ESQUERDA UNIDA SÚMASE Á FOLGA XERAL DO SECTOR NAVAL PRIVADO DE MAÑÁ DÍA 20 DE XUÑO

O coordenador local de EU Vigo, Rubén Pérez, participará na concentración de traballadores e traballadoras do sector que sae ás 9:30 horas da porta do asteleiro Barreras.

barreras-astillero-vigo--644x362Pola súa banda, o responsable de emprego da executiva nacional de EU e parlamentario de AGE, Juan Fajardo, que participará na concentración de traballadores do sector Asturias, considerou hoxe que “a situación de contínuo engano que as administracións públicas e o goberno están xenerando co sector naval” obriga de novo a parar en tódolos asteleiros privados do estado, nomeadamente na Ría de Vigo”.

Non podemos permitir, engadíu Juan Fajardo, que un sector industrial desapareza ante a inoperancia dun goberno incapaz de negociar ante Bruselas unha saída esperanzadora para as ameazas de anular o antigo sistema de bonificacións no sector naval, o “tax lease”.

EU considera positivo que de novo, como aconteceu fai uns días en Ferrol, a unidade sindical en Galicia e en todo o estado, de froitos esperanzadores para afrontar unha loita pola supervivencia do sector naval, industria que ate fai uns anos era quen de xenerar máis de 12.000 postos de traballo directo en Galicia e miles de indirectos.

Esquerda Unida sigue considerando que a aprobación dun novo tax lease fai uns meses era unha auténtica cortina de fume; xa que non garantir a legalidade do anterior (que operou entre 2002 e 2010 na construción de 273 barcos con bonificacións estipuladas entre 1700 e 2600 millóns de euros) non solucionaba nin evitaba que estas bonificacións fiscais obtidas polo “vello tax lease” non tiveran que ser devoltas por armadores e investidores feito que faría do novo tax lease unha canle non garantista para os actores operativos neste sistema: armadores, entidades financeiras e socios aportadores das Agrupacións de Interés Económico (orixe dos recursos para someter a leasing amortizable á contratación de buques.

Esquerda Unida ten manifestado en reiteradas ocasións que non nos gustaba o sistema do tax lease, que viña a ser un parche ás axudas directas da SEPI ou o fondo de garantía patrimonial de PYMAR, perseguidos dende vello pola comisión de competencia da UE.

Non nos gustaba en primeiro lugar porque era un sistema “embarullado” e que dependía finalmente de investidores especulativos e de entidades bancarias e o polo tanto nun momento de crise financeira poderían desaparecer deixando sen ferramentas de competitividade comercial aos nosos estaleiros.

EU considera que un goberno decente, con esta folga xeral, tería que desafiar abertamente á Comisión Europea como fixo Francia no 2006 e defender o lexítimo dereito a financiar públicamente a un sector estratéxico para a nosa economía como o sector naval.

Advertisements

ESQUERDA UNIDA: O ROLETE PARLAMENTAR DO PP IMPIDE A CONCRECIÓN DE PARTIDAS IMPORTANTES PARA VIGO NOS ORZAMENTOS DA XUNTA 2013

Eva Solla (EU), Juan Fajardo (EU) e Chelo Martínez (ANOVA) son os tres novos deputados de AGE por Pontevedra

Eva Solla (EU), Juan Fajardo (EU) e Chelo Martínez (ANOVA) son os tres deputados de AGE por Pontevedra

EU lembra que ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA presentara enmendas para consignar máis de 700.000 euros ás familias afectadas pola cancelación das axudas ás hipotecas en Navia e fondos para a expropiación á UTE da concesión da construcción do novo hospital de Vigo.

EU valora como “exemplar” as intervencións das deputadas viguesas de AGE, Chelo Martínez e Eva Solla, que no seu primeiro debate de orzamentos conseguiron demostrar que a clase obreira chegou ao parlamento para ter voces que a defendan.

Esquerda Unida de Vigo lamenta que o PP siga enrocado na idea de “esmagar orzamentariamente” aos concellos nos que non goberna, caso do de Vigo, evitando a toda costa que partidas orzamentarias importantes en materia de infraestructuras hospitalarias (novo centro de saúde en Balaídos, construcción dun hospital 100×100 público….) ou mesmo vivenda (partida orzamentaria para compensar a desaparición das axudas do Plan Estatal de Vivenda dende o Instituto Galego de Vivenda e Solo). Este feito é especialmente grave para centos de familias do PAU de Navia en Vigo.

EU lembra que ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA xa no inicio da tramitación dos orzamentos pretendeu introducir outra lóxica, invertendo a súa asignación de recursos e así defender aquilo ao que nos comprometemos, a cidadanía”. O grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) presentara previamente enmendas á totalidade das contas do Goberno do PP para 2013. E nelas constaban as propostas segundo as que o Orzamento podería contar con case 600 millóns de euros máis, destinados a financiar sanidade, educación, servizos sociais ou políticas de medio ambiente, as prioridades de AGE. A propostas ian dende un plan contra a fraude fiscal a partir da axencia tributaria da Xunta, de onde se obtería 150 millóns de euros, ate 150 millóns que procederían dun imposto autonómico sobre depósitos bancarios, pasando por arredor de 280 millóns que atoparíanse de manter o obxectivo de déficit de 2012, o 1,5%, e non o 0,7% que figura no proxecto de Orzamentos para 2013.

Agora, no debate das enmendas parciais o rolete do PP fai peligrar a cohesión social na nosa cidade e non amortigua os recortes que, como no caso das axudas no PAU de Navia, está levando a cabo na nosa cidade o goberno central.

CAYO LARA PROGNOSTICOU EN VIGO QUE O RESCATE TRADUCIRASE EN NOVOS RECORTES Á CIDADANÍA MENTRES A FRAUDE FISCAL SUPERA OS 90.000 MILLÓNS DE EUROS

YOLANDA DÍAZ, QUE DENUNCIOU AS PROMESAS INCUMPRIDAS DO PP AOS ASTALEIROS GALEGOS, E INDICOU QUE FEIJÓO ATRASA O RESCATE GALEGO POR MOR DAS ELECCIÓNS 

O CANDIDATO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA POR PONTEVEDRA, JUÁN FAJARDO, AFIRMA QUE FEIJÓO IGNORA O SUFRIMENTO DIARIO DOS CIDADÁNS 

Despois dunha rolda de prensa no Hotel Coia, Cayo Lara, Yolanda Díaz e Juán Fajardo, desprázanse ata o CEIP Seis do Nadal para expoñer a súa visión política ante un ateigado auditorio.

A necesidade dunha esquerda honesta

Cayo Lara, Coordinador Federal de IU, explicou que “combatendo a fraude fiscal non precisaríamos rescate”. En España calcúlase que a fraude fiscal supera os 90.000 millóns de euros e a responsabilidade podería estar concentrada no 3% das empresas que operan no país. O Coordinador de IU visita Vigo para levar unha mensaxe de alternativa, de esperanza e de “esquerda honesta”.

Cayo Lara, fala das políticas de axuste e o seu fondo. Na súa opinión o programa electoral do Goberno incumpriuse sen ningún tipo de rubor, facendo que a clase traballadora teña que cargar con todo o peso da crise, sen aprobar un só real decreto para xerar emprego. O incumprimento total deixa ás claras que o Partido Popular está a estafar a sociedade e teme que o rescate se traduza en máis medidas de recorte que afecten aos mesmos estratos sociais. É por todo esto que chama ao pobo galego a non deixarse enganar polo aparato propagandístico popular e a que loite polos seus dereitos.

Feijóo destruíu 153.000 empregos en Galicia

Yolanda Díaz, Candidata de Alternativa Galega de Esquerda pola provincia de A Coruña e Coordinadora Nacional de EU, declama que “Feijóo non é o presidente da solvencia, é o presidente do engano, do paro, dos recortes no ensino, dos recortes nas pensións, dos recortes na sanidade e dos recortes nas liberdades civís. […] Feijóo destruíu 153.000 empregos en Galicia en soamente tres anos.”

Yolanda Díaz, pon os datos enriba da mesa para deixar ás claras que Feijóo falta á realidade. En palabras da candidata “temos máis déficit que Cataluña, non piden rescate porque estamos en eleccións, por iso non deberían presumir de solvencia. Yolanda Díaz fixo alusión á perversión das cifras cando se defende que en Galicia é onde menos medra o paro cando nalgunhas zonas da comunidade aumentou nun 70% e moitos traballadores vense forzados a migrar ou pasar miseria.

A Coordinadora de EU fixo un percorrido por máis promesas incumpridas nos tres anos de goberno de Feijóo e polo reducido marxe de garantías de cobertura social pola que queren facer pasar aos galegos e galegas. No caso dos contratos para aos asteleiros remarcou que “maila crise os países de Europa constrúen barcos e Feijóo é incapaz de acadar carga de traballo”, non confía en que vaia conseguir nada no futuro.

A candidata de Alternativa Galega de Esquerda finalizou comparando a Feijóo cun mando a distancia de Rajoy, mentres chamaba a mobilizar aos galegos e galegas porque hai alternativa.

O Partido Popular descoñece o sufrimento da cidadanía

Juán Fajardo, cabeza de lista de Alternativa Galega de Esquerda por Pontevedra, dirixiuse a cidadanía galega. O candidato da coalición mostrouse convencido de que o Partido Popular vive na irrealidade porque descoñece sufrimento diario dos cidadáns e xustifican as súas posturas económicas con datos prefabricados mentres ignoran aqueles que non son convenientes. Juán Fajardo encontrou primordial dar á abstención motivos para rebelarse contra un “Partido Popular que non sabe o que significa que suba o IVA dunha barra de pan”.

ACTO PÚBLICO DE ESQUERDA UNIDA

ENTREVISTA A JUAN FAJARDO, CABEZA DE LISTA DA ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA (EU-ANOVA-EQUO) POR PONTEVEDRA

Juan Fajardo e o coordenador xeral de IU Cayo Lara

Un novo panorama político ábrese para a esquerda en Galicia coa aposta de AGE, considera que é o posible que acceda  ao Parlamento de Galicia?

Non solo é posible, senón que é real e sobre todo necesario, o Parlamento Galego non tivo ningún representante da clase obreira nos últimos tempos, cada proxecto de lei ou iniciativa parlamentaria, durante o último mandado, non foi dado a coñecer os galegos, e moito menos discutida con eles, por iso AGE é necesaria no parlamento para defender de forma contundente os nosos dereitos e os servizos básicos, pero tamén para dotar o parlamento Galego dun certo grao de insubmisión os ditames do mercado, dunha voz rebelde contra o fraude o que lle chaman crise.

-A lei electoral non llo pon doado… esixe un 5% para entrar na distribución de parlamentario, intentan os grandes partidos políticos impedir o acceso de novas forzas ao Parlamento?

Quero recordar que bipartito tense negado a modificar esta situación na anterior lexislatura, pero é certo hai un interese dos grandes partidos de que os parlamentos non sexan plurais, porque en definitiva non defenden a democracia, senón un modelo onde a alternancia no poder, garante que gañen os de sempre, por iso AGE preséntase co obxectivo de romper este modelo, de introducir aire fresco no parlamento, é sobre todo co compromiso de  trasladar as rúas os debates parlamentarios, e as loitas necesarias para acabar ca inxustiza.

-Por que ten que estar a ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA no Parlamento de Galicia?

En primeiro lugar para defender os Galegos e as Galegas da estafa da crise, para mellorar e garantir os servizos públicos hoxe en perigo polo acordo dos grandes partidos, pero tamén para acadar os recursos necesarios para que todo o carto posible de Galicia, se utilice para a xeración de emprego, e non para que catro listos se fagan de Ouro co carto de todos, como acontecerá se non o evitamos co novo Hospital de xestión e construción privada de Vigo. Ademais non esquecemos a necesidade de loitar para que os nosos sectores estratéxicos volvan a mans públicas, para garantir o emprego e a calidade do mesmo, un exemplo claro é o naval Vigués.

-Ás veces o cidadán ten a impresión de que non importa demasiado quen goberne, que as pautas as marcan os mercados. Pódese loitar dende un parlamento autonómico coas directrices que marcan Bruxelas ou os grandes intereses financeiros?

Esta é a gran mentira que nos quere facer crer o sistema, claro que é posible outra saída, un exemplo como é posible que o Goberno do estado retire 20.000 millóns de AGEros para a sanidade as Pensión e o Ensino, e inmediatamente entregue máis 26.000 millóns de euros a Bankia, é necesario unha política redistributiva da riqueza, non podemos aturar unha Galicia onde o 26% dos menores vive en situación de pobreza, estes cartos en inversión produtiva , xeradora de postos de traballo servirían para reducir o desemprego e sobre todo para garantir as nosas pensión e a nosa sanidade.

Pero hai algo que si é certo o PSOE e o PP, que son sucursais da mesma marca, defenden os intereses do capital, da banca e os especuladores, e defenden ese modelo onde se elimina o poder e a soberanía os Pobos e se introduce o control total dos pobos pola UE e o Banco Central Europeo, non esquezamos como ambos, de forma absolutamente Ditatorial, modificaron a constitución para que sexa prioritario pagar a débeda do estado sobre as nosas pensións ou a nosa saúde.

-A Xunta ven de publicar hai unhas semanas que Galicia é unha das comunidades con menos déficit do estado español, pero cunha maior taxa de desemprego  do estado . Avala iso a xestión de Núñez Feijoo?

O Aval del Feijoo, e evidente pasar de 146.000 desempregados cando chegou a Xunta os máis de 300.000 actuais, ten o mérito de colocar a un terzo da poboación Galega na miseria, esa e a xestión de Feijoo, comprometAGEse a acabar ca crise en Galicia en 45 días, e leva 4 anos abdicando de gobernar en Galicia, e recortando moitos dereitos, o pago dos libros de Texto, o copago sanitario, a eliminación da sanidade universal, a privatización do acceso a xustiza, a parálise da lei de dependencia, o pago pola auga, o incremento dos prezos das escolas infantís, quere que siga…. é un goberno indecente, e sinvergonza, porque un sinvengonza é alguén que non ten vergonza de traizoar os sAGEs, o pobo galego.

-Falando das contas. Entende AGE que a redución do déficit ten que ser a única prioridade ou os recortes teñen que ter un límite?

O primeiro é dicir, que esta situación debes a que os poderes públicos, permitiron a unha serie de “Gánster” do sector financeiro, manexar a economía e roubarnos os cartos a cidadanía, eses mesmos os que agora queren volver a rescatar cos nosos cartos, os de todos, pero unha vez digo isto, a política dos recortes é un erro, non é posible recortar sen incrementar as desigualdades e polo tanto incrementar a pobreza, cando unha política de recortes non axuda, senón o contrario a saír da crise, non cremos que debemos incrementar os ingresos, para lograr unha política de incentivos, de mais emprego e de incremento da carteira de servizos básicos, como por exemplo unha renda universal de emerxencia, pero para iso é necesario incrementar os impostos a quen ten posibilidades, os grandes empresarios e a Banca, como é posible que o Grupo Zara a penas pague impostos no nos país e utilice modelos de venda dende o exterior para burlar por exemplo o pago de IVE, nos queremos combater unha realidade que día que as rendas do traballo pagas máis que as rendas do capital, é dicir pagamos máis impostos os traballadores que os empresarios, pero onde ademais en España das 35 empresas do IBEX 35 , 30 operan en paraísos fiscais, ou onde parece normal que o presidente do real Madrid, teña pagado a facenda na súa declaración do 2009 a penas 45 euros…

-Se AGE chega ao Parlamento, que áreas considerará intocables á hora de meter á tesoira?

 Esquerda Unida eliminará a tesoira do parlamento Galego, ademais de introducir unha política de remate dos privilexios dos parlamentarios, non queremos  nin gastos suntuosos, nin comelladas , nin gaiteiros a miles, nin salarios estratosféricos, nin centos e asesores e asesoras con salarios indecentes, ese é un comezo, a partir de hai, ingresar o suficiente para que os galegos teñamos sanidade digna, pensións dignas, educación de calidade, e sobre todo emprego. Unha das nosas iniciativas será un plan de emprego, que contemple nichos de emprego esquecidos pola xunta de Galicia.

-O BNG chega as eleccións despois de fondas fracturas e o PSdG PSOE cun candidato que non parece ilusionar nin á súa propia militancia. Cree que a mala situación destes partidos favorecerá a entrada de AGE no Parlamento ou pola contra, ve difícil que o PP perda a súa maioría absoluta?

Pola propia lei electoral, cada parlamentario de AGE, é un parlamentario menos para o PP, polo tanto cantos mais parlamentarios teña AGE, máis posibilidades existen de derrotar o Partido Popular, pero non esquezamos a labor do bipartito que foi quen upou o poder o PP, por una nefasta xestión, polas tramas de corrupción que parecen ter tentáculos en tódolos partidos do actual parlamento, e sobre todo dun PSOE liderado por Pachi Vázquez, que fai poucos meses dicía literalmente que o mellor había que podar algunha rama do estado de benestar, é certo que existe o PPSOE

O 15-M amosou que segue tendo gran forza tanto no Estado como na propia Galicia. Cal debe ser a achega deste movemento a sociedade Galega?

Pase o que pase co 15M, debemos dicir moi claro que é un movemento fundamental na rexeneración democrática do país, o 15M logrou poñer enriba da mesa cuestións que na política dos grandes partidos, non así de AGE, estaban afastadas do debate público, a lei electoral, a democracia participativa, … polo tanto é un movemento fundamental para o futuro da nosa sociedade, no sentido de crear unha sociedade nova, sen castas, na que a democracia sexa un elemento central na procura da mellor calidade de vida para os seres humanos, e non como agora, que o único o que se lle garante a vida e o euro, aínda que sexa a costa de matar millóns de persoas en todo o mundo.

-Para rematar, o actual goberno do PP rebaixou as inversións en educación, incrementou o paro liderando o número de ERES, fixo o maior recorte en servizos sociais da democracia, aprobou un decretazo sanitario moi insolidario coas persoas sen recursos… Había outra solución nunha época de crise como esta?  Cales son as solucións que da AGE para saír da crise sen rebaixar a calidade do Estado do Benestar?

Como dicíamos antes, unha política de incremento de recursos, loitando contra o fraude fiscal, e introducindo unha política de emprego que sexa capaz de introducir novos cotizantes na seguridade social, e polo tanto máis traballadores con capacidade de pagar impostos, pero ademais existen moitos gastos innecesarios que poderían terse utilizado para xerar servizos, dous exemplos, cantos hospitais se poderían ter construído en Galicia co gasto do monte Gaias, fai anos antes da crise, solo AGE se opuña a esta barbaridade, pero ademais, o gasto do AVE en Galicia, traslado  inversión produtiva e servizos sociais, como a dependencia, tería garantido  a creación de emprego, e calidade de vida os nosos dependentes.

%d bloggers like this: