MAREA DE VIGO ALERTA DO DESMANTELAMENTO PRIVATIZADOR DO INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES TRAS A SÚA INCORPORACIÓN AO AO MODELO DE XESTIÓN DIRECTO DO CONCELLO.

logowebMarga López Barreiro, concelleira da Marea de Vigo, denuncia que “o feito de que se queira xustificar a xestión privada das piscinas municipais de Travesas, Lavadores, Teis e Valadares pola vía da inversión en obras alerta dun modelo privatizador perigoso”. Marea votará en contra no pleno do luns.

O Concello pretende xustificar a inversión privada ante “a falla de recursos públicos” para acometer as obras necesarias nas piscinas cubertas de Lavadores, Teis, Travesas e Valadares e meter no mesmo lote a xestión privada indirecta dos servizos das mesmas. Son dúas cousas absolutamente diferentes e para a Marea de Vigo as obras poden ser perfectamente acometidas cun plan de inversión serio no orzamento de 2017 entendendo que o contrato actual de xestión da UTE PISCINAS DE VIGO remata en agosto de 2016.

Do mesmo xeito na proposta do Concello de Vigo inclúe a privatización dos ximnasios do Berbés e Travesas, hoxe en día explotados directamente polo IMD mediante persoal propio, o que é un factor máis que evidencia que co acordo plenario do 26 de outubro de 2015, o que se pretendía era artellar o inicio do desmantelamento público do IMD en vez de optar por unha xestión pública directa.

Marea de Vigo alerta deste paulatino proceso de desmantelamento do INSTITUTO MUNICIPAL DOS DEPORTES que se alenta argumentando a necesidade de privatizar xestión e servizos pola “minoración progresivas nos usos nas instalación deportivas nas piscinas cubertas municipais” que “demanda unha revisión da formulación do modelo de xestión”. Para Marga López “isto é a escusa que durante estas décadas empregou o neoliberalismo para xustificar as privatizacións, causando primeiro o descrédito e deficiente xestión dos servizos públicos, para logo xustificar a entrada de empresas privadas”.

O persoal do IMD leva anos alertando de que o desentendemento municipal de instalacións, especialmente nos aspectos relacionados co mantemento, a non “fidelización” de usuarios que acaban optando por opcións privadas deportivas, as trabas aos usos das instalacións de clubes de base, pon en evidencia a xestión do goberno municipal e especialmente do concelleiro de deportes.

MAREA DE VIGO REXISTRA UNHA MOCIÓN PARA DECLARA O CONCELLO DE VIGO MUNICIPIO OPOSTO O TTIP.

ttipA negociación de tratado de libre comercio estase a facer de costas a cidadanía para evitar calquera mobilización ou critica.

Tal e como xa denunciou a eurodeputada Lidia Senra nin sequera as e os eurodeputados teñen acceso o documento completo. Senra relata que as eurodeputadas que queren ter aceso o documento teñen que facelo nunha sala na que apenas hai dúas cadeiras e unha mesa, e na que as eurodeputadas non poden estar máis de dúas horas, acompañados por un funcionario en todo momento e ademais só teñen acceso a documentos parciais nos que se citan anexos que non están o seu dispor.

Os escasos datos públicos indican que neste tratado o que se busca é a liberalización total dos servizos públicos, comprometendo así as competencias dos e das representantes elixidos para administrar con liberdade as súas comunidades.

A Marea de Vigo considera que as administracións locais ao estar preto das necesidades das e dos cidadáns e sendo as canles máis apropiadas para promover os servizos públicos e a industria e emprego locais deben posicionarse claramente en contra deste tratado que ameaza con acabar coa xa de por si , escasa autonomía local.

Non é casualidade que unha e outra vez a cidadanía vexa como os centros de decisión van quedando cada día en institucións que están máis lonxe deles, xa que este brutal ataque centralizador ten como obxectivo acabar co control que o pobo debe lexitimamente exercer sobre as e os seus representantes
Dende a Marea solicitamos que o Concello solicite ao ministerio de Economía e Competitividade a suspensión das negociacións do TTIP ata que remate a falta de transparencia das negociacións e se abra un debate público na UE e nos seus respectivos parlamentos.

MAREA DE VIGO MANTIVO HOXE UNHA XUNTANZA COA XUNTA DE PERSOAL DO CHUVI ONDE COINCIDIRON EN DENUNCIAR O MODELO DO NOVO HOSPITAL DE VIGO.

hospital alvaro cunqueiroAmbas partes denuncian o modelo hospitalario instaurado en Vigo polo Partido Popular e consideran perfectamente posible que o Concello busque unha alternativa o problema do aparcadoiro.

Os/a tres concelleiros/a da Marea de Vigo mantiveron hoxe unha xuntanza coa xunta de persoal dentro dos locais sindicais do hospital xeral, onde reiteraron as súas posturas con respecto á problemática que está a acontecer no Álvaro Cunqueiro. Con respecto o aparcadoiro, Marea e Xunta de persoal ven a posibilidade de que o Concello de Vigo asuma unha responsabilidade para con as e os usuarias e usuarios e co cadro de persoal do centro hospitalario.

Alén disto, falouse sobre a situación na que se están comezando a ver gran parte do persoal sanitario , coma as e os celadores, o verse privatizado tamén parte do traballo que ata o de agora dependía directamente do sergas, e ser substituídas/os por contratos lixo a través de contratas.

A xunta de persoal non vai deixar de mobilizarse por unha sanidade pública e de calidade, e seguirá denunciando a tropelía que está supoñedo a apertura do novo hospital para toda a cidadanía, reivindicacións que a Marea de Vigo apoiará en coherencia co seu modelo de hospital 100×100 público que defende.

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): O ABANDONO DE PEMEX DA INVERSIÓN EN BARRERAS CONFIRMA AS SOSPEITAS DA INTENCIÓN REAL DA COMPRA DO ASTELEIRO.

barreras-astillero-vigo--644x362O CANDIDATO DE EU Á ALCALDÍA DE VIGO LEMBRA QUE EN 2013 O GOBERNO RESPONDEU A EU QUE QUE BARRERAS TIÑA QUE SOMETERSE ÁS “SOLUCIÓNS DE MERCADO” E DESCARTABA A INTERVENCIÓN PÚBLICA NO ASTELEIRO, FEITO QUE IMPOSIBILITA AGORA RETOMAR A PARTICIPACIÓN PÚBLICA ANTE A MALA XESTIÓN PRIVADA.

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo e candidato de EU á alcaldía de Vigo, considera que un eventual abandono de Pemex das inversións no asteleiro obriga ao goberno a dar a batalla por un sector naval público recuperando asteleiros privatizados e que xa non pode o goberno ampararse no artigo 107.1 do Tratado de Funcionamento da UE amosa que “admite que o modelo actual de construcción europea é incompatible coa defensa dos sectores productivos xeneradores de emprego en Galicia”

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo, sigue considerando que o goberno ten que tomar todas as medidas necesarias para salvagardar os intereses públicos e o ben xeral evitando que o diñeiro público invertido nesta empresa e o esforzo fiscal de quitas e axudas acabe sendo pasto de intereses alonxados do interese xeral.

O coordinador local de EU lembra que EU considerou en 2013 “indignante” que a solución que a Xunta para un asteleiro que no seu día foi público fóra a venta a unha multinacional mexicana da que “non se coñecía máis interes que apropiarse do know-how da construcción naval”

ESQUERDA UNIDA sigue defendendo que, ao igual que Francia e Holanda, teríamos seriamente que enfrontarnos á lexislación europea en materia de presencia pública no sector da construción naval. Pide que se tomen medidas de “urxencia estratéxica” como en Francia está facendo o goberno cos asteleiros TX en Saint-Nazaire, especializados en cruceiros, que o goberno pretende nacionalizar “aínda contravindo as leis europeas” para salvagardar a “industria estratéxica do país”

ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIA A FOLGA DAS/OS TRABALLADORAS/ES FERROVIARIOS CONVOCADA O 31 DE XULLO E QUE REMATA HOXE 1 DE AGOSTO.

trenEsquerda Unida considera que esta folga e as que virán son necesarias para a defensa dos servizos públicos fronte as privatizacións que se están levando a cabo nos últimos anos.

Dende Esquerda Unida amosamos o total apoio a folga en Renfe e Adif convocada polos sindicatos durante os dias 31 de Xullo e 1 de Agosto.

Consideramos que esta folga supón unha reclamación no nome do conxunto da cidadanía, contra o expolio dos servizos públicos que estamos a sufrir. Neste caso, roubo organizado e lexitimado do Ferrocarril a través das actuacións privatizadoras dos diferentes gobernos tanto do PP como do PSOE, aprobando procesos de liberalización que establecen o a folla de ruta para deixar en mans privadas o patrimonio colectivo.

Denunciamos a precarización das condicións laborais que están a sufrir as e e os traballadoras/es de Renfe e Adif dunha forma salvaxe e paralelamente ós procesos privatizadores, a modo de discriminación salarial, contratos lixo, etc…que requiren unha resposta en forma de loita como é a folga convocada polos sindicatos para estos días.

Denunciamos tamén os abusos da patronal nos servizos minimos establecidos, neste caso de máis de un 8O%, si temos en conta o numero de traballadores/as que poden exercer o dereito a folga. (en Renfe Operadora, en Vigo, só un 12,3% poden secundar, 13 dos 120 en plantilla). Servizos mínimos denunciados nos tribunais en repetidas ocasións con sentenzas que acaban anulando os servizos mínimos impostos (a última da Audiencia Nacional no pasado mes de maio que valida o recurso presentado polo Sindicato Ferroviario), pero que de nada sirve unha sentenza xa pasada á folga porque non resarce o dereito fundamental vulnerado xa que non implica a non repetición da “xogada” por parte da patronal.

Isto supón un grave atentado en contra das/os traballadoras/os a exercer o seu dereito á folga, xa vivido noutras ocasións noutros sectores e empresas, convertindo os xa denostados dereitos laborais e os dereitos fundamentais en papel mollado.

 Por todo isto, apoiamos a loita das/os compañeiras/os ferroviarias/os tanto na defensa dos seus dereitos como traballadoras/es como na defensa dos servizós públicos de toda a cidadanía.

INTERVENCIÓNS DE EVA SOLLA NO PARLAMENTO (27/5/2014)

INTERVENCIÓNS DE EVA SOLLA NO PARLAMENTO

%d bloggers like this: