MAREA DE VIGO ALERTA DO DESMANTELAMENTO PRIVATIZADOR DO INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES TRAS A SÚA INCORPORACIÓN AO AO MODELO DE XESTIÓN DIRECTO DO CONCELLO.

logowebMarga López Barreiro, concelleira da Marea de Vigo, denuncia que “o feito de que se queira xustificar a xestión privada das piscinas municipais de Travesas, Lavadores, Teis e Valadares pola vía da inversión en obras alerta dun modelo privatizador perigoso”. Marea votará en contra no pleno do luns.

O Concello pretende xustificar a inversión privada ante “a falla de recursos públicos” para acometer as obras necesarias nas piscinas cubertas de Lavadores, Teis, Travesas e Valadares e meter no mesmo lote a xestión privada indirecta dos servizos das mesmas. Son dúas cousas absolutamente diferentes e para a Marea de Vigo as obras poden ser perfectamente acometidas cun plan de inversión serio no orzamento de 2017 entendendo que o contrato actual de xestión da UTE PISCINAS DE VIGO remata en agosto de 2016.

Do mesmo xeito na proposta do Concello de Vigo inclúe a privatización dos ximnasios do Berbés e Travesas, hoxe en día explotados directamente polo IMD mediante persoal propio, o que é un factor máis que evidencia que co acordo plenario do 26 de outubro de 2015, o que se pretendía era artellar o inicio do desmantelamento público do IMD en vez de optar por unha xestión pública directa.

Marea de Vigo alerta deste paulatino proceso de desmantelamento do INSTITUTO MUNICIPAL DOS DEPORTES que se alenta argumentando a necesidade de privatizar xestión e servizos pola “minoración progresivas nos usos nas instalación deportivas nas piscinas cubertas municipais” que “demanda unha revisión da formulación do modelo de xestión”. Para Marga López “isto é a escusa que durante estas décadas empregou o neoliberalismo para xustificar as privatizacións, causando primeiro o descrédito e deficiente xestión dos servizos públicos, para logo xustificar a entrada de empresas privadas”.

O persoal do IMD leva anos alertando de que o desentendemento municipal de instalacións, especialmente nos aspectos relacionados co mantemento, a non “fidelización” de usuarios que acaban optando por opcións privadas deportivas, as trabas aos usos das instalacións de clubes de base, pon en evidencia a xestión do goberno municipal e especialmente do concelleiro de deportes.

INTERVENCIÓNS DE EVA SOLLA NO PARLAMENTO (8/4/2014)




INTERVENCIÓNS DE EVA SOLLA NO PARLAMENTO (26/3/2014)




INTERVENCIÓNS DE EVA SOLLA NO PARLAMENTO (25/3/2014)


ESQUERDA UNIDA PIDE A PARTICIPACIÓN MASIVA DOS VIGUESES E VIGUESAS NA MOBILIZACIÓN POLA SANIDADE PÚBLICA DE MAÑÁ

sossanidademani13febEU considera esencial a mobilización de mañá 13 de Febreiro en Vigo para conquerir a retirada da reordenación do mapa sanitario de Galicia. O Consello Local de Esquerda Unida reitera a súa aposta pola Sanidade Pública e manifesta o seu apoio a esta mobilización.

Esquerda Unida denuncia que o desmantelamento da Área Sanitaria de Vigo é unha consecuencia máis da política de recortes sanitarios do Partido Popular. O desvío de pacientes a outras Áreas Sanitarias ven a sumarse á xeira de medidas privatizadoras e desmanteladoras que sufre a nosa Área Sanitaria: mantemento do convenio con POVISA, privatización do Novo Hospital de Vigo e redución das súas dependencias, recortes de persoal, etc.

A estes graves feitos engádense tamén as medidas neoliberais tomadas polo Goberno no conxunto do Servizo Galego de Saúde, que inclúen a privatización de toda a Alta Tecnoloxía Sanitaria (radioloxía, radioterapia, resonancia…) e mesmo a privatización da Esterilización de material e instrumental, servizo sanitario ata o de agora con persoal público.

Esquerda Unida lembra que o correcto funcionamento dos servizos sanitarios especializados precisan dun número mínimo de pacientes ao ano e remarca que as modificacións no planeamento sanitario non poden facerse de costas ao persoal, que é quen está a soster na actualidade a nosa Sanidade ante os ataques do Partido Popular.

INTERVENCIÓNS DE EVA SOLLA NO PARLAMENTO

ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIA A CONCENTRACIÓN QUE PECHA A FOLGA DO SECTOR FERROVIARIO CONVOCADA POR CGT E SINDICATO FERROVIARIO ANTE A SEGREGACIÓN DE RENFE E ADIF

O coordenador local de EU, Rubén Pérez, (que asistirá a concentración en Vigo) pide un apoio da cidadanía a concentración que os sindicatos convocantes realizaran ás 11:30 horas na estación de VIGO-GUIXAR “porque está en liza a entrada masiva de capital privado especulador no ferrocarril público”.

Esquerda Unida de Vigo apoia estas xornadas de FOLGA en defensa dun ferrocarril público e social ante o decreto de segregación de RENFE OPERADORA en dúas empresas e ADIF en catro novas empresas que entendemos son a antesala das privatizacións do sector ferroviario.

EU de Vigo asiste a esta mobilización co fin de reivindicar o establecemento dun novo modelo de ferrocarril sustentable, público, seguro, viable e con garantías e dereitos laborais, factores que estarán con seguridade amenazados se permitimos o “reparto e menudeo” das empresas públicas ferroviarias.

O coordenador local de EU considera que “mentras poñen un pano nos ollos da xente con proxectos megalómanos como o AVE; desmantelan o tren convencional, eliminan a posibilidade de sistema de trens rápidos alternativos ao alto custe económico e ambiental do modelo implantado de alta velocidade, destrozan o patrimonio público e alimentan as ansias de entrar na xestión do ferrocarril público de constructoras e empresas de servizos, moitas delas citadas de xeito nominal na investigación xudicial do caso Bárcenas”

O coordenador de EU pide aos sindicatos non convocantes unha “profunda reflexión sobre o papel que están amosando ante a cidadanía nun momento que nos xogamos o ferrocarril público neste pais”

%d bloggers like this: