VÍDEO DA HOMENAXE A LUISA FERNÁNDEZ

Advertisements

COLECTIVOS SOCIAIS, POLÍTICOS E CULTURAIS REALIZAN MAÑÁ MÉRCORES UNHA HOMENAXE Á ACTIVISTA MARIA LUISA FERNÁNDEZ, FALECIDA O PASADO MES DE MAIO EN VIGO

HOMENAXE-LUISAEsquerda Unida de Vigo participará na homenaxe que celebrase ás 19:30 horas no Salón de Actos do M.A.R.C.O. para lembrar a unha das figuras de referencia de moitos movementos sociais de Vigo nos que participou activamente: Comités anti-sida; o IMAN, a Marcha Mundial das Mulleres, Asemblea Republicana, Asociación Viguesa pola Memoria do 36, Colectivo Violeta, etc..

Mestra. Natural de Monforte, residía en Vigo dende o ano 79. Militou no PC dende o ano 72 e en Esquerda Unida dende a sua formación. Foi militante activa no colectivo vigués antisida (IMAN) e no movemento feminista, nomeadamente no Colectivo Violeta e na Marcha Mundial das Mulleres. Membro tamén da Asociación de axuda ós presos Concepción Arenal. Foi ademáis cabeza de lista de ESQUERDA UNIDA nas municipais de 2007 en Vigo.

O acto contará coas intervencións de:

  • Marcha Mundial das Mulleres (Victoria Iglesias)
  • Asemblea Republicana de Vigo (Celso)
  • Intervención do Colectivo Violeta (María Santos)
  • Intervención da Asociación da Memoria Histórica do 36 (Telmo)
  • Intervención do Colectivo IMAN CEDRO, con poema incluído (Pablo Veloso)
  • Intervención de Esquerda Unida (Eva Solla)

E coas actuacións musicais de Tino Baz e de de Laura Quintillán, , tocando mezcolanza do Himno da República, a Internacional e o Himno Galego.

HOMENAXE A LUISA FERNÁNDEZ

HOMENAXE-LUISA

%d bloggers like this: