“TEORÍA MONETARIA MODERNA: A ESPERANZA ECONÓMICA DA ESQUERDA”

edugarzon

MAREA DE VIGO EDITA UNHA GUÍA PARA QUE A CIDADANÍA PRESENTE ALEGACIÓNS AO ORZAMENTO DO CONCELLO DE VIGO

pasquin_orzMarea de Vigo pretende, unha vez que o grupo municipal presentou unha emenda á totalidade no pleno do pasado 9 de novembro, que agora sexan as e os cidadáns a título individual e colectivos sociais os que presenten alegacións no periodo legal que se abre coa publicación no BOP o acordo de aprobación inicial.

Repartirán máis de 1000 guías entre colectivos e espazos públicos da cidade de Vigo que explican de xeito sinxelo como presentar alegacións a un orzamento municipal e indicando onde consultar na web municipal e como presentar no rexistro do concello as propostas.

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da MAREA DE VIGO suliñou que este orzamento foi de novo feito sen abrir nin unha soa canle particitativa cos axentes sociais, co tecido asociativo e veciñal, que poderían ter presentando propostas ben diferentes en canto a prioridades recollidas neste proxecto de orzamento como a Marea de Vigo está a detectar en múltiples consultas que recibe o grupo municipal.

Con esta iniciativa a MAREA DE VIGO quere, como sinalaba a emenda á totalidade ao orzamento, explorar un novo modelo de xestión dos Servizos públicos externalizados en vez de optar pola vía rápida da prórroga ou mesmo a compensación económica ás concesionarias privadas, a de artellar un único e integral Plan de Emprego ou mesmo explorar iniciativas interesantes que comenzan a agromar en cidades como A Coruña ou Barcelona, de mecanismos de Renda Básica ou Emprego Garantido, cuestionar a oportunidade actual da persistencia no modelo das humanizacións que non xeran emprego e simplemente engrosan as contas de resultados de constructoras privadas.

MAREA DE VIGO PRESENTA EMENDA A TOTALIDADE NOS ORZAMENTOS DO CONCELLO DE VIGO PARA O 2016

Concello_de_VigoO grupo municipal da Marea de Vigo considera que os orzamentos presentados polo goberno municipal para o 2016 carecen de resposta social que palie as políticas regresivas nos orzamentos que se están a debater no parlamento galego e se aprobaron no congreso dos deputados.

Para a Marea de Vigo, a proposta de orzamentos presentada polo goberno municipal, parte da base da existencia dunha recuperación económica que non é tal, partindo dos datos reais sobre exclusión social e precariedade laboral causados pola crise económica e moitas das medidas adoptadas ó respecto; e polo tanto, a Marea de Vigo considera un erro o priorizar gastos superfluos basicamente ornamentais ou mesmo as amortizacións rápidas da débeda sobre inversión en política social e en emprego.

Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo, denuncia tamén a hipocrisía deste goberno municipal cando se vangloria dos orzamentos en acción social cando o que fai é exactamente un cambio de nome nas partidas nas axudas ás familias sen incrementar nin un só euro nas mesmas.

Do mesmo xeito, desde o Grupo Municipal da Marea de Vigo, se fai unha crítica ó modo no que se xestionó a elaboración dos orzamentos, sen a participación da veciñanza e o seu tecido asociativo na elaboración dos mesmos, sendo estes os axentes máis achegados á realidade dos e das viguesas e polo tanto, os actores fundamentais para a elaboración da proposta máis axeitada para a cidade, e polo tanto, o Grupo Municipal da Marea, tras escoitar e recoller suxestións de cidadáns e colectivos da cidade, presentará propostas ou alegacións parciais a aplicacións orzamentarias concretas.

MAREA DE VIGO CONSIDERA QUE, ANTE OS ORZAMENTOS REGRESIVOS DA XUNTA E O GOBERNO CENTRAL, OS DO CONCELLO DE VIGO NON CONTRARRESTAN ESTE TIPO DE POLÍTICAS CANDO OS NIVEIS DE POBREZA ACTUAIS REQUIREN DE OUTRO MODELO ORZAMENTARIO.

Concello_de_VigoAumento de partidas para humanizacións e a concesionarias como Vitrasa ou FCC, así como a amortización rápida da débeda parecen como prioridades fronte o aumento para axudas sociais e inversión que cree traballo produtivo para as e os vigueses.

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, cualifica de non comprensibles os aumentos de partidas para as concesionarias como os 12 millóns de euros para Vitrasa, convertendo a conxelación do billete do autobús nunha falacia; así como a gran inversión en proxectos de humanizacións como se fixo no seu día, e que hoxe están sendo cuestionados polos tribunais, aportando para o engorde das contas das empresas construtoras que as levan a cabo en lugar de apostar polo investimento en políticas para o fortalecemento da economía produtiva ante o aumento dos niveis de pobreza que existen na nosa cidade hoxe en día.

A Marea de Vigo, en vista ós orzamentos, insiste na defensa da remunicipalización dos servizos públicos, considerando que, tal e como vemos nalgunhas partidas, adícase gran parte de cartos públicos en garantir que as empresas concesionarias non teñan perdas, por enriba da garantía de servizos de calidade para a cidadanía e condicións de traballo dos cadros de persoal das mesmas.

A Marea de Vigo tamén espera ver os resultados das inversións en emprego a través de convenios baseados en subvencións a terceiros (como o convenio con PSA Peugeot Citroen), que o concello decide levar a cabo en lugar de investir máis partida nun plan de emprego xestionado directamente polo mesmo.

A Marea de Vigo, facendo o contrario que fixo o goberno municipal para a presentación dos orzamentos (de forma unilateral e sen consultar con absolutamente ningún axente social nin veciñal), preparará as súas emendas ós mesmos de forma aberta e participativa, co obxectivo de seren coherentes coa realidade da veciñanza ademais do chamamento implícito á corresponsabilidade que debe ter a cidadanía cando estamos a falar dos recursos de todas e todos.

MAREA DE VIGO REXISTRA UNHA MOCIÓN PARA DECLARA O CONCELLO DE VIGO MUNICIPIO OPOSTO O TTIP.

ttipA negociación de tratado de libre comercio estase a facer de costas a cidadanía para evitar calquera mobilización ou critica.

Tal e como xa denunciou a eurodeputada Lidia Senra nin sequera as e os eurodeputados teñen acceso o documento completo. Senra relata que as eurodeputadas que queren ter aceso o documento teñen que facelo nunha sala na que apenas hai dúas cadeiras e unha mesa, e na que as eurodeputadas non poden estar máis de dúas horas, acompañados por un funcionario en todo momento e ademais só teñen acceso a documentos parciais nos que se citan anexos que non están o seu dispor.

Os escasos datos públicos indican que neste tratado o que se busca é a liberalización total dos servizos públicos, comprometendo así as competencias dos e das representantes elixidos para administrar con liberdade as súas comunidades.

A Marea de Vigo considera que as administracións locais ao estar preto das necesidades das e dos cidadáns e sendo as canles máis apropiadas para promover os servizos públicos e a industria e emprego locais deben posicionarse claramente en contra deste tratado que ameaza con acabar coa xa de por si , escasa autonomía local.

Non é casualidade que unha e outra vez a cidadanía vexa como os centros de decisión van quedando cada día en institucións que están máis lonxe deles, xa que este brutal ataque centralizador ten como obxectivo acabar co control que o pobo debe lexitimamente exercer sobre as e os seus representantes
Dende a Marea solicitamos que o Concello solicite ao ministerio de Economía e Competitividade a suspensión das negociacións do TTIP ata que remate a falta de transparencia das negociacións e se abra un debate público na UE e nos seus respectivos parlamentos.

CONFERENCIA “POR UNHA BANCA PÚBLICA. RESCATEMOS Á CIDADANÍA, NON AOS DEPREDADORES”

banca publica outes

 

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): A CONXELACIÓN DE TAXAS EN VIGO É INSUFICIENTE XA QUE NON COMPENSAN AS BRUTAIS SUBIDAS ENTRE OS ANOS 2010 E 2013

O coordenador local de EU, Rubén Pérez, lembra que en a finais de 2011 PSOE e BNG aprobaron no pleno unha subida das tasas nun 3,8%, máis dun punto por enriba da inflacción real, e este incremento sumouse no caso do IBI ao 10% aprobado polo goberno mediante real decreto.

Os salarios teñen decrecido de media en Vigo neste período un 6% polo que plantexar exclusivamente unha conxelación afunda na perda de poder adquisitivo dos vigueses e viguesas.

EU considera que sendo o IBI máis do 40% dos ingresos de taxas (case o 26% da totalidade de ingresos nos orzamentos municipais) cómpre actuar sobre este imposto de maneira decidida polo que EU propón un INCREMENTO DUN 100% NO IBI DAS VIVENDAS DESOCUPADAS (entendendo esta como a inexistencia de consumos de auga e luz durante máis de 2 anos) así como INCREMENTAR O IBI nas vivendas de valor catastral superior aos 100.000 euros.

Esquerda Unida propón que se incorpore a figura do aprazamento sine die nos pagos fraccionados da débeda no encanto o suxeito pasivo se atope no desemprego ou perciba uns ingresos inferiores ao SMI. Na actual situación excepcional de crise, os poderes públicos teñen que ser particularmente sensibles as situacións de desemprego e falla de recursos.

EU tamén propón penalizar fiscalmente aos propietarios de solares urbanos consolidados que non cumpren co deber de edificar cun alza de até o dobre da cota do IBI. No mesmo senso, imos penalizar fiscalmente aos propietarios que incumpran o deber de conservar os seus inmobles para provocar a declaración de ruína, decuplicando a taxa cando é o propietario quen a promove.

Do mesmo xeito EU considera que é posible implementar bonificacións como que os planos ou informes solicitados polas entidades sen ánimo de lucro que consten no rexistro de asociacións gocen dunha exención na súa taxa, ao obxecto de facilitar o dereito e o acceso a información por parte do tecido asociativo cidadá.

Esquerda Unida entende que as nosas achegas lle entregan as ordenanzas fiscais un perfil  que incide en facelas máis atentas aos sectores sociais especialmente  golpeados pola crise, asemade de avanzar no campo da progresividade fiscal, isto é, que pague máis quen máis ten.

%d bloggers like this: