RUBÉN PÉREZ, ESQUERDA UNIDA: “A ASEMBLEA INFORMATIVA DO DOMINGO EN CABRAL FOI UN CAPÍTULO MÁIS DO ROUBO QUE SE LLE QUERE FACER AOS VECIÑOS E VECIÑAS”.

O coordenador local de EU Rubén Pérez considera “impresentable” plantexar unha asemblea para falar “en abstracto” sobre un proxecto que a empresa sigue a ocultar e a non poñer enriba da mesa.

EU traslada ao Parlamento Europeo unha denuncia do proxecto en base ao incumprimento de directivas ambientais e de protección do territorio forestal que tramitará o eurodeputado de IU Willy Meyer.

Para EU isto é clave xa que poucas dúbidas temos que detrás do macrocentro comercial está realmente a alta edificabilidade da ficha de Liñeiriños no PXOM e que permite combinar centro comercial con vivendas. Non existe para EU ningún argumento que sosteña a expropiación, nin siquera o absurdo “paro 0 en Cabral” que argumenta o presidente dos comuneiros; nin existe en Porto Venecia (Zaragoza, onde as asociacións de comerciantes cifran en 5000 os empregos perdidos dende a apertura do centro) nin en ningún área de influencia de centros comerciais no estado Español.

Minte quen dí que todo “esta contido no PXOM” xa que este é un ámbito a desenvolver e o centro comercial pode quedar en “catro tendas agrupadas” para xustificar o resto do “pastel”.

EU promoverá un traballo colectivo de alegacións e denuncias se é preciso cando se presente o proxecto en xerencia de urbanismo e lembra que é labor da esquerda política e social enfrontarse as políticas especulativas, á destrucción do patrimonio forestal e as redes clientelares e de favores que algúns pretenden soster a golpe de talonario en comunidades de montes ou o movemento veciñal.

EU pedirá tamén que o parlamento europeo posicionese sobre os posibles incumprimentos da Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de xullo de 2001 relativa á evaluación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambente e especialmente as directivas relacionadas coa protección forestal.

Advertisements

ESQUERDA UNIDA DE VIGO DA COMENZO HOXE UN REPARTO CASA POR CASA EN CABRAL DUN BOLETÍN EXPLICANDO A SÚA POSTURA DE OPOSICIÓN AO PROXECTO DE PORTOCABRAL

O coordenador local de EU en Vigo anunciou igualmente hoxe que deu traslado a ESQUERRA UNIDA DE PATERNA (Valencia) e a IZQUIERDA UNIDA-VERDES DE COLLADO VILLALBA (Madrid) dunha proposta de traballo coordinado contra os tres proxectos da empresa EUROFUND no estado español (PORTO MEDITERRÁNEO, PORTO CABRAL e a renacida intención dun proxecto xemelgo en Collado).

O boletín de EU pretende resumir e explicar a folla de ruta que o presidente da comunidade de montes, empresa, concello e “algúns empresarios locais que actúan como mediadores” están seguindo para facerse cos terrenos de liñeiriños que, curiosamente, son dunha edificabilidade moi alta. Para EU detras dese suposto centro comercial con pista de esquí e lago navegable hai moito máis que unha extratexia de negocios comerciais e oferta de ocio.

ESQUERDA UNIDA considera igualmente que o ámbito a desenvolver no PXOM curiosamente tense que facer no primeiro cuadrienio, co que entende perfectamente “as prisas e pánico” que a algúns lle entraron de repente para relanzar o “corazón do PXOM de Vigo”.

EU considera que Liñeiriños é a plasmación da “tolemia urbanista que contén o PXOM de Vigo” e traballará arreo pola redacción dun novo PXOM e a modificación da presión que promotores e intereses económicos especulativos fan sobre o monte comunal de Cabral e por extensión na superficie rústica de Vigo.

O coordenador local de EU en Vigo anunciou que en vindeiras semáns ESQUERRA UNIDA en Paterna e IU-OS VERDES en Madrid estarán en Vigo invitados por EU para contar a súa loita contra os proxectos de Eurofund así como coordinarse con EU Vigo en estratexias conxuntas e de denuncia dos proxectos faraónicos especulativos

ADXUNTAMOS O BOLETÍN QUE HOXE EMPEZA A SER DISTRIBUIDO EN CABRALICONO PDF

ESQUERDA UNIDA PREGUNTA AO MINISTRO DE INTERIOR SOBRE O DESPROPORCIONADO OPERATIVO DA ASEMBLEA DE COMUNEIROS DE CABRAL DO DOMINGO 26

EU considera que a actuación coordinada de xunta rectora, empresa de seguridade privada e axentes do Corpo Nacional de Policía foi “a todas luces propio dun estado sen garantías democráticas” e proactivo cos intereses do presidente da Comunidade e a empresa EUROFUND

ADXUNTAMOS PREGUNTA QUE REXISTRARÁ O GRUPO PARLAMENTAR DE IZQUIERDA UNIDA (IZQUIERDA PLURAL)

ICONO PDF

ESQUERDA UNIDA FELICITA AOS VECIÑOS E VECIÑAS DE CABRAL QUE OBRIGARON Á XUNTA RECTORA DA COMUNIDADE DE MONTES A REALIZAR UNHA ASEMBLEA INFORMATIVA

EU considera que é evidente que Cabral quere ser informada de que “tipo de proxecto está detas de PORTO CABRAL e que o presidente da Comunidade de Montes debería dimitir de xeito inmediato por intentar impoñer o seu criterio sobre os dos comuneiros

ESQUERDA UNIDA pide a posta en liberdade inmediata dos tres detidos por esixir información e transparencia no proceso e anuncia unha pregunta ao ministerio de interior no Congreso dos Deputados polo “desmesurado dispositivo policial empregado na asemblea de comuneiros de Cabral.

RUBÉN PÉREZ, ESQUERDA UNIDA: “OS QUE DIN ESTAR EN CONTRA DOS CENTROS COMERCIAS COMO PORTO CABRAL, QUE PRESIONEN NO PLENO E EN XERENCIA DE URBANISMO PARA ANULAR O PLAN DE LIÑEIRIÑOS NO PXOM

Para EU é imprescindible anular o actual PXOM e redactar un novo pero, no entanto, comprería erradicar do mesmo o seu proxecto estrela, no seu día considerado o pulmón do PXOM polo equipo redactor de Consulora Galega contratada polo goberno do BNG.

EU considera, oportunismo puro e duro, defender a non presencia do proxecto de Eurofund en Cabral e seguir apostando polo PXOM que o permite. A irresponsabilidade de non artellar no seu día unha protección especial ao monte comunal de Cabral están a sufrila agora os veciños e veciñas da parroquia.

EU non entende porque ao monte comunal de Cabral non se lle pode asignar a mesma figura urbanística que outros montes do concellos, hoxe protexidos do urbanismo, no PXOM vixente.

Rubén Pérez lembra que este foi un dos motivos polos que ESQUERDA UNIDA denunciou o PXOM de Vigo e foi incluído no INFORME AUKEN do PARLAMENTO EUROPEO como exemplo de  que  “España sufriu unha destrución masiva na última década, xa que o cemento e o formigón saturaron esas rexións…o que constitúe unha perda tráxica e irreparable da súa identidade e legado culturais, así como da súa integridade ambiental, e todo iso principalmente pola avaricia e a conduta especulativa dalgunhas autoridades locais e membros do sector da construción que conseguiron sacar beneficios masivos destas actividades, ” que “todas as administracións, central, autonómicas e locais foron responsables de pór en marcha un modelo de desenvolvemento insostible” e que certa lasitude nos procesos xudiciais, non só complicou o problema, senón que tamén xerou unha forma endémica de corrupción”.

O propio informe AUKEN denuncia, como consideramos que pasa no caso de Liñeiriños “a falta de actuación e parcialidade da xustiza española” e que “hai moitos casos de terreos protexidos, ou terreos que deberían protexerse en vista da súa vulnerable biodiversidade, que se desclasifican e reclasifican, ou non se clasifican en absoluto, precisamente para permitir a urbanización da zona en cuestión”.

Denuncia que “as irracionais e cobizosas suposicións dos promotores inmobiliarios e urbanizadores, dan agora paso a unha terrible recesión no país” que “miles de asalariados do sector da construción que agora se enfrontan ao desemprego por culpa das políticas urbanísticas insostibles que se seguiron “, que “este modelo de crecemento ten consecuencias negativas tamén sobre o sector turístico” e que se trata dun modelo espoliador dos bens culturais”.

ESQUERDA UNIDA DUDA DA SOLVENCIA ECONÓMICA DE EUROFUND E DENUNCIA QUE A SOCIEDADE CREADA PARA LEVAR ADIANTE O PROXECTO TEN UN CAPITAL SOCIAL DE 3.006 EUROS.

O coodenador local de EU en Vigo Rubén Pérez considera que os inversores non terán responsabilidade patrimonial e que EUROFUND volta a realizar a mesma xogada que noutros concellos de estado, rexistrando no Rexistro Mercantil unha sociedade EUROFUND INVESTMENTS PORTO CABRAL SOCIEDAD LIMITADA de pouco máis de 3000 euros de capital social, polo que podemos perfectamente cun proxecto nada claro e orientado á especulación pura e dura de terrenos rústicos. Lembra que esta cifra, que da a contabilidade social, é a que marca a participación dos socios e a solvencia da sociedade.

EU lembra que xurídicamente non é a matriz holandesa á que acude ao concurso senón una sociedade unipersonal española polo que ten que cumplir os requisitos de solvencia recollidos no PROCEDIMIENTO DE CONTRATACION PÚBLICA. Os anuncios de “socios inversores” de EUROFUNDS son meros globos sonda xa que se son inversores que poñan “os cartos enriba da mesa no momento da licitación”

Estaremos atentos á mesa de contratación e as propias escrituras da empresa concursante xa que consideramos que non hai solvencia para entregarlle medio millón de metros cadrados de superficie forestal.

EU esixirá ao interventor do Concello de Vigo que evite casos como o de Collado Villaba onde o pleno do concello, previo informe negativo do interventor, parou a concesión dos terrenos a esta empresa, neste caso Eurofund Investments A Vila S.L. ao entender que o convenio urbanístico perxudicaba de xeito evidente ao concello e non ofrecía a solvencia económica necesaria.

EU oponse radicalmente a este proxecto por causas medioambientais, de usos futuros do noso monte, económicas e de impacto sobre o pequeno e medio comercio pero, “somos conscientes de que proxectos como estos se paran na propia tramitación legal, acudindo a fiscalia se é preciso”.

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE MOITOS VECIÑOS E VECIÑAS DE CABRAL DESCOÑECEN AÍNDA O PROXECTO E O IMPACTO DO COMPLEXO DE OCIO DE “PORTO CABRAL” INTERESADAMENTE

EU lembra que queda por coñecerse públicamente o modelo de convenio urbanístico e o concurso público polo que a promotora debería dalo a coñecer antes de que os veciños e veciñas voten. Non pode ser un simple punto ao final da orde do día dunha asemblea de comuneiros, se é preciso, tal e como reclaman moitos veciños, que se artelle unha asemble extraordinaria cun periodo de información pública do proxecto .

Rubén Pérez, coordinador local engade que: “Aquí algúns deben pensar que “somos idiotas” e non coñecemos como traballa Eurofund para gañar o apoio de algúns “estómagos” aos seus proxectos”.

EU considera impresentable a actitude co presidente da Comunidade de Montes de Cabral descalificando como “iluminados” aos veciños e veciñas que xunto con militantes de organizacións ecoloxistas e sociais da cidade fixeron patente que existe unha “sospeitosa prisa” por aprobar a aceptación veciñal a un proxecto delirante e que EU ten en franca sospeita de agochar intereses urbanísticos máis alá do publicitario anuncio dun suposto centro de ocio.

EU ten reiteradamente anunciado que “coñece moi ben como actúa EUROFUND”, que tipo de “folla de ruta” sigue para dar estes pelotazos e considera oportuno abrir un debate na cidade sobre o modelo de desenvolvemento que estas operacións urbanísticas levan adiante coa excusa, nunca cristalizada, de crear miles de postos de traballo.

ESQUERDA UNIDA manterá xuntanzas con colectivos da cidade para ir conformando unha plataforma cidadá contra este proxecto. Aqueles que venden que estamos contra o progreso empregan os mesmos argumentos que no seu día O Pocero en Seseña ou os promotores do Palma Arena verquían contra a cidadanía informada que ve máis aló de estudadas operacións propagandísticas en prensa., engadíu Rubén Pérez, coordinador local de EU en Vigo.

%d bloggers like this: