ESQUERDA UNIDA, O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA E A XUVENTUDE COMUNISTA, PIDEN A MOBILIZACIÓN DA CIDADE DE VIGO EN DEFENSA DA SÚA INDUSTRIA.

cartel_industriaAs tres forzas apoian a mobilización convocada por CCOO en Vigo o domingo 9 de Novembro, e consideran crítica a situación do emprego e do futuro do sector industrial.

EU, PCG e XC consideran extremadamente graves os anuncios de EREs, recortes salariais e en dereitos laborais que están a anunciarse veladamente, ou de xeito formal, en empresas como PSA, Gestamp, etc… que xustifican a convocatoria inmediata de folgas e mobilizacións nos centros de traballo.

Os replantexamentos de modelos productivos no sector da automoción, nomeadamente o abandono do sistema de fabricación just-in-time, que obrigaba a ter os proveedores ubicados xeograficamente no entorno das plantas, aceleran a deslocalización que xa viñamos sufrindo a clase traballadora, xunto con outras medidas, propiciadas pola reforma laboral, que están a destrozar as relacións laborais, e invalidando a capacidade da negociación colectiva.

Por outra banda, estase a cronificar a precariedade no sector naval, dada tanto pola represión sindical mediante “listas negras” nalgúns asteleiros, como pola ausencia dunha política fortalecedora do sector naval no seu conxunto, xa que a que se está a aplicar, fomenta unha competitividade entre as empresas do sector en canto os custes, recortando éstas polo tanto, en custes e dereitos laborais, utilizando tamén todas as ferramentas precarizadoras aportadas na reforma laboral.

A continua perda de peso do sector industrial de Vigo, e a masa asalariada vinculada a éste, está repercutindo na economía da cidade, especialmente no sector servizos, no consumo, etc. polo tanto, a loita pola defensa do tecido industrial da cidade e o futuro da mesma, é unha responsabilidade colectiva.

PCG, EU e XC fan polo tanto un chamamento á mobilización convocada este domingo pola defensa da industria con emprego e con dereitos que sairá as 11:30  do cruzamento entre Urzaiz/Vía Norte.

Advertisements

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): “EU PARTICIPARÁ NA CONCENTRACIÓN DE MAÑÁ EN DEFENSA DO PARTIDO XUDICIAL DE VIGO PERO CONSIDERA QUE DEBERÍA SER EXTENSIBLE A TÓDOLOS RECORTES EN MATERIA XUDICIAL QUE PP E PSOE LEVAN FEITO NAS ÚLTIMAS LEXISLATURAS NO MINISTERIO DE XUSTIZA”

????????EU lembra que foi o PSOE, con Zapatero como presidente, o que deu saída a unha escalada terrible de recortes en materia xudicial, naquel momento recortando en salarios e recursos de persoal no ministerio de xustiza.

ESQUERDA UNIDA considera que a convocatoria do goberno municipal ten un “carácter localista” que non pode ser parte do discurso dunha forza progresista, e considera que non somentes en Vigo a supresión dos partidos xudiciais é contraria ao interese xeral, senón que a reorganización do mapa xudicial sen debate político e institucional vai ser aplicada en centos de municipios en Galicia

Para EU é necesario garantir a prestación de servizos ineludibles: quenda de oficio, dereito de defensa a inmigrantes, informatización dos xulgados actuais, recursos para as fiscalías, aumento do nº de xuíces e especialización dos mesmos. Todos estos aspectos foron ninguneados polos sucesivos gobernos do PP e do PSOE.

INTERVENCIÓNS DE EVA SOLLA NO PARLAMENTO

ESQUERDA UNIDA PIDE A PARTICIPACIÓN MASIVA DOS VIGUESES E VIGUESAS NA MOBILIZACIÓN POLA SANIDADE PÚBLICA DE MAÑÁ

sossanidademani13febEU considera esencial a mobilización de mañá 13 de Febreiro en Vigo para conquerir a retirada da reordenación do mapa sanitario de Galicia. O Consello Local de Esquerda Unida reitera a súa aposta pola Sanidade Pública e manifesta o seu apoio a esta mobilización.

Esquerda Unida denuncia que o desmantelamento da Área Sanitaria de Vigo é unha consecuencia máis da política de recortes sanitarios do Partido Popular. O desvío de pacientes a outras Áreas Sanitarias ven a sumarse á xeira de medidas privatizadoras e desmanteladoras que sufre a nosa Área Sanitaria: mantemento do convenio con POVISA, privatización do Novo Hospital de Vigo e redución das súas dependencias, recortes de persoal, etc.

A estes graves feitos engádense tamén as medidas neoliberais tomadas polo Goberno no conxunto do Servizo Galego de Saúde, que inclúen a privatización de toda a Alta Tecnoloxía Sanitaria (radioloxía, radioterapia, resonancia…) e mesmo a privatización da Esterilización de material e instrumental, servizo sanitario ata o de agora con persoal público.

Esquerda Unida lembra que o correcto funcionamento dos servizos sanitarios especializados precisan dun número mínimo de pacientes ao ano e remarca que as modificacións no planeamento sanitario non poden facerse de costas ao persoal, que é quen está a soster na actualidade a nosa Sanidade ante os ataques do Partido Popular.

INTERVENCIÓNS DE EVA SOLLA NO PARLAMENTO (12/11/2013)

ENTREVISTA A ALBERTO, MEMBRO DE ASEMBLEA UNIVERSITARIA DE VIGO, SOBRE A APLICACIÓN DA “LEI WERT” NA UVIGO

ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIA ACTIVAMENTE O 19J

ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIA A MOBILIZACIÓN MAÑÁ 19 EN VIGO EN CONTRA DOS RECORTES DECRETADOS POLO GOBERNO E CELEBRA A UNIDADE SINDICAL CONQUERIDA.

O COORDENADOR LOCAL DE EU EN VIGO RUBÉN PÉREZ SULIÑA QUE 0 19J É O PUNTO DE NON RETORNO QUE A CLASE OBREIRA TEN QUE TOMAR PARA NON SÓ PARAR AS AGRESIÓNS SENÓN RECUPERAR DEREITOS MEDIANTE A MOBILIZACIÓN SOSTIDA NO TEMPO.

Para EU, como así o manifestou recientemente a súa executiva nacional, que CIG, CCOO e UXT conqueriran que as mobilizacións sexan unitarias é un paso importantísimo para asegurar o dificultoso camiño de loita contra este goberno e a súa folla de ruta de recorte de dereitos sociais e constitucionais.

EU de Vigo lembra que fai un ano PSOE e PP fraguaron a reforma constitucional de maior calado desde 1978, que culminou coa modificación do artigo 135 da C.E. constitucionalizando un límite de gasto público que abre a porta aos recortes sociais. A imposición dunha norma automática de limitación do déficit é unha alteración da decisión do constituínte plasmada no título preliminar (España constitúese nun Estado social e democrático de dereito) e por tanto, unha reforma “de calado, estrutural, e non conxuntural” para a que a Constitución esixe seguir o procedemento do artigo 168 co consecuente referendo popular para a súa ratificación. Con todo, a reforma pactada por dous partidos maioritarios polo procedemento do artigo 167 excluíu toda forma de participación popular na reforma.

Un ano despois, os recortes sociais son realidade. Desde o inicio o Goberno do Partido Popular foi aprobando políticas de “axuste” que minguaron o Estado de Benestar e recortaron os dereitos conquistados. Estas medidas están a fracasar e, lonxe de favorecer a economía produtiva e de xerar empregos, están a agravar a crise e están a ser obxecto dunha forte contestación cidadá.

Neste contexto, no que as mobilizacións sociais e as protestas á calor das medidas do Goberno faise máis que nunca necesario abrir canles de participación directa dos cidadáns na toma de decisións, desenvolvendo o dereito fundamental dos cidadáns a participar directamente nos asuntos público, recollido no artigo 23 da Constitución Española  para avanzar cara a unha democracia participativa que poña aos cidadáns no centro da política.

ESQUERDA UNIDA TERÁ PANCARTAS PROPIAS E CONCENTRARÁ A SÚA MILITANCIA AS 20:15 NAS ESCALEIRAS DE BAIXADA Á PRAZA DA ANTIGA ESTACIÓN

%d bloggers like this: