X ASEMBLEA FEDERAL DE IU

Advertisements

CAYO LARA PROGNOSTICOU EN VIGO QUE O RESCATE TRADUCIRASE EN NOVOS RECORTES Á CIDADANÍA MENTRES A FRAUDE FISCAL SUPERA OS 90.000 MILLÓNS DE EUROS

YOLANDA DÍAZ, QUE DENUNCIOU AS PROMESAS INCUMPRIDAS DO PP AOS ASTALEIROS GALEGOS, E INDICOU QUE FEIJÓO ATRASA O RESCATE GALEGO POR MOR DAS ELECCIÓNS 

O CANDIDATO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA POR PONTEVEDRA, JUÁN FAJARDO, AFIRMA QUE FEIJÓO IGNORA O SUFRIMENTO DIARIO DOS CIDADÁNS 

Despois dunha rolda de prensa no Hotel Coia, Cayo Lara, Yolanda Díaz e Juán Fajardo, desprázanse ata o CEIP Seis do Nadal para expoñer a súa visión política ante un ateigado auditorio.

A necesidade dunha esquerda honesta

Cayo Lara, Coordinador Federal de IU, explicou que “combatendo a fraude fiscal non precisaríamos rescate”. En España calcúlase que a fraude fiscal supera os 90.000 millóns de euros e a responsabilidade podería estar concentrada no 3% das empresas que operan no país. O Coordinador de IU visita Vigo para levar unha mensaxe de alternativa, de esperanza e de “esquerda honesta”.

Cayo Lara, fala das políticas de axuste e o seu fondo. Na súa opinión o programa electoral do Goberno incumpriuse sen ningún tipo de rubor, facendo que a clase traballadora teña que cargar con todo o peso da crise, sen aprobar un só real decreto para xerar emprego. O incumprimento total deixa ás claras que o Partido Popular está a estafar a sociedade e teme que o rescate se traduza en máis medidas de recorte que afecten aos mesmos estratos sociais. É por todo esto que chama ao pobo galego a non deixarse enganar polo aparato propagandístico popular e a que loite polos seus dereitos.

Feijóo destruíu 153.000 empregos en Galicia

Yolanda Díaz, Candidata de Alternativa Galega de Esquerda pola provincia de A Coruña e Coordinadora Nacional de EU, declama que “Feijóo non é o presidente da solvencia, é o presidente do engano, do paro, dos recortes no ensino, dos recortes nas pensións, dos recortes na sanidade e dos recortes nas liberdades civís. […] Feijóo destruíu 153.000 empregos en Galicia en soamente tres anos.”

Yolanda Díaz, pon os datos enriba da mesa para deixar ás claras que Feijóo falta á realidade. En palabras da candidata “temos máis déficit que Cataluña, non piden rescate porque estamos en eleccións, por iso non deberían presumir de solvencia. Yolanda Díaz fixo alusión á perversión das cifras cando se defende que en Galicia é onde menos medra o paro cando nalgunhas zonas da comunidade aumentou nun 70% e moitos traballadores vense forzados a migrar ou pasar miseria.

A Coordinadora de EU fixo un percorrido por máis promesas incumpridas nos tres anos de goberno de Feijóo e polo reducido marxe de garantías de cobertura social pola que queren facer pasar aos galegos e galegas. No caso dos contratos para aos asteleiros remarcou que “maila crise os países de Europa constrúen barcos e Feijóo é incapaz de acadar carga de traballo”, non confía en que vaia conseguir nada no futuro.

A candidata de Alternativa Galega de Esquerda finalizou comparando a Feijóo cun mando a distancia de Rajoy, mentres chamaba a mobilizar aos galegos e galegas porque hai alternativa.

O Partido Popular descoñece o sufrimento da cidadanía

Juán Fajardo, cabeza de lista de Alternativa Galega de Esquerda por Pontevedra, dirixiuse a cidadanía galega. O candidato da coalición mostrouse convencido de que o Partido Popular vive na irrealidade porque descoñece sufrimento diario dos cidadáns e xustifican as súas posturas económicas con datos prefabricados mentres ignoran aqueles que non son convenientes. Juán Fajardo encontrou primordial dar á abstención motivos para rebelarse contra un “Partido Popular que non sabe o que significa que suba o IVA dunha barra de pan”.

ACTO PÚBLICO DE ESQUERDA UNIDA

ESQUERDA UNIDA DE VIGO INICIA HOXE UNHA CAMPAÑA EN TODO O ESTADO CHAMANDO Á “REBELIÓN CIDADÁ DEMOCRÁTICA”-

EU DE VIGO SÚMASE A ESTA CAMPAÑA CUNHA RECOLLIDA DE SINATURAS PEDINDO QUE SE SOMETAN Á REFERENDO AS POLÍTICAS DE RECORTE DO GOBERNO. A RECOLLIDA DE SINATURAS COMENZARÁ EN VIGO ÁS 19:30 HORAS ENFRONTE DO MUSEO M.A.R.C.O.

A campaña que hoxe EU lanza en todas as cidades e vilas do estado español apóiase nun MANIFESTO presentado polo coordenador xeral de IU Cayo Lara o pasado venres nas portas do Palacio da Moncloa e do que serán repartidas en Vigo máis de  10.000 exemplares nestes días

Esquerda Unida considera que chegou o momento de organizar unha rebelión democrática sostida e concorrente, na que converxan todos os sectores, colectivos e persoas que están sometidos ou padecen os recortes e que non teñen outro obxectivo que facernos retroceder cincuenta anos.

É a hora da resistencia, da mobilización  e a alternativa para acabar con esta política que empobrece e fai sufrir á maioría da poboación, que impón unha regresión moral que pretende arrebatarnos a nosa dignidade como persoas.

Esta rebelión debe servir para lograr que o pobo se pronuncie e tome nas súas mans os destinos do país para facer pagar a crise aos seus autores, aos especuladores, aos estafadores financeiros  consentidos e estimulados polas elites antidemocráticas que rexen os destinos da  actual política da Unión Europea, pactada pola socialdemocracia e a dereita dos países europeos.

Por todo iso:

·Chamamos a todos os demócratas a derrotar ao Goberno e as súas políticas.

·Chamamos a todos os cidadáns e cidadás a incorporarse a esta rebelión, a mobilizarse, a participar activamente na loita por outra política coa súa acción e as súas propostas.

ESQUERDA UNIDA PORÁ UNHA MESA DE RECOLLIDA DE SINATURAS DENDE AS 19:30 HORAS ENFRONTE DO MUSEO M.A.R.C.O. DE VIGO

ESQUERDA UNIDA PROPORÁ NO CONGRESO DOS DEPUTADOS QUE O SECTOR NAVAL SEXA CONSIDERADO OFICIALMENTE COMO ESTRATÉXICO

O coordenador de Esquerda Unida en Vigo, Rubén Pérez, anunciou hoxe que EU de Galicia e de Andalucía solicitarán conxuntamente que se declare oficialmente ao sector naval como sector estratéxico ao reunir as condicións necesarias para ista cualificación. A proposta, xurdida inicialmente de ESQUERDA UNIDA en Andalucía para os asteleiros públicos gaditanos será extensible a todo o sector naval do Estado, tanto públicos como privados. EU pide un tratamento equivalente ao sector da automoción e ao aeronáutico, que teñen convocatorias específicas de axudas que supoñen unha inxección importante do Goberno.

Esquerda Unida considera que os estaleiros do estado reúnen os requisitos necesarios para que a actividade declárese como estratéxica, ao “ter un tecido empresarial importante que afecta o resto do tecido industrial, por contribuír de forma significativa ao desenvolvemento económico pola súa elevada participación no PIB e sobre todo, por incidir de maneira notable sobre a evolución do mercado de traballo no que respecta á xeración de emprego”,

Esta petición será trasladada por Esquerda Unida ao Congreso dos Deputados co fin de que “desde ese momento, os estaleiros teñan unha consideración específica nos Orzamentos Xerais do Estado”

Esquerda Unida sustenta ademais, a súa proposta en datos achegados polos propios comités de empresa e procedentes de estudos de diversos observatorios económicos, tales como que por cada euro gastado polo Estado no sector naval retornan catro euros ás arcas públicas.

EU de Vigo xa prepara unha iniciativa parlamentaria ao través do deputado aadscrito para temas de Galicia, Jose Luis Centella, para que MINISTERIO DE INDUSTRIA e FOMENTO preparen unha comisión mixta para evaluar ó retorno ao público dos asteleiros privatizados a finais dos 90, establecendo un control público das inversións.

CRÓNICA: CAYO LARA EN VIGO

O pasado martes día 18 de Outubro Esquerda Unida celebrou en Vigo un acto de precampaña no que estivo presente o noso Coordinador Federal e candidato á presidencia do Goberno, Cayo Lara.

No acto tamén interviu Rubén Pérez, Coordinador Local de EU en Vigo e nº1 da candidatura ao Congreso dos deputados pola provincia de Pontevedra.

Estaba prevista a presenza da Coordinadora Nacional, Iolanda Díaz, que non puido acudir por motivos de saúde e enviou unha misiva que foi lida na presentación do evento.

Rubén Pérez destacou o imparable aumento de parados na nosa cidade e comarca nos últimos dous anos e criticou a pasividade dos gobernos central e autonómico ante esta situación,xa que pola contra, coas súas políticas están a fomentar o empeoramento da mesma, agravado máis se cabe polos recortes sociais.

Neste sentido, Cayo Lara, denunciou o estado de abandono e desmantelamento da sanidade e educación públicas en todo o Estado, porque “os recortadores falan todos o mesmo idioma” independientemente do lugar de España de donde sexan. Fronte a isto criticou a participación española no novo escudo antimisís da OTAN, para o que si hai fondos públicos dispoñibles.

Cayo Lara tamén se referiu ao desmantelamento das caixas de aforros por parte dos seus exdirectivos e coa permisividade do Goberno para permitir a súa privatización. Suxeriu que os exmandatarios das caixas non só deberían devoltar as suas millonarias prexubilacións, si non que deberían ser xulgados para pagar a súa responsabilidade.

Criticou tamén a falta de propostas por parte de PSOE e PP, dos que comentou “cada vez parécense máis” e destacou que a única alternativa posible ten que vir pola esquerda. Recordou a importancia de ir votar o 20N e lembrou a inxustiza que supón a barreira do 5% dos votos que limitan a participación de Izquierda Unida nas institucións, coma no caso de Vigo, onde Rubén Pérez debrería ser concelleiro según os votos obtidos.

Finalmente, abriuse una rolda de palabras na que Cayo respostou cuestións sobre a actividade sindical ou a causa sahariana e a pemanencia de España na OTAN.

ACTO PÚBLICO DE ESQUERDA UNIDA

%d bloggers like this: