9M_mini

Advertisements

Vídeo do 82º Aniversario da II República (1931-2013)

EU REPARTE NOS BARRIOS DE VIGO 10.000 OCTAVILLAS EXPLICATIVAS SOBRE A LEI DE TASAS DO PP

ESQUERDA UNIDA de Vigo está realizando unha campaña de sensibilización cidadá en barrios de Vigo ante a lei de tasas do PP para artellar unha resposta “cívica e reivindicativa” dos vigueses e viguesas a unha clara vulneración do dereito constitucional á tutela xudicial efectiva

Esquerda Unida informa na octavilla do que supón na actualidade unha apelación por accidente de tráfico (810 euros) ou mesmo reclamacións por problemas de herdanzas que poden chegar aos 20.000 euros. Igualmente pide unha mobilización cidadá sostida contra as políticas de recortes sociais do PP.

Hoxe mesmo, a voceira parlamentaria de AGE, Yolanda Díaz suliñou que “O PP quere cambiar o modelo de tutela xudicial efectivo por un de tutela xudicial en efectivo”. A vicevoceira de AGE denunciou a estratexia que está a seguir o PP coa implantación da Lei de taxas xudiciais coa que trata de impedir á cidadanía o dereito a defenderse.

A voceira do grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, Yolanda Díaz, acusou ao PP de querer acabar coa gratuidade da xustiza que recolle a Constitución co obxectivo de impedir que os traballadores e traballadoras podan acudir aos tribunais para defender os seus dereitos nun tempo de convulsión social como o que estamos a vivir.

O PP con esta torticeira e aberrante lei de taxas xudiciais o que quere é cambiar o modelo de tutela xudicial efectiva por un de tutela xudicial en efectivo” denunciou Díaz quen sinalou que o que se pretende impoñer unha xustiza para ricos e outra para pobres.

ADXUNTAMOS MODELO DE OCTAVILLA QUE SE REPARTE ESTES DÍAS EN VIGO

ICONO PDF

ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIA E PARTICIPARÁ ACTIVAMENTE NA MOBILIZACIÓN DE PROFESIONAIS DA XUSTIZA MAÑÁ MÉRCORES EN VIGO

Esquerda Unida quere manifestar públicamente o seu pleno apoio ás medidas de protesta e mobilización que o conxunto de profesionais e traballadores e traballadoras da xustiza van desenvolver mañá mércores 12 ás 12:00 rodas en fronte dos xulgados de Vigo en protesta pola aprobación por parte do Goberno dunha lei de taxas,que vai supor un golpe de Estado en materia xudicial.

Para Esquerda Unida de Vigo as taxas previstas imposibilitan de facto que a meirande parte da nosa cidadanía poida recorrer aos tribunais de xustiza, xa non para difíciles recursos incluso para exercer os dereitos de defensa dos dereitos na orde civil, nos xuízos ordinarios cos máis abundantes delses, os procedementos monitorios, os procedementos abreviados e ordinarios así como as apelacións.

Esquerda Unida ten que chamar á cidadanía a rexeitar esta iniciativa do goberno Rajoy, iniciativa cun marcado carácter clasista, por canto produce unha xustiza para os ricos, que si van poder manter a súa presenza nos procedementos xudiciais e outra in-xustiza para o maioría social traballadora deste país, que non o vai poder facer. Cómpre lembrar o actualisimo informe de GESTHA sobre a fin das clases medias, que sinala que o 47,7% dos fogares galegos atópanse nunha situación de precariedade, que os fai moi dependentes destes gastos sobrevidos que marca o proxecto de lei de taxas do PP.

Se a este proxecto sumámoslle a pretensión de Gallardón de non contratar maís xuíces e que sexan os titulares os que fagan peonadas, cando xa están saturados podemos coñecer que quere o PP: bloquear o funcionamento da administración da xustiza, reservada agora xa para os ricos e denegala de facto pola vía do seu encarecemento ao resto da cidadanía.

Os golpes ao poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras de xustiza, a perda de dereitos e condicións de traballo, a non renovación das plantillas atenazadas pola non reposición de vacantes… son elementos que amosan o desinterese por contar cunha administración de xustiza prestixiada e eficaz, e expresan a determinación do PP de maniatar un poder do Estado chamado a fiscalizar e depurar as sistemáticas corrupción dun réxime político agonizante.

6 DE DECEMBRO: NADA QUE CELEBRAR

Desde a área de Mocidade de EU preguntámonos que se supón que celebrarán mañá 6 de decembro tanto o PP como o PSOE, ante o 34 aniversario da Constitución española de 1978, cando os seus respectivos gobernos estiveron violando sistematicamente os principais dereitos que recolle a Carta Magna. Nós só o podemos cualificar de “hipocrisía e engano” pola súa banda, porque ademais celebran unha Constitución que romperon o 23 de agosto de 2011 ao impor o pago da débeda “como prioridade absoluta” fronte a todo o demais tal e como establece o novo artigo 135.

Por iso, desde a área de Mocidade de EU denunciamos a farsa que supón celebrar unha Constitución “morta”, unha Constitución que non se cumpre en todos aqueles dereitos que non lles interesa garantir:

Como crernos unha Constitución que especifica que “todo o pobo ten dereito a unha vivenda digna e adecuada” no seu artigo 34, se os poderes públicos seguen primando os intereses dos bancos, e permiten que estes sigan roubando por centos de familias, lexitimando así máis de 500 execucións hipotecarias ao día que supón a escravitude do século XXI.

Como crernos unha Constitución que declara no seu artigo 24 que “todas as persoas teñen dereito a obter a tutela efectiva de xuíces e tribunais”, e ao mesmo tempo o ministro Gallardón impón taxas xudiciais que atentan contra a igualdade no acceso a esa mesma tutela.

Como crernos unha Constitución que establece no seu artigo 3 a garantía do uso e o ensino das diferentes linguas do estado mentres o goberno central, decreto a decreto, degrádaas cada vez máis e dálles status de dialecto rexional.

Como crernos unha Constitución que especifica no seu artigo 14 “que todos os cidadáns somos iguais ante a lei” e ao mesmo tempo indulta a banqueiros corruptos e antidisturbios violentos.

Como crernos unha Constitución que afirma no seu artigo 128 que “toda a riqueza do país está subordinada ao interese xeral” mentres vemos como aumentan os beneficios das grandes empresas e recortan en dereitos básicos, como educación ou sanidade, á maioría social.

Esta Constitución rota e violada sistematicamente, só se cumpre cando se trata de defender os intereses dos ricos. Unha constitución que é froito do poder constituínte da Troika, das oligarquías financeiras e económicas, dos poderosos, que comezaron un proceso constituínte contra o pobo para consolidar un Estado onde os dereitos sociais e o benestar da maioría social son papel mollado fronte á súa lóxica de rendibilidade e beneficio.

Por iso, millóns de persoas toman as rúas neste país, porque están vulnerando un a un todos os consensos que nos dotamos. O pobo esixe unha verdadeira Democracia e non este falso réxime que vístese de democracia cando lle interesa. Por iso, chegou a hora de unirse e construír Democracia.

Construámola.

#AbajoElRégimen

Abaixo o Réxime

ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE A SUBIDA DO IVE E A ELIMINACIÓN DA PAGA EXTRA DE NADAL AOS TRABALLADORES DO SECTOR PÚBLICO SUPOÑEN A SENTENCIA DE MORTE AO COMERCIO VIGUÉS

EU considera que na cidade de Vigo o pequeno comercio xa estaba notando nestes meses a notable caída de empregados públicos que sinalan os datos do INE e do IGE que din que dos 21.100 empregados públicos do primeiro trimestre de 2011 pasamos aos 19.100 actuais. EU considera que a eliminación de 19.100 pagas extras de nadal é “inasumible para o pequeño comercio, especialmente o que compite directamente coas grandes áreas comerciais”. O PP está firmando a sentencia de morte do pequeno comercio e a pyme local que vai ser incapaz de trasmitir o custe de elevar o IVE ao cliente sen asumir perdas directas”: engade Rubén Pérez coordenador local de EU en Vigo.

Para ESQUERDA UNIDA de Vigo a subida do IVE é o sablazo que o mal gobernante pégalle a todos os seus compatriotas que xa están moi castigados pola crise. EU recorda que foi o propio Mariano Rajoy o que durante o mandato do PSOE dixo literalmente no parlamento: “Subir o IVE é un disparate porque a subida do IVE afecta fundamentalmente a pensionistas e parados”

Para EU a solución non é subir un imposto que pagamos todos igualmente independentemente da renda, a solución pasa por loitar contra o fraude fiscal, incrementar impostos sobre os beneficios empresariais, fiscalizar as sociedades de inversión de capital variable SICAV que tributan actualmente ao 1%, retomar a integridade do imposto de patrimonio, e un largo etcétera de medidas de reforma fiscal que EU ten exposto sistematicamente aos gobernos do PSOE e do PP sen resultado.

EU mobilizarase activamente o 19 de julio con CCOO e UXT na nosa cidade e no conxunto do país contra estre novo roubo da plutocracia económica que sangra ás capas populares do estado español. Non queda outro camiño que enfrontarse dende a rúa a esta agresión sen precedentes.

ACTO PÚBLICO: O COLAPSO DO CAPITALISMO ESPAÑOL E AS SÚAS CONSECUENCIAS

%d bloggers like this: