ROLDA DE PRENSA DO COORDINADOR DE EU-VIGO, RUBÉN PÉREZ: “O PROXECTO DA FICHA DE LINEIRIÑOS TEN QUE SER ERRADICADO DA AXENDA POLÍTICA DAS FORZAS QUE SE DIGAN PROGRESISTAS”

Advertisements

DIVERSOS COLECTIVOS SINDICAIS, POLITICOS E SOCIAIS, EN REXIME DE AUTOCONVOCATORIA CONVOCAN EN VIGO DIANTE DO MARCO ESTE SABADO 7 DE XUÑO EN AS 19:00 A CIDADANIA A SAIR A RUA CO LEMA “FORA ÓS BORBONS, POLA REPÚBLICA”

RepúblicaVigo

A Convocatoria a asinan a Asemblea Republicana, Esquerda Unida, CUT, STEG, Anova, Sindicato Ferroviario da Confederación Intersindical, Equo, Democracia Participativa, FPG, Espazo Ecosocialista, Sindicato de Elevación, Xeira, Xuventude Comunista, PCG, SLG, PODEMOS,  Fronte Cívico, Nova Esquerda galega.

Este colectivo de organizacións fai un chamamento a cidadanía para que reclame o dereito a decidir sobre o modelo de estado que queremos; Unha clamorosa esixencia de superacion do pacto constitucional do 78, do que moitas e moitos que ainda poden contalo, non participaron; e do que todas e todos os que hoxe teñen menos de 57 anos, tampouco puideron ser partícipes.

 As forzas política e sociais que convocan consideran que neste contexto político aberto trala abdicación do monarca o papel fundamental ten que xogalo á cidadanía e evitar que este intento de segunda transición relegada a un pacto de élites e de despachos sen o concurso do pobo.

A concentración será o sábado 7 ás 19 horas coincidindo coas múltiples convocatorias que en Galicia e no estado se celebrarán á mesma hora.

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): A REPÚBLICA VIU DA MOBILIZACIÓN POPULAR NOS CONCELLOS POLO QUE É O MOMENTO DE SAIR Á RÚA PARA TRAELA DE NOVO

republicaESQUERDA UNIDA APOIA A MOBILIZACIÓN DE HOXE EN VIGO CONVOCADA POLA ASEMBLEA REPUBLICANA ANTE O ANUNCIO DE ABDICACIÓN DE JUAN CARLOS I

Esquerda Unida de Vigo considera que Vigo ten que ser un dos referententes de mobilización popular pola III República ante a oportunidade que temos de trocar o réxime obsoleto da monarquía e traer unha República que además mude o modelo económico, social e político que xenerou a transición.

O coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez, a deputada de AGE Eva Solla e militantes e simpatizantes de EU participarán hoxe na concentración que ás 20 horas reclamará unha República enfronte do MARCO de Vigo.

EU de Vigo considera que vivimos un momento histórico para derrubar o réxime e abrir un novo proceso constituínte.

SECRETARIA DE COMUNICACIÓN DE EU VIGO

RESOLUCIÓN DO CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA DE VIGO

logo-consello-local-2O CPL de EU en Vigo traslada unha felicitación ao conxunto da militancia de ANOVA, ESQUERDA UNIDA e ESPAZO ECOSOCIALISTA polo traballo activo na campaña electoral e sobre todo na súa participación na consolidación do proxecto de AGE en Vigo.

EU considera que sendo a primeira vez que AGE concorria a un proceso electoral nas europeas o resultado de máis de 14.711 votos (o 13,44%) certifica que AGE será parte sustancial da confluencia política e social da esquerda en Vigo e no resto de Galicia. Confluencia que agora facilita a chegada de proxectos políticos como Podemos con apostas programáticas coincidentes.

Para EU a construcción dunha fronte de esquerda alternativa ao PP na cidade de Vigo non pasa, con estes resultados, polo PSOE polo que está nas mans das forzas da esquerda rupturista traballar por un espazo de traballo e avance para cambiar a correlación de forzas na nosa cidade.

EU considera que ábrese un espazo moi interesante e esperanzador de cara aos procesos electorais de 2015, municipais e xerais, no contexto de loita contra o bipartidismo e as políticas da troika no noso país.

CONSELLO LOCAL DE EU VIGO

CONFERENCIA “POR UNHA BANCA PÚBLICA. RESCATEMOS Á CIDADANÍA, NON AOS DEPREDADORES”

banca publica outes

 

ESQUERDA UNIDA CELEBRA HOXE O 10 DE MARZO, DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA, CUN CHAMAMENTO Á DEFENSA DA NEGOCIACIÓN COLECTIVA EN GALICIA

10-DE-MARZO

Yolanda Díaz, vicevoceira de AGE e coordinadora nacional de EU participa na movilización polo 10 de marzo en Ferrol acompañada de membros da executiva nacional lembrando que asistimos a “unha demolición de dereitos laborais sen parangón nos últimos 30 anos”

EU lembra que cada vez son máis os convenios colectivos que non son renovados co risco da ultraactividade e a perda de dereitos contidos neles. Este feito por en relevancia as loitas do 72, loitas que tiveron como eixo mobilizador a negociación colectiva e os dereitos laborais.

En Galicia e no conxunto do estado non é posible para EU acordos marcos de negociación colectiva ao atoparnos cunha patronal disposta a todo para abaratar dereitos e salarios e polo tanto apostamos por un sindicalismo de mobilización sostida que remate nunha folga xeral coa participación activa da cidadanía expulsada do mercado laboral.

EU considera ilustrativas as receitas que reiteradamente ven mandando o FMI sobre a necesidade de “radicalizar a reforma laboral”, feito que coincide coa estratexia da patronal de dinamitar a negociación colectiva e o papel garantista do sindicalismo de clase, estratexia que últimamente ven a estar alentada dende medios de comunicación para laminar o derradeiro baluarte contra a desregulación total do mercado laboral.

Yolanda Díaz lembra que, tal e como figura no cartel conmemorativo de EU para este 10 de marzo, vindicar a memoria dos homes e mulleres que con audacia foron quen de poñer en pé ao pobo de Ferrol contra a ditadura e as leis laborais franquistas e vindicar hoxe a non renuncia aos nosos dereitos conseguidos tamén con sangue como a verquida por Amador e Daniel na rúa naqueles tempos.

Esquerda Unida, que participará activamente nas MARCHAS POLA DIGNIDADE, que partirán de 9 puntos do estado con destino Madrid, aproveita este 10 de marzo para pedir a participación activa dos galegos e galegas nesta marcha, que no noso país concretarase nun tren con saída dende Galicia o 22 de marzo

MANIFESTO 8 MARZO DE 2014

8M2014

CONTRA O ATAQUE AOS NOSOS DEREITOS INSUBMISIÓN FEMINISTA

Asistimos a un dos momentos históricos de maior ataque aos dereitos das mulleres. A dereita ataca as bases da democracia, como a aspiración á que temos dereito o das as persoas, a da liberdade, a autonomía persoal, o acceso aos recursos e a igualdade entre todos os seres humanos.

Esta grave regresión maniféstase de modo categórico respecto aos dereitos humanos das mulleres, froito das posicións máis retrógradas do sistema patriarcal, que, coa escusa da crise económica, viu as posibilidades abertas para destruír o acadado.

 A retrógrada formulación sobre o dereito ao aborto e aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres que representa o anteproxecto da lei que defende o Goberno do Partido Popular, deixa ao descuberto a especial saña do emprego da política contra os dereitos das mulleres. O intento de forzar a maternidade ou que se aborte clandestina e perigosamente, é a expresión máis cruenta da consideración patriarcal, androcéntrica e misóxina do goberno e do seu Ministro de Xustiza.

A lista das normas segregadoras e sexistas, tanto a nivel estatal como autonómico, é abrasadora: a reforma laboral, a recente lei de educación, a lei de familia do goberno galego. Os recortes en sanidade e na asistencia a dependencia, a provisionalidade nos empregos, a privatización do público; son medidas que producen un impacto de xénero que se traduce no incremento da feminización da pobreza e a intensificación dos valores represores da autonomía das mulleres.

A materia de relixión na escola pública e a exclusión da educación sexual e reprodutiva dela, no é só consecuencia da inxerencia da xerarquía eclesiástica herdada do franquismo nas decisións gubernamentais, senón que pretende instaurar un modelo xa caduco, de mulleres obedientes e submisas.

Dende Esquerda Unida chamamos á insurrección e insubmisión feminista contra todo intento de volta ao pasado, contra todas aquelas decisións que pretendan manternos ás mulleres como seres subordinados, contra calquera tentativa de represión da nosa sexualidade e contra o noso dereito a decidir sobre os nosos corpos e as nosas vidas.

%d bloggers like this: