ESQUERDA UNIDA CELEBRA A RETIRADA DA ACUSACIÓN CONTRA DIEGO LORES

diegoloresEsquerda Unida de Vigo únese á celebración pola retirada da acusación que lle pedía ao activista Diego Lores tres anos de prisión e o pago de máis de 30.000 euros de indemnización por agredir supostamente a un axente de policía durante as mobilizacións de 2014 contra a instalación do barco Bernardo Alfageme na rotonda de Coia.

Ademais do apoio de diferentes movementos sociais e políticos, un centenar de veciñas e veciños se pecharon de forma solidaria na igrexa parroquial do Cristo da Vitoria, nun peche organizado pola Asemblea Aberta de Coia, como protesta polo xuízo ao que Diego Lores se ía enfrontar mañá.

Dende Esquerda Unida reiteramos a nosa alegría pola retirada da acusación contra Lores e recordamos que a mobilización social non é delito, senón unha folla de ruta a seguir.

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): O EMPECINAMENTO DE CABALLERO NA COLOCACIÓN DO BERNARDO ALFAGEME SO PODE SER ENTENDIDO DENDE A PREPOTENCIA DUN ALCALDE SEN LECTURA DA REALIDADE

bernardo-alfagemeEU PIDE QUE SE FAGA PÚBLICO O CUSTE DO TRASLADO E ONDE FIGURA O CONCURSO PÚBLICO DO CONTRATO DO MESMO.

O coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera que o traslado do barco fronte a un acordo plenario, amosa un comportamento antidemocrático e que roza o “delirio de grandeza” do alcalde.

EU pide que se explique públicamente como e cando se procedeu a contratar un traslado destas características, e o custe total de todo o proceso de instalación, dende a vixilancia do recinto, a reparación final do barco, a estructura metálica de soporte e o propio traslado.

ESQUERDA UNIDA sigue a defender que o barco e gran parte da memoria histórica pesqueira de Vigo ten que configurarse nun espacio do Museo do Mar, adicado a pesca e a industria transformadora que un día foi a carta de presentación da nosa cidade ante o mundo. Encallalo nunha rotonda, constitúe cando menos unha excentricidade costosa e inutil.

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A ESCALADA DE CRIMINALIZACIÓN DO MOVEMENTO VECIÑAL CONTRA O BARCO NA ROTONDA DE COIA

O coordinador local de EU e candidato á alcaldía de Vigo, Rubén Pérez, asistirá mañá a concentración nos xulgados de Vigo en solidariedade con Xurxo ó que o fiscal pídelle dous anos e medio de cadea e máis de 1200 euros de indemnización pola súa participación nas concentracións contra a instalación do barco.

ESQUERDA UNIDA cree que a petición  da fiscalía é absolutamente desproporcionada, e considera  isto un ataque á expresión da cidadania, así como unha excusa para o alcalde, Abel Caballero, para  criminalizar o movemento veciñal e para impoñer a sua vontade;  incluso en contra do pleno do Concello de Vigo.

Esquerda Unida amosa a sua solidariedade con Xurxo, e chama a veciñanza de Vigo a acudir mañá 11 de febreiro as 09:30 nos Xulgados á Concentración convocada pola Asemblea Aberta de Coia.

ESQUERDA UNIDA PIDE A XESTIÓN PÚBLICA DIRECTA DOS PARKINGS DO CALVARIO, COIA E ROSALÍA DE CASTRO

O coordinador local de EU e candidato á alcaldía de Vigo, Rubén Pérez, considera que nunca deberon saír a concurso para a súa xestión a través de empresas privadas e mesmo algún deles nin debería “ter sido construído pola cercanía doutros parkings que nunca están completos”.

ESQUERDA UNIDA considera que a xestión dos parkings directamente dende o Concello a través da fórmula de empresa pública non só é posible senón que ante a realidade de que os aparcamentos públicos deberían ser un servizo e non un negocio lucrativo.

Para EU o uso do solo e subsolo na cidade é público, polo que perfectamente un Concello pode asumir a xestión directa do servizo, ofertando tarifas con bonificacións a traballadores e traballadoras das áreas que comprende a área de influencia do parking.

Esquerda Unida considera que a construcción e adxudicación de estos parkings responde, unha vez mais, a intereses económicos de empresas privadas, facilitados polo concello, e, unha vez máis, con resultados nefastos na xestión posterior, como era de esperar, o adxudicar o servizo a empresas que non ofrecian a solvencia necesaria para a correcta xestión do servizo.

ESQUERDA UNIDA TRASLADA UNHA PREGUNTA AO MINISTERIO DO INTERIOR SOBRE AS ORDES DE ACTUACIÓN Á POLICÍA LOCAL NO CONFLICTO DE COIA

coia-barcoO coordenador local de EU, Rubén Pérez, trasladou hoxe unha pregunta ao GRUPO PARLAMENTAR DA ESQUERDA PLURAL no Congreso dos Deputados polo que consideran unha “extralimitación de funcións” por parte do Alcalde ao ordenar actuar á policía local ante supostas alteracións “orde pública” , feito que corresponde facer ao corpo nacional de Policía.

Para EU é especialmente significativo que en ningún momento participaron operativos da Policía Nacional que é a que ten competencias en materia de Orde Pública e foi notoria o labor de identificación e a detención de manifestantes por parte da Policia Local.

ESQUERDA UNIDA pregunta se foi requirida a actuación da policía local en materia de Orde Pública por parte da subdelegación de Pontevedra do goberno en Galicia ou por instancias dependentes da Policía Nacional.

Do mesmo xeito, EU considera que o Ministerio de Interior debería abrir unha investigación sobre o sucedido e se o Concello de Vigo extralimitouse nas funcións atribuídas á Policía Local.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA PROPIA DA “DEREITA RANCIA” A POLÍTICA DE PERSECUCIÓN E CRIMINALIZACIÓN DO ALCALDE DOS COLECTIVOS SOCIAIS QUE SE OPOÑEN Á ROTONDA DE COIA

coia1O coordinador local de EU considera pide a Policía Local que denuncie ante o comité de empresa e inspección de traballo o uso “paramilitar” que o alcalde pretende facer do corpo e considera que non deberían entrar no xogo de criminalización que pretende impoñer o goberno local.

EU denuncia as detencións arbitrarias e calculadas de activistas sociais do barrio que pretenden crear un clima de criminalización dos movementos sociais implicados na loita contra o despropósito da colocación do barco Bernardo Alfageme na rotonda.

Para EU, que estivo presente en moitos das concentracións que realizaron os veciños e veciñas de Coia, nin existe violencia por parte dos manifestantes nin as organizacións políticas actúan como instigantes de nada. Rubén Pérez considera que “EU, ANOVA, PODEMOS, O BNG, EQUO, OS VERDES, etc…. son organizacións que colectivamente suman moito espazo social e representativo nesta cidade e que entenden que teñen que estar donde os veciños e veciñas reclaman o seu apoio”.

Rubén Pérez suliña que quen ten que aclarar o procedemento de adxudicación da obra, a xustificación da mesma como mantemento e o uso da policia local como “tropa de asalto” é o alcalde que parece non entender que o corpo creouse para outros fins radicalmente diferentes dos que pretende empregar dende a Alcaldía.

EU considera perfectamente válida a proposta a ASAMBLEA DE COIA de someter a referendo a colocación do Bernardo Alfageme na rotonda “perfectamente dende o regulamento de participación cidadá, arbitrariamente adormecido por este goberno municipal, e perfectamente válida dende as máis básicas prácticas de democracia participativa que o PSOE di defender”.

ESQUERDA UNIDA DUBIDA DA LEGALIDADE DE DESTINAR 300.000 € Á COLOCACIÓN DO BARCO ALFAGEME NA ROTONDA DE COIA, SEN CONTRATO PÚBLICO E PRESUNTAMENTE AMPARANDO A OBRA NO CAPÍTULO DE MANTEMENTO DOS ORZAMENTOS.

bernardo-alfagemeEU pide claridade e trasparencia nesta actuación, a que se opón radicalmente e solicita a sua paralización.

O coordinador local de EU, Rubén Pérez, considera que a premura nesta obra, sen consenso cidadá nin cunha partida orzamentaria propia, agocha unha improvisación de dubidosa intencionalidade.

Para Esquerda Unida, ás cantidades que, dende 2005 empregáronse para rehabilitar o barco, nesa altura, 275.000€, e en 2009, 169.073€, súmase agora o montante do transporte e instalación na rotonda, constitúen unha excentricidade fóra de lugar e un insulto a toda esa cidadanía que se atopa en situación de emerxencia social, e sen responsabilidade e axuda por parte do seu goberno local.

EU considera que a correcta ubicación do barco debería ser o Museo do Mar, puidendo así estar nas condicións axeitadas, onde a cidadanía poda visitalo, poñendo en valor a súa historia, e non nunha rotonda onde non se pode acceder, deteriorándose dun modo que non se merece o seu valor histórico, tirando así con case 500.000 € destinados xa a sua conservación.

EU fai un chamamento a resistencia a toda a cidadanía de Vigo, co obxectivo de facer entrar en razón a un goberno municipal omnubilado polo afán inaugurador e de ornamentar unha nefasta xestión municipal.

%d bloggers like this: