MAREA DE VIGO AMOSA O SEU APOIO Á FECOVI ANTE A DESESTABILIZACIÓN QUE ESTÁ SUFRINDO NOS ÚLTIMOS DÍAS

O Grupo Municipal da Marea de Vigo apoia á Federación de Comerciantes de Vigo (FECOVI) na operación de desestabilización alentada desde o Concello que está a sufrir nos últimos días.

A Marea de Vigo sempre apoiará a de a todas aquelas  asociacións e federacións que pulan polo asociacionismo como ferramenta aglutinadora de defensa dos dereitos comúns, neste caso, do pequeno comercio local.

Para a Marea de Vigo, os intereses particulares, partidarios ou conxunturais non deberían de condicionar a situación da federación de comercio vigués, que, á marxe de escoitar as diferentes posturas políticas con respecto aos temas que lles son do seu interese, as súas decisións deben ser soberanas e sen inxerencias tales como o feito de tratar de crear novas asociacións para copar os espazos comúns, accións que parece están a acontecer desde o momento, hai xa meses, no que se puxo enriba da mesa o debate sobre os horarios comerciais ao ser declarada Vigo como “cidade de gran afluencia turística”, momento no cal, de forma demostrada, desde a concellería de Comercio, leváronse a cabo certas manobras para acadar o resultado que lle interesaba a mesma Concellería (e que non necesariamente ía a favor da supervivencia do pequeno comercio).  “FECOVI sempre foi un órgano independente dos gobernos locais e así debe de seguir sendo”, apunta Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo.

O que está acontecendo nesta ocasión e que algúns pretenden a división do tecido asociativo dos comerciantes a través da defensa dun proxecto que hoxe en día  está morto, como é o proxecto de Porto Cabral. Esta defensa é cualificada pola Marea de Vigo como “actitude suicida”, xa que, a historia, os proxectos paralelos noutras cidades do estado e mesmo os estudos, veñen reafirmar o desastre que supoñen os grandes centros comerciais para o pequeno comercio local, e, segundo Rubén Pérez,  “non podemos entender que asociacións como a de Teis tomen estas decisións en base á defensa de Porto Cabral, sendo este proxecto completamente lesivo para os intereses dos/as seus/súas representados/as”.

Desde o Grupo Municipal da Marea de Vigo tamén hai que dicir que a información que se está dando sobre a saída de asociacións como a do Calvario e Príncipe de FECOVI resulta moi imprecisa e podería dar lugar confusións, xa que, o acontecido con estas asociacións sucedeu hai tempo e baixo razoamentos que distan moito do suxerido e argumentado nos últimos días por parte, neste caso, da asociación de comerciantes de Teis.

Advertisements

PORTO CABRAL É UNHA OPERACIÓN ESPECULATIVA QUE DISTA MOITO DA REACTIVACIÓN ECONÓMICA QUE PRECISA ESTA CIDADE

O Grupo municipal da Marea de Vigo, vistas os últimos movementos arredor do proxecto de Porto Cabral, considera inaceptables os argumentos que grupo inversor, directiva da comunidade de montes e unha asociación de comerciantes pretenden utilizar para resucitar o proxecto.

En canto aos aspectos legais utilizados para defender o desenvolvemento de Porto Cabral, a Marea de Vigo considera que, por unha banda, a mencionada lei 3/2016 non permite determinadas actuacións como recalificacións de solo, neste caso, a conversión dun solo rústico á urbano consolidado para un uso comercial. Pola outra, a vía da supramunicipalidade non se pode tomar, posto que non estamos falando dun centro de interese público e utilidade social, como podería ser unha universidade ou mesmo un hospital, senón dun centro comercial e de ocio, polo tanto, segundo Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, “se isto acontecese, habería que denuncialo inmediatamente na fiscalía”.

A única opción posible é na redacción dun novo plan, plan que por outra parte, debe estar sometido a unha avaliación ambiental estratéxica, na que Porto Cabral non tería cabida.

De feito non ten cabida nin desde o punto de vista ambiental, nin económico nin coherente coas necesidades que pode ter Vigo. Exemplo disto aconteceu en cidades como Zaragoza, con Porto Venecia (proxecto irmán de Porto Cabral) onde a Cámara de Comercio xa recoñeceu que se destruíron máis de 1000 postos de traballo no comercio local de proximidade da cidade, cuestión que parece obviar o presidente da asociación de comerciantes e hostaleiros da Zona Náutico, cando asina un convenio coa empresa promotora de Porto Cabral, que, a todas luces, prexudica ao comercio local, promovendo supostamente o desprazamento dos visitantes entre a zona náutico e Cabral, dito noutras palabras: privando ao resto do comercio da cidade (onde existen mais dunha vintena de asociacións de comerciantes consolidadas) das visitas de potenciais clientes.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo tamén cuestiona as afirmacións que parece facer a entidade inversora sobre os terreos. Cando afirma que ten un acordo cos propietarios, debería especificar a quen se refire, posto que se trata dunha comunidade de montes cuxa asemblea xa votou “non” á venda dos terreos; Quizais entón se estea referindo unicamente á Directiva de dita Comunidade de Montes, que nunca cesou no seu intento por vender o monte para este proxecto.

ACTO PÚBLICO EU VIGO – EUPV PATERNA “URBANISMO RACIONAL OU MACROCENTROS COMERCIAIS”

cartel_conferencia_urbanismo

ESQUERDA UNIDA DE VIGO E ESQUERRA UNIDA DE PATERNA (VALENCIA) UNEN AS SÚAS FORZAS CONTRA OS MACROCENTROS COMERCIAIS DE EUROFUND NAS DÚAS LOCALIDADES .

cartel_conferencia_urbanismoEU de Vigo e EUPV de Paterna celebran en Vigo este xoves 25 un acto aberto sobre os proxectos de PORTO CABRAL (Vigo) e PUERTO MEDITERRANEO (Paterna) como exemplos dun modelo de urbanismo especulativo e con incidencia desastrosa nas economías locais.

No acto, que será no antigo reitorado da rúa Oporto ás 20:00 horas intervirán Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo  e Javier Parra, concelleiro de EUPV en Paterna

EU pretende explicar no acto determinadas “follas de ruta” que comunidade de montes, empresa, concello e “algúns empresarios locais que actúan como mediadores” están seguindo para facerse cos terrenos de Liñeiriños que, curiosamente, son dunha edificabilidade moi alta. Para EU detras dese suposto centro comercial con pista de esquí e lago navegable hai moito máis que unha extratexia de negocios comerciais e oferta de ocio.

ESQUERDA UNIDA considera igualmente que o ámbito a desenvolver no PXOM curiosamente tense que facer no primeiro cuadrienio, co que entende perfectamente “as prisas e pánico” que a algúns lle entraron de repente para relanzar o “corazón do PXOM de Vigo”.

EU considera que Liñeiriños é a plasmación da “tolemia urbanista que contén o PXOM de Vigo” e traballará arreo pola redacción dun novo PXOM e a modificación da presión que promotores e intereses económicos especulativos fan sobre o monte comunal de Cabral e por extensión na superficie rústica de Vigo.

Do mesmo xeito EUPV amosará como o proxecto “xemelgo” de Porto Cabral: Puerto Mediterráneo esconde unha intencionalidade semellante.

ROLDA DE PRENSA DO COORDINADOR DE EU-VIGO, RUBÉN PÉREZ: “O PROXECTO DA FICHA DE LINEIRIÑOS TEN QUE SER ERRADICADO DA AXENDA POLÍTICA DAS FORZAS QUE SE DIGAN PROGRESISTAS”

RUBÉN PÉREZ (EU): QUE CABALLERO E CARMELA SILVA ACTÚEN DE “DEPARTAMENTO COMERCIAL DE EUROFUND” DI MOITO DO PROXECTO E DO INTERÉS POLÍTICO DO MESMO

caballero_silva_eurofundEU denuncia que en Porto Venecia, “cabeceira de praia” de Eurofund en España xa están pechando tendas como Primark

O coordenador local de Esquerda Unida Rubén Pérez considera que a orixe do problema que é un PXOM ilegal, arbitrario e pensado para a cultura do pelotazo sigue amparando proxectos deste tipo e pide as forzas políticas de Vigo unha reflexión profunda sobre a redacción dun novo PXOM participativo e orientado a planificación efectiva e o interés social e non particular

Para o coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez di que a formación de esquerdas “non deixa de sorprenderse pola actividade de promoción comercial que cargos públicos realizan dun proxecto privado sobre terreno colectivo” polo que sería bo coñecer se “van como comisionistas neste barco no que arbitrariamente pretenden embarcar a toda unha cidade”.

EU considera que as prisas para dar saída ao ámbito de Liñeiriños antes de cumprir o primeiro cuatrienio do PXOM amosan a insolvencia económica do planeamento urbanístico de Vigo, concebido para miles de vivendas e infraestructuras hoxe absolutamente inviables.

ESQUERDA UNIDA FELICITA AOS COMUNEIROS E COMUNEIRAS DE CABRAL POR “PRIORIZAR O MONTE ANTES QUE A CULTURA DO PELOTAZO”

Pide aos tres grupos municipais do PSOE, BNG e PP, corresponsables da existencia deste ámbito no PXOM que “finiquiten Liñeiriños” modificando o PXOM e evitando que aparezan novas empresas a formular o mesmo no futuro se Eurofund finalmente retira o seu proxecto.

Rubén Pérez, coordinador local de ESQUERDA UNIDA en Vigo e Julio Fernández, responsable de política municipal, trasladaron hoxe unha felicitación ao grupo opositor da COMUNIDADE DE MONTES de Cabral e ao conxunto de homes e mulleres da parroquia que co seu voto amosaron que Cabral NON QUERE este proxecto e que nin a presión dos medios de comunicación, a exercida polo propio goberno municipal que, incluso, “ameazaba con seguir adiante co proxecto independentemente do voto de hoxe”.

Esquerda Unida considera que EUROFUND non ten outra saída que marcharse, e o presidente da Comunidade de Montes debería dimitir de inmediato, convocar xa unha asemblea para elixir nova dirección, presentar contas e asumir que a súa actitude dividiu á parroquia e, sobre todo, asentou a idea xeneralizada de actuar en base ao interese da empresa promotora do proxecto.

Para EU comenza agora un traballo de seguimento e explicación dos pasos que, empresa e xerencia de urbanismo, tomen se finalmente seguen adiante co proxecto.

%d bloggers like this: