ESQUERDA UNIDA DE VIGO ABRE HOXE O PRAZO PARA QUE SE PRESENTEN CANDIDATOS OU CANDIDATAS PARA AS PRIMARIAS ABERTAS QUE ELEXIRÁN A PROPOSTA DE CABEZA DE LISTA PARA AS MUNICIPAIS 2015 EN VIGO.

asemblea-euEsquerda Unida celebra primarias abertas nos municipios de máis de 50.000 habitantes, entre eles Vigo. Os candidatos ou candidatas elexidos/as serán as propostas de EU nos procesos de converxencia nos que a militancia de EU participa se finalmente cristalizan como no caso da MAREA DE VIGO

O proceso das primarias de EU en Vigo será aberto para todas as personas que decidiron participar e inscribirse como simpatizantes ate hoxe día 21. En Vigo Esquerda Unida incrementou un 60% o seu censo con respecto ao censo de militantes que participaron nos procesos de eleccións primarias internas nas europeas de 2014.

EU valora como moi positiva a gran incorporación de simpatizantes nestas semanas que auguran un proceso participativo e amplo para elexir as personas que simpatizantes e militantes de EU en Vigo consideran como as máis adecuadas para participar no proceso electoral municipal coa vista posta nos procesos de converxencia como a Marea de Vigo.

O calendario orgánico que ESQUERDA UNIDA DE VIGO desenvolverá este mes e en febreiro será o seguinte:

  • Do 21 de xaneiro ao 30 de xaneiro: recollida de avais para os candidatos e candidatas que desexen postularse como candidato ou candidata á alcaldía de Vigo
  • Do 23 ao 30 de xaneiro: verificación de censos, incidencias e reclamacións
  • 31 de xaneiro: proclamacion de candidatos
  • Do 31 de xaneiro ao 13 de febreiro: campaña primarias
  • Do 14 de febrerio e 15 de febreiro: votación e reconto
  • 18 de febreiro: escrutinio  definitivo

ACTO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA EN EUROPA

acto_lidia

VÍDEO DO ACTO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA POLA MEMORIA HISTÓRICA DIANTE DA CRUZ FASCISTA DO CRASTO

ACTO POLA MEMORIA HISTÓRICA DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA

“HAI QUE PARALOS”: LEMA DE CAMPAÑA DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA

A coalición formada por ESQUERDA UNIDA, ANOVA, EQUO E ESPAZO ECOSOCIALISTA presentou hoxe en Vigo as liñas xerais de campaña e o seu cartel electoral en Vigo suliñando que “é o momento de que a cidadania tome a palabra nunha situación de “rapiña social” promovida polo PP”.

Na presentación da campaña e do cartel electoral de AGE estiveron presentes as candidatas viguesas da coalición Chelo Martínez, número 2 da candidatura de AGE por Pontevedra e Eva Solla, nº 3 da lista. Para as candidatas ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA quere facer da campaña un altofalante para que a esquerda anticapitalista conquira que as súas propostas sexan hexemónicas dentro da maioria social, que non é outra que os traballadores e traballadoras.

A Alternativa Galega de Esquerdas vai realizar mais de 60 actos políticos na cidade de Vigo, actos que chegaran a todas as parroquias e núcleos poboacionais da nosa cidade. Repartos de programa, encontros con movementos sociais da cidade, con cadros sindicais, presentacións sectoriais de programa, actos públicos, etc… no que participarán  activamente os membros da candidatura e militantes das organizacións conformantes da coalición.

“É o tempo de empoderarnos como traballadores e traballadoras que, nin somos culpables da crise, nin queremos ser os que paguemos as súas consecuencias” suliñou Chelo Martínez.

A ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA dará comezo á campaña em Vigo coa tradicional pegada de cartéis no taboleiro electoral de Porta do Sol as 00:00 de hoxe.

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): “A ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS É O MAIOR RETO POLÍTICO QUE A ESQUERDA GALEGA TEN POR DIANTE DENDE O FRENTE POPULAR DE 1936”

O coordenador local de EU valorou hoxe a candidatura de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS (configurada por ESQUERDA UNIDA, ANOVA E EQUO) como un exemplo de que as converxencias políticas dende a esquerda anticapitalista e polo tanto recoñecedora dos dereitos colectivos dos pobos e do movemento obreiro, o ecoloxismo, o feminismo como frontes de traballo esenciais para que a maioría social de Galicia, que somos os traballadoras e traballadores, non paguemos a crise capitalista e as súas medidas de recorte social e de dereitos.

Yolanda Díaz (EU) e Xosé M. Beiras (Anova)

Esquerda Unida de Vigo felicítase do perfíl netamente traballador dos candidatos e candidatas de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS, exemplos de pluralidade sindical e de traballo consciente no eido da cultura, os movementos sociais e a participación social. O coordenador local, Rubén Pérez considera que “algo estaremos facendo ben cando o resto dos partidos que se repartiron a política galega verbo gratia dunha lei electoral inxusta imposta por Fraga e consagrada a rango de fe polo bipartito, adican máis tempo á falar da nosa coalición que a facer propostas concretas e decididas.

Rubén Pérez lembra que en 1936 a urxencia política ante o acoso da dereita e d fascismo obrigou a forzas de diferentes sensibilidades a aupar esforzos na concrección da FRONTE POPULAR feito que foi incapaz de repetirse coa morte de Franco ante a polarización das forzas de esquerda en “estatatistas” e “nacionalistas”. Estos vellos clichés hoxe son ridículos e oportunistas porque o acoso aos galegos ven derivado esencialmente da contradición entre o capital e o traballo nun proceso de acumulación capitalista descoñecido dende a primeira metade do século XX, “ou non son galegos tamén os que se quedan coa plusvalía do noso traballo e explotan e condenan á miseria a centos de galegos e galegas”.

Considera perfectamente asumible para EU a aposta por esta coalición xa que a propia creación de IZQUIERDA UNIDA en 1986 respondía este chamado cando decía o propio manifesto fundacional: “La formación de esa plataforma electoral es, pues, una ineludible necesidad para recupera la esperanza que subyace en los anhelos de tantos españoles que se pronuncian por la paz y la neutralidad, el trabajo para todos, y la consagración, en definitiva somos muchos los que coincidimos en las tradiciones renovadas del movimiento obrero, los planteamientos emergentes de carácter ecologista, el progresismo económico y para la participación política, y la necesidad de rescatar lo que es una visión moderna de un socialismo democrático. Todo ello para el impulso del progreso de una sociedad compleja y diversificada, en la que se han experimentado transformaciones importantes desde el punto de vista filosófico, sociológico, tecnológico y en el modo de formación de las decisiones políticas, económicas y sociales.”

ESQUERDA UNIDA PROPORÁ NO CONGRESO DOS DEPUTADOS QUE O SECTOR NAVAL SEXA CONSIDERADO OFICIALMENTE COMO ESTRATÉXICO

O coordenador de Esquerda Unida en Vigo, Rubén Pérez, anunciou hoxe que EU de Galicia e de Andalucía solicitarán conxuntamente que se declare oficialmente ao sector naval como sector estratéxico ao reunir as condicións necesarias para ista cualificación. A proposta, xurdida inicialmente de ESQUERDA UNIDA en Andalucía para os asteleiros públicos gaditanos será extensible a todo o sector naval do Estado, tanto públicos como privados. EU pide un tratamento equivalente ao sector da automoción e ao aeronáutico, que teñen convocatorias específicas de axudas que supoñen unha inxección importante do Goberno.

Esquerda Unida considera que os estaleiros do estado reúnen os requisitos necesarios para que a actividade declárese como estratéxica, ao “ter un tecido empresarial importante que afecta o resto do tecido industrial, por contribuír de forma significativa ao desenvolvemento económico pola súa elevada participación no PIB e sobre todo, por incidir de maneira notable sobre a evolución do mercado de traballo no que respecta á xeración de emprego”,

Esta petición será trasladada por Esquerda Unida ao Congreso dos Deputados co fin de que “desde ese momento, os estaleiros teñan unha consideración específica nos Orzamentos Xerais do Estado”

Esquerda Unida sustenta ademais, a súa proposta en datos achegados polos propios comités de empresa e procedentes de estudos de diversos observatorios económicos, tales como que por cada euro gastado polo Estado no sector naval retornan catro euros ás arcas públicas.

EU de Vigo xa prepara unha iniciativa parlamentaria ao través do deputado aadscrito para temas de Galicia, Jose Luis Centella, para que MINISTERIO DE INDUSTRIA e FOMENTO preparen unha comisión mixta para evaluar ó retorno ao público dos asteleiros privatizados a finais dos 90, establecendo un control público das inversións.

%d bloggers like this: