Esquerda Unida de Vigo chama a participar na manifestación do Domingo 27 contra os recheos na Ría de Vigo

Desde Esquerda Unida de Vigo chamamos a participar na manifestación deste vindeiro Domingo 27, contra os recheos na Ría de Vigo. A manifestación a convoca a rede de colectivos A Ría Non Se Vende ás 12:00 da rotonda das áncoras de Bouzas e rematará na Laxe, onde se celebrará un xuízo popular contra @s responsábeis da Autoridade Portuaria de Vigo por estragar a nosa ría.

Máis información na web de A Ría Non Se Vende.

Advertisements

Manifesto en contra dos recheos da Ría de Vigo

O Tribunal Supremo ven de declarar ilegal a ampliación do Porto de Marín de máis de 30.000 metros cadrados actualmente en fase de ocupación en superficie. Isto abre unha esperanza de que tanto o que se expón en diferentes puntos da nosa costa (recheos na Ría de Vigo), así como diversas ampliacións executadas (Reganosa en Ferrol), ou en desenvolvemento (Porto exterior na Coruña) sexan do mesmo xeito declaradas ilegais e, cando menos, a cidadanía responsable coñeza a actuación ilegal de diversas institucións (Autoridades Portuarias, Xunta, Goberno central…), que entregan as nosas costas os máis variopintos intereses privados (construtoras, empresas conserveiras, compañías loxísticas, etc..) nun desprezo absoluto a un medio ambiente litoral de unha riqueza biolóxica excepcional.

Ó longo dos anos, a costa Galega ven sendo un fronte de batalla onde os intereses do capitalismo galego e estatal amosan a súa face máis predadora, construtoras fixeron da actividade inmobiliaria un espazo de especulación actuando en conveniencia con corporacións municipais que modificaron intencionadamente a súa planificación urbanística cegados polos inxentes réditos da plusvalía do ladrillo que vivimos na última década. Empresas conserveiras presionan a Portos para situar os seus centros produtivo en chan barato é accesible aproveitando, por exemplo, Portos como os de Vigo carecen de Plans directores que definan realmente os usos e aproveitamentos espaciais e de recursos das zonas portuarias.

Paralelamente á  crise capitalista e a política de control de custos empresarial devengada (que ten nos custes loxísticos un foco especial) Empresas de automoción como SEAT ou CITROËN, Regasificadoras como a do Musel en Xixón ou Reganosa en Ferrol, grandes operadoras de contedores ou estaleiros privados son capaces de condicionar a morfoloxía das nosas costas a cambio do chantaxe dos postos de traballo, argumentando se non conseguen espazos loxísticos baratos coa deslocalización produtiva. Os concellos son presionados por intereses capitalistas, pero en ocasións lamentablemente pola cidadanía enrolada nesa masa amorfa coñecida como “opinión pública”, se pliegan a estes intereses asustados máis por previsibles enquisas electorais que polo cumprimento da legalidade medioambiental e urbanística.

Nun contexto de crise capitalista o aproveitamento especulador do noso entorno faise máis patente, o todo vale dun sistema de acumulación especulativa multiplícase exponencialmente co que a resposta consciente da cidadanía é  imprescindible. Unha resposta que se artelle en plataformas, foros, mobilizacións pero tamén no traballo político: mocións, denuncias en fiscalía, votos nos plenos municipais, porque fronte o que se argumenta dende moitas posicións, a política é útil sempre que se faga con honestidade e vontade de servizo público. Polo tanto pedimos  PP, BNG, PSOE, presentes en moitas corporacións e institucións do noso país unha denuncia pública e real do que se está a aprobar en plenos e comisións. O lamentable exemplo de Reganosa é significativo de este feito.

ESQUERDA UNIDA como forza anticapitalista, está permanentemente en combate contra esta sibilina forma de alleamento do noso patrimonio ambiental, con ese argumento de que o progreso, o emprego e a riqueza dependen de recheos, ampliacións, modificación de lindes costeiros, …. destruír o noso litoral non é progreso. O progreso é xustamente o contrario, o crecemento ilimitado de espazos industriais e loxísticos nun contexto onde miles de miles de metros cadrados están baleiros ou infraempregados non é posible. Urxe decrecer neste aspecto, dotando de usos reais os espazos portuarios, vindicando fórmulas intermodais de transporte (ferrocarril-marítimo) que non fagan necesario que os espazos industriais estean en plena costa. Miles de polígonos industriais languidecen no noso país, miles de metros construídos sen uso real nos anos do “poligonismo irracional” que tantas inauguracións deu a alcaldes e conselleiros de un e outra cor.

PORQUE O CAPITALISMO NON É A SOLUCIÓN, É O PROBLEMA

OS ESPECULADORES FORA DAS NOSAS COSTA

¡¡¡RECHEOS NON!!!

%d bloggers like this: