Esquerda Unida manifesta a súa defensa do estado laico, polo que partipará activamente nos diferentes actos de protesta que se desenvolverán en contra da visita papal

ESQUERDA UNIDA OPONSE Ó DESBALDIMENTO DE RECURSOS PÚBLICOS NA VISITA DO PAPA E CRITICA A ACTITUDE SERVIL DE TODAS AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

EU CHAMA A CIDADANÍA A PARTICIPARES MASIVAMENTE NA MANIFESTACIÓN QUE SE LEVARÁ A CABO O VINDEIRO XOVES 4 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 NA COMPOSTELÁ PRAZA DA ALAMEDA

 

O vindeiro 6 de novembro, coincidindo co ano Xacobeo, o Papa da Igrexa Católica fará un percorrido por Santiago de Compostela que suporá para as arcas da nosa comunidade un gasto de 3 millóns de euros.

 

Esquerda Unida, que manifesta a defensa dun estado laico, denuncia o trato de favor que dende as distintas Administracións Públicas se realiza á Igrexa Católica coa visita do Papa a cidade de Santiago de Compostela. Pois no marco dun Estado aconfesional, como indica o artigo 16 da Constitución, a cidadanía non ten porque costear as visitas pastorais de quen ven a predicar doutrinas que lexitiman a sumisión e discriminación da muller e dos homosexuais, representando a unha institución que ataca o uso do preservativo, mentres morren miles de persoas a causa do SIDA, e que mantén una actitude deplorable ante os casos de pederastias acaecidos no seu seo.

 

Queremos denunciar tamén a irresponsabilidade deste desembolso económico nun contexto de crise, co 15,58% da poboación galega desempregada e cun anuncio de recorte de 1400 millóns de euros nos orzamentos autonómicos que afondarán na desprotección social e na precarización dos servizos públicos.

 

EU rexeita a situación de excepcionalidade que se producirá o 6 de novembro co despregue de 6000 efectivos entre Policía Nacional, Garda Civil e Protección Civil, e o conseguinte corte de rúas. A visita do Papa non pode ser a escusa para o recorte de dereitos á cidadanía e a instalación dun Estado policial na cidade de Compostela, como manifestase nas actuacións levadas a cabo no barrio de San Lázaro, e que denuncia o Movemento polos Dereitos Civís, como son os rexistros en vivendas sen orde xudicial, “solicitando” a retirada de carteis críticos coa visita do Papa. Actuacións que condeamos enerxicamente e que mostran a falta de liberdade de expresión que aínda hoxe en día perdura nos temas relacionados coa Igrexa.

 

Esquerda Unida apoia as diferentes iniciativas que dende diversos colectivos sociais se están a organizar en oposición ás actuacións levadas a cabo pola visita do Papa a nosa comunidade, e chama a cidadanía compostelá a mostrar o seu rexeitamento na manifestación que se levará a cabo o vindeiro 4 de novembro as 20:30 h. na compostelá praza da Alameda.

 

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida
%d bloggers like this: