17 DE MAIO TAMÉN CONTRA A LGTBfobia

17MaioContraLGTBFobia

Advertisements

ESQUERDA UNIDA RECLAMA UNHA LEI INTEGRAL PARA PREVIR A DISCRIMINACIÓN POR ORIENTACIÓN SEXUAL OU IDENTIDADE DE XÉNERO NO 17 DE MAIO DIA INTERNACIONAL CONTRA A LGTBfobia

A área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual (ALEAS) de EU súmase así aos numerosos actos previstos para celebrar o Día Internacional contra a LGTBfobia impulsando desde a súa organización a aprobación dunha Lei Integral que preveña calquera tipo de discriminación por motivo de orientación sexual ou identidade de xénero. Esta proposta será enviada ao seu grupo parlamentario no Congreso para que sexa debatida.

Desgraciadamente, cada 17 de Maio as organizacións que loitamos polos dereitos do colectivo LGTB botamos a vista atrás e vemos todo aquilo que á nosa sociedade democrática e avanzada queda por percorrer na aceptación da diversidade. Esta falta de igualdade queda retratada tamén no tratamento que as distintas leis fan desta diversidade, condenándonos moitas veces ao esquecemento, cando non ao desamparo máis absoluto.

É por iso que desde ALEAS EU levamos tempo dedicando parte do noso esforzo á articulación dunha Lei Integral contra a LGTBfobia que inclúa nun só corpo legal todas aquelas propostas irrenunciables que nos permitan erradicar a discriminación por motivos de orientación ou identidade sexual da nosa sociedade. A proposta de lei inclúe tanto medidas propositivas, en áreas tan diversas como educación, saúde ou mocidade, como medidas punitivas para aqueles casos nos que se incumpra a lei.

Entre as primeiras destacan, pola especial situación de exclusión social á que se enfrontan, aquelas referidas ao colectivo de transexuais e transgénero, que contempla conceptos básicos como a inclusión do proceso de reasignación sexual no catálogo xeral da Seguridade Social ou a eliminación do diagnóstico de disforia de xénero da lexislación, así como do marco normativo e administrativo médico da transexualidad.

Outros aspectos que se contemplan nesta lei son os cambios no sistema educativo, prestando especial atención ao tratamento dos casos de acoso escolar por LGTBfobia, así como a inclusión de contidos LGTB no currículo e a formación específica do profesorado en materia de diversidade afectivo-sexual.

No ámbito da sanidade recóllense propostas como a formación de profesionais da sanidade nas necesidades específicas de saúde sexual e reprodutiva das persoas LGTB, especialmente das mulleres lesbianas e transexuais, así como programas de investigación sanitaria específicos e documentación non discriminatoria en caso de pertenza a grupos de risco.

O colectivo de migrantes tamén ten unha presenza específica na lei, facendo efectivo na concesión de asilo o suposto de persecución por orientación sexual ou identidade de xénero. Así mesmo, na área de mocidade, prevese a creación de programas de apoio para mozos e familias e, en xeral, o fomento do asociacionismo LGTB xuvenil.

A lei contempla ademais cambios na lexislación laboral, especialmente pertinentes a partir da nova Reforma Laboral aprobada polo actual goberno do PP, así como protocolos de actuación específicos para os corpos e forzas de seguridade para a atención de casos de discriminación do colectivo LGTB. Por último, se explicita a necesidade de crear un Observatorio da Discriminación por Orientación Sexual e Identidade de Xénero, así como unha Fiscalía Específica contra a LGTBfobia.

Para concluír, ALEAS EU fai un chamamento á cidadanía a loitar polos dereitos do colectivo LGTB, especialmente vulnerable nunha situación de crise como a actual e que se está vendo radicalmente afectado os recortes impostos desde o goberno do Partido Popular. Esa mobilización social farase nas rúas, onde ALEAS EU estará presente xunto ao movemento LGTB, e tamén nas institucións, a través de propostas como esta.

ESQUERDA UNIDA PIDE RESPONSABILIDADES ANTE A DESCORDINACIÓN DO DISPOSITIVO POLICIAL DA MANIFESTACIÓN DO DOMINGO 15 DE OUTUBRO

ESQUERDA UNIDA considera que se tiña que ter cortado ao tráfico as rúas unha media hora antes de comenzar a manifestación e denuncia que membros do 15-m tiveron que actuar como reguladores do tráfico poñendo en perigo a súa intregridade física. Nin Concello nin Subdelegación de Goberno puseron os medios para asegurar o recorrido da manifestación.

 

Para EU resulta curioso que para actos privados como a PROCESIÓN DO CRISTO DA VICTORIA as rúas do centro da cidade péchanse durante horas e para este exemplo de participación cívica somentes tres policías ian cortando o tráfico ao paso da manifestación retrasando o seu percorrido.

EU pide que todas as manifestacións cidadás teñan a mesma consideración ante a necesidade de dispositivos de seguridade viaria nuns tempos onde a expresión popular ante a crise que vivimos vai a empuxar, cada vez con máis frecuencia, a miles de cidadáns a mobilizarse polos seus dereitos

EU asimesmo, felicita á sociedade viguesa e aos integrantes do 15M vigués do exemplo de civismo e reivindicación popular de onte

ESQUERDA UNIDA DE VIGO PIDE NO 28 DE SETEMBRO, DÍA INTERNACIONAL POLA DESPENALIZACIÓN DO ABORTO, QUE NON SE RETROCEDA EN DEREITOS DAS MULLERES AO ABORTO LIBRE E GRATUITO

Na aplicación da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e de Interrupción voluntaria do Embarazo. Unha vez máis, os dereitos das mulleres están vulnerándose.

Para ESQUERDA UNIDA de Vigo en Galicia moitas mulleres siguen tendo dificultades este dereito como resultado dunha lei que deixou sen atar temas fundamentais e a pouca vontade política dos diferentes gobernos que participan no seu desenvolvemento.

Cada comunidade autónoma ten aplicado a lei segundo as súas necesidades, intereses e principios. Polo que cada goberno autónomo está a pór os obstáculos que quere para complicar o acceso das mulleres a unha interrupción voluntaria do embarazo. Para verse amenguados os dereitos que a lei confire ás mulleres no acceso, a gratuidade e a confidencialidade. ESQUERDA UNIDA rexeita a unha lei que recorta os dereitos que, en teoría, recoñecía, restrinxindo ao dereito a decidir das mulleres. A lei aprobouse sen asegurar a realización da interrupción voluntaria do embarazo (IVE) na rede da sanidade pública, sen garantir a equidade territorial, e sen regular o dereito á obxección de conciencia, minguando posibilidades de prestación nos centros sanitarios públicos.

A lei aprobouse mantendo o aborto no código penal e sen garantías no acceso ao aborto ás mulleres que exceden as 14 semanas de xestación, esixindo múltiples informes que prolongan un proceso duro xa para a muller, e que fan perigar a prestación, tendo en conta que se limita por un prazo de 22 semanas.

As mulleres enfrontámonos a gobernos autonómicos conservadores que atentan contra o dereito das mulleres a decidir sobre o noso corpo, pondo molestias á lei, abrindo canles para subvencionar organizacións anti-elección, atacando os dereitos xa conseguidos. Lembremos todos que o PP abanderou unha campaña regresiva en contra desta Lei, presentando un recurso de inconstitucionalidade á mesma.

Concentración en contra da guerra de Libia

Esquerda Unida concentrarase, xunto con outras organizacións, este Venres 25, en rexeitamento da guerra en Libia e da intervención armada imperialista que se está a levar a cabo.

 

CONCENTRACIÓN DIANTE DO MUSEO DO MARCO (VIGO)

VENRES 25 ÁS 20:00H

¡NON A GUERRA!

 

Comunicado de EU

 


Artigo sobre o acto “A revolución no mundo árabe”

Esq. a der.: Xaquín Pastoriza (Revista "Lucha de clases"), Brais Fernández (Revista "Lucha de clases"), Rubén Pérez (Candidato de EU)

 

O pasado xoves, 17 de marzo, tivo lugar no Café Uf o Acto Público organizado por Corrente Marxista Internacional “A revolución no mundo árabe” no que participou coma convidado Rubén Pérez Correa, cabeza de lista de  EU ao Concello de Vigo.

Brais Fernández xustificou a programación deste acto debido á emerxencia de difundir e reflexionar dende a esquerda sobre procesos revolucionarios que están a ter lugar no mundo árabe; así mesmo presentou o primeiro número da revista “Lucha de clases” coa que a pretenden contribuír á formación ideolóxica da clase traballadora fronte ao xigantesco aparato mediático do capital.

O profesor de historia, Xaquín Pastoriza, realizou un minucioso análise sobre os acontecementos acaecidos no mundo árabe durante os últimos meses, en especial en Túnez, Exipto e Libia; Pastoriza salientou como dende os medios de comunicación de masas trata de ocultarse o carácter de clase das reivindicacións así coma a relevancia dos sindicatos e do movemento folguístico nestes procesos revolucionarios.

Rubén Pérez Correa destacou a relevancia do Magreb (especialmente en Túnez e Marrocos), coma destino da deslocalizació de  distintas empresas da comarca de Vigo, cunhas condicións de explotación e represión laboral extrema. Así mesmo, e en coherencia coa postura de IU, expresou o seu rexeitamento a unha intervención militar en Libia dirixida pola OTAN, que só buscaría satisfacer os intereses do capitalismo europeu e norteamericano e facilitar un seu acceso, todavía máis barato, aos recursos petrolíferos e gasísticos do país.

Manifesto de Esquerda Unida 8 de Marzo

Este 8 de marzo, dende Esquerda Unida facemos un chamamento á unidade de acción, de tódalas organizacións de mulleres na loita contra o capitalismo e o patriarcado.

Aínda recoñecendo os avances na igualdade e xustiza social conseguidos polas mulleres. Trala crisis global, o sistema capitalista que responde exclusivamente ás necesidades empresariais, usa e abusa da mán de obra femenina e recorta as míseras prestacións, provocando graves exclusións.

Situámonos fronte de quenes defenden o ataque ao sistema público de pensións, acordo que agudizará a desigualdade das mulleres, acrecentando a feminización da pobreza e reforzando, ainda máis, o sistema de división sexual do traballo.

A sostenibilidade da vida, atópase ao servizo da acumulación do capital. A conciliación é unha gran mentira. Nin o estado nin o mercado asumen a responsabilidade dos coidados. Éste recae no fogares, e a súa vez, nas mulleres.

Existe un incremento de servizos dos coidados, pero son un parche, e se dan nun contexto de forte privatización do público. Queremos coidar replantexando o modelo, baixo a premisa de que o prioritario non é o mercado, nin o coidado axeno, senón as nosas propias vidas.

Dubidamos dun modelo no que se plantexa a inexisencia de responsabilidade e de coidados sobre ninguén, incluso por riba das propias necesidades; onde cada dia libremente poñemonos a enteira disposición das ilimitadas demandas da empresa. É necesario converter o dereito do empleo digno e para todas as persoas nun medio, non nun fin en sí mesmo. A feminización das migracións e da mercantilización dos fogares da lugar a unha forte redistribución diferenciada dos coidados entre mulleres, marcada pola clase social, a etnia, e a situación migratoria.

Á debilidade estrutural do mercado laboral femenino, engádese a infrarrepresentación das mulleres en cargos de responsabilidade, en empresas, e en administracións públicas.

 

Dende Esquerda Unida, facemos un chamamento á movilización das mulleres por:

 

  • Unha política laboral, fiscal e social, ao servizo da redistribución xusta dos recursos e solucións urxentes aos colectivos máis vulnerables: traballadoras domésticas (cambio do réxime especial das empregadas do fogar), mulleres xóvenes, migrantes (igualdade de dereitos coas demás), do ámbito rural, e monoparentais.

 

  • A defensa dos servizos públicos e o incremento do gasto social.

 

  • Corresponsabilizar a tódala sociedade do sostemento da vida. Unha vida que merezca ser vivida. As persoas como suxeitos políticos, fronte ao concepto de seres mercantís.

 

  • Corresponsabilizar no fogar a tódolos homes, reducción xeralizada da xornada sen perda do salario e prestacións.

 

  • Dereito ao traballo, pero tamén ao coidado e ao tempo libre. A coidar con condicións laborais xustas e eliminación de prestacións para o coidado, incompatibles có traballo asalariado (art. 18 da Lei de Dependencia e en recoñecemento de 9 meses de cotización polo coidado dun/ha fillo/a pactado no “pensionazo”).

 

  • Defendemos a custodia compartida cando sexa posible e non por obriga, tal e como se recolle na lexislación actual. A imposición xudicial por norma, sen consenso entre as partes, nun contexto de desigualdade coma o actual, non beneficia nin aos menores, nin é un paso adiante cara a construcción da igualdade.

 

Dende Esquerda Unida priorizamos a loita contra tódalas formas de violencia contra as mulleres, denunciando e esixindo aos gobernos, políticas encamiñadas a abolir o feminicidio, a ablación, a lapidación e a explotación sexual que sofren miles e miles de mulleres no mundo.

%d bloggers like this: