MAREA DE VIGO COLABORA COA REDE DE SOLIDARIEDADE POPULAR (RSP) NA SÚA CAMPAÑA “NON AO MALTRATO ANIMAL”

Marea de Vigo colabora coa Rede de Solidariedade Popular (RSP) na súa campaña “Non ao maltrato animal”.

Dende o pasado xoves, a RSP recolleu, en diferentes puntos da cidade, alimentos, menciñas para animais como pipetas e colares, así como outros obxectos para o seu coidado como poden ser camas, xoguetes, etc…

Nesta ocasión a RSP colaborou coas protectoras “Villa Peixiños”, en Coruxo, e “Os Biosbardos” en Ponteareas, asociacións que están realizando unha importante labor ao marxe das institucións, dadas as nulas políticas animais que levan a cabo. No Concello de Vigo, non existen políticas de adopción nin mesmo de transparencia con respecto á protección animal, mantendo, ano tras ano, un convenio cunha asociación (empresa privada) sobre a que non se establece ningún tipo de control, mantendo un absoluto escurantismo incluso para as persoas que desexan visitar o lugar, tal e como xa comprobou e denunciou publicamente a Marea de Vigo.

Elisa Pérez, coordinadora da RSP, manifesta que “a solidariedade non só ten que ser para as persoas, senón para todo ser vivente”, mentres destaca o traballo das protectoras, que “fan o seu traballo diariamente, traballo que debe ser ser valorado e polo que hai que agradecer”, fronte as pretensións das institucións por instaurar políticas de xestión privada tamén para a protección animal, convertendo isto nun completo negocio. Elisa Pérez critica tamén que se poidan lexislar sancións a aquelas persoas que dan comida aos animais na rúa e mesmo as acollidas dos mesmos.

Marea de Vigo colaborou cedendo as súas instalacións e con recursos humanos, por medio do seu equipo de medio ambiente. As recollidas fixéronse o xoves e o venres da semana pasada, e distribuídas no día de hoxe e mañá. En total, na recollida, destacaron as doazóns para nais con crías e para as propias crías. En total, obtívose case unha tonelada de comida (á marxe de máis material) nos dous días nos que se estivo nos barrios de Navia e Torrecedeira.

MAREA DE VIGO REXISTRA UNHA MOCIÓN PEDINDO CONTROL SOBRE A PROLIFERACIÓN DO EUCALIPTO.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo rexistra unha moción pola biodiversidade fronte á eucaliptización, pedindo a asunción de medidas de control sobre a proliferación do eucalipto.

A concelleira Marga L. Barreiro asina a moción da Marea de Vigo na que se pide a inclusión do eucalipto no catálogo de Especies Exóticas Invasoras.

Desde os anos 60,  varias zonas de Galiza, Asturias, norte e centro de Portugal, así como o suroeste de Andalucía foron territorios nos que se levaron a cabo repoboacións coa especie exótica eucaliptus, coa finalidade de abastecer as empresas papeleiras coa madeira destas árbores. O que aconteceu e que no que nun principio semellaba ser unha situación controlada e localizada, converteuse nunha “invasión” que está causando graves problemas para o ecosistema da zona, reducindo a biodiversidade e mesmo achegando enfermidades e pragas contra as que os produtores de madeira e empresas de pasta de papel utilizan insecticidas e funxicidas que conteñen axentes coma o glifosato (cun efecto moi nocivo para a saúde animal).

Marga L. Barreiro, concelleira do Grupo Municipal da Marea de Vigo, explica que “É evidente o impacto que as repoboacións con eucaliptos e o seu espallamento teñen sobre o territorio galego se non se modifican as condicións actuais, nas que se ignoran os aspectos recollidos nas directivas europeas e na lexislación estatal e autonómica en materia de protección da paisaxe, e que dan como resultado centos de hectáreas continuadas, moitas delas afectadas por pragas, producindo anormalidades ambientais como a diminución dos caudais de pozos e mananciais, solos sen biodiversidade, carencia de fauna, contaminación por tratamentos químicos etc.”

A secuencia evolutiva da especie, lonxe de reducirse co Plan Forestal aprobado no Parlamento galego no ano 1992, no que se contemplaba frear as repoboacións de eucalipto, foi en constante aumento. Se nos anos 70 o inventario contabilizaba 131.800 hectáreas, esta cifra multiplicouse case por 3 e no pasado ano 2016 pasaba a ser de 350.000 hectáreas.

Un dos motivos polos que estas cifras foron subindo exponencialmente nas últimas décadas, ademais de como consecuencia de repoboacións voluntarias, foron os lumes forestais, sobre os que se calcula esta cifra incrementouse en 25.000 hectáreas aproximadamente.

“É o momento de tomar decisións vitais cara o futuro dos nosos ecosistemas, e cara a recuperación da flora e fauna autóctonas da nosa terra” explica Marga L. Barreiro. “Esta moción estase levando aos plenos de varios concellos galegos polas consecuencias que tería non tratar de mudar a situación. Todas sabemos ademais o que vai comezar a acontecer nesta época do ano, na que por desgraza xa están comezando a darse os primeiros lumes, e hai que facer todo o que se poida, tanto na prevención coma por paliar os efectos dos mesmos”.

O GRUPO MUNICIPAL DA MAREA DE VIGO PRESENTA AS SÚAS ACHEGAS PARA A ELABORACIÓN DA NOVA ORDENANZA DE MOBILIDADE SOSTIBLE

O texto das achegas da Marea de Vigo conta con tres propostas, todas elas orientadas principalmente á circulación peonil, sendo una delas a creación dun novo título con sete artigos, e as outras dúas, propostas para novos epígrafes a desenvolver.

O novo título proposto pola Marea de Vigo, ven a establecer un marco de normas orientadas cara os traslados a pé, e dicir, a figura do peón dentro do concepto de mobilidade sostible, tal e como se está introducindo dentro dos PMUS (Plan de Mobilidade Urbana sostible) en moitos concellos do estado.

Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, destaca que “gran parte das labores de humanización fanse de maneira individualizada e non teñen en conta o tráfico peonil en canto ao calculo de tempos, accesibilidade e seguridade fronte ao tráfico rodado podendo resultar perigoso nalgún momento”. Esta circunstancia, segundo a proposta da Marea de Vigo, podería ter solución establecendo unha serie de normas relativas as prioridades e sinalizacións que garantisen a seguridade peonil.

En canto as propostas á desenvolver, unha delas baséase na creación de camiños escolares seguros, que promove que as nenas e os nenos poidan ir a pé á escola dun xeito seguro e cómodo, tanto para elas e eles como o para evitar as conxestións nos horarios de entrada e saída dos centros escolares. A outra proposta a desenvolver, recoller a asunción por parte do Concello de Vigo, dos criterios da rede “Cidades que camiñan”, entrando o Concello a formar parte dela. Estes criterios baséanse no dereito da cidadanía a vivir en lugares pensados para as necesidades das persoas e non para as dos vehículos, e, baixo a idea da cidade sostible.

Por outra banda, a Marea de Vigo está traballando nunha proposta arredor da circulación de bicicletas, na que recollerá demandas de colectivos ciclistas que promoven o uso da bicicleta como alternativa aos vehículos de motor.

MAREA DE VIGO CUALIFICA DE “VERGOÑENTO E INDECENTE” O PAPEL DO ALCALDE DE VIGO ESTAS SEMANAS UNHA VEZ QUE O PROPIO PSOE PRESENTA UNHA EMENDA Á TOTALIDADE NO PARLAMENTO DE GALICIA AO PROXECTO DE LEI DE MEDIDAS EN MATERIA DE PROXECTOS PÚBLICOS DE URXENCIA CO CONTIDO DAS DEMANDAS DE MAREA DE VIGO.

logowebO voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, considera un auténtico disparate político as acusacións verquidas nestes días polo alcalde de Vigo contra AGE e MAREA DE VIGO de suposto “antiviguismo” por pedir exposición pública e período de alegacións para calquera proxecto tramitado por esta vía.

Segundo Rubén Pérez, é curioso ver como o grupo parlamentar do PSdG-PSOE emenda á totalidade a postura do alcalde de Vigo, que queda sen argumentos e cun papel nefasto como incendiario populista que aproveita politicamente mesmo algo tan serio como os empregos da PSA .

A emenda á totalidade que presentou o PSdG-PSOE propón un período de exposición pública de 20 días e un prazo de alegacións que foi dende o minuto 1 a demanda principal que Marea de Vigo expresou publicamente. Esta proposta do PSdG coincide coa que Alternativa Galega de Esquerda formulou para o seu debate hoxe no pleno do Parlamento de Galicia.

Marea de Vigo, funciona con criterios de rigorosidade sen caer en estratexias de descualificacións absurdas como o delirante discurso do alcalde. Dende o primeiro momento da aparición da proposta de modificación do artigo 144 da lei do solo e posterior conversión en proposta de lei, anunciamos que esta vía significaba abrir a porta en todo o país á “discrecionalidade” na construción de infraestruturas, aínda contra o planeamento, e co simple requisito de que sexan declaradas de interese xeral e a emisión de informes sectoriais.

Polo tanto, Marea de Vigo considera xa un “auténtico chiste” que o propio PP emende ao Goberno da Xunta e pida tamén un período de exposición pública de 20 días e alegacións.

En todo caso Marea de Vigo considera que os proxectos deberán ser sometidos a AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA tal e como figura na emenda presentada por AGE, xa que entendemos como insuficiente una avaliación de impacto ambiental.

Do mesmo xeito, Marea de Vigo se congratula de que, finalmente, o sentido común chegara en forma de emenda por parte de PsdG-PSOE e PP e pide que no futuro non se repita a mesma situación que non causa outra cousa que dilatación no tempo en asuntos tan urxentes e fundamentais como o urbanismo e o desenvolvemento industrial no pais.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO OPONSE Á CONCESIÓN DO ANTIGO JONATHAN, E RECLAMA AO CONCELLO QUE SE DESENVOLVA PLAN DE REXENERACION DO AREAL DE SAMIL PREVISTO NO PXOM.

jonathansamilA executiva local de EU entende que a concesión por trinta anos máis do antigo restaurante Jonathan antepón intereses ecómicos privados ao ben común e a sustentabilidade dos nosos espazos naturais.

Para EU, que amosou sempre a súa oposición ao actual PXOM, esta concesión mesmo contradí o propio PLAN ESPECIAL DE REXENERACIÓN AMBIENTAL E ACONDICIONAMENTO DO LITORAL URBANO (ALCABRE-SAMIL), contemplado neste PXOM aprobado no 2009. Un dos obxectivos deste plan era a rexeneración ambiental do areal, para o que se establecerían segundo o redactado no PXOM as seguintes medidas:

Substitución do trazado da Avda. de Samil, que separa o primitivo areal, illando parte do sistema dunar da praia e alterando a dinámica de transporte de sedimentos.
Transformación do paseo de Samil, eliminación o muro e traslado dos usos lúdicos e deportivos.
Estudio particular da vexetación dunar asi como da restauración das coberturas orixinais e establecendo indicadores dun plan ambiental de seguimento das dinámicas erosivas e sedimentais no areal.

Por iso, dende Esquerda Unida non entendemos como é posible que 5 anos despois da aprobación do PXOM non só non se teña desenvolvido o plan de rexeneración das dunas se non que se atente contra a propia esencia do plan coa concesión do inmoble ata o 2044.

Para protexer Samil de esta e de futuras operacións de especulación urbanística, dende Esquerda Unida reclamamos que se declare como espacio natural de interes local (ENIL) tal e como sucedeu co complexo duna-areal do Vao.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO PRESENTA EN BRUSELAS ALEGACIÓNS CONTRA O INFORME FINAL DA COMISIÓN EUROPEA DA VISITA Á RÍA DE VIGO

O coordenador local de EU, Rubén Pérez, deu traslado hoxe ao eurodeputado de IU e membro da comisión que visitou a Ría de Vigo Willy Meyer de enmendas para contrarrestar o contido do informe que califica de “boa xestión” a nova depuradora e o estado da contaminación da ría de Vigo

O informe que atópase na fase final argumenta como “suposicións” a presencia elevada de coliformes nas augas interiores da ría e fai consideracións sobre a efectividade da nova depuradora en construcción que para EU non teñen argumento técnico ningún

O coordenador local de EU sigue argumentando que a defensa da nova macrodepuradora como solución á contaminación na ría e que a comisión europea de por descartado o sistema de microdepuradoras en todo o térmo municipal de Vigo son un grave erro. Literalmente o informe fala de “que no tenía sentido separar el tratamiento de las aguas residuales de una única conurbación en varias plantas de tratamiento, ya que la construcción de las plantas reduciría las economías de escala, además de que hay poco terreno disponible e iría en contra de los criterios técnicos establecidos en el estudio de impacto ambiental”

ESQUERDA UNIDA considera como excesivamente confiada a comisión europea coa explicacións das autoridades sobre emisarios submarinos ilegais e di que é absolutamente falso que estes esten inutilizados e que simplemente virtan augas pluviais cando hai grandes choivas, algo que contradí as numerosas denuncias de verquidos formuladas ao SEPRONA por veciños e colectivos medioambientais de Vigo. Chega a decir o informe da comisión sobre a visita que fixeron aos puntos negros de verquidos que “El barco se acercó al punto de vertido de la tubería de salida de aguas residuales de la actual planta de tratamiento de Vigo, pero no se apreció ningún efecto en la superficie marina. Los peticionarios vieron varios de los «puntos negros» desde el barco, aunque en aquel momento no se detectaron vertidos de aguas residuales. Según Philippe Boulland, gracias a este conocimiento de primera mano de la situación, se pudieron abordar debidamente las cuestiones con el alcalde de Vigo y, más tarde, con el Gobierno regional.

O informe asegura que a construcción e o proxecto da nova depuradora é correcto e pode dar solucións aos verquidos de aguas sen tratar á ría mesmo argumentando que non detectan separación de augas pluviais e residuais e “quedan contentos con unha exposición que dí que a pesar de esta eiva a tecnoloxía da nova planta poderá asumir os aluvións en tempos de choivas” algo que para EU é absolutamente discutible e imposible nos casos de averías nos dixestores da mesma.

ADXUNTAMOS INFORME DA COMISIÓN QUE VISITOU A RÍA DE VIGO
ICONO PDF

RUBÉN PÉREZ, ESQUERDA UNIDA: “A ASEMBLEA INFORMATIVA DO DOMINGO EN CABRAL FOI UN CAPÍTULO MÁIS DO ROUBO QUE SE LLE QUERE FACER AOS VECIÑOS E VECIÑAS”.

O coordenador local de EU Rubén Pérez considera “impresentable” plantexar unha asemblea para falar “en abstracto” sobre un proxecto que a empresa sigue a ocultar e a non poñer enriba da mesa.

EU traslada ao Parlamento Europeo unha denuncia do proxecto en base ao incumprimento de directivas ambientais e de protección do territorio forestal que tramitará o eurodeputado de IU Willy Meyer.

Para EU isto é clave xa que poucas dúbidas temos que detrás do macrocentro comercial está realmente a alta edificabilidade da ficha de Liñeiriños no PXOM e que permite combinar centro comercial con vivendas. Non existe para EU ningún argumento que sosteña a expropiación, nin siquera o absurdo “paro 0 en Cabral” que argumenta o presidente dos comuneiros; nin existe en Porto Venecia (Zaragoza, onde as asociacións de comerciantes cifran en 5000 os empregos perdidos dende a apertura do centro) nin en ningún área de influencia de centros comerciais no estado Español.

Minte quen dí que todo “esta contido no PXOM” xa que este é un ámbito a desenvolver e o centro comercial pode quedar en “catro tendas agrupadas” para xustificar o resto do “pastel”.

EU promoverá un traballo colectivo de alegacións e denuncias se é preciso cando se presente o proxecto en xerencia de urbanismo e lembra que é labor da esquerda política e social enfrontarse as políticas especulativas, á destrucción do patrimonio forestal e as redes clientelares e de favores que algúns pretenden soster a golpe de talonario en comunidades de montes ou o movemento veciñal.

EU pedirá tamén que o parlamento europeo posicionese sobre os posibles incumprimentos da Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de xullo de 2001 relativa á evaluación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambente e especialmente as directivas relacionadas coa protección forestal.

%d bloggers like this: