Esquerda Unida traslada o seu pesar a familia de Enrique Curiel

O coordenador local de EU e candidato á alcaldía de Vigo, Rubén Pérez, traslada a familia do ex –vicesecretario de PCE e exdeputado de IU por Córdoba,  o vigués Enrique Curiel falecido hoxe en Madrid.

ESQUERDA UNIDA considera que vinte anos de militancia comunista e un profundo compromiso cos valores de esquerda son máis que suficientes para que todos homes e mulleres de EU recorden cariñosamente a figura de Curiel independentemente do recorrido político posterior de cada un.

Rubén Pérez suliña a importancia dos valores ideolóxicos nas decisións políticas de personas como Curiel, defensoras nun momento concreto dunha idea de comunismo, naquel entón chamado eurocomunismo; e que fóron as que o moveron a abandonar IU e o PCE; non como outros tristes exemplos de motivacións exclusivamente económicas ou de poder. Curiel defendeu sempre a súa idea particular de comunismo polo que entendemos perfectamente que como última vontade solicitara que o seu cadaleito sexa cuberto pola bandeira do PARTIDO COMUNISTA DE ESPAÑA, partido ao que serviu lealmente e co optimismo gramsciano que hoxe non abunda na clase política.

Rubén Pérez traslada en nome de todos os homes e mulleres de ESQUERDA UNIDA un abrazo caluroso a toda a familia de Enrique Curiel

 

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Local de Esquerda Unida
%d bloggers like this: