RUBÉN PÉREZ, ESQUERDA UNIDA: “OS QUE DIN ESTAR EN CONTRA DOS CENTROS COMERCIAS COMO PORTO CABRAL, QUE PRESIONEN NO PLENO E EN XERENCIA DE URBANISMO PARA ANULAR O PLAN DE LIÑEIRIÑOS NO PXOM

Para EU é imprescindible anular o actual PXOM e redactar un novo pero, no entanto, comprería erradicar do mesmo o seu proxecto estrela, no seu día considerado o pulmón do PXOM polo equipo redactor de Consulora Galega contratada polo goberno do BNG.

EU considera, oportunismo puro e duro, defender a non presencia do proxecto de Eurofund en Cabral e seguir apostando polo PXOM que o permite. A irresponsabilidade de non artellar no seu día unha protección especial ao monte comunal de Cabral están a sufrila agora os veciños e veciñas da parroquia.

EU non entende porque ao monte comunal de Cabral non se lle pode asignar a mesma figura urbanística que outros montes do concellos, hoxe protexidos do urbanismo, no PXOM vixente.

Rubén Pérez lembra que este foi un dos motivos polos que ESQUERDA UNIDA denunciou o PXOM de Vigo e foi incluído no INFORME AUKEN do PARLAMENTO EUROPEO como exemplo de  que  “España sufriu unha destrución masiva na última década, xa que o cemento e o formigón saturaron esas rexións…o que constitúe unha perda tráxica e irreparable da súa identidade e legado culturais, así como da súa integridade ambiental, e todo iso principalmente pola avaricia e a conduta especulativa dalgunhas autoridades locais e membros do sector da construción que conseguiron sacar beneficios masivos destas actividades, ” que “todas as administracións, central, autonómicas e locais foron responsables de pór en marcha un modelo de desenvolvemento insostible” e que certa lasitude nos procesos xudiciais, non só complicou o problema, senón que tamén xerou unha forma endémica de corrupción”.

O propio informe AUKEN denuncia, como consideramos que pasa no caso de Liñeiriños “a falta de actuación e parcialidade da xustiza española” e que “hai moitos casos de terreos protexidos, ou terreos que deberían protexerse en vista da súa vulnerable biodiversidade, que se desclasifican e reclasifican, ou non se clasifican en absoluto, precisamente para permitir a urbanización da zona en cuestión”.

Denuncia que “as irracionais e cobizosas suposicións dos promotores inmobiliarios e urbanizadores, dan agora paso a unha terrible recesión no país” que “miles de asalariados do sector da construción que agora se enfrontan ao desemprego por culpa das políticas urbanísticas insostibles que se seguiron “, que “este modelo de crecemento ten consecuencias negativas tamén sobre o sector turístico” e que se trata dun modelo espoliador dos bens culturais”.

Esquerda Unida reúnese con “Outro Vigo é Posible”

Esq. a der.:Eva Solla (nº2 EU por Vigo), Alexandre (OVEP), Rosario (OVEP), Esteban (OVEP), Rubén Pérez (Candidato de EU), Manolo Garrido (EU)

 

O pasado venres día 25 de Marzo de 2011 celebrouse unha reunión entre EU Vigo e representantes da Asociación “Outro Vigo é Posible”. Asistiron  Rubén Pérez, candidato de EU ás vindeiras eleccións municipais, Eva Solla, nº2 da candidatura, e Manuel Garrido, responsable da Área de Movementos Sociais. Por parte de “Outro Vigo é posible” acudiron Esteban, Rosario e Alexandre.

Os membros de “Outro Vigo é posible” presentaron o seu “Decálogo de Xestión para o Concello de Vigo”, valorado positivamente polo candidato Rubén Pérez, que sinalou que EU coincide en gran medida con varias medidas de dito decálogo, tales como a necesidade de redacción dun novo PXOUM que incumple claramente o informe AUKEN presentado no Parlamento Europeo no ano 2009.

Igualmente, Rubén Pérez sinalou coincidencias na necesidade de descentralizar o municipio; a oportunidade de instaurar uns presupostos participativos; a urxencia de implantar de maneira efectiva a Área Metropolitana, renegociando os servizos, sendo preferentemente de carácter público…e tamén que é menester para a cidade contar cun tranporte público sostible, diverso e eficaz entre outros puntos.

Por último, EU Vigo felicitou a labor da asociación Outro Vigo é Posible e invitounos a seguir colaborando na elaboración colectiva do programa de EU Vigo de cara as municipais.

Willy Meyer esixe a Zapatero que asuma as conclusións do Informe Auken

Málaga, 3 de xuño de 2009. Willy Meyer ofreceu esta mañá en Málaga unha rolda de prensa na que tamén participaron a candidata Elena Benítez, o coordinador andaluz Diego Valderas e o coordinador xeral de IU, Cayo Lara. Valderas comentou facendo referencia ao debate emitido onte por Canle Sur sinalando que nel “EU puxo no seu sitio ao PP e ao PSOE porque nós falamos de Europa”. O parlamentario andaluz sostivo que EU está comprometida cos agricultores polo que defenderá unha reforma da PAC. Tamén expuxo o compromiso de con a ordenación sostible do territorio, sinalando que PP e PSOE en Málaga, están cos especuladores e cos corruptos.

Meyer emprazou a Zapatero a asumir as conclusións do informe Auken, que condena o modelo de desenvolvemento económico baseado no ladrillo dominante aínda en España durante a presidencia española da UE. Para o eurodiputado é unha oportunidade para “tomar o pulso” a Zapatero e ao cambio de modelo que propón: “se Zapatero vai en serio, verémolo en 6 meses cando asuma a presidencia da UE, e dicímolo aquí en Málaga, unha das provincias onde hai máis corrupción e atentados urbanísticos contra o medio ambiente”.

O cabeza de lista de EU recordou as propostas de moratoria presentada por EU no Parlamento Europeo, e recollida no Informe Auken que expón deter todos os proxectos urbanísticos que non respecten o medio ambiente e a petición de crear comisións de investigación para modificar as lexislacións que permitiron estes “desastres” urbanísticos e ambientais.

Meyer volveu a referirse aos datos do paro publicados onte, que na súa opinión dan a razón a IU ao demostrar que a intervención na economía é a única solución para crear posto de traballo. O candidato insistiu en que “o fundamental é a protección do millón, 33 mil parados que non teñen subsidio algún” en relación á proposta de Plan de Emprego presentada por IU no Congreso dos Deputados.

IU rexistrou unha proposición non de lei (PNL) no Congreso para paralizar os procesos de embargos

O europarlamentario estivo acompañado por Cayo Lara na súa visita a Málaga quen anunciou que IU rexistrou unha proposición non de lei (PNL) no Congreso para paralizar os procesos de embargos por falta de pagamento de hipotecas abusivas que en opinión de Lara “son a maioría”. Ao fío da PNL Lara denunciou enerxicamente que “existen un millón de vivendas sen vender en mans de banqueiros e especuladores, mentres que se desahucia e embarga a 84 mil familias traballadoras”.

Tras a rolda de prensa Meyer, Lara e Valderas visitaron aos estibadores do Porto de Málaga que na actualidade ven ameazados os seus postos de traballo por un ERE que afectaría aos 240 traballadores, que son o 100% do persoal.

Presentación do informe Auken

Acto sobre o informe Auken e o PXOM Vigo

Mañá Mércores 29 de abril, Esquerda Unida de Vigo organiza un acto para informar á cidadanía sobre o INFORME AUKEN, o demoledor informe aprobado pola Unión Europea en contra da xestión urbanística no Estado Español, no que se inclue o PXOM de Vigo como exemplo de mala xestión democrática e urbanismo insostible. O acto terá lugar ás 19:30 na Casa da Cultura (Praza da Princesa), Vigo.

auken1

Votación sobre o informe Auken (26/03/2009)

Este é o vídeo da intervención de Margrete Auken no Parlamento Europeo, e a votación sobre o informe.

O documento final do informe Auken vai conter entre a selección de peticións a formulada por Esquerda Unida sobre o PXOM de Vigo

É A ÚNICA PETICIÓN SOBRE GALICIA QUE SE ANEXA NO DOCUMENTO E FOI PRESENTADA POR ROMÁN ALONSO, COORDINADOR COMARCAL DE EU-IU DE VIGO

Ligazón do informe:

Informe Auken

O 26 de marzo o Parlamento europeo aprobou definitivamente un demoledor documento contra o urbanismo salvaxe en España, que fora previamente remitido polo Comité de Peticións o 11 de febreiro tras sesión histórica no que se acurralou ao PP e PSOE español, aliados contra este informe, rexeitáronse as emendas presentadas por estes contra o informe.

O informe, chamado Auken pola deputada que coordinou os traballos, ven de realizarse explicitamente sobre o estado español por que é o país que máis queixas se recibiron de país algún no Comité de Peticións: sobre todo por abusos cidadáns e ambientais asociados ao urbanismo salvaxe en España. En total recibíronse máis de 20.000 queixas sobre 186 temas diferentes relacionados co urbanismo en distintos puntos do territorio. Entre elas as relacionadas co Plan Xeral de Vigo e a súa aprobación e a Depuradora do Lagares e a súa ampliación presentadas no seu día por ESQUERDA UNIDA de Vigo.

O PP e PSOE uníronse contra o informe Auken no seu desesperado e desprezable intento de seguir apostando pola especulación e o urbanismo salvaxe, pechándose en banda a recoñecer o problema de fondo de España, e apostando por agrandar o buraco no que nos meteron, no canto de sacarnos del cun cambio radical de modelo económico, que en ningún caso estase pondo en marcha.

O texto definitivo denuncia que “España sufriu unha destrución masiva na última década, xa que o cemento e o formigón saturaron esas rexións…o que constitúe unha perda tráxica e irreparable da súa identidade e legado culturais, así como da súa integridade ambiental, e todo iso principalmente pola avaricia e a conduta especulativa dalgunhas autoridades locais e membros do sector da construción que conseguiron sacar beneficios masivos destas actividades, ” que “todas as administracións, central, autonómicas e locais foron responsables de pór en marcha un modelo de desenvolvemento insostible” e que certa laxitude nos procesos xudiciais, non só complicou o problema, senón que tamén xerou unha forma endémica de corrupción”.

Denuncia “a falta de actuación e parcialidade da xustiza española” e que “hai moitos casos de terreos protexidos, ou terreos que deberían protexerse en vista da súa vulnerable biodiversidade, que se desclasifican e reclasifican, ou non se clasifican en absoluto, precisamente para permitir a urbanización da zona en cuestión”

Denuncia que “as irracionais e codiciosas suposicións dos promotores inmobiliarios e urbanizadores, dan agora paso a unha terrible recesión no país” que “miles de asalariados do sector da construción que agora se enfrontan ao desemprego por culpa das políticas urbanísticas insostibles que se seguiron “, que “este modelo de crecemento ten consecuencias negativas tamén sobre o sector turístico” e que se trata dun modelo espoliador dos bens culturais”.

Esixe que “as autoridades rexionais competentes deben suspender e revisar todos os plans urbanísticos novos que non respectan os criterios rigorosos de sustentabilidade ambiental e responsabilidade social” e que “deteñan e anulen todos os desenvolvementos urbanísticos en curso que non respectaron ou aplicado os criterios establecidos polo Dereito comunitario”. Afirma que “Os novos proxectos urbanísticos que non observen a sustentabilidade ambiental, a responsabilidade social e os dereitos dos propietarios lexítimos deberían suspenderse e revisarse”.

Esixe ao estado español e a Autonomías “que se deroguen todas as figuras legais que favorecen a especulación, talles como o axente urbanizador” que “leven a cabo unha profunda revisión de toda a lexislación… con obxecto de pór fin aos abusos dos dereitos”, que “desenvolvan unha cultura da transparencia… impulsar mecanismos de información e participación cidadá efectivos” e “que establezan mecanismos xudiciais e administrativos operativos” e á súa vez “Insta ao Goberno español a realizar un debate público”

Denuncia que “hai moitos casos nos que urbanización masiva incorporou elementos do financiamento europeo” e insta á Comisión Europea a “interromper a provisión de fondos estruturais, e … suspender devandita dotación a un Estado membro” e a “colocar en reserva os fondos destinados a políticas de cohesión”.

Á súa vez afirma que “os promotores que celebraron contratos de cuxa ilegalidade deberían ter coñecemento non deben ter dereito a compensación”. Nese sentido denuncia o dobre raseiro da aplicación da Lei de Costas, que se aplica desapiadadamente contra cidadáns indefensos pero non contra promotores. O Informe esixe que se aplique con contundencia contra os promotores de grandes desenvolvementos que incumpren a norma e con cautela no caso de cidadáns indefensos.

Adxuntamos pasquin informativo que EU-IU vai repartir na cidade de Vigo, e o informe Auken:

Pasquin informativo
pdf

Informe auken
pdf

%d bloggers like this: