Esquerda Unida inicia este luns unha campaña de apoio á folga xeral no ensino do 24 de outubro co reparto de miles de octavillas na comarca de Vigo

lomcenonEsquerda Unida secundará as accións convocadas pola comunidade educativa como resposta aos recortes e fronte á contrarreforma educativa do PP, apoiando e participando activamente na folga xeral do 24 de outubro, e iniciará unha campaña de actos informativos e reparto de panfletos.

As mobilizacións que se levarán a cabo en todo o Estado son o froito do acordo dos distintos sectores da comunidade educativa contra unhas políticas de marcado carácter mercantilista que teñen como obxectivo converter a escola pública en subsidiaria da privada: a baixada do investimento en educación; a diminución de bolsas e bolseiros/as; a caída das prazas de profesorado; a eliminación das axudas para adquirir libros de texto ou a redución das bolsas de comedor son boa proba disto.

Aos recortes orzamentarios súmase a teima do ministro Wert, cos azos da patronal do ensino privado e o poder eclesiástico, en levar adiante a LOMCE malia o rexeitamento dun amplo sector da comunidade educativa. Dende Esquerda Unida denunciamos que a aplicación desta lei suporá o desmantelamento do modelo de ensino público que se foi conquistando durante décadas e a súa paulatina substitución por un sistema mercantilista, antidemocrático, centralista e regresivo.

EU segue sendo fiel ao seu irrenunciable compromiso coa escola pública e continuará a traballar, nas institucións e na sociedade, na defensa dun modelo de educación inclusivo, igualitario, laico, de calidade, gratuíto e democrático. Perante o maior ataque ao ensino público, demandamos a maior concentración de forzas. Por isto valoramos positivamente a convocatoria unitaria de folga, aínda que lamentamos que esta unidade non se dea nas mobilizacións programadas para o 24 de outubro. Pedímoslle á sociedade unha participación masiva en todos os actos programados pola defensa do futuro do noso país, que é a educación das nosas fillas e fillos.

ESQUERDA UNIDA SÚMASE Á FOLGA XERAL DO SECTOR NAVAL PRIVADO DE MAÑÁ DÍA 20 DE XUÑO

O coordenador local de EU Vigo, Rubén Pérez, participará na concentración de traballadores e traballadoras do sector que sae ás 9:30 horas da porta do asteleiro Barreras.

barreras-astillero-vigo--644x362Pola súa banda, o responsable de emprego da executiva nacional de EU e parlamentario de AGE, Juan Fajardo, que participará na concentración de traballadores do sector Asturias, considerou hoxe que “a situación de contínuo engano que as administracións públicas e o goberno están xenerando co sector naval” obriga de novo a parar en tódolos asteleiros privados do estado, nomeadamente na Ría de Vigo”.

Non podemos permitir, engadíu Juan Fajardo, que un sector industrial desapareza ante a inoperancia dun goberno incapaz de negociar ante Bruselas unha saída esperanzadora para as ameazas de anular o antigo sistema de bonificacións no sector naval, o “tax lease”.

EU considera positivo que de novo, como aconteceu fai uns días en Ferrol, a unidade sindical en Galicia e en todo o estado, de froitos esperanzadores para afrontar unha loita pola supervivencia do sector naval, industria que ate fai uns anos era quen de xenerar máis de 12.000 postos de traballo directo en Galicia e miles de indirectos.

Esquerda Unida sigue considerando que a aprobación dun novo tax lease fai uns meses era unha auténtica cortina de fume; xa que non garantir a legalidade do anterior (que operou entre 2002 e 2010 na construción de 273 barcos con bonificacións estipuladas entre 1700 e 2600 millóns de euros) non solucionaba nin evitaba que estas bonificacións fiscais obtidas polo “vello tax lease” non tiveran que ser devoltas por armadores e investidores feito que faría do novo tax lease unha canle non garantista para os actores operativos neste sistema: armadores, entidades financeiras e socios aportadores das Agrupacións de Interés Económico (orixe dos recursos para someter a leasing amortizable á contratación de buques.

Esquerda Unida ten manifestado en reiteradas ocasións que non nos gustaba o sistema do tax lease, que viña a ser un parche ás axudas directas da SEPI ou o fondo de garantía patrimonial de PYMAR, perseguidos dende vello pola comisión de competencia da UE.

Non nos gustaba en primeiro lugar porque era un sistema “embarullado” e que dependía finalmente de investidores especulativos e de entidades bancarias e o polo tanto nun momento de crise financeira poderían desaparecer deixando sen ferramentas de competitividade comercial aos nosos estaleiros.

EU considera que un goberno decente, con esta folga xeral, tería que desafiar abertamente á Comisión Europea como fixo Francia no 2006 e defender o lexítimo dereito a financiar públicamente a un sector estratéxico para a nosa economía como o sector naval.

ACTO PÚBLICO: 40 ANOS DA FOLGA XERAL DE VIGO DO 72

 

Cartel40FXR

ESQUERDA UNIDA DE VIGO SÚMASE A XORNADA DE LOITA INTERNACIONAL POLA LIBERDADE DE “ALFON “ ÚNICO DETIDO POLA FOLGA XERAL DO 14 DE NOVEMBRO

A concentración de Vigo será mañá venres 28 ás 18 horas no M.A.R.C.O.

alfon_vigoESQUERDA UNIDA súmase á concentración días despois de que Deputados do Grupo Parlamentario de EU, ICV-EUiA, CHA, xunto a algúns representantes das formacións integradas no Grupo Mixto, arrouparan na porta do Congreso dos Deputados a lectura dun manifesto de apoio a Alfonso “Alfon” Fernández, o único detido durante a folga xeral do pasado 14 de novembro que continúa en prisión, concretamente no cárcere madrileño de Soto del Real.

O manifesto foi lido por Elena Ortega, nai de “Alfon”, que enunciou que o mozo “continúa en prisión preventiva, e nun tratamento de excepcionalidade aplicóuselle o réxime FIES 5, un protocolo carcelario de illamento e control totalmente ilegal”. Todos o deputado/as presentes adheríronse a este manifesto, entre eles os de EU, entre os que estaban Cayo Lara, José Luís Centella, Gaspar Llamazares, Ascensión das Heras, Joan Josep Nuet, Ricardo Sixto e Alberto Garzón, ademais do parlamentario/as que completan o resto de formacións do Grupo de EU, ICV-EUiA, CHA e do Grupo Mixto.

Llamazares, portavoz de EU na Comisión de Xustiza, informou de que todos eles, ademais do Grupo do PNV e do Grupo Socialista “este último non quixo sumarse á protesta na beirarrúa do Congreso-, remitiron senllas cartas ao ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, e ao fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres Doce, esixindo a posta en liberdade de Alfonso Fernández.

Ademais, algúns destes parlamentarios aproveitaron a súa quenda de intervención no Pleno en relación a outras cuestións para facer alusión a este tema e facer visibles os adhesivos en solidariedade con “Alfon” que levaban no peito.

Alfonso Fernández foi arrestado o 14 de novembro na porta da súa casa cando se dispuña a participar nun piquete informativo. Tamén se detivo á súa compañeira, aínda que 72 horas máis tarde foi posta en liberdade con cargos. El foi enviado a prisión acusado de “alarma social”, segundo lembrou a súa nai.

A familia de “Alfon” considera que a súa figura se está utilizando para “dar unha lección” a todos os que levan meses saíndo á rúa para defender os dereitos sociais. “Non toleramos esta represión nin esta criminalización propia de tempos pasados e cuxo obxectivo é atemorizar, ameazar ou asustar para que os colectivos se desmovilicen a causa do medo”, advertiu.

Elena Ortega agradeceu a colaboración a todas as formacións que lle axudou para trasladar esta reivindicación ás portas do Congreso e tamén no interior cos adhesivos de apoio.

No escrito dirixido ao ministro do Interior, o parlamentario/as asinantes sinalan que “despois dun mes prisión preventiva cremos que chegou o momento da súa liberación inmediata, dado que existe arraigamento e, por tanto ningún risco de fuga”. Indican tamén que todo este proceso pode “pór en cuestión os dereitos civís da cidadanía” e que se está substituíndo paulatinamente “o Estado social e democrático de dereito por un Estado penal e policial”.

ESQUERDA UNIDA PIDE A IMPLICACIÓN DE TODA A SOCIEDADE VIGUESA NA FOLGA XERAL DO 14 DE NOVEMBRO

CON UN DE CADA CATRO VIGUESES E VIGUESAS DA FÓRA DO MUNDO LABORAL ESTA FOLGA XERAL DO 14N TEN QUE SER POR FORZA TAMÉN SOCIAL. NON PODE SER UNHA FOLGA ESTRITAMENTE LIGADA AOS CENTROS DE TRABALLO, OBRIGATORIAMENTE TEN QUE ESTAR SUSTENTADA NOS ESTUDANTES, XUBILADOS E PENSIONISTAS, AUTÓNOMOS, ETC..

ESQUERDA UNIDA será un catalizador social desa necesaria unión entre o mundo do traballo, da cultura, do ensino, da militancia social e veciñal para que a folga do 14N sexa un éxito do cal partir para recuperar os dereitos laborais destruídos polos sucesivos gobernos do PP e do PSOE.

ESQUERDA UNIDA felicítase da unidade sindical conquerida e pide que se fagan esforzos de seguir no traballo unitario con organizacións sindicais como a CUT, SF, STEGA, etc… que tamén van xogar un papel importante nesta convocatoria de folga.

Os deputados de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA por Pontevedra dentro da coalición ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA, Juan Fajardo e Eva Solla xunto coa militancia de ESQUERDA UNIDA, traballaran nestes días previos e no mesmo día da Folga para que a convocatoria sindical sexa todo un éxito, exercendo de xeito responsable ese mandato das urnas o pasado 21 de outubro de “parar as políticas de dereitas” que a cidadanía expresou colectivamente co seu apoio as candidaturas de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA.

ESQUERDA UNIDA participará colectivamente con pancarta propia e coa presencia de Yolanda Díaz (viceportavoz do grupo parlamentar no Hórreo) na manifestación que sairá ás 11.30 horas da Praza de España en Vigo.

ESQUERDA UNIDA, NO SEU PERCORRIDO DE REUNIÓNS COS SINDICATOS, REÚNESE COA CIG AMOSANDO O SEU APOIO A FOLGA XERAL

Esquerda Unida de Vigo manterá hoxe Mércores unha xuntanza coa organización comarcal da CIG, para trasladar o seu apoio e respaldar a FOLGA XERAL do 29 e os traballos de mobilización e información, contra un governo e unha patronal que acosan constantemente a clase traballadora e os seus dereitos e a propia convocatoria de folga. EU amosará tamén o seu desexo de superar diferencias e poder organizar coordinadamente, de xeito unitario, os traballos e esforzos contra a reformal laboral.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO CHAMA A VENCER O MEDO E AS PRESIÓNS E PARTICIPAR ACTIVAMENTE NA FOLGA XERAL DO 29 DE MARZO

O coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez fixo hoxe unha chamada a vencer o medo e as presións patronais e á participación activa dos traballadores e traballadoras na FOLGA XERAL DO 29 S.

EU considera indispensable afrontar un calendario de loita unitario ante esta reforma laboral que supón abaratar o despido, incluso facilita o despido colectivo, tamén supón o esnaquizamento da negociación colectiva, xerando nos traballadores e traballadoras indefensión ante unhas medidas draconianas que precarizan o emprego.

EU denuncia igualmente que moitas empresas de Vigo están presionando aos traballadores con amenazas en caso de secundar a convocatoria polo que lembra que estas poden ser denunciadas anónimamente en calqueira dos tres sindicatos maioritarios. O dereito democrático e constitucional á Folga, engandiu Rubén Pérez, está máis ameazado que nunca polo que a resposta ten que ser “contundente”.

ESQUERDA UNIDA lamenta que as organizacións sindicais non chegasen a un acordo de mobilización unitaria polo que anima á participar posteriormente nas manifestacións convocadas por CIG, UXT-CCOO e CUT-CGT, que entre as 11 e 12 horas do 29 trascorrerán polas rúas da cidade.

EU considera que esta convocatoria de Folga ven a ser un punto de partida, non de fin, para erradicar esta contrareforma laboral da axenda política do goberno, polo que augura un calendario extenso de mobilizacións de aqui en diante.

 

 

Secretaría de Comunicación de EU VIGO

%d bloggers like this: