MAREA DE VIGO COLABORA COA REDE DE SOLIDARIEDADE POPULAR (RSP) NA SÚA CAMPAÑA “NON AO MALTRATO ANIMAL”

Marea de Vigo colabora coa Rede de Solidariedade Popular (RSP) na súa campaña “Non ao maltrato animal”.

Dende o pasado xoves, a RSP recolleu, en diferentes puntos da cidade, alimentos, menciñas para animais como pipetas e colares, así como outros obxectos para o seu coidado como poden ser camas, xoguetes, etc…

Nesta ocasión a RSP colaborou coas protectoras “Villa Peixiños”, en Coruxo, e “Os Biosbardos” en Ponteareas, asociacións que están realizando unha importante labor ao marxe das institucións, dadas as nulas políticas animais que levan a cabo. No Concello de Vigo, non existen políticas de adopción nin mesmo de transparencia con respecto á protección animal, mantendo, ano tras ano, un convenio cunha asociación (empresa privada) sobre a que non se establece ningún tipo de control, mantendo un absoluto escurantismo incluso para as persoas que desexan visitar o lugar, tal e como xa comprobou e denunciou publicamente a Marea de Vigo.

Elisa Pérez, coordinadora da RSP, manifesta que “a solidariedade non só ten que ser para as persoas, senón para todo ser vivente”, mentres destaca o traballo das protectoras, que “fan o seu traballo diariamente, traballo que debe ser ser valorado e polo que hai que agradecer”, fronte as pretensións das institucións por instaurar políticas de xestión privada tamén para a protección animal, convertendo isto nun completo negocio. Elisa Pérez critica tamén que se poidan lexislar sancións a aquelas persoas que dan comida aos animais na rúa e mesmo as acollidas dos mesmos.

Marea de Vigo colaborou cedendo as súas instalacións e con recursos humanos, por medio do seu equipo de medio ambiente. As recollidas fixéronse o xoves e o venres da semana pasada, e distribuídas no día de hoxe e mañá. En total, na recollida, destacaron as doazóns para nais con crías e para as propias crías. En total, obtívose case unha tonelada de comida (á marxe de máis material) nos dous días nos que se estivo nos barrios de Navia e Torrecedeira.

Advertisements

Esquerda Unida mantivo unha xuntanza coa Rede Social Galicia Sur

O mércores día 11 de Maio, Rubén Pérez (candidato á Alcaldía de Vigo ), Eva Solla (nº2) e Nair Rodriguez (nº4) mantiveron unha xuntanza co actual Coordinador da Rede Social Galicia Sur, David Viso (agrupación de asociacións e colectivos que traballan no ámbito social e de cooperación internacional para o desenvolvemento).

O representante da Rede, que lembrou que naceu en 2005 como Foro Social Galicia Sur, explicou a doble vertente de traballo que realizan: por unha banda o compromiso social na nosa cidade cos máis desfavorecidos e por outro a cooperación internacional.

Respeto á problemática social na cidade de Vigo a Rede destaca o problema da carencia dun albergue en Vigo ata o de agora. Reflicten que é positivo que xa este aprobado, pero o seu plantexamento resulta insuficiente, xa que é necesario que o servicio sexa un centro de inclusión social e non un mero albergue. Neste punto coincide plenamente Esquerda Unida, que ademáis continúa defendendo como ubicación o edificio da Gota de Leite, no que os investimentos necesarios eran moi inferiores do que agora se precisaría por tratarse dun edificio que xa estaba acondionado para tal uso. Por outra banda, Rubén Pérez reflectiu que o centro debe ser público, o que aseguraría igualdade no acceso ás persoas en situación de exclusión social. O representante da Rede lembrou que as persoas sen fogar non deben ser instrumento de batalla electoral.

A nivel de cooperación internacional Esquerda Unida propón que a `partida orzamentaria para este fin sexa de alomenos un 1% dos ornamentos municipais (actualmente non chega ao 0.1%, incumplindo pois o obxetivo do 0.7%). Outra das propostas é a creación dunha concellaría delegada da Paz,Solidariedade e Dereitos Humanos encargada de xestionar os recursos e traballar coas ONG´s e asociacións que operan no noso Concello, así como de concienciar mediante campañas á cidadanía da importancia de este traballo, algo totalmente necesario según a Rede Social Galicia Sur, que se queixan do desinterés de algunhas autoridades locais que dificultan o mantemento do Consello Local de Cooperación Internacional e Solidariedade do Concello de Vigo e a difusión do proxecto de sensibilización que se realizou no ano 2010 así como o de 2011 programado para os meses setembro-decembro 2011 (exposicionpuertas.org) .

Rubén Pérez destacou tamén o bo funcionamento en Educación para o Desenvlovemento e Cooperación que están a ter os Concellos onde goberna Esquerda Unida no estado Español e comproteuse a levar estas propostas á practica se sae electo nos vindeiros comicios. Por outra banda invitou á Rede a continuar a colaboración con Esquerda Unida tras as municipais.

Esquerda Unida propón medidas para a sacar a Vigo do furgón de cola das cidades que menos invirten na partida orzamentaria de cooperación e sensibilización

Esquerda Unida de Vigo en definitiva comprométese a traballar para conseguir outro mundo posible tamén dende o local.

 Nair Rodríguez, nº 4 da candidatura ao Concello de Vigo e responsable de Cooperación e Solidariedade de Esquerda Unida-Vigo considera que os vigueses e viguesas non estamos fóra do mundo. Pertencemos a un mundo global no que a maioría da poboación vive por debaixo do umbral da pobreza. Por iso a cooperación ao desenvolvemento convértese nunha obriga para o primeiro mundo ao que pertencemos. Unha obriga ética e de xustiza que implica o apoio ao desenvolvemento dos pobos e ao recoñecemento dos seus dereitos, unha obrigación de respecto á súa historia e a súa cultura e un compromiso coa paz.

 Para iso, Esquerda Unida actuará coas seguintes propostas: 

  • Participación cidadá e mobilización social. EU non se limitará a unha mera tarefa de dispensadores de servizos, senón que promoverá e impulsará a participación. Para iso propón constituír en cada concello un Consello Municipal de Paz, Solidariedade e Cooperación con carácter consultivo.
  •  Creación dunha partida específica de cooperación ao desenvolvemento que abarcará como mínimo o 1 % do orzamento municipal. 
  • Creación dunha concellaría delegada de Paz, Solidariedade e Dereitos Humanos
  • Cooperación bilateral/solidariedade: Capacitación de técnicos e a cofinanciación dos proxectos municipais, apoio ao as administracións locais do Sur e apoio ao asociacionismo municipal. 
  • Combinar a cooperación a través de ONG coa cooperación directa cos municipios a través de irmandamentos solidarios que que axude ao fortalecemento institucional, a participación popular e superación do empobrecemento. 
  • Conseguir a implicación da cidadanía a través de información e campañas promovidas polo concello por decisión propia ou en coordinación cós movementos sociais na que a visión dos pobos do Sur debe ser obxectiva e respetuosa. Para iso traballarase para que nos medios de comunicación locais non se usen imaxes catastróficas ou idílicas que incitan á caridade en lugar da reflexión e a solidariedade. 
  • No ámbito da educación para o desenvolvemento propón promover e subvencionar mediante convenios cos centros de ensino: Proxectos educativos que incorporen a educación para a paz e a solidariedade como eixo transversal e irmandamentos e relacións en xeral da comunidade educativa con centros de ensino de países do Sur. 
  • Comercio xusto-consumo responsable: Desde os concellos débese dar un pulo importante a esta actividade axudando a crear e desenvolver redes locais de comercio xusto, facilitándolles a relación con establecementos comerciais, apoiando a participación destes na actividade, reservando espazos en mercados e feiras municipais e dándoa a coñecer á poboación. 
  • EU priorizará que os fondos asignados á cooperación para o desenvolvemento destínense á realización de actuacións –programas, proxectos…– que contribúan a resolver situacións carenciales crónicas de grupos de poboación mediante o reforzo das capacidades económicas, sociais ou culturais destes colectivos e a realización de actuacións de axuda humanitaria –alimentaria e de emergencia. 
%d bloggers like this: