ESQUERDA UNIDA FELICITA AOS VECIÑOS E VECIÑAS DE CABRAL QUE OBRIGARON Á XUNTA RECTORA DA COMUNIDADE DE MONTES A REALIZAR UNHA ASEMBLEA INFORMATIVA

EU considera que é evidente que Cabral quere ser informada de que “tipo de proxecto está detas de PORTO CABRAL e que o presidente da Comunidade de Montes debería dimitir de xeito inmediato por intentar impoñer o seu criterio sobre os dos comuneiros

ESQUERDA UNIDA pide a posta en liberdade inmediata dos tres detidos por esixir información e transparencia no proceso e anuncia unha pregunta ao ministerio de interior no Congreso dos Deputados polo “desmesurado dispositivo policial empregado na asemblea de comuneiros de Cabral.

Advertisements

RUBÉN PÉREZ, ESQUERDA UNIDA: “OS QUE DIN ESTAR EN CONTRA DOS CENTROS COMERCIAS COMO PORTO CABRAL, QUE PRESIONEN NO PLENO E EN XERENCIA DE URBANISMO PARA ANULAR O PLAN DE LIÑEIRIÑOS NO PXOM

Para EU é imprescindible anular o actual PXOM e redactar un novo pero, no entanto, comprería erradicar do mesmo o seu proxecto estrela, no seu día considerado o pulmón do PXOM polo equipo redactor de Consulora Galega contratada polo goberno do BNG.

EU considera, oportunismo puro e duro, defender a non presencia do proxecto de Eurofund en Cabral e seguir apostando polo PXOM que o permite. A irresponsabilidade de non artellar no seu día unha protección especial ao monte comunal de Cabral están a sufrila agora os veciños e veciñas da parroquia.

EU non entende porque ao monte comunal de Cabral non se lle pode asignar a mesma figura urbanística que outros montes do concellos, hoxe protexidos do urbanismo, no PXOM vixente.

Rubén Pérez lembra que este foi un dos motivos polos que ESQUERDA UNIDA denunciou o PXOM de Vigo e foi incluído no INFORME AUKEN do PARLAMENTO EUROPEO como exemplo de  que  “España sufriu unha destrución masiva na última década, xa que o cemento e o formigón saturaron esas rexións…o que constitúe unha perda tráxica e irreparable da súa identidade e legado culturais, así como da súa integridade ambiental, e todo iso principalmente pola avaricia e a conduta especulativa dalgunhas autoridades locais e membros do sector da construción que conseguiron sacar beneficios masivos destas actividades, ” que “todas as administracións, central, autonómicas e locais foron responsables de pór en marcha un modelo de desenvolvemento insostible” e que certa lasitude nos procesos xudiciais, non só complicou o problema, senón que tamén xerou unha forma endémica de corrupción”.

O propio informe AUKEN denuncia, como consideramos que pasa no caso de Liñeiriños “a falta de actuación e parcialidade da xustiza española” e que “hai moitos casos de terreos protexidos, ou terreos que deberían protexerse en vista da súa vulnerable biodiversidade, que se desclasifican e reclasifican, ou non se clasifican en absoluto, precisamente para permitir a urbanización da zona en cuestión”.

Denuncia que “as irracionais e cobizosas suposicións dos promotores inmobiliarios e urbanizadores, dan agora paso a unha terrible recesión no país” que “miles de asalariados do sector da construción que agora se enfrontan ao desemprego por culpa das políticas urbanísticas insostibles que se seguiron “, que “este modelo de crecemento ten consecuencias negativas tamén sobre o sector turístico” e que se trata dun modelo espoliador dos bens culturais”.

ESQUERDA UNIDA DUDA DA SOLVENCIA ECONÓMICA DE EUROFUND E DENUNCIA QUE A SOCIEDADE CREADA PARA LEVAR ADIANTE O PROXECTO TEN UN CAPITAL SOCIAL DE 3.006 EUROS.

O coodenador local de EU en Vigo Rubén Pérez considera que os inversores non terán responsabilidade patrimonial e que EUROFUND volta a realizar a mesma xogada que noutros concellos de estado, rexistrando no Rexistro Mercantil unha sociedade EUROFUND INVESTMENTS PORTO CABRAL SOCIEDAD LIMITADA de pouco máis de 3000 euros de capital social, polo que podemos perfectamente cun proxecto nada claro e orientado á especulación pura e dura de terrenos rústicos. Lembra que esta cifra, que da a contabilidade social, é a que marca a participación dos socios e a solvencia da sociedade.

EU lembra que xurídicamente non é a matriz holandesa á que acude ao concurso senón una sociedade unipersonal española polo que ten que cumplir os requisitos de solvencia recollidos no PROCEDIMIENTO DE CONTRATACION PÚBLICA. Os anuncios de “socios inversores” de EUROFUNDS son meros globos sonda xa que se son inversores que poñan “os cartos enriba da mesa no momento da licitación”

Estaremos atentos á mesa de contratación e as propias escrituras da empresa concursante xa que consideramos que non hai solvencia para entregarlle medio millón de metros cadrados de superficie forestal.

EU esixirá ao interventor do Concello de Vigo que evite casos como o de Collado Villaba onde o pleno do concello, previo informe negativo do interventor, parou a concesión dos terrenos a esta empresa, neste caso Eurofund Investments A Vila S.L. ao entender que o convenio urbanístico perxudicaba de xeito evidente ao concello e non ofrecía a solvencia económica necesaria.

EU oponse radicalmente a este proxecto por causas medioambientais, de usos futuros do noso monte, económicas e de impacto sobre o pequeno e medio comercio pero, “somos conscientes de que proxectos como estos se paran na propia tramitación legal, acudindo a fiscalia se é preciso”.

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE MOITOS VECIÑOS E VECIÑAS DE CABRAL DESCOÑECEN AÍNDA O PROXECTO E O IMPACTO DO COMPLEXO DE OCIO DE “PORTO CABRAL” INTERESADAMENTE

EU lembra que queda por coñecerse públicamente o modelo de convenio urbanístico e o concurso público polo que a promotora debería dalo a coñecer antes de que os veciños e veciñas voten. Non pode ser un simple punto ao final da orde do día dunha asemblea de comuneiros, se é preciso, tal e como reclaman moitos veciños, que se artelle unha asemble extraordinaria cun periodo de información pública do proxecto .

Rubén Pérez, coordinador local engade que: “Aquí algúns deben pensar que “somos idiotas” e non coñecemos como traballa Eurofund para gañar o apoio de algúns “estómagos” aos seus proxectos”.

EU considera impresentable a actitude co presidente da Comunidade de Montes de Cabral descalificando como “iluminados” aos veciños e veciñas que xunto con militantes de organizacións ecoloxistas e sociais da cidade fixeron patente que existe unha “sospeitosa prisa” por aprobar a aceptación veciñal a un proxecto delirante e que EU ten en franca sospeita de agochar intereses urbanísticos máis alá do publicitario anuncio dun suposto centro de ocio.

EU ten reiteradamente anunciado que “coñece moi ben como actúa EUROFUND”, que tipo de “folla de ruta” sigue para dar estes pelotazos e considera oportuno abrir un debate na cidade sobre o modelo de desenvolvemento que estas operacións urbanísticas levan adiante coa excusa, nunca cristalizada, de crear miles de postos de traballo.

ESQUERDA UNIDA manterá xuntanzas con colectivos da cidade para ir conformando unha plataforma cidadá contra este proxecto. Aqueles que venden que estamos contra o progreso empregan os mesmos argumentos que no seu día O Pocero en Seseña ou os promotores do Palma Arena verquían contra a cidadanía informada que ve máis aló de estudadas operacións propagandísticas en prensa., engadíu Rubén Pérez, coordinador local de EU en Vigo.

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA INAPLAZABLE A CONCRECCIÓN DUNHA NOVA CULTURA DA AUGA EN VIGO

Rubén Pérez recorda que existía no rural vigués un valiosísimo sistema de rego en forma de pequenos afluentes e que paulatinamente foi conectado a rede de sumidoiros polo Concello en vez de crear lagunizacións e balsas de reserva. O propio concello en 2007 estimou esta auga que se perde directamente á rede en 180.000 litros de auga diaria.

Para ESQUERDA UNIDA esta nova cultura da auga pasa por dar uso os miles de litros de auga depurada que se verten dende o emisario submarino da depuradora en forma de litros de auga para baldeo de rúas en vez de delipidar miles de litros de auga de rede. Case 800.000 litros de auga da rede potable empréganse cada día en baldeo de rúas. Igualmente para ESQUERDA UNIDA é alucinante que coas humanizacións se axardinaran moitas rúas con superficies vexetais que requiren regos constantes en vez de especies que non precises de tanta auga.

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo salientou que nos próximos anos vence a concesión da empresa privada ACUALIA sobre o servicio de augas en Vigo, polo que é un momento inmellorable para que se municipalice este servicio, creando una empresa municipal de augas que acabe co inxusto e medioambientalmente perigoso sistema de cálculo do consumo sobre 30 metros cúbicos lineais porque non fomenta o aforro das familias. EU recorda que en Vigo todos pagamos de base 30 metros cúbicos no recibo de auga aínda que non se consuman polo que resulta dificil fomentar. ESQUERDA UNIDA considera perentorio retirar ás empresas privadas con ánimo de lucro dos servicios públicos sensibles como é o da auga e o saneamento.

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA UXENTE CONCRETAR AS SEGUINTES MEDIDAS:

1. Aprobación no pleno do concello dunha ORDENANZA DE AFORRO DE AGUA elaborada pluralmente cos colectivos ecoloxistas, mancomunidades de montes e movemento veciñal.
2. Riguroso análise biolóxico das augas depuradas polas EDAR de Vigo para confirmar que poden ser empregadas polo servicio de limpeza de rúas para baldeos
3. Realizar baldeos en días alternos e non diarios
4. Sustitución das zonas axardinadas das especies con grandes necesidades de rego (flores de tempada por exemplo). Crear nas zonas axardinadas zonas de sombra que reduzan o efecto desencante do sol
5. Apertura dun estudo económico-financeiro para o rescate público da concesión municipal de augas
6. Recuperación do sistema de regatos do rural vigues e recanalización das augas para balsas e lagunizacións para usos múltiples (agrarios, industriais,..)
7. Peche das duchas das praias (innecesarias e de consumo excesivo)
8. Inspección en todas as industrias de lavado: lavandarías, autolavados de coches,.. para comprobar que dispoñen das obligatorias medidas de aforro de auga.

Crónica do foro de agroecoloxía

Esq. a der.: Manuel Garrido (Árbore), Sira Rego (IU-Rivas), Belén Fervenza (SLG), Lino Costas (Área Medioambiente EU)

O sábado día 09 de Abril tivo lugar no Centro Cultural Caixanova de Vigo o Foro de Agroecoloxía organizado pola Área de Medioambiente de Esquerda Unida na Comarca de Vigo.

Foi presentado por Lino Costas, responsable da Área. Asitiron como invitados Sira Rego (concelleira de IU de Rivas Vaciamadrid), Belén Fervenza (agricultora ecolóxica e membro do Sindicato Labrego Galego) e Manuel Garrido (compañeiro de EU Vigo e Membro da cooperativa Árbore de consumo consciente).

Belén Fervenza comentou o traballo que realiza como agricultora e as dificultades que se atopa tanto á hora de conseguir sementes non tratadas e como á de facerse oco no mercado. Neste senso recalcou a importancia de educar ás persoas para que valoren realmente o traballo que levan os alimentos ecolóxicos e os seus beneficios para a saúde. Por outra banda, reivindicou o orgullo e dignidade da agricultura tradicional e a importancia cultural e medioambiental que ten.

Manuel Garrido explicou a labor que leva realizando a Cooperativa Árbore dende fai dez anos. Cun claro crecemento, tanto en socios coma en volumen de traballo. A Cooperativa é un punto de encontro social que reforza o cambio de hábitos para transformar aos consumidores nuns consumidores conscientes, é dicir, que empreguen productos ecolóxicos, sostibles e desenrolados en empresas que respetan aos traballadores. Así, Garrido comentou algúns dos principios reitores de Árbore, coma son o movemento alterglobalización, carácter non capitalista, o principio de soberanía alimentaria, transparencia, redes alternativas, a socialización, solidariedade,etc. Recalcou tamén ao igual que Belén a importancia da educación das persoas en materia alimentaria e social, que propicie ese cambio de hábitos de consumo. A Cooperativa Árbore pertence á Rede de cooperativas Sinerxia.

Pola súa parte, Sira Rego, expuso os proxectos que veñen convertendo en realidade dende fai uns anos no municipio madrileño de Rivas Vaciamadrid. Por unha banda falou do proxecto de agroecoloxía polo que se utilizaron terreos do concello que non tiñan uso por ese entón para acondicionalos cun fin agrario, cultivando productos ecolóxicos e de consumo local. Para dinamizar á súa venda organizaron un mercado agroecolóxico e por outra parte crearon hortas de proximidade (entre as edificacións) para abastecer á comunidade. Tamén contan cunha zona de sementación experimental, onde proban as diferentes especies e a súa adaptación ao clima da zona.

Para facilitar o acceso dos veciños a traballo agrícola municipal, puxeron en marcha arrendamentos da terra a prezos baixos e fomento do autoemprego. A resposta da cidadanía foi moi boa e este traballo absorveu parte das persoas desempregados doutras ramas, como pode ser a construcción. Dada esta disposición favorable, Sira informou que están estudiando a viabilidade da creación dunha pequena explotación agropecuaria de aves, instalación de panais de abellas e un parque ecolóxico. Para reforzar os coñecementos dos traballadores realizan tamén cursos de formación e capacitación e por outra banda grupos de consumo e educación ambiental.

Tras as tres intervencións abriuse un turno de palabras onde os asistentes achegaron interesantes opinións. Finalmente, os tres oradores e a Área de Medioambiente de EU  esperan que este acto  servise para plantar a semente de futuros proxectos de agroecoloxía na nosa comarca.

Acto público: Foro de agroecoloxía e consumo responsable

%d bloggers like this: