MAREA DE VIGO APOIA TODAS AS INICIATIVAS DE SOLIDARIEDADE A TRAVÉS DE ASOCIACIÓNS E ORGANIZACIÓNS QUE ESTANSE A MOBILIZAR ANTE A GRAVE SITUACIÓN QUE ESTÁN A VIVIR MILLEIROS DE PERSOAS REFUXIADAS ÁS PORTAS DE EUROPA

logowebO Grupo Municipal da Marea de Vigo, así como xa moitas organizacións sociais, sindicais e políticas están facendo, condena a actitude da UE e considera que, tal e como xa aconteceu noutros momentos da historia, é a solidariedade entre os pobos e as persoas, canalizado a través de diversas organizacións de diferentes ámbitos, o único elemento de axuda real ante situacións de emerxencia vital como a que están sufrindo millóns de persoas nestes momentos, ante a nula eficiencia das institucións.

O pasado setembro do ano pasado a Marea de Vigo presentaba unha moción de urxencia para declarar Vigo cidade solidaria coas persoas refuxiadas, esta moción foi transaccionada por unha declaración institucional co apoio do Grupo Municipal da Marea. Marea de Vigo lémbralle ao goberno municipal que non desenvolveu ningún dos acordos da declaración institucional sobre as persoas refuxiadas aprobada en setembro do ano pasado e pídelle o goberno municipal a construír xa a mesa de traballo permanente que se acordou para que, entre todos os grupos articulemos as ferramentas de axuda que se poidan dar desde aquí, mesmo complementar as organizacións que xa están traballando dende fai tempo con este obxectivo. Presentar e aprobar mocións no pleno sen levar a cabo o que se aproba é unha auténtica falacia e demostra unha praxe profundamente antidemocrática non aplicando os acordos do máximo órgano de representación da cidade.

Ruben Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo di que “Estamos máis que acostumados a escoitar ao alcalde opinar sobre os máis diversos temas que non teñen nada que ver coas competencias municipais, sen embargo, despois de ter aprobada unha declaración institucional sobre o apoio as persoas refuxiadas, atopámonos con que o único que declara sobre este tema é que non está de acordo coa retirada da bandeira da UE da fachada do Concello. O alcalde da nosa cidade ignora deliberadamente os acordos do noso Concello e atrevese a criticar as accións, así sexan só simbólicas, que realizan noutros Concellos mentres el non cumpre cos acordos do pleno que representa a todas/os vigueses”.

Pola súa parte, o concelleiro do GM da Marea de Vigo, Xosé Lois Jácome, considera que “unha vez máis atopámonos con grandes declaracións do goberno municipal que se quedan en nada. Na declaración institucional acordase constituír unha mesa de traballo permanente para desenvolver iniciativas en apoio as persoas refuxiadas. Dende este órgano deberían saír tanto iniciativas concretas de axuda humanitaria, como as máis que necesarias criticas a infamia que supón a actitude da UE respecto a esta crise. Sen embargo, non se deu nin un paso cara a constitución deste grupo de traballo nin a desenvolver ningún dos outros acordos que se aceptaron por unanimidade no pleno”.

Advertisements

MAREA DE VIGO REXISTRA UNHA MOCIÓN PARA DECLARA O CONCELLO DE VIGO MUNICIPIO OPOSTO O TTIP.

ttipA negociación de tratado de libre comercio estase a facer de costas a cidadanía para evitar calquera mobilización ou critica.

Tal e como xa denunciou a eurodeputada Lidia Senra nin sequera as e os eurodeputados teñen acceso o documento completo. Senra relata que as eurodeputadas que queren ter aceso o documento teñen que facelo nunha sala na que apenas hai dúas cadeiras e unha mesa, e na que as eurodeputadas non poden estar máis de dúas horas, acompañados por un funcionario en todo momento e ademais só teñen acceso a documentos parciais nos que se citan anexos que non están o seu dispor.

Os escasos datos públicos indican que neste tratado o que se busca é a liberalización total dos servizos públicos, comprometendo así as competencias dos e das representantes elixidos para administrar con liberdade as súas comunidades.

A Marea de Vigo considera que as administracións locais ao estar preto das necesidades das e dos cidadáns e sendo as canles máis apropiadas para promover os servizos públicos e a industria e emprego locais deben posicionarse claramente en contra deste tratado que ameaza con acabar coa xa de por si , escasa autonomía local.

Non é casualidade que unha e outra vez a cidadanía vexa como os centros de decisión van quedando cada día en institucións que están máis lonxe deles, xa que este brutal ataque centralizador ten como obxectivo acabar co control que o pobo debe lexitimamente exercer sobre as e os seus representantes
Dende a Marea solicitamos que o Concello solicite ao ministerio de Economía e Competitividade a suspensión das negociacións do TTIP ata que remate a falta de transparencia das negociacións e se abra un debate público na UE e nos seus respectivos parlamentos.

GALICIA CONTRA A TROIKA

galicia contra a troika

O GOBERNO RESPONDE A ESQUERDA UNIDA QUE BARRERAS TEN QUE SOMETERSE ÁS “SOLUCIÓNS DE MERCADO” E DESCARTA A INTERVENCIÓN PÚBLICA NO ASTELEIRO

barreras-astillero-vigo--644x362O goberno contestou á pregunta remitida por Esquerda Unida de Vigo en maio de 2013 solicitando a nacionalización do asteleiro e a declaración de sector estratéxico e sistémico do sector naval e descarta intervir como así o fixo na banca ao entender que esta si ten un carácter sistémico e o sector naval non

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo, considera que o goberno efectivamente ten renunciado a dar a batalla por un sector naval en Galicia e no estado e que a propia resposta do goberno, amparandose no artigo 107.1 do Tratado de Funcionamento da UE amosa que “admite que o modelo actual de construcción europea é incompatible coa defensa dos sectores productivos xeneradores de emprego en Galicia”

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo, sigue considerando que o goberno ten que tomar todas as medidas necesarias para salvagardar os intereses públicos e o ben xeral evitando que o diñeiro público invertido nesta empresa e o esforzo fiscal de quitas e axudas acabe sendo pasto de intereses alonxados do interese xeral.

O coordinador local de EU considera “indignante” que a solución que a Xunta ten para un asteleiro que no seu día foi público sexa a venta a unha multinacional mexicana e considera que ao igual que fai Francia e Holanda teríamos seriamente que enfrontarnos á lexislación europea en materia de presencia pública no sector da construción naval. Pide que se tomen medidas de “urxencia estratéxica” como en Francia está facendo o goberno cos asteleiros TX en Saint-Nazaire, especializados en cruceiros, que o goberno pretende nacionalizar “aínda contravindo as leis europeas” para salvagardar a “industria estratéxica do país”

EU defende que o goberno central actúe defendendo o artigo 128 da constitución española que dí:
“Toda la riqueza del país en sus distintas formas y sea cual fuere su titularidad está subordinada al interés general. Se reconoce la iniciativa pública en la actividad económica. Mediante ley se podrá reservar al sector público recursos o servicios esenciales, especialmente en caso de monopolio y asimismo acordar la intervención de empresas cuando así lo exigiere el interés general.”

ADXUNTAMOS REPOSTA DO GOBERNO Á PREGUNTA DE ESQUERDA UNIDAICONO PDF

INTERVENCIÓN DO DEPUTADO GASPAR LLAMAZARES EN DEFENSA DO SECTOR NAVAL

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): “ALMUNIA SE LLE QUEDA ALGO DE DIGNIDADE QUE NON PISE VIGO NO QUE LLE RESTA DE VIDA”

barreras-astillero-vigo--644x362PARA O COORDENADOR LOCAL DE EU, A DECISIÓN DO COLEXIO DE COMISARIOS DA DEVOLUCIÓN DAS BONIFICACIONS OBTIDAS MEDIATE O SISTEMA DO TAX LEASE ENTRE 2007 E 2011 AMOSA QUE ESA EUROPA DE MAASTRICH É UNHA PATRAÑA QUE DESTRÚE A INDUSTRIA DO NOSO PAÍS FRONTE A INTERESES DE LOBBIES CON MÁIS PODER DECISORIO.

EU considera nefasta a xestión do goberno autonómico do PP en Galicia e o do estado, que simplemente reaccionaron na última semana previa á resolución. Para EU hoxe asinouse o fin non só do sector naval senón a entrada en barrena definitiva da economía productiva viguesa.

EU considera que non existe alternativa seria para a construcción naval que non implique a axuda e soporte financeiro público, o resto son xiros baseados na economía especulativa que acaban causando desastres como o tax lease polo que seguirá defendendo a nacionalización dos asteleiros privatizados.

EU chama a mobilización sostida e a rebelión cidadá contra este “tiro de gracia” no futuro da nosa comarca e de localidades asturianas, bascas, canarias, etc…

EU pedirá unha comparecencia de urxencia do ministro Soria na comisión permanete do Congreso dos Deputados

ESQUERDA UNIDA DEFENDE EN BRUSELAS QUE A NOVA DEPURADORA DE VIGO NON CONCRETA UNHA POLÍTICA EFICAZ DE DEPURACIÓN DE AUGAS NA RÍA

Xunqueira LagaresO eurodeputado de IU, Willy Meyer, defendeu a petición de EU de Vigo redactar de novo o informe sobre a contaminación ambiental na ría de Vigo e considera que o PP está presionando de xeito “brutal” para que as conclusión do informe disfracen a realidade das nosas rías e das políticas de depuración de augas residuais.

O coordenador local de EU, Rubén Pérez, trasladou onte ao eurodeputado de EU Willy Meyer valoracións sobre a propora de informe do Parlamento Europeo sobre a visita que realizaron a Vigo para comprobar o estado das augas da Ría e da política de depuración existente. Para ESQUERDA UNIDA a proposta de informe supón que a nova depuradora servirá como mellora do problema do sistema de depuración de augas en Vigo pero: “para nós, co novo emisario situado dentro da Ría, sen un sistema de tratamento adecuado de augas e deseñado desde un punto de vista localista, incumprirá, do mesmo xeito que a actual depuradora, varias directivas comunitarias, ademais de carrexar a afección de cinco Hábitats de Interese Comunitario situados na Xunqueira do Lagares.

EU deu traslado da súa posición de que ter unha edar a pé da ría é unha clara amenaza á nosa biodiversidade e a sectores importantísimos como a pesca e do marisqueo”.

EU sigue defendendo que estamos ante unha posible vulneración de normativa comunitaria, especialmente na Directiva Marco da auga 2000/60/CE, a Directiva 91/271/CEE relativa ao tratamento de augas residuais urbanas, a Directiva 2006/77/CE relativa á xestión da calidade das augas de baño, a Directiva 96/61/CE relativa á prevención e control integrados da contaminación, a Directiva 79/923/CE sobre a calidade esixida ás augas para a cría de moluscos, a Directiva 92/43/CEE (Hábitats) e a Directiva 2006/11/CE relativa á contaminación causada por determinadas sustancias perigosas vertidas no medio acuático.

%d bloggers like this: