Izquierda Unida non cala, queremos falar de Bárcenas no Congreso

Advertisements

INTERVENCIÓN DO DEPUTADO GASPAR LLAMAZARES EN DEFENSA DO SECTOR NAVAL

ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE A CIDADE TEN QUE VOLCARSE NA DEFENSA DA INTEGRIDADE DE RENFE OPERADORA E ADIF COMO ENTE PÚBLICO

EVA_SOLLA_RUBEN_PEREZ_RENFEO coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, e a deputada de AGE mantiveron hoxe un encontro cos comités de empresa das dúas compañías públicas na provincia de Pontevedra para dar traslado da preocupación de EU pola decisión do comité de dirección de RENFE OP de disgregar en catro empresas a compañía “preparando o camiño á privatización no sector.

“Esta en xogo ter comunicacións ferroviarias con localidades da comarca e da área metropolitana de Vigo”, engadía Rubén Pérez, polo que non podemos estar preocupados exclusivamente polo aeroporto cando o tren ten miles de viaxeiros máis e nalgúns casos, xente que non ten outra alternativa de mobilidade

EU presentará iniciativas no Congreso dos Deputados na defensa dun sistema de trens de cercanías para Galicia, para un uso racional das infraestructuras de Adif e Renfe hoxe en desuso así como para protestar contra a “evidente” discriminación tarifaria en canto a tramos xa que tramos máis longos noutras comunidades para un mesmo tipo de tren e servizo son sensiblemente máis baratos.

EU manifestouse “radicalmente en contra” de calqueira disgregación de RENFE OPERADORA en ADIF en “pequenos chiringuitos autonómicos” que siguen o modelo análogo privatizador dos entes ferroviarios cataláns e bascos, hoxe en proceso de venta a constructoras e empresas privadas de servicios e, como sempre; defenderá a integridade de Renfe como única empresa, defendendo incluso a reversión de ADIF para o entorno empresarial de RENFE.

Para EU “atopámonos coa continua e silenciosa supresión de servizos de tren convencional, unha situación que pon de manifesto o escaso interese do Goberno, en xeral, e do Ministerio de Fomento, en particular, por favorecer que a cidadanía dispoña dun servizo ferroviario que cubra realmente as necesidades dos usuarios”.

Esquerda Unida presentou a través do seu grupo parlamentario no Congreso unha proposición non de lei sobre o servizo público ferroviario para o seu debate no Pleno ao obxecto de “consolidar un sistema ferroviario público e social que vertebre o territorio, teña suficiente investimento público, unha adecuada planificación de servizos e frecuencias, e un plan comercial que poña en valor a rendibilidade social e ambiental de todas e cada unha das liñas de ferrocarril convencional”.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO MANTÉN HOXE XUNTANZA COS COMITÉS DE EMPRESA DE RENFE OPERADORA E ADIF EN PONTEVEDRA

O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, e a deputada de AGE e membro do Consello Político Federal de IU Eva Solla manterán hoxe unha xuntanza coa representación dos traballadores e traballadoras ferroviarias para dar traslado da preocupación ante a segregación da compañía aprobada polo Consello de dirección de Renfe Operadora en catro novas empresas, que para Esquerda Unida supón “o inicio da anunciada privatización do ferrocarril público.

trenEU dará traslado tamén das últimas iniciativas parlamentarias no Congreso e no Parlamento de Galicia ante os recortes en liñas, a inexistencia de OPE no sector e o desmantelamento organizado de recursos e patrimonio público.

EU manifestase “radicalmente en contra” de calquera disgregación de RENFE OPERADORA en ADIF en “pequenos chiringuitos autonómicos” que seguen o modelo análogo privatizador dos entes ferroviarios cataláns e bascos, hoxe en proceso de venta a construtoras e empresas privadas de servizos e, como sempre; defenderá a integridade de Renfe como única empresa, defendendo incluso a reversión de ADIF para o entorno empresarial de RENFE.

VÍDEO ACTO PÚBLICO SOBRE A REFORMA DA ADMINISTRACIÓN LOCAL DO PP

Vídeo do 82º Aniversario da II República (1931-2013)

ESQUERDA UNIDA DE VIGO SÚMASE A XORNADA DE LOITA INTERNACIONAL POLA LIBERDADE DE “ALFON “ ÚNICO DETIDO POLA FOLGA XERAL DO 14 DE NOVEMBRO

A concentración de Vigo será mañá venres 28 ás 18 horas no M.A.R.C.O.

alfon_vigoESQUERDA UNIDA súmase á concentración días despois de que Deputados do Grupo Parlamentario de EU, ICV-EUiA, CHA, xunto a algúns representantes das formacións integradas no Grupo Mixto, arrouparan na porta do Congreso dos Deputados a lectura dun manifesto de apoio a Alfonso “Alfon” Fernández, o único detido durante a folga xeral do pasado 14 de novembro que continúa en prisión, concretamente no cárcere madrileño de Soto del Real.

O manifesto foi lido por Elena Ortega, nai de “Alfon”, que enunciou que o mozo “continúa en prisión preventiva, e nun tratamento de excepcionalidade aplicóuselle o réxime FIES 5, un protocolo carcelario de illamento e control totalmente ilegal”. Todos o deputado/as presentes adheríronse a este manifesto, entre eles os de EU, entre os que estaban Cayo Lara, José Luís Centella, Gaspar Llamazares, Ascensión das Heras, Joan Josep Nuet, Ricardo Sixto e Alberto Garzón, ademais do parlamentario/as que completan o resto de formacións do Grupo de EU, ICV-EUiA, CHA e do Grupo Mixto.

Llamazares, portavoz de EU na Comisión de Xustiza, informou de que todos eles, ademais do Grupo do PNV e do Grupo Socialista “este último non quixo sumarse á protesta na beirarrúa do Congreso-, remitiron senllas cartas ao ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, e ao fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres Doce, esixindo a posta en liberdade de Alfonso Fernández.

Ademais, algúns destes parlamentarios aproveitaron a súa quenda de intervención no Pleno en relación a outras cuestións para facer alusión a este tema e facer visibles os adhesivos en solidariedade con “Alfon” que levaban no peito.

Alfonso Fernández foi arrestado o 14 de novembro na porta da súa casa cando se dispuña a participar nun piquete informativo. Tamén se detivo á súa compañeira, aínda que 72 horas máis tarde foi posta en liberdade con cargos. El foi enviado a prisión acusado de “alarma social”, segundo lembrou a súa nai.

A familia de “Alfon” considera que a súa figura se está utilizando para “dar unha lección” a todos os que levan meses saíndo á rúa para defender os dereitos sociais. “Non toleramos esta represión nin esta criminalización propia de tempos pasados e cuxo obxectivo é atemorizar, ameazar ou asustar para que os colectivos se desmovilicen a causa do medo”, advertiu.

Elena Ortega agradeceu a colaboración a todas as formacións que lle axudou para trasladar esta reivindicación ás portas do Congreso e tamén no interior cos adhesivos de apoio.

No escrito dirixido ao ministro do Interior, o parlamentario/as asinantes sinalan que “despois dun mes prisión preventiva cremos que chegou o momento da súa liberación inmediata, dado que existe arraigamento e, por tanto ningún risco de fuga”. Indican tamén que todo este proceso pode “pór en cuestión os dereitos civís da cidadanía” e que se está substituíndo paulatinamente “o Estado social e democrático de dereito por un Estado penal e policial”.

%d bloggers like this: