ESQUERDA UNIDA URXE AO PSOE E BNG A DERRUBAR “DE URXENCIA E DE ACORDO COA LEI DE MEMORIA HISTÓRICA” A CRUZ FASCISTA DO CASTRO ANTES DA CHEGADA AO GOBERNO DO PP

Simulación de cartel de derribo da cruz do Castro nas pasada eleccións municipais

Para EU a configuración do novo goberno é un perigo para unha Lei de Memoria incumplida reiteradamente polo goberno de Abel Caballero en solitario agora pero antes co apoio do BNG. Unha lexislatura completa e 6 meses de outra non teñen sido suficientes para dar curso á legalidade e a restitución dos valores democráticos na nosa cidade

O coordenador local de EU recorda que varios candidatos e membros do PSOE como Carmela Silva e Santos Héctor asinaron a favor da petición da COMISIÓN VIGUESA PARA A MEMORIA DO 36 de derribar o símbolo franquista polo que pide coherencia política e que presenten a asuman no pleno tal sinatura. A Lei de Memoria establece claramente que é un simbolo franquista e que é un símbolo relixioso polo que ninguén pode artellar unha negativa a tal derribo en base a que o símbolo é unha cruz católica porque na mesma cidade de Vigo en moitas fachadas de igrexas e de acordo coa lei foron retiradas cruces metálicas e o nome de Jose Antonio Primo de Rivera.

ESQUERDA UNIDA recorda que existe unha denuncia presentada por diversos colectivos sociais e politicos da cidade que presentaron ante o xulgado do contencioso-administrativo sobre este tema e pide urxencia ao concello para evitar xudicializar un tema de tan fácil solución. Igualmente para EU a urxencia non é secundaria xa que despois das eleccións municipais en moitos concellos do estado español o PP empezou o traballo de “demolición” da lei de memoria en base a retirada de placas e monolitos e mesmo de cambios de nomes de rúas.

EU loitará por defender esta Lei de Memoria que, aínda que imperfecta polo impedimento do goberno de darlle desenvolvemento e orzamento adecuado, foi un avance real pola memoria democrática e republicana no noso país.

Advertisements

ESQUERDA UNIDA DE VIGO FAI PÚBLICO O SEU GASTO ELECTORAL NAS PASADAS MUNICIPAIS 2011

EU volta a pedir como en 2007 que se cumpla a lei electoral en canto a gasto dos partidos en campaña que sistemática e vulnerada polas grandes forzas sobre todo ao non existir un control real do gasto electoral en precampaña que na nosa cidade foi “brutal”.

O consello local de ESQUERDA UNIDA aprobou o pasado martes 31 de maio o balanzo económico das últimas eleccións municipais en canto a ingresos e gastos do proceso electoral. EU fai público este balanzo como parte da súa aposta pola austeridade no gasto electoral e como plasmación de que é posible facer política dende a austeridade e a transparencia.

 

O coordenador local de ESQUERDA UNIDA en Vigo Rubén Pérez recorda que ao artículo 193.2 de la Lei Electoral dí: “Para las elecciones municipales, el límite de los gastos electorales será el que resulte de multiplicar por 12 pesetas el número de habitantes correspondientes a las poblaciones de derecho de las circunscripciones donde presente sus candidaturas cada partido (…) Por cada provincia, aquéllos que concurran a las elecciones en, al menos, el 50% de sus municipios, podrán gastar, además, otros 16 millones de pesetas”.

Esto é, a todas luces, sensiblemente inferior ao gasto brutal en valados, publicidade electoral nos medios e edición de materiais de propaganda que fixeron o PP e o PSOE según Rubén Pérez que considera a ESQUERDA UNIDA unha forza modélica na corresponsabilidade, no compromiso militante e na independencia dos poderes financeiros que prestan miles de euros aos partidos durante o proceso electoral e polo tanto “poden as veces condicionar á vida politica dos nosos concellos”.

Gasto electoral EU-Vigo

O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA CONSIDERA HISTÓRICOS OS RESULTADO ELECTORAIS EN VIGO E RATIFICA A ESTRATEXIA POLÍTICA DE EU PARA ESTA LEXISLATURA

O coodenador Local de EU Rubén Pérez presentou un informe político no que se suliña o histórico crecemento electoral de EU (maís dun 290% o que significan 4193 votos máis) e pasar do 1,59 ao 4,53. EU quedouse a 0,47 puntos e pouco máis de 300 votos do concelleiro. EU considera que o teito do 5% para as forzas políticas que marca a lei electoral e de ser un sistema proporcional o concelleiro 19 (dos 27) corresponderia a EU. Estes serían uns resultados históricos dende 1986 que EU considera un pulo para consolidar definitivamente o proxecto en Vigo

EU ratificou a súa liña política de elaboración dun programa político alternativo para Vigo que vai ser continuada nestes meses, expondo a proposta programática de EU aos colectivos e movementos sociais aos que non se pudo chegar antes e durante o proceso electoral. EU confrontará a proposta política para que sexa un verdadeiro polo alternativo que recolla as demandas e propostas do tecido asociativo da nosa cidade.

O consello local aprobou un PLAN DE EXTENSIÓN AFILIATIVA de EU que se complementará co artellamento de estructuras descentralizadas da organización nos barrios da cidade co fin de adaptar a proposta programática de EU a realidade dos barrios e ao futuro artellamento distrital que a lei de grandes cidades obrigará se Vigo sube dos 300.000 habitantes.

O consello local informou que ESQUERDA UNIDA dende xaneiro de 2011 experimentou un crecemento afiliativo dun 30% o que facilitará este proceso descentralizado de organización. O coordenador local de EU, Rubén Pérez, considera que o traballo ilusionante e imprescindible que afronta ESQUERDA UNIDA a partir de agora significa un reto pero unha oportunidade histórica para un verdadeiro proxecto de esquerda anticapitalista e alternativa na nosa cidade.

O consello local aprobou igualmente o relanzamento do proceso de refundación en Vigo que levará a EU a retomar o contacto con outras forzas políticas que se parou durante o proceso para evitar confusións electoralistas e oportunistas. Porque unir a esquerda é máis que sumar votos, e falar e coñecerse nas propostas políticas concretas e nos proxectos políticos reais.

Defender a alegría

Defender la alegría como una trinchera
defenderla del escándalo y la rutina
de la miseria y los miserables
de las ausencias transitorias y las definitivas

(Mario Benedetti)

Rematamos hoxe unha campaña electoral nada típica. O típico sería que os partidos evaluaran as necesidades e preocupacións da cidadanía, que artellaran e artillaran toda a maquinaria electoral para facerlles cantos de serea e promesas fastuosas. Pero non foi así, e por iso creo que non foi unha campaña típica. Nin tiveron a decencia de mentirlles en que en dous actos e un sainete taparían os 41.000 e pico parados na nosa comarca, elevarían a vivenda ao rango de dereito universal e as hipotecas serían un doce trago que pásase sen penuria. Pero non foron os típicos………. falaron de fontes, de obras fastuosas, de eu mal pero tí peor, do meu contra o teu,….

Nos quixemos, como dí o poema de Benedetti, defender a alegría, no mundo triste que arranca de raíz as esperanzas de todos e todas. E esa alegría ven vestida de vermello, das cores que durante centos de anos, saíron dos campos e das fábricas para tinxir de esperanza ao mundo.

Porque hai alegría na creencia de que hai futuro para o mundo. E, tamén como dí o poema, esa alegría hai que defendela, porque é necesaria pero porque é inevitable………………

ESQUERDA UNIDA quere aportar á nosa realidade cotiá a alegría de pensar diferente, de considerar que hoxe na Porta do Sol de Madrid e no Príncipe de Vigo tamén se constrúe esa alegría, porque queremos ser alegres, vencer o mundo gris que o capitalismo predador intenta pintar sobre o vermello que tinxía campos e fábricas.

Nese combate…inevitable………..está ESQUERDA UNIDA

POLO TANTO VOTA POLA ALEGRÍA

Rubén Pérez
candidato de ESQUERDA UNIDA á alcaldía de Vigo

MITÍN DE ESQUERDA UNIDA NO BARRIO DE COIA

Esquerda Unida de Vigo celebrou onte un mitín no Centro Parroquial do Cristo da Victoria no barrio de Coia. Neste acto interviron Eva Solla, nº 2 da candidatura e Rubén Pérez, candidato á alcaldía.

Eva Solla explicou a elaboración colectiva do programa e a rolda de encontros con diversas asociacións viguesas. Posteriormente fixo referencia ao problema da crise e do paro coma eixo central das políticas de Esquerda Unida expondo algunhas das propostas de creación de emprego. Tamén explicou algunhas das medidas que EU reflexou no programa electoral para permitir unha recadación de impostos máis xusta e eficiente, coma son as tasas de impostos progresivas ou o gravamen de edificios e vivendas valeiros.

Pola súa parte Rubén Pérez reflexou o seu optimismo de cara aos vindeiros comicios do 22 de Maio por tartarse dun momento positivo para Esquerda Unida dado o crecemento, sobre todo de xente nova, que mantivo a agrupación en vigo nos últimos anos e que permitiu un fortalecemento da organización. Reivindicou tamén as ideas do nacemento de Izquierda Unida fai 25 anos como ideas en plena vixencia no momento actual, igual que as propostas e traballo realizado polo PCG na primeira corporación viguesa. Animou a afiliados e simpatizantes a colaborar neste proxecto e advertiu que con EU non gobernará a dereita.

Rubén fixo referencia tamén as políticas de Esquerda Unida en materia de traballo e destacou o movemento xuvenil en torno ao grupo “Democracia Real Ya” como necesario e positivo para fortalecer a democracia, recordando que a Lei Electoral continúa a castigar a EU e outros partidos a doblar o esforzo para conseguir a mesma cantidade de votos. Finalmente fixo referencia ao oscurantismo e censura dalgúns medios de comunicación e á sabotaxe que está a recibir a cartelería e pancartas de Esquerda Unida, inclusive coa desaparición de 21 pancartas que xa foi denunciado perante a Xunta Electotral.

MITÍN DE ESQUERDA UNIDA NO BARRIO DE BEMBRIVE

Onte pola tarde, día 18 de Maio, Esquerda Unida celebrou na alameda de Bembrive un mitin enmarcado no percorrido que está a realizar polos barrios vigueses para explicar as súas propostas. Interviron Rubén Pérez, candidato á alcaldía e Eva Solla, nº2 da candidatura. Ao acto asistiron simpatizantes e veciños da zona.

Eva Solla puxo en valor o programa co que Esquerda Unida se presenta ás eleccións do 22 de Maio polo seu amplo contido de carácter social e propostas de emprego. Así mesmo destacou a importancia da elaboración colectiva do programa gracias ás reunións mantidas con diversos colectivos da cidade.

Pola súa parte, Rubén Pérez salientou a forte proposta de Esquerda Unida polo emprego público coma fonte de riqueza laboral e de benestar para a sociedade. Abogou pola creación de empresas públicas en sectores agora abandoados como é o forestal e indicou a necesidade de que os servizos privatizados voltasen a ser de carácter municipal. Tamén destacou a necesidade de transparencia no acceso aos postos de emprego públicos e criticou a falta de propostas xeradoras de emprego dos outros partidos nun momento crítico para a economía dos vigueses e viguesas.

ESQUERDA UNIDA TEN UNHA POSICIÓN CLARA ANTE A PROSTITUCIÓN: A SÚA ABOLICIÓN

Para Nair Rodríguez, Responsable da Área de muller de Esquerda Unida de Vigo e nº 4 da candidatura o debate entorno á legalización ou abolición da prostitución é, sen dúbida,  un debate necesario polos tempos que vivimos, porque esta crise ten dúas consecuencias máis, invisibles para a a maior parte da sociedade: o aumento do número de mulleres prostituídas (especialmente migrantes) e o aumento da violencia e coacción por parte das mafias. Asemade, estas eleccións municipais amosan unha realidade presente en moitos municipios do Estado: a intensa relación entre urbanismo, blanqueo de capitais e trata de mulleres.

Para Esquerda Unida, a prostitución é unha forma extrema de violencia de xénero, unha consecuencia da desigualdade entre homes e mulleres, que existe de maneira estrutural na sociedade, e creemos que unha solución nesta materia ten que implicar, entre outras medidas, a erradicación das causas económicas e sociais que a configuran. Polo tanto, a nosa posición respecto a este debate é clara, a diferencia de otros partidos políticos, nós dicimos non a legalización e si á abolición.

Para nós, a prostitución:

–         non pode estudiarse, nin enfocarse, en base a obxectivos que pretendan a tranquilidade social ou a seguridade cidadá e veciñal.

–         non pode considerarse como unha profesión ou actividade legalizable.

–         E por último, calquera proposta política debe partir da súa consideración de violencia de xénero e de atentado contra os Dereitos Humáns das mulleres.

As nosas propostas en contra a violencia de xénero e a exclusión social, e a favor da abolición da prostitución son as seguintes: 

  • Plan integral municipal contra a violencia de xénero, en coordinación con outras administracións, que inclúa medidas específicas para evitar o desamparo das mulleres inmigrantes en situación irregular como consecuencia da aplicación da Lei de Estranxeiría. Este plan debe priorizar a sensibilización, prevención e detección.
  • Creación de Dispositivos de urxencia para aquelas mulleres vítimas de violencia (á marxe da súa solicitude ou non da Orde de Protección) en coordinación con outros concellos, comarcas ou mancomunidades.
  • Desenvolvemento de programas destinados á atención de mulleres en situación de marxinación e exclusión social.
  • Desenvolver políticas encamiñadas á abolición da prostitución, como forma extrema de violencia de xénero. Executando políticas activas desde os municipios para erradicar todas aquelas licenzas de actividade que teña relación coa explotación sexual, así mesmo coa difusión nos medios de comunicación local ou de regulación por ordenanzas municipais, onde se poida difundir publicidade desa forma de violencia ou onde se difunda unha imaxe discriminatoria ou denigrante. Non apoiaremos ningunha ordenanza que pretenda criminalizar ou sancionar ás mulleres en situación de prostitución.
  • Establecer canles municipais de denuncia da publicidade que atente contra a dignidade das mulleres.

 Para Esquerda Unida legalizar a prostitución é lexitimar a escravitude do século XXI, é lexitimar a violencia contra muller.

%d bloggers like this: