MAREA DE VIGO DENUNCIA QUE CENTOS DE FINCAS DO RURAL VIGUÉS ESTÁN PAGANDO IBI AO CAMBIAR O VALOR CATASTRAL

logowebMAREA considera que esos terreos deben voltar a calificación de rústicos nos delimitados sen planificación e pide ao Concello que interveña de oficio ante a oficina provincial do catastro para que centos de fincas volten a situación anterior.

MAREA DE VIGO denuncia que a revisión dos valores catastrais e tipos aplicables, están xerando un incremento importante do recibo do IBI, que se observou extraordinariamente nos terreos de chan urbanizable sectorizado, que de rústico, pasaron a tributar como urbano nas parroquias do rural vigués.

O voceiro do grupo municipal da MAREA DE VIGO, Rubén Pérez, informou hoxe que “a sentenza 2159/2014 do Tribunal Supremo, Sala do Contencioso-Administrativo, da a razón a un recurso fronte a unha previa resolución do tribunal económico-administrativo daquela Comunidade Autónoma, declarando que, a efectos catastrais, os terreos urbanizables sectorizados carentes de instrumento de desenvolvemento aprobado tributarán como rústicos. Non é, nin moito menos, a única decisión xudicial favorable aos contribuíntes recaída ultimamente, pois xa outros Tribunais Superiores de Xustiza pronunciáronse en similares termos.

MAREA DE VIGO pide que o Concello de Vigo pase a intervir de oficio ante a Xerencia Territorial do Catastro en Galicia, para que, a efectos catastrais, os terreos do termo municipal de Vigo clasificados no PXOM como urbanizables sectorizados residenciais e industriais -que carezan de instrumento de plan de desenvolvemento aprobado- pasen a contribuír como bens inmobles de natureza rústica, deixando de facelo na súa inapropiada condición de urbanos, instando a tal fin os procedementos administrativos e tributarios que foran precisos.

MAREA DE VIGO PRESENTARÁ EMENDAS ÁS ORDENANZAS FISCAIS EN VIGO PRIORIZANDO CRITERIOS DE RENDA E PROGRESIVIDADE

Concello_de_VigoO voceiro municipal de MAREA DE VIGO, Rubén Pérez, denuncia que o groso dos impostos aumentan moi por enriba dos salarios dos traballadores e traballadoras e lembra que a suba salarial media pactada foi ata xuño de 2015 dun 0,73%, polo que unha suba de 1,1% supón de facto unha perda de poder adquisitivo dos vigueses e viguesas.

MAREA DE VIGO prepara esta semán as emendas ás ORDENANZAS E TAXAS para 2016 a través de ferramentas participativas, coa convocatoria do grupo de traballo institucional que é aberto á cidadanía. As propostas recollidas serán defendidas polo grupo municipal no seguinte pleno de setembro onde serán aprobadas as modificacións ás ordenanzas e taxas públicas.

Rubén Pérez, lembra que de acordo coa defensa dun sistema tributario progresivo, que teña como referencia o feito de que “quen máis ten máis pague”, a MAREA DE VIGO non defende unha rebaixa de impostos realizada “con carácter electoralista” que propón para este ano o Partido Popular, e lembra que anteriores rebaixas “beneficiaron de xeito análogo a quen máis ten” en vez de ponderar por renda os impostos para evitar agravios evidentes.

En relación co Imposto de Bens Inmobles, MAREA DE VIGO estuda fórmulas para establecer unha recarga do 50% no recibo deste imposto ás vivendas permanentemente desocupadas que non se integren nun plan público de aluguer, a ampliación dos beneficios fiscais a todas as vivendas protexidas a partir do 4º ano, a incorporación de bonificacións para as vivendas que incorporen sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar, ou o establecemento de porcentaxes de bonificación en función da renda familiar a familias numerosas e novas.

O grupo de traballo institucional da MAREA DE VIGO estuda tamén unha proposta para que se pague o IBI por edificios propiedade da Igrexa católica que non sexan patrimonio histórico-artístico nin teñan un uso para o culto ou educación.

En relación ao Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, ademais da progresividade, MAREA DE VIGO estuda propoñer bonificacións para vehículos híbridos, de motor eléctrico e/ou emisións nulas; mentres que co Imposto de Construcións, buscaríase priorizar o aluguer fronte á compra ou establecer bonificacións tamén en materia da renda familiar para aqueles que fagan obras que favorezan o acceso e habitabilidade de persoas con diversidade funcional.

Na súa proposta sobre fiscalidade, MAREA DE VIGO estuda medidas sobre prezos públicos que xa deu a coñecer nos últimos días, como tramos de gratuidade ou custo simbólico na Escola Infantil; ou que as asociacións inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello estean exentas de pago á hora de usar espazos culturais.

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE O PSOE EN VIGO AMPARA O MODELO SANITARIO DO PP AO FACILITAR AUGA E LUZ AO NOVO HOSPITAL SEN GARANTIR A XESTIÓN PÚBLICA DO SERGAS.

novo_hospitalEU sigue defendendo que mentres non se garanta a titularidade 100×100 pública do centro hospitalario e dos servicios sanitarios polo SERGAS o Concello non debe proceder a realizar a obra de conexión de auga e luz. O coordinador local de EU, Rubén Pérez, considera que facelo “en comandita co PP é asumir o seu modelo sanitario fracasado en outras comunidades como Madrid e Valencia”.

Para EU a exención que marca o artigo 5.1.i da ORDENANZA MUNICIPAL quedaría sen efecto ao tratarse dun centro cunha titularidade do SERGAS discutible e pide que se lle cobre IBI ao centro hospitalario.

Tamén subliña Esquerda Unida que O Novo Hospital de Vigo é unha infraestructura Sanitaria que ten como finalidade a satisfación das necesidades de atención sanitaria da poboación do área de saúde de Vigo, e que esta vaise a realizar mediante explotación de dita infraestructura sanitaria por parte da empresa privada. Esta explotación é sobre a totalidade do NHV e non só a prestación de servizos non clínicos, tal como se indica na lexislación relativa aos contratos.

EU tamén considera que, para que ningunha empresa privada se beneficie dos beneficios que se conceden aos equipamentos sanitarios públicos debería modificarse a actual ordenanza municipal sobre o IBI coas seguintes actuacións:

1. Solicitar a modificación da ordenanza fiscal do IBI, no artigo 5.1.i que di: “Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario”

Quedando como segue:

i) Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario e sexan explotados polo SERGAS.

Todas estas medidas, para ESQUERDA UNIDA, deberían ser eventuais mentras non se produce un cambio político que permita revertir ao público o novo complexo hospitalario.

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE NO SUSTANTIVO A POLÍTICA FISCAL DO GOBERNO MUNICIPAL DO PSOE E DO PP É SEMELLANTE

Concello_de_VigoO coordenador local de Esquerda Unida, Rubén Pérez considera que non sorprende en absoluto o voto favorable do PP ás tasas municipais xa que non hai máis que “unha líña sucesoria” nas políticas fiscais aplicadas no Concello de Vigo dende vello.

EU considera que as tasas de telefonía, as aplicadas aos caixeiros na rúa, tiñan que ser aplicadas de xeito serio e riguroso xa fai anos cando existían aumentos considerables destas infraestructuras. Tempo tiveron os gobernos do PSOE, BNG e PP para artellar unha recadación estable e acorde aos beneficios das entidades que empregan o espazo público.

EU considera que sigue sin tocarse “a nai de todos os problemas” que é o IBI e que ten que servir para incrementar as arcas municipais en base aos que empregan a vivenda como propiedade especulativa. EU seguirá defendendo establecer recargas no IBI de vivendas e solares baleiros (24.000 na nosa cidade) que irán do 100 ao 200% en función do tempo de retención do ben. E polo mesmo motivo gravar a retención do chan urbano privado con fins especulativos.

Esquerda Unida considera que seguimos tendo un financiamento de Taxas e Prezos Públicos que non van vinculados a discriminación e estímulos negativos ou positivos a certos consumos ou certa progresividade reflexo da capacidade económica do contribuínte. Do mesmo xeito para EU siguese sen aplicar bonificacións no IBI ás familias numerosas en función do valor catastral das vivendas e do número de membros da unidade familiar.

O coordenador local de EU considera que o Concello de Vigo ten que “empregar as posibilidades que nos outorga a lexislación para penalizar a especulación a través de incrementos dos tipos a aplicar no imposto de plusvalía nos alleamentos que se produzan nos primeiros anos de tenencia da propiedade” feito que acontece de xeito especial na nosa cidade trala aprobación do actual PXOM .

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): A CONXELACIÓN DE TAXAS EN VIGO É INSUFICIENTE XA QUE NON COMPENSAN AS BRUTAIS SUBIDAS ENTRE OS ANOS 2010 E 2013

O coordenador local de EU, Rubén Pérez, lembra que en a finais de 2011 PSOE e BNG aprobaron no pleno unha subida das tasas nun 3,8%, máis dun punto por enriba da inflacción real, e este incremento sumouse no caso do IBI ao 10% aprobado polo goberno mediante real decreto.

Os salarios teñen decrecido de media en Vigo neste período un 6% polo que plantexar exclusivamente unha conxelación afunda na perda de poder adquisitivo dos vigueses e viguesas.

EU considera que sendo o IBI máis do 40% dos ingresos de taxas (case o 26% da totalidade de ingresos nos orzamentos municipais) cómpre actuar sobre este imposto de maneira decidida polo que EU propón un INCREMENTO DUN 100% NO IBI DAS VIVENDAS DESOCUPADAS (entendendo esta como a inexistencia de consumos de auga e luz durante máis de 2 anos) así como INCREMENTAR O IBI nas vivendas de valor catastral superior aos 100.000 euros.

Esquerda Unida propón que se incorpore a figura do aprazamento sine die nos pagos fraccionados da débeda no encanto o suxeito pasivo se atope no desemprego ou perciba uns ingresos inferiores ao SMI. Na actual situación excepcional de crise, os poderes públicos teñen que ser particularmente sensibles as situacións de desemprego e falla de recursos.

EU tamén propón penalizar fiscalmente aos propietarios de solares urbanos consolidados que non cumpren co deber de edificar cun alza de até o dobre da cota do IBI. No mesmo senso, imos penalizar fiscalmente aos propietarios que incumpran o deber de conservar os seus inmobles para provocar a declaración de ruína, decuplicando a taxa cando é o propietario quen a promove.

Do mesmo xeito EU considera que é posible implementar bonificacións como que os planos ou informes solicitados polas entidades sen ánimo de lucro que consten no rexistro de asociacións gocen dunha exención na súa taxa, ao obxecto de facilitar o dereito e o acceso a información por parte do tecido asociativo cidadá.

Esquerda Unida entende que as nosas achegas lle entregan as ordenanzas fiscais un perfil  que incide en facelas máis atentas aos sectores sociais especialmente  golpeados pola crise, asemade de avanzar no campo da progresividade fiscal, isto é, que pague máis quen máis ten.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE A CONXELACIÓN DAS TAXAS AS PAGAREMOS IGUALMENTE OS VIGUESES MEDIANTE O ABONO DA DIFERENCIA ÁS CONCESIONARIAS POR PARTE DO CONCELLO.

O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, lembra que concesionarias como VITRASA exixen sempre o pago da diferencia das reducións de prezo que aplica o concello e lembra os casi 11 millóns de euros que o concello paga a Vitrasa pola redución no bono bus e lanzadeiras. Esquerda Unida considera que non tocar o IBI que supón case o 50% dos ingresos que o Concello recibe no CAPÍTULO I (IMPOSTOS INDIRECTOS) e que subiu un 13,8% no último ano indica que a conxelación das taxas é puro maquillaxe. Fai un ano BNG e PSOE aprobaron un inaudito 3,8 de subida cun efecto nas familias que, aínda con esta conxelación, non se consigue amortecer.

O coordenador local de EU, Rubén Pérez, considera que o prioritario avanzar en bonificacións reais nas ordenanzas municipais, evitando reducións xerais en prezos que aplican tanto ao que ten unha renda alta como o que está desempregado. Sendo certo que existen bonificacións nas tasas de lixo para EU deben aplicarse igualmente para o IBI e as taxas de aproveitamento da vía pública que deberían taxarse polos libros de contabilidade dos negocios evitando un fin lucrativo da vía pública sen control algún.

A taxa do lixo por exemplo, supón unicamente o 7,58% dos ingresos do Concello no capítulo III e foron incrementadas xa en setembro de 2011 nun 3,8% por acordo do BNG e do PSOE, un incremento moi por enriba do IPC que agora non amortigua a conxelación da mesma.

EU considera prioritario unha política de taxas no concello orientada a bonificar á situación persoal e económica das familias, estender a bonificación do 100×100 ás familias con todos os membros en situación de desemprego e defender dende a FEMP un avance na participación dos concellos na recadación fiscal ate acadar o 33%

 

ESQUERDA UNIDA PIDE QUE AO NOVO HOSPITAL DE VIGO SE LLE COBRE O IBI A NIVEL MUNICIPAL COMO A TODAS AS EMPRESAS PRIVADAS

Para EU a exención que marca o artigo 5.1.i da ORDENANZA MUNICIPAL quedaría sen efecto ao tratarse dun centro cunha titularidade do SERGAS discutible.

ESQUERDA UNIDA sigue considerando prioritario que o proxecto do novo hospital de Vigo sexa 100×100 público evitando a entrada na xestión hospitalaria do capital privado, agora ben, existe un risco máis que probable pola maioría parlamentaria do PP de que esta situación non sexa a definitiva polo que considera imprescindible artellar as medidas que impidan o “libre negocio especulativo” que moitos pretenden facer coa sanidade pública. Hai que ter en conta que no contrato de concesión do Novo Hospital de Vigo inclúense servizos sanitarios.

Tamén subliña Esquerda Unida que O Novo Hospital de Vigo é unha infraestructura Sanitaria que ten como finalidade a satisfación das necesidades de atención sanitaria da poboación do área de saúde de Vigo, e que esta vaise a realizar mediante explotación de dita infraestructura sanitaria por parte da empresa privada. Esta explotación é sobre a totalidade do NHV e non só a prestación de servizos non clínicos, tal como se indica na lexislación relativa aos contratos.

Igualmente considera que no convenio asinado entre o Concello de Vigo e o SERGAS, no punto setimo especificase que o concello executará as infraestructuras, pero unha cousa é executar e outra pagar, polo que o concello se vexa na obriga de executalas, os costes o deberían ser satisfeiton pola empresa que vai a explotar a totalidade do Novo Hospital De Vigo. Ningún Concello debería poñer gratuítamente infraestructuras a inversores privados.

EU tamén considera que, para que ningunha empresa privada se beneficie dos beneficios que se conceden aos equipamentos sanitarios públicos debería modificarse a actual ordenanza municipal sobre o IBI coas seguintes actuacións:

1. Solicitar a modificación da ordenanza fiscal do IBI, no artigo 5.1.i que di: “Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario”

Quedando como segue:

i) Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario e sexan explotados polo SERGAS.

Todas estas medidas, para ESQUERDA UNIDA, deberían ser eventuais mentras non se produce un cambio político que permita revertir ao público o novo complexo hospitalario.

%d bloggers like this: