronte a un modelo de país baseado na especulación e o ladrillo, sometido ao poder económico, onde os principais partidos monárquicos compiten á hora de satisfacer as necesidades dun ou outro sector económico, é necesario pór en pé un novo proxecto de país.

Un novo proxecto de país que poña no centro da súa política e a súa economía a participación activa e o benestar social da maioría, a democracia participativa e os dereitos sociais.

Para isto, apostamos por abrir un proceso constituínte. A aposta por un proceso constituínte é unha chamada a loitar polo noso futuro, a recuperar a soberanía popular e dar poder á maioría social traballadora como realización da democracia.

Un proceso constituínte entendido como articulación dunha ampla maioría social mobilizada na loita democrática polos seus dereitos.

Apelamos ao poder constituínte, ao conxunto do pobo, o único que é capaz de definir e decidir o proxecto de país que queremos.

Un país con máis dereitos e máis democracia, que hoxe só pode significar unha cousa: a III República.

%d bloggers like this: