ESQUERDA UNIDA CELEBRA A RETIRADA DA ACUSACIÓN CONTRA DIEGO LORES

diegoloresEsquerda Unida de Vigo únese á celebración pola retirada da acusación que lle pedía ao activista Diego Lores tres anos de prisión e o pago de máis de 30.000 euros de indemnización por agredir supostamente a un axente de policía durante as mobilizacións de 2014 contra a instalación do barco Bernardo Alfageme na rotonda de Coia.

Ademais do apoio de diferentes movementos sociais e políticos, un centenar de veciñas e veciños se pecharon de forma solidaria na igrexa parroquial do Cristo da Vitoria, nun peche organizado pola Asemblea Aberta de Coia, como protesta polo xuízo ao que Diego Lores se ía enfrontar mañá.

Dende Esquerda Unida reiteramos a nosa alegría pola retirada da acusación contra Lores e recordamos que a mobilización social non é delito, senón unha folla de ruta a seguir.

“CAMILO, O ÚLTIMO GUERRILLEIRO DE GALICIA”

cartelcamilo

“TEORÍA MONETARIA MODERNA: A ESPERANZA ECONÓMICA DA ESQUERDA”

edugarzon

ACTO PÚBLICO: “CRISE HUMANITARIA ÁS PORTAS DE EUROPA”

cartaz refuxiadas VIGO

ESQUERDA UNIDA DE VIGO ABRE HOXE O PRAZO PARA QUE SE PRESENTEN CANDIDATOS OU CANDIDATAS PARA AS PRIMARIAS ABERTAS QUE ELEXIRÁN A PROPOSTA DE CABEZA DE LISTA PARA AS MUNICIPAIS 2015 EN VIGO.

asemblea-euEsquerda Unida celebra primarias abertas nos municipios de máis de 50.000 habitantes, entre eles Vigo. Os candidatos ou candidatas elexidos/as serán as propostas de EU nos procesos de converxencia nos que a militancia de EU participa se finalmente cristalizan como no caso da MAREA DE VIGO

O proceso das primarias de EU en Vigo será aberto para todas as personas que decidiron participar e inscribirse como simpatizantes ate hoxe día 21. En Vigo Esquerda Unida incrementou un 60% o seu censo con respecto ao censo de militantes que participaron nos procesos de eleccións primarias internas nas europeas de 2014.

EU valora como moi positiva a gran incorporación de simpatizantes nestas semanas que auguran un proceso participativo e amplo para elexir as personas que simpatizantes e militantes de EU en Vigo consideran como as máis adecuadas para participar no proceso electoral municipal coa vista posta nos procesos de converxencia como a Marea de Vigo.

O calendario orgánico que ESQUERDA UNIDA DE VIGO desenvolverá este mes e en febreiro será o seguinte:

  • Do 21 de xaneiro ao 30 de xaneiro: recollida de avais para os candidatos e candidatas que desexen postularse como candidato ou candidata á alcaldía de Vigo
  • Do 23 ao 30 de xaneiro: verificación de censos, incidencias e reclamacións
  • 31 de xaneiro: proclamacion de candidatos
  • Do 31 de xaneiro ao 13 de febreiro: campaña primarias
  • Do 14 de febrerio e 15 de febreiro: votación e reconto
  • 18 de febreiro: escrutinio  definitivo

O CONSELLO NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA APROBA O DOCUMENTO DE “MUNICIPALISMO NO PROCESO DE UNIDADE POPULAR E REBELIÓN DEMOCRÁTICA” E O CALENDARIO DE PRIMARIAS DE CARA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE 2015

cpnO consello nacional de Esquerda Unida, máximo órgano de dirección entre asembleas, reunido hoxe en Compostela, vén de aprobar o documento marco de cara ás eleccións municipais enmarcado nun contexto de emerxencia social e excepcionalidade democrática, que require de xenerosidade e intelixencia colectiva de todas aquelas forzas políticas, movementos sociais e cidadanía que propugnan un cambio profundo de radicalidade democrática e, xa que logo, da unidade popular para derrotar ao bipartidismo e transformar as institucións co protagonismo absoluto da maioría social.

Neste senso o Consello Nacional de Esquerda Unida ratifica a vontade e a necesidade de reforzar AGE como elemento aglutinador dos procesos de cambio, que tamén aparecen reflectidos nos movementos de confluencia cidadá que están a xurdir ao longo do país.

O Consello Político Nacional aprobou o calendario do proceso de primarias para elexir ás candidatas e candidatos que representarán a Esquerda Unida nas vindeiras eleccións municipais do 2015, coincidindo coas primarias de IU a nivel estatal.


Este consello tamén aprobou o programa marco “Municipalismo de esquerdas para unha alternativa constituínte republicana”
que Esquerda Unida presentará ante os colectivos e movementos sociais, os verdadeiros protagonistas do proceso constituínte, co obxecto de recoller as súas propostas de cara á elaboración dun programa participativo.

Ao longo da tarde, Esquerda Unida celebra unha xornada de traballo sobre as dinámicas de confluencia e transformación do mapa político hoxe dominante que marca unha tendencia en aumento da fin do bipartidismo. Para elo contamos coa presenza de Lara Hernández (responsable Federal de converxencia) e Ramón Luque (responsable Federal da secretaría executiva de acción política).

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A FALLA DE DEMOCRACIA DO ALCALDE DE VIGO E O SEU GRUPO POLO INCUMPRIMENTO SISTEMÁTICO DOS ACORDOS PLENARIOS

bernardo-alfagemeEU considera que onte “traspasaronse liñas vermellas” no pleno en canto ao respeto á oposición e ó xogo democrático e partidario acusando a EU e outras organizacións de reventar o pleno.

Para o coordinador local de EU, Rubén Pérez, “un pleno o rebenta quen no fai rendición de actuacións e decisións ante o mesmo e quen non garante as máis básicas garantías de funcionamento democrático do máximo órgano da política municipal, que non é o alcalde senón o pleno”

EU exixe xa aclaración de que partida orzamentaria e en base a que conceptos están a consignarse recursos públicos para a obra e instalación do barco Bernardo Afageme na rotonda de Coia. É evidente que non estamos ante un contrato de mantemento polo que “queremos saber que pinta Civisgloblal e o seu retén de mantemento no asunto”.

O coordinador de Esquerda Unida, Rubén Pérez, considera que o cumplimento ou non dos acordos acadados no pleno municipal parece que queda determinado polos desexos do Alcalde de Vigo con respecto a sua idea de cidade, e non dos resultados das votacións dos membros do pleno do Concello de Vigo, aludindo a unha maioria fantasma da cidadanía manifestándose clamorosamente, nesta ocasión, a favor da colocación do Bernardo Alfageme na rotonda de Coia, e chegando o nivel de insultar e calumniar a veciñanza presente no público do pleno.

Esquerda Unida considera que ademáis, no pleno de onte, as continuas descalificacións á oposición amosan que o talante democrático do alcalde e cero; cunha folla de ruta de obrigado cumprimento, ainda que para iso teña que actuar coma o cabalo de Atila.

Rubén Pérez considera que, con luz e taquígrafos, se presenten todos os datos con respecto os custes das obras na rotonda de Coia, así coma que se explique a que capítulos vanse consignar eses custes e por que se considera que isto e un mantemento e non outro tipo de obra, onde é necesario publicitar os datos da mesma.

%d bloggers like this: