ESQUERDA UNIDA DE VIGO PIDE AUTÉNTICA TUTELA SINDICAL PARA EVITAR QUE OS PROCESOS DE CONTRATACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO SEÑAN UNHA INDECENCIA.

O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez di que nin en probabilidade matemática nin en estatística se obtén un resultado tan “aliñado” entre familiares da UGT e contratación de personal no Concello. “8 de 10 non é loteria senón outra cousa”.

EU pide que non figuren nomes nin datos personais nos exames e que señan sustituidos por códigos numéricos auditados polo tribunal das oposicións.

EU considera que as acusacións verquidas en 2011 por CCOO, e que non foron negadas a pesar de anular a denuncia o xuiz, veñen a reiterarse especialmente no tocante ao anonimato no proceso de selección, feito absolutamente evidente na oferta de emprego público de 2008.

EU leva anos recibindo denuncias de formulacións de exames pensados para “centrar aos amigos e despistar aos demais” e considera que o papel dos sindicatos ten que ser o de garantir a pluralidade, igualdade e transparencia do proceso.

O coordinador local de EU considera que a “casualidade” nun proceso selectivo non pode ser o argumentario que empreguen de xeito análogo un responsable sindical e o presidente da deputación de Ourense, por poñer un exemplo e pide clarificación por parte da UGT do acontecido.

Advertisements

ESQUERDA UNIDA DE VIGO COMENZOU ROLDA DE CONTACTOS CO TECIDO SOCIAL DE VIGO PARA ALERTAR DOS EFECTOS DA REFORMA MUNICIPAL DO PP

xubilados ccooO coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez comenzou onte unha rolda de contactos solicitada pola formación a colectivos sociais: veciñais, sindicais, culturais, etc… da cidade. Nesta volta EU mantivo xuntanza coa federación de xubilados e pensionistas de CCOO.

Rubén Pérez considera “extremadadamente grave” que segundo recolle esta lei os concellos non podan crear empresas públicas para xestionar a auga, o transporte ou mesmo os servizos sociais máis básicos.

EU alertou que o borrador definitivo que o PP presentou no Consello de Ministros ven a confirmar os temores dun intento de dinamitar a autonomía local nun contexto no que “os argumentos sobre o excesivo endebedamento dos concellos” son completamente falsos, estamos falando, engade Rubén Pérez, dunha realidade económica donde os concellos apenas chegan a unha deuda equivalente ao 5% do PIB mentras que a suma de tódalas administración públicas supera o 70%.

Para ESQUERDA UNIDA a reforma supón claramente o fin do municipalismo en numerosas vilas de Galicia e do conxunto do estado pretextando falsidades e argumentos falaces como a “reducción de costes” ou a “eliminación de duplicidades”. Estamos diante dunha reforma que atenta contra o cerne da democracia representativa e da participativa aquela que ten arraigo nos concellos máis pequenos, consolida a privatización dos servizos públicos municipais e favorece a iniciativa privada desenvolvendo o infumable artigo 105 da Constitución que prima o pago da débeda sobre calquera consideración política e social.

VÍDEO DO ACTO PÚBLICO SOBRE A LOMCE

 

9M_mini

ACTO PÚBLICO: 40 ANOS DA FOLGA XERAL DE VIGO DO 72

 

Cartel40FXR

ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIA ACTIVAMENTE O 19J

ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIA A MOBILIZACIÓN MAÑÁ 19 EN VIGO EN CONTRA DOS RECORTES DECRETADOS POLO GOBERNO E CELEBRA A UNIDADE SINDICAL CONQUERIDA.

O COORDENADOR LOCAL DE EU EN VIGO RUBÉN PÉREZ SULIÑA QUE 0 19J É O PUNTO DE NON RETORNO QUE A CLASE OBREIRA TEN QUE TOMAR PARA NON SÓ PARAR AS AGRESIÓNS SENÓN RECUPERAR DEREITOS MEDIANTE A MOBILIZACIÓN SOSTIDA NO TEMPO.

Para EU, como así o manifestou recientemente a súa executiva nacional, que CIG, CCOO e UXT conqueriran que as mobilizacións sexan unitarias é un paso importantísimo para asegurar o dificultoso camiño de loita contra este goberno e a súa folla de ruta de recorte de dereitos sociais e constitucionais.

EU de Vigo lembra que fai un ano PSOE e PP fraguaron a reforma constitucional de maior calado desde 1978, que culminou coa modificación do artigo 135 da C.E. constitucionalizando un límite de gasto público que abre a porta aos recortes sociais. A imposición dunha norma automática de limitación do déficit é unha alteración da decisión do constituínte plasmada no título preliminar (España constitúese nun Estado social e democrático de dereito) e por tanto, unha reforma “de calado, estrutural, e non conxuntural” para a que a Constitución esixe seguir o procedemento do artigo 168 co consecuente referendo popular para a súa ratificación. Con todo, a reforma pactada por dous partidos maioritarios polo procedemento do artigo 167 excluíu toda forma de participación popular na reforma.

Un ano despois, os recortes sociais son realidade. Desde o inicio o Goberno do Partido Popular foi aprobando políticas de “axuste” que minguaron o Estado de Benestar e recortaron os dereitos conquistados. Estas medidas están a fracasar e, lonxe de favorecer a economía produtiva e de xerar empregos, están a agravar a crise e están a ser obxecto dunha forte contestación cidadá.

Neste contexto, no que as mobilizacións sociais e as protestas á calor das medidas do Goberno faise máis que nunca necesario abrir canles de participación directa dos cidadáns na toma de decisións, desenvolvendo o dereito fundamental dos cidadáns a participar directamente nos asuntos público, recollido no artigo 23 da Constitución Española  para avanzar cara a unha democracia participativa que poña aos cidadáns no centro da política.

ESQUERDA UNIDA TERÁ PANCARTAS PROPIAS E CONCENTRARÁ A SÚA MILITANCIA AS 20:15 NAS ESCALEIRAS DE BAIXADA Á PRAZA DA ANTIGA ESTACIÓN

ESQUERDA UNIDA APOIA A MANIFESTACIÓN CONVOCADA PARA MAÑÁ MARTES POLOS SINDICATOS DE CC.OO. CIG, E UGT

A EXECUTIVA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA CONSIDERA UNHA SENTENZA DESPROPORCIONADA PARA OS TRES SINDICALISTAS CONDENADOS.

A COORDINADORA DE ESQUERDA UNIDA YOLANDA DÍAZ, MANIFESTA QUE “ESTA SENTENZA É UN ATAQUE AO SINDICALISMO DE CLASE”

Ante a situación actual de continuas agresións aos dereitos laborais, a mobilización reivindicativa de traballadoras e traballadores está máis que xustificada.

A executiva nacional de Esquerda Unida considera unha sentenza desproporcionada para os tres sindicalistas condenados. As acusacións cara estas tres persoas, baséanse na actuación como piquetes informativos na folga do comercio de alimentación que tivo lugar no ano 2009, e na que non se produciron nin actos violentos nin se rexistraron danos de ningún tipo. A condena sentenza a 3 anos e 1 día de prisión, 1.805 euros de multa e o pagamento dun terzo dos custes xudiciais.

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, manifesta que “esta sentenza é un ataque ao sindicalismo de clase”. Atopámonos ante unha sentenza inadmisible e moi pouco entendible nun país democrático, que supón un ataque ao sindicalismo, imputándose un delito contra os dereitos dos traballadores no seu lexítimo dereito de folga.

Esquerda Unida apoia a manifestación unitaria convocada para mañá martes 17 de xullo polos sindicatos de CC.OO., CIG, e UGT. A manifestación partirá ás 11h30 da Praza da Ferrería e rematará diante da Audiencia Provincial (órgano que debe resolver o recurso).

Por todo esto, a executiva nacional de EU anima á participación cidadá nesta manifestación en apoio aos compañeiros condenados.

%d bloggers like this: