O GRUPO MUNICIPAL DA MAREA DE VIGO AMOSA O SEU APOIO ÁS DEMANDAS E A FOLGA CONVOCADA NO SECTOR DA ESTIBA.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo amosa o seu total apoio ao sector da estiba nas súas demandas así como na convocatoria de folga prevista para o vindeiro mércores de non saír cun acordo da xuntanza de hoxe.

Rubén Pérez: “a perda de empuxe do Porto de Vigo non ten relación coa convocatoria de folga do sector da estiba. Esta folga é un intento de manter o sector regulado, competente e fiable nunha actividade sobre a que o Goberno pretende precarizar as condicións laborais e, polo tanto, a calidade da mesma.”

Hai máis de dous anos da saída da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea , dous anos nos que as persoas representantes do Goberno español, lonxe de traballar conxuntamente co sector cara a acadar solucións, trataron de aproveitar a situación para a introdución de medidas cara a total liberalización do sector, medidas que levaban consigo a total precarización laboral do sector da estiba.

Tras o último golpe dado polo Goberno, aprobando un Real Decreto pola porta de atrás, a representación das e dos traballadores da estiba, a través da coordinadora estatal de traballadores/as do Mar e as centrais sindicais, convocou formalmente unha folga que se traduce nunha serie de paros en días alternos, e sobre a cal, a Marea de Vigo expresa o seu apoio, tal e como fixo nas anteriores convocatorias; convocatorias que finalmente non se levaron a cabo polo rexeitamento da cámara baixa á proposta do Goberno no seu día.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo rexistrara nese momento unha moción para o Pleno do Concello de Vigo, na que se defendían as reivindicacións do sector da estiba reflectidos na convocatoria de folga levada a cabo nese momento. A moción non chegou a ser defendida polo Grupo Municipal xa que finalmente a folga foi desconvocada; mais neste momento o Grupo Municipal está preparando outra moción dadas as actuais circunstancias nas que se atopa o sector, aprobado o decreto por parte do Consello de Ministros, e dadas as máis que demostradas nulas intencións deste sobre respectar o compromiso do mantemento de emprego e mesmo ter en conta os resultados das negociacións entre as partes (patronal e representación sindical), acordos que o Goberno obviou ao non ser os desexados.

“Reclamamos que a sociedade viguesa solidarícese coa loita dos traballadores da estiba de Vigo, imprescindibles para poñer ao Porto de Vigo en situación de competencia y recuperación de carga de traballo, do que dependen centos de familias na nosa cidade”, afirma ademáis Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo.

Advertisements

MAREA DE VIGO POLO PRIMEIRO DE MAIO

O Grupo Municipal da Marea de Vigo súmase ás reivindicacións das centrais sindicais no Primeiro de Maio e anima á cidadanía a acudir as mobilizacións convocadas  mañá na nosa cidade.

Para a Marea de Vigo, a mobilización é un piar fundamental para a transformación cara a igualdade e a xustiza social.

Os últimos datos de desemprego aportados pola EPA resultan devastadores. A taxa de paro galega xa é do 17,3%, unha das máis altas no conxunto do estado e o dobre que a taxa media en Europa. A isto súmanse os datos sobre temporalidade, que a colocan nun 90% con respecto ao emprego xerado nos últimos anos. É dicir, o número de contratos indefinidos non chega ao 10%.

Mais tras estes datos demoledores, escóndese unha realidade que non está reflectida nos datos de desemprego, como os centos de traballadores e traballadoras que, aínda tendo un emprego, están vivindo nunha situación en moitos casos de pobreza dados os niveis de temporalidade e parcialidade da meirande parte dos contratos que se están asinando, provocando que, ao redor do 30 % das e dos traballadoras/es cobren por debaixo do SMI.

Con todo, a peor parte sempre a levan as mulleres, ocupando as taxas máis altas de paro e as peores condicións laborais, xa que, sumado ao que tanto homes como mulleres están vivindo neste eido laboral, as mulleres veñen ocupando aqueles traballos onde hai máis precariedade en forma de parcialidade e salarios máis baixos, como son os relacionados cos coidados e aquelas tarefas nas que o sistema patriarcal as colocou de xeito incuestionable dende hai séculos, trasladándoo ao ámbito laboral ao igual que ao resto dos ámbitos da vida.

No entanto, os datos veñen demostrando, unha vez máis, os efectos dunhas reformas laborais encabezadas pola falsa premisa de ser quen de xerar máis emprego estable a costa de medidas de “extrema” flexibilidade laboral, por ser este máis “asumible” para as empresas. Lonxe diso, conseguiuse trazar un camiño de precariedade que cada día está afogando máis ás persoas.

Cada vez con máis frecuencia, as empresas van anunciando, de xeito descarado e impune, grandes recortes a costa da obtención de máis beneficios; empresas, moitas delas, que viven de grandes concesións públicas, ou mesmo empresas receptoras de subvencións para a creación de emprego, pagadas polas mesmas traballadoras e traballadores que sofren os seus recortes.

É por isto, polo que a Marea de Vigo considera que é imprescindible a mobilización de todas e todos, sendo unha parte substancial para poder mudar as políticas que están consagrando a precariedade como realidade da clase traballadora.

Viva o Primeiro de Maio!

MAREA DE VIGO APOIA AS PERSOAS E COLECTIVOS QUE ESTÁN ACAMPADOS NA PRAZA DO REI VISUALIZANDO A REALIDADE SOBRE O QUE SUPÓN A POBREZA NO NOSO CONCELLO E PIDE AO GOBERNO MUNICIPAL QUE OS RECIBAN.

apobrezamataO Grupo Municipal, tal e como xa expuxo en varias ocasións, e tal e como tamén se está demandando dende a acampada, considera que parte da solución pasaría pola creación do parque de vivendas municipal de emerxencia en réxime de alugueiro social.

Partindo da base de atoparnos cun problema mais sistémico que puntual ou conxuntural, é prioritario que as institucións mais próximas á cidadanía se esforcen ao máximo para lograr paliar a situación na medida das súas posibilidades, creando as ferramentas necesarias para atallar os centos de casos que están xurdindo tódolos dias e, en xeral, poñer freo ás situacións nas que están multitude de familias, situacións de empobrecemento case extremo en moitos casos. Invisibilizado na maioría deles.

Compartido tamén polo Grupo Municipal da Marea de Vigo é a necesariedade da mellora da situación do albergue municipal, no que actualmente existe un límite moi escaso de estancia (10 días), obrigando ás persoas a buscarse o refuxio noutros lugares como albergues de transeúntes de institucións privadas que, ademais, están sendo abertamente desmantelados eliminando a función para a que foron fundados, por parte das institucións das que dependen, (Isto é, o centro de “Hermanos Misioneros de Teis”, desmantelándose pouco a pouco por parte do Arcebispado de Barcelona, feito que a propia Igrexa parece non importarlle), eliminando así, a opción que necesariamente tiñan as persoas sen teito que quedan fora do Albergue Municipal, ademais da propia rúa, onde gran cantidade delas e deles vense na obriga de pasar a noite.

A Marea de Vigo apoia por tanto, a todas as persoas que están levando a cabo a acampada na Praza do rei, e pide ao Goberno Municipal que os reciba e escoite, sobre todo porque e este Goberno Municipal, encabezado por Abel Caballero, o que afirma aos catro ventos que en Vigo non hai xente durmindo na rúa, e, por tanto, debería interesarlle.

MAREA DE VIGO REXISTRA UNHA MOCIÓN POLA DEFENSA DAS PENSIÓNS PÚBLICAS E APOIA AS MOBILIZACIÓNS QUE SE LEVARÁN A CABO NO DÍA DE MAÑÁ CONVOCADA POLO MOVEMENTO EN DEFENSA DAS PENSIÓNS.

marea de vigoO Grupo Municipal da Marea de Vigo ven de rexistrar hoxe unha moción na que se recollen as demandas das diferentes plataformas e organizacións que están, hoxe en día, levando a cabo unha loita activa pola defensa das pensións públicas.

Marga L. Barreiro, concelleira do Grupo Municipal da Marea de Vigo, explica que “O estado das pensións é unha cuestión que nos afecta a todas no pasado, presente e futuro, tanto no eido da vida privada como na pública e colectiva, xa que, por unha parte, son a base do sustento de moitas familias que teñen graves problemas económicos e de desemprego, e, a marxe das situacións persoais, afecta tamén a economía do pais e neste caso, da nosa cidade, posto que, ao verse minguado o nivel adquisitivo de gran parte da poboación, este feito afecta inevitablemente tanto ao comercio como ao consumo local”

No texto da moción, os acordos que se pide se tomen por parte do pleno do Concello baséanse na recuperación dos dereitos sobre as pensións perdidos a través das diferentes reformas que se levaron a cabo no Estado español, pedindo ademais a derrogación das mesmas; a do 2011, feita polo goberno do PSOE, que senta as bases para o seguinte recorte en dereitos, neste caso coa reforma do PP do 2013,  (igual dinámica que o acontecido coas últimas dúas reformas laborais) así como se pide que se cumpla a Carta Social Europea en canto á contía da Pensión Mínima, e, por suposto, que as Pensións Públicas vaian a cargo dos Presupostos Xerais do Estado.

A Marea de Vigo apoia a mobilización convocada pola plataforma MODEPEN que terá lugar mañá en Compostela, nas portas do Parlamento as 11:00 da mañá, así como todas as vindeiras mobilizacións que teñan por obxecto a defensa, tanto das Pensións Públicas como de calquera servizo público ou dos dereitos adquiridos polas traballadoras e traballadores, como ten feito ata o de agora e non puidendo ser doutro xeito.

COMUNICADO DE APOIO DA AGRUPACIÓN LOCAL DE ESQUERDA UNIDA DE VIGO A REDE DE SOLIDARIEDADE POPULAR DE VIGO (RSP).

rspEU Vigo expresa o seu firme e incondicional apoio a RSP de Vigo e moi especialmente a súa voceira e compañeira Elisa Pérez.

Dende a súa fundación a RSP de Vigo foi un referente na nosa cidade de ferramenta real de resistencia ante a situación de crise económica empeorada aínda máis polas nefastas decisións políticas tanto do PP no goberno da Xunta coma do PSOE no Concello de Vigo. Decisións que agrandaron a fenda da desigualdade e que priman a confrontación entre iguais. Ante eses parámetros a RSP propuxo a colaboración e a solidariedade.

As nosas compañeiras e compañeiros da RSP demóstrannos todos os días a empatía e complicidade que existe nas persoas da esquerda, esta empatía fundida entre unha gran perseveranza e moito traballo, demóstrannos que unidas e con colaboración entre iguais calquera dificultade por grande que sexa é superable.

EU Vigo solicítalle a xustiza que corrixa o intento de criminalización da RSP de Vigo pola liberación do espazo na que esta desenvolve a súa importante acción social. Non se pode condenar a enorme labor social que esta a realizar este colectivo para o ben das persoas máis desfavorecidas da nosa cidade.

Tamén solicitamos a participación de toda a nosa militancia e simpatizantes nas mobilizacións a actos no seu apoio.

MAREA DE VIGO PIDE ALERTA NA CIDADE POLAS DESLOCALIZACIÓNS DE EMPREGO NO SECTOR DO AUTOMÓBIL ANTE A “INANICIÓN POLÍTICA DO GOBERNO LOCAL”

logowebMarea de Vigo denuncia de detrás dos 28 despidos en TRW Automotive (antiga Dalphimetal España) está unha tentativa de liquidar cadros de persoal con dereitos laborais conquistados na negociación colectiva por emprego precarizado e deslocalizacións a países con condicións laborais inferiores.

Rubén Pérez, voceiro municipal da MAREA DE VIGO denunciou hoxe que resulta moi ilustrativo o despedimento de 28 traballadores e traballadoras na empresa TRW coincidindo coa negativa anterior dese cadro de persoal a aceptar o convenio proposto pola dirección; e co paulatino traslado de produción ao norte de Portugal e norte de África, deixando case sen traballo ao centro produtivo na nosa cidade.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo considera isto un golpe máis as e os traballadores do sector da automoción, a consecuencia das políticas empresariais cara a un maior beneficio a un mínimo custe, amparadas tamén polos sucesivos gobernos municipais de esta cidade, aliñando políticas urbanísticas, industriais e mesmo lexislativas para favorecer as contas de empresas de automoción sen garantías de creación de emprego estable e de calidade.

Do mesmo xeito que este grupo municipal pide coherencia a un goberno que se di socialista cando aproba plans urbanísticos nesta liña de modo “gratuíto”, sen ningún tipo de esixencia en materia laboral, non só de ampliación de persoal, senón xa de impedimento de desmantelación dos cadros de persoal na industria da automoción.

Por isto, a Marea de Vigo apoia as e os traballadores despedidos e anima o conxunto da cidadanía a apoialas/os mostrando que o futuro da industria na nosa cidade aféctanos a todas e todos. A Marea de Vigo apoiará sen dúbida as mobilizacións o respecto e a folga que dará comezo o día 23 ás 06:00.

MAREA DE VIGO CALIFICA DE ALARMANTES OS DATOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO QUE ESTAMOS COÑECENDO NOS ÚLTIMOS DÍAS E CONSIDERA DE EXTREMADA URXENCIA TOMAR MEDIDAS O RESPECTO.

feminismoMarga L. Barreiro, concelleira do Grupo Municipal da Marea de Vigo fai ademáis un chamamento á participación na mobilización que terá lugar mañá 7N en Madrid, a que acudirá xunto con colectivos feministas da cidade de Vigo.

Analizando e comparando cos datos do ano pasado, os datos dos orzamentos en igualdade para o ano 2016 do Concello de Vigo, e lendo á vez os datos sobre violencia de xénero que se están publicando estes días na cidade, a realidade resulta realmente desoladora.

Marga L. Barreiro considera que, partindo da información do Xulgado de Violencia sobre a Muller número 1, o cal avisa do desbordamento que está a sufrir tras ter que asumir a investigación de tres crimes machistas en dous meses na cidade e outros catro casos de gravidade (polo que lévase pedindo reforzo ao TSXG dende o mes de xullo), advertindo que ningún xulgado ten tantos presos preventivos como este, e asegurando que desde o mes de setembro aceptou todas as peticións de protección a maltratadas que lle solicitaron porque o risco para a vítima era moi elevado; sería de supoñer que o orzamento en igualdade para a cidade de Vigo debería alomenos de triplicarse, pois desgrazadamente dende o Grupo Municipal compróbase que non é así, posto que o goberno do Sr. Caballero non ve necesario incrementar o gasto nesta área para tentar parar esta lacra que día a día vai aumentando. As administracións seguen estando de costas ás mulleres non facendo nada para evitar tal retroceso.

Alén disto, a concelleira do Grupo Municipal analiza que, “segundo diferentes estudos, dúas de cada tres mulleres, é dicir o 65% da poboación feminina sufriu nalgunha ocasión algún tipo de violencia machista; xa fose esta psicolóxica, emocional, de control, económica, física ou sexual, así como microviolencias que nin nós mesmas somos capaces de percibir, e aínda que así sexa non nos atrevemos nin sequera a nomear por pensar que nos van a tomar por demasiado exixentes ou pouco tolerantes ( non estamos a falar de casos illados, de mulleres pobres, inmigrantes ou prostitutas, non , podemos ser calquera de nós.). Isto quere dicir que unha porcentaxe correccional da poboación masculina exerceu os malos tratos; o cal significa que todas/os temos achegados, familiares, ou amigos que dalgún xeito son maltratadores. Chegando entón á conclusión de que nós mesmas coñecemos e silenciamos casos perpetuando deste xeito a violencia, polo cal debemos facer un exercicio de reflexión e tentar paralo tanto desde o individual como dende o colectivo. Mais para iso precísase de investimento desde as institucións, para ensinar en igualdade e tamén para denunciar a forma de educación que a través dos medios, do sistema patriarcal que sufrimos, chegan ás nosas casas e aos lugares que frecuentamos sen decatarnos”.

%d bloggers like this: