ESQUERDA UNIDA DE VIGO DENUNCIA O “EXTERMINIO” DOS PLANS DE OCIO XUVENIL NA CIDADE DE VIGO

subeteO coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, denunciou hoxe unha práctica programada de cancelar programas como SUBETE AO CASTRO cunha participación e actividade programada moi notable e a súa sustitución por actuación lúdico-deportivas puntuais, mediante contrato directo, con empresas absolutamente “descoñecidas” no ámbito da programación cultural ou xuvenil.

 ESQUERDA UNIDA non entende como de xeito sorpresivo foi cancelado o programa SÚBETE AO CASTRO cando existía partida orzamentaria para este 2015 e estaba sendo un programa de éxito para o fomento dun concepto de lecer que aposta pola creatividade, a participación xuvenil e a autoxestión das actividades.

 Rubén Pérez considera que “de ser certo que o cese do programa foi debido a un erro administrativo na xestión da renovación da concesión, contida no propio prego do programa, en circunstancias normais este erro podería ter sido subsanado”. O feito de non facelo amosa para EU unha intencionalidade clara de cancelar o programa e sustituilo por contratos menores dados directamente a determinadas empresas.

 ESQUERDA UNIDA lembra que o artigo 48 da Constitución Española recoñece o dereito dos mozos e mozas a participar na elaboración das políticas destinadas a estes, polo que considera que os programas que de xeito arbitrario están sendo promovidos pola concellaría de mocidade non apostan máis que por ser negocios lucrativos coa excusa dun inexistente plan de dinamización do lecer xuvenil.

Advertisements

ESQUERDA UNIDA RECIBE DO BISPO DE TUI-VIGO UNHA RESPOSTA “ABSOLUTAMENTE INCOMPATIBLE COA PRETENDIDA DESVINCULACIÓN DA IGREXA CO ESTADO FRANQUISTA” NO TOCANTE Á CRUZ DO CASTRO.

cruzcastro2O coordinador local de EU, Rubén Pérez recibiu unha resposta a un escrito dirixido ao bispo da diócese Tui-Vigo que sinala unha defensa velada da permanencia do monumento fascista no Castro.

No escrito de EU denunciabase “o uso absolutamente falaz e arbitrario que o chamado bando nacional fixo da simboloxía cristiá deixou centos de monolitos, estatuas, placas, etc… que, sen perder a súa significación de lembranza da vitoria sobre os opositores, pretendían identificar o pensamento e práctica cristiá coa brutalidade da represión absolutamente incompatible cos valores da igrexa católica na súa formulación doctrinaria”.

A resposta do bispo di literalmente “que nunca (o bispo) deixarei de intentar que todos, crentes ou non crentes, tratemos de descubrir e respectar o sentido cristiano da cruz, como símbolo supremo de reconciliación e perdón”

EU reclamaba ao bispo que fixera valer a autoridade que a súa figura otorga para que o Concello retire o recurso, asuma a retirada da Cruz do Castro e evite que se abra un conflicto sobre a, para nós e para a propia sentencia, inexistente simbolixia cristiá do conxunto monumental.

ESQUERDA UNIDA PIDE A ABEL CABALLERO QUE “DEIXE DE FACER O RIDICULO” BUSCANDO EXCUSAS PARA A SÚA DEFENSA POPULISTA DA CRUZ DO CASTRO.

cruzcastro2O coordinador local de EU, Rubén Pérez, remite unha carta ao obispo da diócese de Tui-Vigo pedíndolle que, como ten pasado noutras dióceses, se pronuncie a favor de erradicar a simboloxía fascista que empregou a cruz cristiá de xeito manipulador.

O coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera que as declaracións do alcalde tralo anuncio de recurrir a sentencia do castro van na liña do “pacovazquismo máis patético” e pregúntase se “Caballero vai pedir tamén sen embaixador no Vaticano”.

Na misiva de EU sinálae que “non entendemos como dende o Concello de Vigo, fronte a unha sentencia clara e concisa (que adxuntamos para o seu coñecemento),  formule un recurso contra a retirada da chamada Cruz do Castro, inagurada polo dictador Francisco Franco en 1961 en homenaxe aos caídos no bando nacional durante a contenda. E non o entendemos porque coincidimos con moitos e moitas católicos que non entenderían o outorgamento de “símbolo relixioso” a un evidente alegato a favor da eliminación fisica do opositor político e da manipulación por parte do fascismo do lexítimo dereito á crenza relixiosa”.

ESQUERDA UNIDA solicitalle ao bispo que: “faga valer a autoridade que a súa figura otorga para que o Concello retire o recurso, asuma a retirada da Cruz do Castro e evite que se abra un conflicto sobre a, para nós e para a propia sentencia, inexistente simbolixia cristiá do conxunto monumental”.

ADXUNTASE A CARTA REMITIDA HOXE AO BISPO DA DIÓCESE TUI-VIGO

Carta ao bispo

Carta ao bispo

ESQUERDA UNIDA URXE CONSIDERA “GRAVISIMO AGRAVIO AS VICTIMAS DO FRANQUISMO” O RECURSO DO ALCALDE Á SENTENCIA QUE OBRIGA A DERRUBAR A CRUZ DO CASTRO

cruzcastroO coordenador local de EU, Rubén Pérez, lembra que varios candidatos en 2011 e membros do PSOE como Carmela Silva e Santos Héctor asinaron a favor da petición da COMISIÓN VIGUESA PARA A MEMORIA DO 36 de derribar o símbolo franquista polo que pide coherencia política e que  asuman no pleno tal sinatura.

EU levará unha iniciativa ao Congreso dos deputados para “facer valer” a lei de memoria histórica na cidade de Vigo. O PSOE en Vigo, segundo Rubén Pérez, “traiciona a súa memoria, os seus militantes represaliados e o propio concepto de memoria democrática”.

Para EUa sentencia e a Lei de Memoria establecen claramente que é un simbolo franquista e que non é un símbolo relixioso polo que ninguén pode artellar unha negativa ou un recursos a tal derribo en base a que o símbolo é unha cruz católica porque na mesma cidade de Vigo en moitas fachadas de igrexas e de acordo coa lei foron retiradas cruces metálicas e o nome de Jose Antonio Primo de Rivera.

EU loitará por defender que en Vigo se aplique de xeito efectivo esta Lei de Memoria que, aínda que imperfecta polo impedimento do goberno de darlle desenvolvemento e orzamento adecuado, foi un avance real pola memoria democrática e republicana no noso país.

Vídeo do acto público para exisir o derribo da cruz do Castro

Esquerda Unida de Vigo denuncia os despidos na musealización do Castro de Vigo

ESQUERDA UNIDA DENUCIA OS DESPIDOS DE PERSONAL NAS MUSEALIZACIÓNS DO CASTRO DE VIGO E A FINCA MIRAMBEL E CONSIDERA INEXISTENTE O PLAN MUSEISTICO ANUNCIADO POLA TENENCIA DE ALCALDÍA.

 

O coordenador local e candidato á alcaldía en 2011, Rubén Pérez, recorda que so coa partida de cartos asignada a axendas en 2011 polas concellerías do BNG se mantiñan todos os postos de traballo nas dúas musealizacións durante un ano.

O Castro

O coordenador local e candidato á alcaldía en 2011, Rubén Pérez, denuncia que a escusa do peche por reformas do museo do poblado do Castro en decembro era en realidade o peche por falla de planificación a hora de asignar recursos e personal ao museo do Castro. Actualmente somentes traballa un arqueólogo na musealización co que se suspenderon as visitas guiadas que requiren alomenos dous especialistas. Igualmente denuncia que co despido do garda xurado contratado a empresa VINSA somentes hai unha persona na musealización de Mirambel sendo inexistentes as visitas guiadas explicativas.

Para ESQUERDA UNIDA o concello asfixiou á empresa contratada para a xestión do museo do castro sen pagarlle durante meses provocando os despidos dos arqueólogos e o vixiante. Incluso coa renovación do convenio en agosto seguíu incumplindo o pago do acordado para a xestión do entorno musealizado.

ESQUERDA UNIDA cuestiona o gasto de 1 millón de euros na musealización do castro porque entronca coa mania que ten o PSOE e o BNG de levantar museos pero non dotalos de orzamento nin personal co que a cidadanía de Vigo o que acaba tendo e un “continente valeiro de contido”. É un exemplo máis da nefasta política cultural e de fomento do
patrimonio histórico deste goberno bipartito.

A magnífica acollida da cidadanía viguesa do poboado musealizado do Castro (máis de 10.000 visitas en catro meses) demostra que nin siquera con voa vontade de disposición da nosa cidadanía a coñecer o seu patrimonio histórico o Concello planifica e optimiza os recursos.

 

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Local de Esquerda Unida
%d bloggers like this: