RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA) “QUEN DEFENDE A EUROPA DE MAASTRICH TAMÉN DEBERÍAN SER CONSIDERADAS PERSOAS NON GRATAS EN VIGO”

Para ESQUERDA UNIDA é o tratado o que permite á Comisión Europea a coordinación das políticas industriais dos países membros. Lembra que o artigo 157, modificado no Tratado de Niza, deixou en evidencia que o sector naval en Galicia non interesa o máis mínimo a Bruselas.

Rubén Pérez, coordinador local de ESQUERDA UNIDA consideran que Almunia namentres actúa en base a asunción do PSOE e do PP destas políticas herdeiras dun modelo de construción europea profundamente inxusto e con diverxencias industriais máis que notorias; permite a gobernos manter e incluso alimentar con cartos públicos industrias que consideran estratéxicas (sector naval, aceiro e mesmo carbón…) e condena ao estado español a facelas desaparecer en aras dunha converxencia ficticia.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE A REFORMA DA LEI DE BASES DE RÉXIME LOCAL DESTROZARÁ OS SERVIZOS SOCIAIS E O CONCEPTO DE SERVICIO PÚBLICO EN VIGO

O coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez rexistrou hoxe no rexistro do Concello de Vigo unha proposta de moción instando á defensa da autonomía local e a pedir a retirada da Reforma Local do PP aprobada no consello de ministros do venres pasado.

Rubén Pérez considera “extremadadamente grave” que segundo recolle esta lei un concello como o de Vigo non poda crear empresas públicas para xestionar a auga, o transporte ou mesmo os servizos sociais máis básicos. Estamos ante un “atentado ao municipalismo progresista” que ten que contar co rexeitamento colectivo do tecido social, sindical e veciñal da cidade.

Concello_de_VigoPara ESQUERDA UNIDA a reforma supón claramente o fin do municipalismo en numerosas vilas de Galicia e do conxunto do estado pretextando falsidades e argumentos falaces como a “reducción de costes” ou a “eliminación de duplicidades”. Estamos diante dunha reforma que atenta contra o cerne da democracia representativa e da participativa aquela que ten arraigo nos concellos máis pequenos, consolida a privatización dos servizos públicos municipais e favorece a iniciativa privada desenvolvendo o infumable artigo 105 da Constitución que prima o pago da débeda sobre calquera consideración política e social.

A reforma é mais cousas: a recentralización do funcionariado habilitado estatal, a insuficiencia financieira para a atención social e a desaparición dos servizos públicos de calidade. En definitiva é unha volta à tutela sobre os concellos imposibilitanto políticas públicas de progreso. Literalmente fai imposible a existencia dun Instituto Municipal de Vivenda e  está por ver o futuro da Mancomunidade ou de Emafesa, por exemplo.A reforma respira tutela dunha administración sobre outra. Ignora as competencias autonómicas sobre réxime local e despreza aos Concellos como parte do Estado en pé de igualdade coas demais administracións.

A intervención sobre a obsesión da sustentabilidade financeira percorre todos os aspectos normativos da devandita reforma. Fala de racionalizar a estrutura organizativa cando quere dicir privatizar servizos e entes instrumentais, e recoñece como un dos obxectivos o favorecer a iniciativa económica privada, evitando intervencións administrativas desproporcionadas. Aquí reside a clave de bóveda da reforma: enfraquecemento da democracia local a través da redución das súas competencias, anteposición dos principios financeiros neoliberais sobre calquera outra consideración na xestión municipal, intervención e fortalecemento dunha entidade decimonónica, asociada ao clientelismo e a falta de transparencia e control democrático, como son as Deputacións Provinciais, e privatización dos servizos públicos por esta nos municipios que perdan a titularidade das súas competencias. Chaman profesionalidade e transparencia á eliminación da política no ámbito local.

 

9M_mini

VÍDEO DO 1º DE MAIO CON ENTREVISTAS A EVA SOLLA (AGE) E ROMÁN ALONSO (EU)

ESQUERDA UNIDA PIDE BUSCAR A FÓRMULA PARA RESCATAR A CONCESIÓN SEN DAR UN “EURO” Á CONCESIONARIA POR MALA XESTIÓN E INCUMPLIMENTO DO PLEGO DE CONCESIÓN DO AUDITORIO MAR DE VIGO PARA DARLLE UN USO ÚTIL AO TECIDO ASOCIATIVO E CULTURAL DA CIDADE

Esquerda Unida cree que o “sobreprezo” que tivemos que pagar pola infraestructura: orixinariamente cun proxecto de de 85,7 millóns (proxecto orixinal aprobado polo Goberno local en outubro de 2006) e que tivo un orzamento final de 154,5 millóns de euros, xustifica xa o rescate sen dar “un euro” á concesionaria. Lembra que a ampliación da concesión era como compensación por reducir o espazo privado do complexo nun 20% pero o sobrecuste brutal da construción compensaría esta desviación.

EU non entendía como no seu día unha UTE entrou a xestionar unha instalación pública con prezos que eran prohibitivos ate para o propio Concello que en ocasións derivou actos ao centro social caixanova simplemente por “prezo”. EU lembra que o Concello somentes tiña 3 días gratuitos ao ano para actividades polo que a inversión pública tanto da Xunta como do propio concello quedaba supeditada ao negocio da empresa explotadora do edificio.

Auditorio_Pazo_de_Congresos_Mar_de_VigoEU sigue defendendo que Vigo precisa dun gran CENTRO SOCIAL E CULTURAL unha vez dinamitada as obras sociais das Caixas. Apostamos por que este centro sexa o edificio da actual panificadora, xuntando a vella idea de CASA DA SOLIDARIEDADE (edificio colectivo con oficinas e espazos de usos múltiples para as ONG´s e asociacións de Vigo) a de CULTURAL E SOCIAL e a nosa proposta de crear un ATENEO en Vigo como funciona de xeito exemplar en cidades como Madrid e Barcelona.

Remunicipalizar o AUDITORIO MAR DE VIGO significaría poder establecer un criterio máis amplo de tasas por uso do auditorio en base a realidade de que a maioría das asociacións veciñais, sindicais, políticas e culturais da cidade non podían facer fronte a tasas dunha empresa privada por enriba dos 1000 euros por media xornada. Un prezo público e realista significa que os centos de actos sociais da cidade que se realizan noutros espazos pasarían a realizarse neste espazo público, dinamizando o auditorio nun tempo en que os congresos profesionais ou grandes eventos artísticos sufren unha diminución importante en todo o estado (neste último caso pola subida do IVA do sector cultural).

EU considera que “xa está ben” soterrar cartos públicos en reflotar unha concesionaria e un espazo mal concebido dende o principio.

A DEPUTADA EVA SOLLA PRESENTA UNHA MOCIÓN RELATIVA ÁS AXUDAS DE SUBSIDIACIÓN DE HIPOTECAS

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE MOITOS VECIÑOS E VECIÑAS DE CABRAL DESCOÑECEN AÍNDA O PROXECTO E O IMPACTO DO COMPLEXO DE OCIO DE “PORTO CABRAL” INTERESADAMENTE

EU lembra que queda por coñecerse públicamente o modelo de convenio urbanístico e o concurso público polo que a promotora debería dalo a coñecer antes de que os veciños e veciñas voten. Non pode ser un simple punto ao final da orde do día dunha asemblea de comuneiros, se é preciso, tal e como reclaman moitos veciños, que se artelle unha asemble extraordinaria cun periodo de información pública do proxecto .

Rubén Pérez, coordinador local engade que: “Aquí algúns deben pensar que “somos idiotas” e non coñecemos como traballa Eurofund para gañar o apoio de algúns “estómagos” aos seus proxectos”.

EU considera impresentable a actitude co presidente da Comunidade de Montes de Cabral descalificando como “iluminados” aos veciños e veciñas que xunto con militantes de organizacións ecoloxistas e sociais da cidade fixeron patente que existe unha “sospeitosa prisa” por aprobar a aceptación veciñal a un proxecto delirante e que EU ten en franca sospeita de agochar intereses urbanísticos máis alá do publicitario anuncio dun suposto centro de ocio.

EU ten reiteradamente anunciado que “coñece moi ben como actúa EUROFUND”, que tipo de “folla de ruta” sigue para dar estes pelotazos e considera oportuno abrir un debate na cidade sobre o modelo de desenvolvemento que estas operacións urbanísticas levan adiante coa excusa, nunca cristalizada, de crear miles de postos de traballo.

ESQUERDA UNIDA manterá xuntanzas con colectivos da cidade para ir conformando unha plataforma cidadá contra este proxecto. Aqueles que venden que estamos contra o progreso empregan os mesmos argumentos que no seu día O Pocero en Seseña ou os promotores do Palma Arena verquían contra a cidadanía informada que ve máis aló de estudadas operacións propagandísticas en prensa., engadíu Rubén Pérez, coordinador local de EU en Vigo.

%d bloggers like this: