ESQUERDA UNIDA CONSIDERA UNHA BOA NOTICIA A VISITA DUNHA DELEGACIÓN DA COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO ANTE AS REITERADAS DENUNCIAS SOBRE A CONTAMINACIÓN NA RÍA DE VIGO

O vindeiro 13 de febreiro esta comisión europea visitará a ría de Vigo e manterá xuntanzas con cidadáns e organizacións peticionarias e visitará espacios da ría que teñen sido reiteradamente denunciados polos altos niveis de contaminación (depuradora de Coruxo) ou por ser espacios con constantes agresións medioambientais (proxecto do Porto da Lagoa en Teis ou espacios sometidos a aterramentos e recheos). EU lembra que foio o eurodeputado de Esquerda Unida, Willy Meyer (que participará nesta comisión presidida polo eurodeputado do Partido Popular Europeo Philippe BOULLAND) o que en 2010 solicitou formalmente a visita a Vigo durante unha comparecencia de veciños de Coruxo e Teis no Parlamento Europeo. Lembra que PSOE e PP non quixeron nesta comisión que esta visita se producira.

Xunqueira LagaresO borrador da proposta da visita da comisión europea di textualmente que : “El Comité de Peticiones ha recibido un total de 11 peticiones de ciudadanos en la comunidad española autónoma de Galicia. Los solicitantes denuncian los altos niveles de contaminación de agua en varias áreas costeras, notablemente en varios estuarios de diversidad biológica notable e incluyendo un sitio de Natura2000. Las causas parecen ser prácticas de tratamiento de aguas negras sobre todo urbanas en un número de puntos, y también un número de instalaciones industriales. Las dos áreas principales geográficas concirnieron son la Bahía de Vigo y dos estuarios alrededor de un Coruna y la Ferrol.

O Coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera “oportuna” “necesaria” e que ten que poñer “as cores” ao Concello de Vigo pola súa nefasta xestión da política de depuración de aguas, “á Xunta de Galicia e ao Porto de Vigo” por permitir portos deportivos e recheos en zonas costeiras e de alto valor ecolóxico e marisqueiro. Esta visita, para o coordenador local de EU, “ten que ser un serio correctivo para tres administracións con nula sensibilidade medioambiental con respecto a nosa ría.

Esquerda Unida de Vigo aproveitará a visita para denunciar proxectos como o do Porto Deportivo de Canido e denunciar que a nova depuradora proxectada en Coruxo “non solucionará os problemas de depuración de agua en Vigo” e quederá obsoleta en pouco tempo como a anterior.

Advertisements

Esquerda Unida celebrou un acto público no Centro Cultural de Coruxo

Esq. a der.:Eva Solla (nº2 EU por Vigo) e Rubén Pérez (candidato EU por Vigo)

ESQUERDA UNIDA celebrou onte un acto público no Centro Cultural de Coruxo. O candidato a alcaldía, Rubén Pérez e Eva Solla, nº 2 da candidatura puxeron en común coa veciñanza do barrio os eixos programáticos de Esquerda Unida en materia de emprego, participación cidadá e democratización do Concello.

 Eva Solla falou do programa de participación de Esquerda Unida cos eixos principais dos ornamentos participativos, creación das asambleas de distritos e parroquias e os mecanismo de loita contra a corrupción no ámbito municipal.

Rubén Pérez fixo fincapé no modelo de Esquerda Unida como forza municipalista que considera os municipios e como extensión os barrios, como os primordiais centros do traballo político e de toma de contacto coa cidadanía. Defender barrios máis fortes é defender políticas de participación cidadá e servizos públicos eficaces.

Falouse tamén da problemática da depuradora do Lagares, Para ESQUERDA UNIDA esta nova depuradora con novo emisario situado dentro da Ría, sen un sistema de tratamento adecuado de augas e deseñado desde un punto de vista localista, incumprirá, do mesmo xeito que a actual depuradora, varias directivas comunitarias, ademais de carrexar a afección de cinco Hábitats de Interese Comunitario situados na Xunqueira do Lagares.

ESQUERDA UNIDA defende unha EDAR en altura (nos espacios despoblados como os forestais) e con estacións de bombeo e rede separativa de augas pluviais e fecais. Por outra parte das políticas de xeración de emprego a través da recuperación de sectores económicos como a agricultura no rural e sector forestal e a potenciación da economía social e o cooperativismo, modelo existente noutros concellos gobernados por Esquerda Unida como Rivas Vaciamadrid. Así como da creación de novas empresas de servizos públicos ou remunicipalizar os privatizados como o da auga e o do transporte urbano.

O acto finalizou cunha rolda de preguntas dos veciños e veciñas con inquedanzas respecto a falta de emprego, o PXOM e o  cumplimento da Lei da Memoria Histórica no Concello.

Vídeo do acto:

%d bloggers like this: