MAREA DE VIGO CONSIDERA QUE A SITUACIÓN DA CONCESIÓN DE PARQUES E XARDÍNS OBRIGA A CREACIÓN DE MECANISMOS PERMANENTES DE CONTROL DAS CONCESIONARIAS E A POSTA EN MARCHA DAS FERRAMENTAS QUE XA EXISTEN

conc1Entre os posibles mecanismos está o observatorio da contratación pública en Vigo para “fomentar a auditoría cívica” dos contratos públicos que propuxo en reiteradas ocasións, e constitución da Comisión de Vixilancia da Contratación.

O cadro de persoal e diversos colectivos veciñais, veñen, dende o inicio da concesión, denunciando tanto o estado das zonas axardinadas, como os incumprimentos en materia laboral, pero en lugar de actuar, o Goberno Municipal, mesmo actualizou prezos da concesión cunha modificación de crédito aprobada fai meses.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo pide que se convoque de xeito inmediato a a Comisión de Vixilancia da Contratación Pública como obrigatoria tras unha emenda do noso grupo municipal sobre a proposta de Regulamento, e lembra que leva anos sen convocarse, e de feito, está aínda sen constituír, polo que sería bo avanzar na creación dun organismo aberto que evite “sustos” como os que está dando o contrato de parques e xardíns.

Tamén o Grupo Municipal da Marea de Vigo considera moi interesantes, tal e como xa expresou noutras ocasións, as iniciativas que Concellos como o de Zaragoza lanzaron fai anos, como a da creación dun OBSERVATORIO DA CONTRATACIÓN PÚBLICA, que audita tanto os cumprimentos dos pregos das concesionarias de servizos públicos como a calidade e cumprimento de convenios e lexislación laboral dos contratos de traballo que formalicen.

Para Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, a operación Patos, os informes do tribunal de contas dubidando dos procedementos de adxudicación de obras do PLAN E e mesmo as recentes denuncias sobre contratación formuladas por colectivos ou mesmo grupos municipais, xa fan imprescindible dotarse de organismos transparentes que auditen a contratación no Concello de Vigo “visto que hai unha desidia interesada ou mesmo provocada polo propio Goberno Local”.

É notorio que coa negativa a reunir á Comisión de Vixilancia da Contratación, ou mesmo a negativa a creación da comisión especial de investigación que solicitou Marea de Vigo “non existe nin control nin vontade de facer un seguimento exhaustivo sobre a calidade do traballo que xeran as contratas, sobre as contratacións nas mesmas, sobre contratos menores, sobre inversións, etc….

Marea de Vigo propón a posta en funcionamento deste observatorio, onde participarían os grupos municipais, as seccións sindicais do concello, os comités de empresa das grandes concesionarias públicas e mesmo o tecido veciñal e asociacións de consumidores e usuarios, serviría para ter un organismo plural e apartidario de seguimento do grado de cumprimento dos pregos de concesión, algo practicamente inexistente na actualidade na nosa cidade e deixado ao arbitrio do concelleiro da área correspondente. Do mesmo xeito que propoñemos que se apliquen as sancións correspondentes ás concesionarias que incumpran os pregos, ó marxe das detraccións nas facturas, que é o único que fixo este goberno municipal neste caso coa concesionaria de parques e xardíns.

Advertisements

O GRUPO MUNICIPAL DA MAREA DE VIGO CONSIDERA POLITICAMENTE IRRELEVANTE O SOBRESEMENTO DA IMPUTACIÓN DA FAMILIAR DE CARMELA SILVA NO CASO DO SUPOSTO ENCHUFISMO E LEMBRA QUE, ADEMAIS DE FUNCIONARIOS DESTE CONCELLO, UN EDIL SEGUE SENDO INVESTIGADO NA CAUSA.

logowebA Marea de Vigo insiste na necesidade da asunción de responsabilidades políticas con respecto os diversos casos xudiciais abertos nos que se atopan inmersos varios ediles do Concello.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo quere lembrarlle tamén a Pedro Sánchez que, cando afirma que non leva persoas imputadas nas súas listas, posiblemente sexa por que as persoas imputadas xa teñen cargos institucionais actualmente, como acontece no Concello de Vigo. Nin máis nin menos que 5 dos 17 dos que tanto presume o alcalde para xustificar cada unha das súas accións.

A Marea de Vigo considera que a súa función ó respecto á hora de pedir responsabilidades é política, tal e como substanciou en varias ocasións pedindo comisións de investigación no Pleno do Concello, que lle foron sempre negadas, demostrando o Grupo Socialista ese talante democrático do que se vanagloria día si, día tamén, véndose obrigados a personarse como acusación popular no seu día na Operación Patos por unha cuestión incluso de necesidade, poñendo así unha “barreira de contención”. Pero polo que se pode ver día tras día, dá a impresión de que non hai límite nesta Casa do Concello, cada vez son máis as paralizacións e anulacións dos concursos públicos, ben por que moitas empresas, fartas das dinámicas das mesas de contratación, presentan recursos, ou ben por ordes do tribunal administrativo central de recursos contractuais.

O que está claro, segundo Rubén Pérez, voceiro do GM da Marea de Vigo, e que “existe unha grande distorsión na contratación pública neste Concello, e a cidadanía ten que saber do xogo que se está a facer cos seus cartos, pero o seu Goberno Municipal, representado por Abel Caballero en lugar de dar explicacións, adícase a facer declaracións dun moi baixo nivel político e descualificacións ó estilo mesmo dunha parodia de Nerón cara a quen lle está preguntando que está a acontecer coas concesionarias públicas.”

MAREA DE VIGO CONSIDERA QUE A TRANSPARENCIA DEMÓSTRASE CUMPRINDO A LEI E SEN SILENCIOS ADMINISTRATIVOS ENCUBERTOS

logowebO grupo municipal da Marea de Vigo, sobre o comunicado feito onte por Alcaldía, valora que, en lugar de “pregoar” que o Concello de Vigo é un exemplo de transparencia con respecto á contratación pública, o Goberno Municipal debería aportar a información solicitada pola oposición para poder ser realmente tal exemplo.

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, considera que o motivo polo cal son provocadas as verbas do Alcalde no día de onte, non é outro que o achegamento do grupo municipal á información que se lles leva negado dende o principio da lexislatura, posto que gran parte dela xa está sendo coñecida polo grupo municipal da Marea de Vigo a consecuencia da personación na “Operación Patos”.

O grupo municipal da Marea de Vigo ten solicitado vía moción no primeiro pleno ordinario a apertura dunha comisión de investigación sobre os expedientes requisados pola UDEF na “Operación Patos”, moción votada en contra por parte dun goberno municipal que agora fai un chamamento á transparencia. No mesmo sentido, fixo unha pregunta no último pleno, obtendo como resposta un sinxelo “iso xa se contestou no seu día”.

Ademais da vía plenaria, foron reiteradas as solicitudes de expedientes via rexistro que se levan feito dende o mes de xullo, todas elas sen contestar, a pesar de que as normas legais ás que agora fai alusión o Alcalde, indican que deben ser contestadas en cinco días, máis que sobrepasados dende que se fixo última solicitude.

Polo tanto, o Grupo Municipal da Marea de Vigo pídelle o alcalde seriedade e un pouco de contención á hora de facer este tipo de declaracións. Lémbralle tamén, que de ter cumprido o Goberno Municipal a normativa legal vixente, xunto coa aplicación dun pouco de coherencia a hora de auto-proclamarse “os máis transparentes”, e polo tanto, demostralo cos feitos, este grupo municipal non se vería obrigado a acudir ós xulgados nin a deixar de ir as mesas de contratación que agora están sendo cuestionadas xunto con algúns dos seus membros que ostentan concellerías no día de hoxe.

MAREA DE VIGO DEPOSITA A FIANZA DE 6000 EUROS REQUIRIDA POLO XULGADO PARA PERSOARSE COMO ACUSACIÓN POPULAR NA “OPERACIÓN PATOS”

marea-descartaRubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo, explicou hoxe en rolda de prensa, que a Marea de Vigo ven de consignar a fianza para poder levar a cabo a acusación popular na “Operación Patos”, que este grupo municipal veuse na obriga de presentar dada a negativa do goberno vigués a aportar a información sobre os expedientes que están sendo investigados; do mesmo xeito que explicou a postura da Marea de Vigo con respecto a preparación dos orzamentos do 2016 e sobre a subvención a unha compañía aérea privada (Ryanair) que acaba de ser concedida.

Para a Marea de Vigo, tal e como se reflicte no seu programa, é fundamental a participación da veciñanza e o seu tecido asociativo na elaboración de políticas municipais en asuntos de tanta importancia para as e os vigueses coma os orzamentos do Concello. Por iso esta tarde, as 20:00, no local da FAVEC, vaise levar a cabo unha xornada de traballo o respecto, onde se debaterán e prepararán emendas ós orzamentos do 2016, xunto coas asociacións de veciños, movementos sociais e todas aquelas persoas que así o desexen facer.

A Marea de Vigo considera que, a cidadanía debe coñecer como interactúa un orzamento municipal coas prioridades que unha cidade ten que ter cubertas, considera non secundarios asuntos tales a xeneralización da figura do convenio con entidades para substituír ao concurso público, a aposta errónea polo formato de obra pública na modalidade concesional de humanizacións, os incrementos de pagos a empresas privadas por xestión de servizos públicos ou mesmo a priorización de gasto publicitario sobre inversión produtiva.

Na mesma liña, e a colación da subvención concedida a Ryanair, Rubén Pérez expresou a opinión do grupo municipal da Marea de Vigo con respecto a política de subvencións a compañías aéreas e o impacto que supón no turismo que ven a Vigo, cuestión que parece secundaria no plantexamento da mesma, priorizando máis a “saída” que a “entrada” de persoas, feito que podería supoñer un beneficio económico ó comercio e hostalaría da cidade; non obstante, dende o plantexamento de incremento na saída de persoas dende Vigo resulta ilustrativo que calquera voo dende Compostela a Barcelona, onde este ano non se plantexa unha subvención á Ryanair, é sensiblemente máis barato que dende Vigo, onde imos consignar máis de 1 millón. de euros á aerolínea.

A MAREA DE VIGO PRESENTOU HOXE O ESCRITO DE PERSONACIÓN COMO ACUSACIÓN POPULAR NA “OPERACIÓN PATOS” PERANTE O XULGADO DE INSTRUCCIÓN NUMERO 7 DE VIGO.

operacionpatosAnte a imposibilidade de, pola via democrática, coñecer o contido da investigación no tocante a documentación sobre contratos con empresas de servizos que no seu día a UDYCO incautou do Concello de Vigo e as bases das imputacións de cinco ediles desta corporación municipal, a Marea de Vigo acude aos xulgados como acusación popular.

Marea de Vigo, tal e como anunciou no seu día en rolda de prensa, presentou hoxe no Xulgado o escrito de personación como acusación popular, asistida polo letrado Alberto Varela-Grandal Conde, ante a negativa do pleno do Concello do pasado 27 de xullo á apertura dunha comisión especial de investigación.

Marea de Vigo considera fundamental o coñecemento sobre que contratos, con que empresas, que importes económicos e mesmo que responsabilidades políticas poderían estar inmersas nos feitos que investigan os Xulgados vigueses.

A MAREA DE VIGO PIDE A DIMISIÓN INMEDIATA DOS CARGOS INSTITUCIONAIS IMPUTADOS NO DÍA DE HOXE NA OPERACIÓN PATOS.

Concello_de_VigoA falta de coñecer máis datos sobre as imputacións da Operación Patos, o Grupo Municipal da Marea de Vigo considera que ademáis das responsabilidades xudiciais que serán esclarecidas no proceso aberto, no que a Marea de Vigo presentará a solicitude de personación como acusación popular, hai RESPONSABILIDADES POLÍTICAS QUE DEBEN SER ASUMIDAS DE FORMA INMEDIATA.

En base o mesmo criterio que o grupo municipal seguiu no pleno de investidura e nas peticións de apertura de comisións especiais de investigación, a Marea de Vigo pide a DIMISIÓN INMEDIATA dos cargos públicos imputados no día de hoxe pola Xuíza de Instrución número 7.

ESQUERDA UNIDA PIDE UN PUNTO MONOGRÁFICO NO PRÓXIMO PLENO DE VIGO SOBRE A IMPUTACIÓN DOS INTERVENTORES E UNHA COMISIÓN MUNICIPAL ESPECIAL NA PRÓXIMA LEXISLATURA

Concello_de_VigoO coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera que a as irregularidades  na política de contratación pública e de personal para os programas de emprego ten que ser auditada públicamente e pide responsabilidades políticas e un compromiso para erradicar as prácticas clientelares na vindeira lexislatura e nos meses que restan da actual.

EU cree preciso aplicar o ARTIGO 51 do regulamento do pleno no tocante ás COMISIÓNS ESPECIAIS que permite “constituír, en calquera momento, para un asunto concreto co fins de estudo, elaboración de propostas ou outros de natureza análoga, co ámbito de actuación que se estableza no seu acordo de creación.”

Esta comisión debería elaborar un informe que veña a dar luz e taquígrafos tamén sobre os procesos de elaboración de pregos, adxudicación e mesmo se realmente realizouse un seguemento das contratacións públicas outorgadas ás empresas que figuran no centro de investigacións xudiciais como a operación Patos e por extensión en todo o proceso de adjudicación de obras contidas nos plans de humanizacións dende 2011.

O coordenador local de EU, Rubén Pérez, lembra que esta comisión pode ser proposta pola alcaldía ou dun so grupo municipal e a súa aprobación require de maioría absoluta.

Esta comisión contaría tamén, tal e como recolle o regulamento, coa presenza de persoal do Concello que participara directa ou indirectamente na elaboración ou aprobación dos plegos, procesos de selección, etc…

EU non entende outro xeito de aclarar ante a cidadanía o sucedido que unha transparencia total e pública, así como o traslado ao pleno como o único vehículo de democracia local.

%d bloggers like this: