MAREA DE VIGO LÉMBRALLE A ABEL CABALLERO QUE PARA TER O “AVE” POR CERDEDO O PRIMEIRO QUE HAI QUE FACER É QUITAR AO PP DO GOBERNO, XA QUE LEVA ANOS BLOQUEANDO AS INVERSIÓNS.

Rubén Pérez: “Abel Caballero e a xestora do PSOE son culpables de que goberne un PP que bloquea 4000 emendas da oposición, algunha delas garantían a conexión de alta velocidade co eixo atlántico.”

Tal e como xa explicou a propia Senadora de En Marea, Vanesa Angustia, á que a Marea de Vigo apoia no traballo feito sobre esta moción; “En Marea non votou en contra de que se rematen as obras do AVE a Galicia en prazo e forma. O grupo aportou 12 propostas nas súas emendas á moción do PSOE no Senado co ánimo de consensuar un texto final coa intención de pactar un acordo sobre as infraestruturas galegas, nas que entraba o remate das obras do propio AVE.”

Desde a Marea de Vigo, de igual forma, tamén se lamenta que o PSOE acordase co PP unha proposta que simplemente recoñece o que xa estaba planificado, limitando as aspiracións de Galicia en materia de infraestruturas, “non reflectindo, por exemplo, a relevancia e defensa do tren de cercanías, sendo este un medio de comunicación esencial para a cidadanía galega” matiza Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo.

Marea de Vigo pídelle ao alcalde de Vigo, que, á marxe de promover concertos reivindicativos partidarios que non van arranxar absolutamente ningunha cuestión sobre o AVE, faga política real e trate de incidir nas decisións que toma o seu partido con respecto ás infraestruturas e sobre o propio AVE, preguntándolle os motivos polos o PSOE aliouse co PP para aprobar unha moción que, horas mais tarde é rexeitada polos seus socios na mesma comisión de Fomento do propio Senado.

Quizais é que estes motivos son os mesmos polos que o PSOE apoiou ao PP para estar hoxe no goberno e os mesmos polos que, iso si, o propio alcalde de Vigo apoia abertamente nunhas primarias á máxima expresión da defensa do pacto PP/PSOE.

Por tanto, calquera afirmación na liña da non defensa dos intereses da veciñanza viguesa por parte da Marea de Vigo, é rotundamente falsa, e só responde a campañas que poderíanse cualificar de “goebbelianas” por parte do alcalde de Vigo, ao que se lle pide, unha vez mais, coherencia e co-responsabilidade con respecto ás políticas e decisións que leva a cabo o seu partido.

O CONSELLO NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA APROBA O DOCUMENTO DE “MUNICIPALISMO NO PROCESO DE UNIDADE POPULAR E REBELIÓN DEMOCRÁTICA” E O CALENDARIO DE PRIMARIAS DE CARA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE 2015

cpnO consello nacional de Esquerda Unida, máximo órgano de dirección entre asembleas, reunido hoxe en Compostela, vén de aprobar o documento marco de cara ás eleccións municipais enmarcado nun contexto de emerxencia social e excepcionalidade democrática, que require de xenerosidade e intelixencia colectiva de todas aquelas forzas políticas, movementos sociais e cidadanía que propugnan un cambio profundo de radicalidade democrática e, xa que logo, da unidade popular para derrotar ao bipartidismo e transformar as institucións co protagonismo absoluto da maioría social.

Neste senso o Consello Nacional de Esquerda Unida ratifica a vontade e a necesidade de reforzar AGE como elemento aglutinador dos procesos de cambio, que tamén aparecen reflectidos nos movementos de confluencia cidadá que están a xurdir ao longo do país.

O Consello Político Nacional aprobou o calendario do proceso de primarias para elexir ás candidatas e candidatos que representarán a Esquerda Unida nas vindeiras eleccións municipais do 2015, coincidindo coas primarias de IU a nivel estatal.


Este consello tamén aprobou o programa marco “Municipalismo de esquerdas para unha alternativa constituínte republicana”
que Esquerda Unida presentará ante os colectivos e movementos sociais, os verdadeiros protagonistas do proceso constituínte, co obxecto de recoller as súas propostas de cara á elaboración dun programa participativo.

Ao longo da tarde, Esquerda Unida celebra unha xornada de traballo sobre as dinámicas de confluencia e transformación do mapa político hoxe dominante que marca unha tendencia en aumento da fin do bipartidismo. Para elo contamos coa presenza de Lara Hernández (responsable Federal de converxencia) e Ramón Luque (responsable Federal da secretaría executiva de acción política).

GALICIA CONTRA A TROIKA

galicia contra a troika

A EDUCACIÓN: UN DEREITO NA ENCRUCILLADA

Cartel Ensino

O GOBERNO RESPONDE A ESQUERDA UNIDA QUE BARRERAS TEN QUE SOMETERSE ÁS “SOLUCIÓNS DE MERCADO” E DESCARTA A INTERVENCIÓN PÚBLICA NO ASTELEIRO

barreras-astillero-vigo--644x362O goberno contestou á pregunta remitida por Esquerda Unida de Vigo en maio de 2013 solicitando a nacionalización do asteleiro e a declaración de sector estratéxico e sistémico do sector naval e descarta intervir como así o fixo na banca ao entender que esta si ten un carácter sistémico e o sector naval non

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo, considera que o goberno efectivamente ten renunciado a dar a batalla por un sector naval en Galicia e no estado e que a propia resposta do goberno, amparandose no artigo 107.1 do Tratado de Funcionamento da UE amosa que “admite que o modelo actual de construcción europea é incompatible coa defensa dos sectores productivos xeneradores de emprego en Galicia”

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo, sigue considerando que o goberno ten que tomar todas as medidas necesarias para salvagardar os intereses públicos e o ben xeral evitando que o diñeiro público invertido nesta empresa e o esforzo fiscal de quitas e axudas acabe sendo pasto de intereses alonxados do interese xeral.

O coordinador local de EU considera “indignante” que a solución que a Xunta ten para un asteleiro que no seu día foi público sexa a venta a unha multinacional mexicana e considera que ao igual que fai Francia e Holanda teríamos seriamente que enfrontarnos á lexislación europea en materia de presencia pública no sector da construción naval. Pide que se tomen medidas de “urxencia estratéxica” como en Francia está facendo o goberno cos asteleiros TX en Saint-Nazaire, especializados en cruceiros, que o goberno pretende nacionalizar “aínda contravindo as leis europeas” para salvagardar a “industria estratéxica do país”

EU defende que o goberno central actúe defendendo o artigo 128 da constitución española que dí:
“Toda la riqueza del país en sus distintas formas y sea cual fuere su titularidad está subordinada al interés general. Se reconoce la iniciativa pública en la actividad económica. Mediante ley se podrá reservar al sector público recursos o servicios esenciales, especialmente en caso de monopolio y asimismo acordar la intervención de empresas cuando así lo exigiere el interés general.”

ADXUNTAMOS REPOSTA DO GOBERNO Á PREGUNTA DE ESQUERDA UNIDAICONO PDF

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA) “QUEN DEFENDE A EUROPA DE MAASTRICH TAMÉN DEBERÍAN SER CONSIDERADAS PERSOAS NON GRATAS EN VIGO”

Para ESQUERDA UNIDA é o tratado o que permite á Comisión Europea a coordinación das políticas industriais dos países membros. Lembra que o artigo 157, modificado no Tratado de Niza, deixou en evidencia que o sector naval en Galicia non interesa o máis mínimo a Bruselas.

Rubén Pérez, coordinador local de ESQUERDA UNIDA consideran que Almunia namentres actúa en base a asunción do PSOE e do PP destas políticas herdeiras dun modelo de construción europea profundamente inxusto e con diverxencias industriais máis que notorias; permite a gobernos manter e incluso alimentar con cartos públicos industrias que consideran estratéxicas (sector naval, aceiro e mesmo carbón…) e condena ao estado español a facelas desaparecer en aras dunha converxencia ficticia.

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A “CHAPUZA” DO TREN QUE UNE VIGO E PORTO E TRASLADA AO CONGRESOS DOS DEPUTADOS UNHA PREGUNTA Á MINISTRA PASTOR

EU pedirá explicacións á ministra de fomento ante os atrasos desta liña inaugurada fai uns meses e lembra que o tren CELTA é un tren antigo (ten máis de 30 anos) e simplemente foi repintado.

Tren CELTAO coordinador local de EU cualifica de “chapuza” o plantexamento de redución de tempo nesta liña baseándose exclusivamente no feito de que “xa non para en ningunha estación intermedia entre Vigo e Porto” o que é a todas luces a condena de este tren a inoperatividade.

EU pon como exemplo da falla de planificación o feito de que o tren ten que facer parada obrigatoria en Valença do Minho para recoller ao persoal que opera o tramo en territorio portugués e sen embargo non pode recoller pasaxeiros.

Esquerda Unida pedirá á ministra de fomento que reconsidere xunto co seu homólogo portugués a mellora da conexión Vigo-Porto mediante novo tren con paradas nas localidades habituais e con mellora e electrificación da vía. O resto, “son manobras publicitarias sen operatividade real”.

%d bloggers like this: