ESQUERDA UNIDA DE VIGO PIDE QUE A CIDADE NON BAIXE A GARDA ANTE A VIOLENCIA MACHISTA

25n2014O coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez chamou hoxe á participación na mobilización que mañá ás 20 horas partirá da Farola e Urzáiz e lembra que “a loita contra a violencia machista segue a ser a loita pola igualdade entre homes e mulleres”

Para EU é neste contexto de desigualdade e discriminación patriarcal onde se enmarcan todo tipo de agresións contra as mulleres. Só unha sociedade fundamentada e asentada na igualdade real, impediría que a crise económica puidera servir de pretexto ou explicación.

Esquerda Unida considera que a igualdade real se constrúe a partir da prevención e da educación. As políticas e as estratexias que se utilizan para previr as agresións deben partir dunha educación afectivo-sexual a todos os niveis que facilite desenvolver unha sexualidade baseada no respecto e na igualdade real entre mulleres e homes.

E por suposto, fronte aos recortes nos orzamentos e políticas públicas, esiximos que se reforcen  os recursos económicos e humanos destinados ao desenvolvemento de políticas de igualdade activas, integrais e participativas, pola consecución dunha Sociedade libre de violencia de xénero, na liña do apuntado polo Convenio de Estambul sobre prevención da violencia de xénero e as propostas enunciadas polos colectivos feministas.

Dende Esquerda Unida facemos un chamamento á participación da cidadanía nas movilización convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres por todo o país para  este martes 25 de novembro de 2014 que en Vigo será as 20 horas na farola de Urzáiz

ESQUERDA UNIDA, O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA E A XUVENTUDE COMUNISTA, PIDEN A MOBILIZACIÓN DA CIDADE DE VIGO EN DEFENSA DA SÚA INDUSTRIA.

cartel_industriaAs tres forzas apoian a mobilización convocada por CCOO en Vigo o domingo 9 de Novembro, e consideran crítica a situación do emprego e do futuro do sector industrial.

EU, PCG e XC consideran extremadamente graves os anuncios de EREs, recortes salariais e en dereitos laborais que están a anunciarse veladamente, ou de xeito formal, en empresas como PSA, Gestamp, etc… que xustifican a convocatoria inmediata de folgas e mobilizacións nos centros de traballo.

Os replantexamentos de modelos productivos no sector da automoción, nomeadamente o abandono do sistema de fabricación just-in-time, que obrigaba a ter os proveedores ubicados xeograficamente no entorno das plantas, aceleran a deslocalización que xa viñamos sufrindo a clase traballadora, xunto con outras medidas, propiciadas pola reforma laboral, que están a destrozar as relacións laborais, e invalidando a capacidade da negociación colectiva.

Por outra banda, estase a cronificar a precariedade no sector naval, dada tanto pola represión sindical mediante “listas negras” nalgúns asteleiros, como pola ausencia dunha política fortalecedora do sector naval no seu conxunto, xa que a que se está a aplicar, fomenta unha competitividade entre as empresas do sector en canto os custes, recortando éstas polo tanto, en custes e dereitos laborais, utilizando tamén todas as ferramentas precarizadoras aportadas na reforma laboral.

A continua perda de peso do sector industrial de Vigo, e a masa asalariada vinculada a éste, está repercutindo na economía da cidade, especialmente no sector servizos, no consumo, etc. polo tanto, a loita pola defensa do tecido industrial da cidade e o futuro da mesma, é unha responsabilidade colectiva.

PCG, EU e XC fan polo tanto un chamamento á mobilización convocada este domingo pola defensa da industria con emprego e con dereitos que sairá as 11:30  do cruzamento entre Urzaiz/Vía Norte.

MANIFESTACIÓN POLA REPÚBLICA

mani_republica_17x

MANIFESTACIÓN EN APOIO ÁS MARCHAS DA DIGNIDADE

marchas 22m Cartaz Vigo

 

ESQUERDA UNIDA PIDE A PARTICIPACIÓN MASIVA DOS VIGUESES E VIGUESAS NA MOBILIZACIÓN POLA SANIDADE PÚBLICA DE MAÑÁ

sossanidademani13febEU considera esencial a mobilización de mañá 13 de Febreiro en Vigo para conquerir a retirada da reordenación do mapa sanitario de Galicia. O Consello Local de Esquerda Unida reitera a súa aposta pola Sanidade Pública e manifesta o seu apoio a esta mobilización.

Esquerda Unida denuncia que o desmantelamento da Área Sanitaria de Vigo é unha consecuencia máis da política de recortes sanitarios do Partido Popular. O desvío de pacientes a outras Áreas Sanitarias ven a sumarse á xeira de medidas privatizadoras e desmanteladoras que sufre a nosa Área Sanitaria: mantemento do convenio con POVISA, privatización do Novo Hospital de Vigo e redución das súas dependencias, recortes de persoal, etc.

A estes graves feitos engádense tamén as medidas neoliberais tomadas polo Goberno no conxunto do Servizo Galego de Saúde, que inclúen a privatización de toda a Alta Tecnoloxía Sanitaria (radioloxía, radioterapia, resonancia…) e mesmo a privatización da Esterilización de material e instrumental, servizo sanitario ata o de agora con persoal público.

Esquerda Unida lembra que o correcto funcionamento dos servizos sanitarios especializados precisan dun número mínimo de pacientes ao ano e remarca que as modificacións no planeamento sanitario non poden facerse de costas ao persoal, que é quen está a soster na actualidade a nosa Sanidade ante os ataques do Partido Popular.

NON Á AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA SIRIA

siria concentracion_vigo

CLICA PARA LER O MANIFESTO

ESQUERDA UNIDA DE VIGO MOBILÍZASE HOXE POLA REAPERTURA DOS SEREOS E EN SOLIDARIEDADE COS TRABALLADORES DESPEDIDOS DOS CENTROS CÍVICOS

O coordenador local de Esquerda Unida en Vigo, Rubén Pérez, participa hoxe na mobilización que partirá ás 19,30 da plaza da Independencia pola subrogación dos traballadores e traballadoras dos centros cívicos. Para EU o proceso de precarización e arbitrariedade na contratación pública e nas condicións de traballo nos servizos municipais empeza a agravarse a medida que avanza a lexislatura, algo que EU tiña denunciado reiteradamente.

Igualmente membros do Consello Local de EU participarán ás 18:00 horas na concentración en Príncipe para reclamar a reapertura do programa “SEREOS DO CASCO VELLO”, programa de integración social que ven de ser desaloxado do local que históricamente ocupaba no centro de Vigo.

EU considera que xa son demasiados os casos de denuncias de imcumprimentos de condicións laborais en numerosos servizos municipais, casos especialmente evidentes cando acceden á xestión dos mesmos novas contratas como o servicio de intermediación familiar donde co acceso de CLECE á xestión do mesmo a plantilla está a asistir a un calculado proceso de degradación das condicións laborais.

EU considera que mobilizacións como estas serán notorias a partir de agora ante a actitude inmobilista e prepotente da corporación municipal.

%d bloggers like this: