MAREA DE VIGO E OS SEUS CARGOS INSTITUCIONAIS NON ASISTEN ESTE ANO AOS ACTOS DE CELEBRACIÓN DO ANIVERSARIO DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA DE 1978

logowebO Grupo Municipal da Marea de Vigo, de acordo co seu código ético, principios, e coherencia ideolóxica, non participa do que considera unha “farsa”, por celebrar unha Constitución que non se cumpre en todos aqueles dereitos que aos poderes fácticos non lles interesa garantir.

Unha Constitución que especifica que “todo o pobo ten dereito a unha vivenda digna e adecuada” no seu artigo 34, que declara no seu artigo 24 que “todas as persoas teñen dereito a obter a tutela efectiva de xuíces e tribunais”; que especifica no seu artigo 14 “que todos os cidadáns somos iguais ante a lei” e ao mesmo tempo se indulta a corruptos; que no seu artigo 3 garante o uso e o ensino das diferentes linguas do estado mentres o goberno central, decreto a decreto, degrádaas cada vez máis e dálles status de dialecto rexional. E, que afirma no seu artigo 128 que “toda a riqueza do país está subordinada ao interese xeral” mentres aumentan os beneficios das grandes empresas e recortan en dereitos básicos, como educación ou sanidade, á maioría social.

A Marea de Vigo, dentro da súa pluralidade ideolóxica dentro da esquerda, posúe unha noción da Democracia non só como concepto senón como práctica á hora de que a cidadanía poida escoller, non só nun proceso electoral os seus representantes cada catro anos, senón, por exemplo, o modo no que se gastan os seus cartos, ou as prioridades á hora de levar a cabo as leis que van rexer as súas vidas. Ou mesmo o simple feito de levalas a cabo ou non.

Por tanto, o Grupo Municipal da Marea de Vigo, non asistiu hoxe aos actos conmemorativos polo día da Constitución, tal e como llo expresou aos entes que os convocaron, a Subdelegación do Goberno en Pontevedra e o propio Concello de Vigo.

Advertisements

O GRUPO MUNICIPAL DA MAREA DE VIGO PARTICIPOU ONTE NO PLENARIO DA MAREA DE VIGO, ONDE GRUPO MUNICIPAL E GRUPOS DE TRABALLO COMPARTIRON INFORMACIÓN SOBRE O TRABALLO FEITO E ACORDARON NOVAS ACCIÓNS E ACTIVIDADES PARA OS VINDEIROS MESES.

marea-descartaA/os concelleira/os da Marea de Vigo, fixeron unha valoración conxunta co plenario da Marea de Vigo (órgano de decisión entre asembleas) dos temas tratados no pleno do luns do Concello de Vigo e das liñas de traballo da Marea durante os vindeiros dias.

Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea, deu conta do estado actual do PXOM e da situación de determinados proxectos coa nova lei de medidas urxentes aprobada no Parlamento de Galicia, así como sobre as iniciativas que se poden levar a cabo dende o Grupo Municipal da Marea de Vigo cara a cidadanía, co obxectivo de informala dun xeito sinxelo, sendo conscientes da gran demanda de información que existe por parte das e dos veciños de Vigo. A ese respecto, e tal e como se fixo noutras ocasións, coordinaranse grupo municipal e grupos de traballo para as actividades que se leven a cabo.

Margarida L. Barreiro, presentou ao plenario, as liñas estratéxicas do grupo de traballo feminista. Centrado durante estes dias nunha proposta interna para facilitar a participación de tódalas persoas no plenario. Barreiro expresou que: “O grupo de traballo feminista, sendo consciente de que estas dinámicas tamén se dan nas organizacións de esquerda, xa que non podemos ser alleos a presión que exerce sobre nós a sociedade, presenta as súas primeiras propostas para fomentar a participación colectiva no debate, especialmente a das mulleres que tradicionalmente teñen unha menor presencia na política e cuxa participación activa é imprescindible, xa que a perspectiva de xénero é unha cuestión que hai que potenciar nas posicións políticas de calquera organización progresista”.

Alén disto, tamén explicou a participación activa da Marea de Vigo nas mobilizacións do vindeiro 8 de maio, sendo estas liñas aprobadas por unanimidade do plenario.

Pola súa parte, Xosé Lois Jácome, deu conta da postura e argumentario do Grupo Municipal da Marea de Vigo sobre a moción presentada polo PSOE no pleno do pasado luns, respecto a mellora das liñas Vigo-Madrid.

Estando de acordo o plenario en que a Marea de Vigo apoiara as melloras que outras organizacións propoñan para as/os usuarios do transporte da nosa cidade e de Galiza en xeral, no debate que se deu, o colectivo amosou a súa preocupación polas liñas políticas do goberno municipal en canto a transporte colectivo, priorizando peticións nas liñas de longa distancia, cando a realidade e que o transporte ferroviario de proximidade está sendo desmantelado, sendo imprescindible para o desenvolvemento económico do país a potenciación do transporte no eixo atlántico.

Xosé Lois Jácome resumiu a postura colectiva: “O PSOE, xa por dúas veces, propón a mellora das liñas a Madrid, cousa que é positiva. Mais centra as súas iniciativas en liñas de longa distancia, cando as/os traballadores de Vigo e a súa comarca usan para os seus desprazamentos liñas de proximidade. As mocións que presentan os grupos no pleno amosan as súas prioridades e xa que din ser os defensores da cidade, resulta incoherente que estean máis preocupados por liñas de longa distancia cun porcentaxe de uso baixo e que non se queiran enterar de que traballadoras e traballadores de Redondela ou Arcade, por exemplo, aos que deberiamos facilitar o desprazamento aos seus postos de traballo xa que son imprescindibles para o desenvolvemento económico da cidade, así como o transporte de cercanías o elemento vertebrador do pais”. Esta postura sobre as prioridades de inversión é ratificada polo Plenario da Marea de Vigo.

MAREA DE VIGO DENUNCIA QUE CENTOS DE FINCAS DO RURAL VIGUÉS ESTÁN PAGANDO IBI AO CAMBIAR O VALOR CATASTRAL

logowebMAREA considera que esos terreos deben voltar a calificación de rústicos nos delimitados sen planificación e pide ao Concello que interveña de oficio ante a oficina provincial do catastro para que centos de fincas volten a situación anterior.

MAREA DE VIGO denuncia que a revisión dos valores catastrais e tipos aplicables, están xerando un incremento importante do recibo do IBI, que se observou extraordinariamente nos terreos de chan urbanizable sectorizado, que de rústico, pasaron a tributar como urbano nas parroquias do rural vigués.

O voceiro do grupo municipal da MAREA DE VIGO, Rubén Pérez, informou hoxe que “a sentenza 2159/2014 do Tribunal Supremo, Sala do Contencioso-Administrativo, da a razón a un recurso fronte a unha previa resolución do tribunal económico-administrativo daquela Comunidade Autónoma, declarando que, a efectos catastrais, os terreos urbanizables sectorizados carentes de instrumento de desenvolvemento aprobado tributarán como rústicos. Non é, nin moito menos, a única decisión xudicial favorable aos contribuíntes recaída ultimamente, pois xa outros Tribunais Superiores de Xustiza pronunciáronse en similares termos.

MAREA DE VIGO pide que o Concello de Vigo pase a intervir de oficio ante a Xerencia Territorial do Catastro en Galicia, para que, a efectos catastrais, os terreos do termo municipal de Vigo clasificados no PXOM como urbanizables sectorizados residenciais e industriais -que carezan de instrumento de plan de desenvolvemento aprobado- pasen a contribuír como bens inmobles de natureza rústica, deixando de facelo na súa inapropiada condición de urbanos, instando a tal fin os procedementos administrativos e tributarios que foran precisos.

MAREA DE VIGO CONSIDERA HIPÓCRITA O VOTO POR PARTE DO PSOE EN CONTRA DE HABILITAR UN APARCADOIRO GRATUÍTO NO PASADO PLENO PARA POSTERIORMENTE ANUNCIALO AOS MEDIOS NO DÍA DE HOXE.

hospital alvaro cunqueiroMAREA DE VIGO considera que “a evidencia do modelo de hospital privado formulado polo PP” só deixaba unha solución inmediata que pasa porque o concello facilite unha alternativa gratuita

O voceiro municipal da MAREA DE VIGO, Rubén Pérez, considera positivo o anuncio e espera que o alcalde “rectifique públicamente” ao sinalar no último pleno que pedir un aparcadoiro gratuíto por iniciativa municipal era “apoiar que permaneza un aparcadoiro de pago no hospital” (citamos textualmente a transcrición do pleno.

Rubén Pérez lembrou que no transcurso do pleno, e durante a intervención final da presidencia regulada no artigo d) do Regulamento Orgánico do Pleno do Concello, o alcalde afirmou que o contido da moción presentada polo grupo municipal da MAREA DE VIGO con número de rexistro 1167/1101, era a votación do noso grupo en contra da “gratuidade do aparcadoiro do novo hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, cando, como se pode comprobar, o contido da moción é absolutamente distinto e circurscrito a solicitude de alternativas de aparcadoiro por parte do Concello de Vigo.

MAREA DE VIGO seguirá traballando para o rescate da concesión do novo hospital e para que o aparcadoiro e tódolos servizos ofertados no actual hospital sexan gratuítos.

MAREA DE VIGO PIDE AO CONCELLO QUE CESE OS CONTRATOS CON VODAFONE SE CONTINÚA ADIANTE CO DESPEDIMENTO DE 1600 EMPREGADOS, MOITOS DELES EN VIGO.

logowebMAREA DE VIGO alerta que dos máis de 190 despidos previstos en Galicia, máis de 20 son na cidade de Vigo.

O concelleiro responsable de emprego Xose Lois Jácome defendeu hoxe que o concello de Vigo súmese ás medidas de presión que outros concellos están promovendo para impedir este novo golpe ao emprego que pretende levar adiante Vodafone e que supón a perda de máis do 13% do cadro de persoal da compañía.

MAREA pide que todos os contratos e telefonía e servizos que o concello de Vigo ten coa compañía sexan rescindidos mentras se manteña este ERE amparado en causas económicas, organizativas e produtivas absolutamente inxustificadas polos resultados económicos da compañía nestes anos.

MAREA DE VIGO sumarase ás mobilizacións e actuacións promovidas polo Comité de Empresa de Pontevedra. Consideran que mesmo o servizo que ofertan a institucións como o Concello de Vigo quedarán mermados xa que, como denuncia o comité e os traballadores e traballadoras da compañía “se reduciu tanto o persoal que a carga de traballo era inasumible polas persoas que quedaban do anterior ERE, e por iso a empresa contratou 300 persoas dende entón, sendo agora patente que coa externalización de determinadas tarefas de valor, a calidade do traballo é menor.

MAREA DE VIGO MANTIVO HOXE UNHA XUNTANZA COA XUNTA DE PERSOAL DO CHUVI ONDE COINCIDIRON EN DENUNCIAR O MODELO DO NOVO HOSPITAL DE VIGO.

hospital alvaro cunqueiroAmbas partes denuncian o modelo hospitalario instaurado en Vigo polo Partido Popular e consideran perfectamente posible que o Concello busque unha alternativa o problema do aparcadoiro.

Os/a tres concelleiros/a da Marea de Vigo mantiveron hoxe unha xuntanza coa xunta de persoal dentro dos locais sindicais do hospital xeral, onde reiteraron as súas posturas con respecto á problemática que está a acontecer no Álvaro Cunqueiro. Con respecto o aparcadoiro, Marea e Xunta de persoal ven a posibilidade de que o Concello de Vigo asuma unha responsabilidade para con as e os usuarias e usuarios e co cadro de persoal do centro hospitalario.

Alén disto, falouse sobre a situación na que se están comezando a ver gran parte do persoal sanitario , coma as e os celadores, o verse privatizado tamén parte do traballo que ata o de agora dependía directamente do sergas, e ser substituídas/os por contratos lixo a través de contratas.

A xunta de persoal non vai deixar de mobilizarse por unha sanidade pública e de calidade, e seguirá denunciando a tropelía que está supoñedo a apertura do novo hospital para toda a cidadanía, reivindicacións que a Marea de Vigo apoiará en coherencia co seu modelo de hospital 100×100 público que defende.

MAREA DE VIGO PEDIRÁ A NON APLICACIÓN DA SUBA DO 1,1 AS TAXAS MUNICIPAIS EN 2016 E UN CRITERIO PROGRESIVO PARA EVITAR QUE NOS SUCESIVOS EXERCICIOS AS RENDAS MÁIS BAIXAS SE LLE APLIQUEN SUBAS.

Marea-Vigo-rubenAcusa ao goberno local de aplicar subas despois das eleccións evitando facelo antes pero gardando na “manga” os importes non incrementados.

Marea de Vigo rexistrou hoxe no Rexistro do Pleno a súa proposta de modificacións das ordenanzas fiscais para o vindeiro exercicio orzamentario de 2016 que, para o voceiro municipal da Marea Rubén Pérez: “teñen que combinar dous requisitos: a esixencia de aumentar a atención as situacións de necesidade derivadas da actual crise económica e a necesidade de que o concello conte cos recursos económicos suficientes para atender os servizos que presta á veciñanza”

MAREA DE VIGO é consciente do marxe limitado dos concellos para decidir políticas fiscais pero existen analogamente marxes para decidir que fiscalidade se quere aplicar, dende a definición do tipo impositivo do IBI, as bonificacións, tributos e taxas propias e mesmo a través do gasto no orzamento.

O GRUPO MUNICIPAL DA MAREA de Vigo non entende a aplicación xeneralizada da suba do IPC nun 1,1% (calculado pola media do mesmo entre abril de 2012 e abril de 2015) nun contexto no que o IPC anunciado para abril de 2015 é do 0,2%.

MAREA DE VIGO denuncia que estamos ante “unha suba moi por debaixo dos incrementos mediais salariais por negociación colectiva que apenas chegan ao 0,74%. E non entendemos esta suba agora, no primeiro exercicio despois do proceso electoral de maio despois de anos de conxelación, curiosamente nos exercicios previos ás eleccións municipais. A situación económica na nosa cidade non é mellor que en 2013 ou 2014 para argumentar agora esa suba nin antes a conxelación por intereses exclusivamente electorais.

Marea de Vigo propón non aplicar a suba do IPC proposto do 1,1% no 2016 e aplicar progresivamente incrementos a partir 2017 en base a un criterio exclusivamente de renda, e nunca por enriba do IPC que se publique nese ano e sucesivos, quedando en todos os exercicios exentas da suba as rendas inferiores ao SMI.

%d bloggers like this: