Cadea humana: Non a Macrodepuradora no Lagares

Este vindeiro Sábado, 17 de Xullo, a Comisión de Afectados pola Depuradora do Lagares e A Ría Non Se Vende, convocan unha manifestación contra a Macrodepuradora no Lagares. Desde Esquerda Unida de Vigo invitamos a todos os e as cidadáns a paricipar nesta manifestación, que consistirá nunha cadea humana o redor da actual depuradora do Lagares, para rematar cunha gran pitada.

SÁBADO 17 DE XULLO

MANIFESTACIÓN CONTRA A MACRODEPURADORA DO LAGARES

CADEA HUMANA

ÁS 19:00H

Advertisements

Willy Meyer propón en Bruxelas unha visita do Parlamento Europeo para avaliar a contaminación da Ría de Vigo

Willy Meyer e Jose Antonio Fernández

O pasado día 28 tivo lugar unha reunión da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo que abordou a problemática da contaminación da Ria de Vigo, especialmente ante a prevista ampliación da depuradora de Lagares. O eurodiputado de EU, Willy Meyer, destacou a necesidade de preservar a biodiversidade da Ría. Por ese motivo, pediu que as peticións quedasen abertas e propuxo á Comisión que estudase a posibilidade de desprazarse a Vigo para realizar un estudo integral da Ría de Vigo.


A reunión contou coa presenza dos peticionarios das tres queixas. En primeiro lugar interveu José Antonio Fernández, en nome da Plataforma de Afectados pola Depuradora do Lagares, que presentou a petición 0260/1999, que leva máis de once anos sendo abordada pola Comisión e que conta co respaldo de máis de 4000 firmas. A súa intervención centrouse nas carencias do proxecto de nova depuradora e demandou a retirada dos fondos públicos europeos do mesmo, en base á vulneración de directivas comunitarias.

Esta nova depuradora pretende substituír a anterior construída con financiamento comunitario fai doce anos e cuxo deficiente funcionamento carrexou a vertedura de miles de litros sen tratar á Ría de Vigo, con graves repercusións ambientais. Como consecuencia diso, a praia de Samil presentou altos índices de bacterias coliformes e a presenza de metais pesados nas augas da Ría foi amplamente documentada.

Cabe sinalar que no marco desta petición a Comisión Europea iniciou o procedemento por infracción incoado por mor da denuncia 2000/4432 referida en concreto á Ría de Vigo, no marco do recurso por incumprimento contra España (asunto C-26-04). A sentenza do Tribunal de Xustiza xa sinalou que o Reino de España incumprira o artigo 5 da Directiva 79/923/CEE para a Ría de Vigo.

José Antonio Fernández denunciou que neste contexto, exponse a construción dunha nova EDAR no mesmo lugar, con novo emisario situado dentro da Ría, sen un sistema de tratamento adecuado de augas e deseñado desde un punto de vista localista, que incumpriría, do mesmo xeito que a actual depuradora, varias directivas comunitarias, ademais de carrexar a afección de cinco Hábitats de Interese Comunitario situados na Xunqueira do Lagares. A este respecto, entregou diversos estudos que documentaban esta vulneración do dereito comunitario.

Tamén compareceu ante a Comisión Serxio Regueira, representante da Plataforma pola Defensa dá Ría de Vigo, que denunciou as obras de Porto de Vigo, a especulación urbanística e diversas actuacións acaecidas na Ría (recheos, almacenamentos de augas residuais, etc… sen os EIA pertinentes) e que pediu un estudo ambiental integral da Ría que inclúa medidas correctoras.

Pola súa banda, tamén interveu Antonio Lores, en nome da Plataforma pola Conservación da Bahía de San Simón, que denunciou un hormigonado e diversos recheos realizados na Ría, relacionadas coas obras do Porto de Vigo que se iniciaron sen a realización previa de ningún estudo de impacto ambiental.

Willy Meyer, vicepresidente da Comisión de Peticións, interveu para destacar que se trata dun claro exemplo da necesidade de protexer a biodiversidade. “Todos somos responsables de preservar a riqueza natural da Ría de Vigo”. Agradeceu aos peticionarios que leven estes problemas ao Parlamento Europeo, “problemas que a propia Comisión Europea recoñeceu”. Por iso, pediu que as tres peticións quedasen abertas e propuxo á Comisión de Peticións que estudase a posibilidade de visitar a Ría. “Leváronse a cabo actuacións na Ría de Vigo que pon en perigo toda a biodiversidade e moitísimos postos de traballo que dependen da pesca e do marisqueo”.

Así mesmo, o eurodiputado de Esquerda Unida interpelou  á Comisión Europea sobre o anteproxecto da nova depuradora de Vigo. A este respecto, indicou que se prevé que 104 millóns de euros (46´66% do financiamento total) provirán de Fondos FEDER. Na súa interpelación, pediu información á Comisión sobre o seguimento realizado do programa de redución da contaminación da Ría de Vigo e, ante unha posible vulneración de normativa comunitaria, instou á Comisión Europea a explicar as “accións emprendidas para garantir que a nova EDAR respecte a Directiva Marco da auga 2000/60/CE, a Directiva 91/271/CEE relativa ao tratamento de augas residuais urbanas, a Directiva 2006/77/CE relativa á xestión da calidade das augas de baño, a Directiva 96/61/CE relativa á prevención e control integrados da contaminación, a Directiva 79/923/CE sobre a calidade esixida ás augas para a cría de moluscos, a Directiva 92/43/CEE (Hábitats) e a Directiva 2006/11/CE relativa á contaminación causada por determinadas sustancias perigosas vertidas no medio acuático”.

Ref: http://www.willymeyer.es/index.php?sec=15&l=es&id=176

Manifestación dos veciños de Coruxo contra a depuradora do Lagares (30/05/09)

Este pasado Sábado os veciños de Coruxo sairon a manifestarse en contra da actual depuradora do Lagares, por culpa da cal levan 12 anos sufrindo (cheiros pestilentes, insalubridade, enfermidades,…), e do proxecto da futura macro-depuradora. Esquerda Unida de Vigo estivo ali para solidarizarse cos veciños afectados por esta situación insostible, inxusta e ilegal.

O eurodeputado de IU, Willy Meyer, onte na cidade de Vigo

O cabeza de lista de IU ó Parlamento Europeo coñeceu de primeira man o problema do convenio do metal e as carencias medioambientais da cidade

A visita de Willy Meyer a Vigo serviu para dar a coñecer e facer un seguimento das diversas iniciativas que ESQUERDA UNIDA ten presentado no Parlamento Europeo relacionadas con problemas medioambientais, como a petición sobre a non construcción da nova depuradora no entorno da xunqueira do Lagares ou as carencias legais do novo PXOM. Meyer, acompañado de membros da dirección comarcal de EU-IU Vigo tamén visitou o entorno da actual depuradora, obxeto de graves deficiencias de funcionamento e que amenazan de forma grave a ría de Vigo.

O candidato de Esquerda Unida ás eleccións europeas, tras reunirse con sindicalistas de Comisións Obreiras onte ao mediodía, desprazouse a Coruxo para visitar as inmediacións da depuradora situada a en a rivera do río Lagares, antes de reunirse con veciños da zona e asociacións ecoloxistas e veciñais de Vigo.

O candidato de Esquerda Unida ás eleccións europeas, tras haberse reunido con sindicalistas de Comisións Obreiras onte ao mediodía, desprazouse a Coruxo para visitar as inmediacións da depuradora situada a en a rivera do río Lagares, antes de reunirse con veciños da zona e asociacións ecoloxistas e veciñais de Vigo. Durante a reunión cos veciños, representantes da Plataforma en defensa do litoral de Teis, expuxeron a necesidade de evitar a privatización da costa, a través de “deslindes á carta” e a venda de terreo público para a construción de instalacións e portos deportivos privados. Meyer comprometeuse cos veciños a estudar a venda da ETEA (Vigo) e o proxecto de construción da Cidade do Mar.

Willy Meyer, acompañado polo colectivo de afectados pola depuradora de Coruxo, visitou as inmediacións destas instalacións, observando a degradación da zona e puido escoitar de viva voz dos afectados as graves consecuencias para a calidade de vida e a saúde humana que a proximidade desta depuradora implica. Os veciños de Coruxo, en pé de guerra, desde 1999, contra unhas instalacións, que segundo eles, son ?ineficientes, producíndose vertidos sen depurar directamente á Ría de Vigo, supoñen un foco de contaminación que está a destruír unha zona recoñecida como prioritaria polos Directiva hábitats, que devaluaron as súas propiedades e que son a causa dun alto índice de enfermidades alérxicas, dérmicas e gástricas, entre outras?, pediron ao eurodiputado que impulse as súas demandas no Parlamento Europeo. Tras o percorrido cos veciños, Meyer constatou a degradación da zona e o dano que o actual proxecto de ampliación suporía, situándose a escasos metros das casas e porta con porta co instituto de Coruxo, e terminando co bosque e a junquera que sempre caracterizaron a esta fermosa zona da ría viguesa. Meyer lembrou que “o Tribunal de Xustiza da Unión Europea acaba de condenar (o pasado 7 de Maio) a España ao detectar incumprimentos do directiva marco europea da auga nas lexislacións autonómicas de Galicia, País Vasco, Andalucía, Baleares e Canarias” e comprometeuse a defender a petición presentada ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, e a facer chegar a súa loita ao Parlamento nacional a través do grupo de Esquerda Unida.

%d bloggers like this: