MAREA DE VIGO APOIA O CADRO DE PERSOAL DO AEROCLUB NA SÚA LOITA POLA DEFENSA DOS SEUS POSTOS DE TRABALLO E PIDE QUE O CONCELLO ASUMA O PAPEL DE MEDIADOR PARA SOLUCIONAR O CONFLITO NO ALUGUER DOS TERREOS

Para o Grupo Municipal da Marea de Vigo, resulta lóxico e de xustiza poñerlle fin ao agravio que existiu ata agora con eses terreos expropiados inxustamente no réxime franquista, pero non é xustificación para que a directiva actual da Comunidade de Montes de Cabral esixa un prezo desorbitado, acción que, de non cambiar, implicaría o cese de actividade do recinto coa consecuente perda dos postos de traballo.

Para resolver esta situación, a Marea de Vigo considera que se podería facer unha taxación independente sobre o valor deses terreos no seu estado actual e a partir de aí, contando coa participación do Concello como mediador, negociar tendo en conta, sempre, e de xeito primordial, a defensa dos postos de traballo e as posibles vías de solución. O que é inexorable, e que 25 familias que hoxe dependen economicamente dos seus postos de traballo no aeroclub non poden ser as que paguen as consecuencias deste conflito.

Ademais, a Marea de Vigo considera que todas as comuneiras e comuneiros deben ser conscientes da situación, posto que as accións da súa directiva poden resultar determinantes no futuro destas persoas, alén do futuro que poden ter eses terreos.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo pide por tanto que o Goberno Municipal reciba ao colectivo de traballadores e medie entre a empresa e a Comunidade de Montes co obxectivo de salvagardar os postos de traballo e apoia ao colectivo que mañá as 12 se manifestará diante do Concello.

Advertisements

ACTO PÚBLICO EU VIGO – EUPV PATERNA “URBANISMO RACIONAL OU MACROCENTROS COMERCIAIS”

cartel_conferencia_urbanismo

ESQUERDA UNIDA DE VIGO E ESQUERRA UNIDA DE PATERNA (VALENCIA) UNEN AS SÚAS FORZAS CONTRA OS MACROCENTROS COMERCIAIS DE EUROFUND NAS DÚAS LOCALIDADES .

cartel_conferencia_urbanismoEU de Vigo e EUPV de Paterna celebran en Vigo este xoves 25 un acto aberto sobre os proxectos de PORTO CABRAL (Vigo) e PUERTO MEDITERRANEO (Paterna) como exemplos dun modelo de urbanismo especulativo e con incidencia desastrosa nas economías locais.

No acto, que será no antigo reitorado da rúa Oporto ás 20:00 horas intervirán Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo  e Javier Parra, concelleiro de EUPV en Paterna

EU pretende explicar no acto determinadas “follas de ruta” que comunidade de montes, empresa, concello e “algúns empresarios locais que actúan como mediadores” están seguindo para facerse cos terrenos de Liñeiriños que, curiosamente, son dunha edificabilidade moi alta. Para EU detras dese suposto centro comercial con pista de esquí e lago navegable hai moito máis que unha extratexia de negocios comerciais e oferta de ocio.

ESQUERDA UNIDA considera igualmente que o ámbito a desenvolver no PXOM curiosamente tense que facer no primeiro cuadrienio, co que entende perfectamente “as prisas e pánico” que a algúns lle entraron de repente para relanzar o “corazón do PXOM de Vigo”.

EU considera que Liñeiriños é a plasmación da “tolemia urbanista que contén o PXOM de Vigo” e traballará arreo pola redacción dun novo PXOM e a modificación da presión que promotores e intereses económicos especulativos fan sobre o monte comunal de Cabral e por extensión na superficie rústica de Vigo.

Do mesmo xeito EUPV amosará como o proxecto “xemelgo” de Porto Cabral: Puerto Mediterráneo esconde unha intencionalidade semellante.

RUBÉN PÉREZ (EU): QUE CABALLERO E CARMELA SILVA ACTÚEN DE “DEPARTAMENTO COMERCIAL DE EUROFUND” DI MOITO DO PROXECTO E DO INTERÉS POLÍTICO DO MESMO

caballero_silva_eurofundEU denuncia que en Porto Venecia, “cabeceira de praia” de Eurofund en España xa están pechando tendas como Primark

O coordenador local de Esquerda Unida Rubén Pérez considera que a orixe do problema que é un PXOM ilegal, arbitrario e pensado para a cultura do pelotazo sigue amparando proxectos deste tipo e pide as forzas políticas de Vigo unha reflexión profunda sobre a redacción dun novo PXOM participativo e orientado a planificación efectiva e o interés social e non particular

Para o coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez di que a formación de esquerdas “non deixa de sorprenderse pola actividade de promoción comercial que cargos públicos realizan dun proxecto privado sobre terreno colectivo” polo que sería bo coñecer se “van como comisionistas neste barco no que arbitrariamente pretenden embarcar a toda unha cidade”.

EU considera que as prisas para dar saída ao ámbito de Liñeiriños antes de cumprir o primeiro cuatrienio do PXOM amosan a insolvencia económica do planeamento urbanístico de Vigo, concebido para miles de vivendas e infraestructuras hoxe absolutamente inviables.

ESQUERDA UNIDA FELICITA AOS COMUNEIROS E COMUNEIRAS DE CABRAL POR “PRIORIZAR O MONTE ANTES QUE A CULTURA DO PELOTAZO”

Pide aos tres grupos municipais do PSOE, BNG e PP, corresponsables da existencia deste ámbito no PXOM que “finiquiten Liñeiriños” modificando o PXOM e evitando que aparezan novas empresas a formular o mesmo no futuro se Eurofund finalmente retira o seu proxecto.

Rubén Pérez, coordinador local de ESQUERDA UNIDA en Vigo e Julio Fernández, responsable de política municipal, trasladaron hoxe unha felicitación ao grupo opositor da COMUNIDADE DE MONTES de Cabral e ao conxunto de homes e mulleres da parroquia que co seu voto amosaron que Cabral NON QUERE este proxecto e que nin a presión dos medios de comunicación, a exercida polo propio goberno municipal que, incluso, “ameazaba con seguir adiante co proxecto independentemente do voto de hoxe”.

Esquerda Unida considera que EUROFUND non ten outra saída que marcharse, e o presidente da Comunidade de Montes debería dimitir de inmediato, convocar xa unha asemblea para elixir nova dirección, presentar contas e asumir que a súa actitude dividiu á parroquia e, sobre todo, asentou a idea xeneralizada de actuar en base ao interese da empresa promotora do proxecto.

Para EU comenza agora un traballo de seguimento e explicación dos pasos que, empresa e xerencia de urbanismo, tomen se finalmente seguen adiante co proxecto.

RUBÉN PÉREZ, ESQUERDA UNIDA: “A ASEMBLEA INFORMATIVA DO DOMINGO EN CABRAL FOI UN CAPÍTULO MÁIS DO ROUBO QUE SE LLE QUERE FACER AOS VECIÑOS E VECIÑAS”.

O coordenador local de EU Rubén Pérez considera “impresentable” plantexar unha asemblea para falar “en abstracto” sobre un proxecto que a empresa sigue a ocultar e a non poñer enriba da mesa.

EU traslada ao Parlamento Europeo unha denuncia do proxecto en base ao incumprimento de directivas ambientais e de protección do territorio forestal que tramitará o eurodeputado de IU Willy Meyer.

Para EU isto é clave xa que poucas dúbidas temos que detrás do macrocentro comercial está realmente a alta edificabilidade da ficha de Liñeiriños no PXOM e que permite combinar centro comercial con vivendas. Non existe para EU ningún argumento que sosteña a expropiación, nin siquera o absurdo “paro 0 en Cabral” que argumenta o presidente dos comuneiros; nin existe en Porto Venecia (Zaragoza, onde as asociacións de comerciantes cifran en 5000 os empregos perdidos dende a apertura do centro) nin en ningún área de influencia de centros comerciais no estado Español.

Minte quen dí que todo “esta contido no PXOM” xa que este é un ámbito a desenvolver e o centro comercial pode quedar en “catro tendas agrupadas” para xustificar o resto do “pastel”.

EU promoverá un traballo colectivo de alegacións e denuncias se é preciso cando se presente o proxecto en xerencia de urbanismo e lembra que é labor da esquerda política e social enfrontarse as políticas especulativas, á destrucción do patrimonio forestal e as redes clientelares e de favores que algúns pretenden soster a golpe de talonario en comunidades de montes ou o movemento veciñal.

EU pedirá tamén que o parlamento europeo posicionese sobre os posibles incumprimentos da Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de xullo de 2001 relativa á evaluación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambente e especialmente as directivas relacionadas coa protección forestal.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO DA COMENZO HOXE UN REPARTO CASA POR CASA EN CABRAL DUN BOLETÍN EXPLICANDO A SÚA POSTURA DE OPOSICIÓN AO PROXECTO DE PORTOCABRAL

O coordenador local de EU en Vigo anunciou igualmente hoxe que deu traslado a ESQUERRA UNIDA DE PATERNA (Valencia) e a IZQUIERDA UNIDA-VERDES DE COLLADO VILLALBA (Madrid) dunha proposta de traballo coordinado contra os tres proxectos da empresa EUROFUND no estado español (PORTO MEDITERRÁNEO, PORTO CABRAL e a renacida intención dun proxecto xemelgo en Collado).

O boletín de EU pretende resumir e explicar a folla de ruta que o presidente da comunidade de montes, empresa, concello e “algúns empresarios locais que actúan como mediadores” están seguindo para facerse cos terrenos de liñeiriños que, curiosamente, son dunha edificabilidade moi alta. Para EU detras dese suposto centro comercial con pista de esquí e lago navegable hai moito máis que unha extratexia de negocios comerciais e oferta de ocio.

ESQUERDA UNIDA considera igualmente que o ámbito a desenvolver no PXOM curiosamente tense que facer no primeiro cuadrienio, co que entende perfectamente “as prisas e pánico” que a algúns lle entraron de repente para relanzar o “corazón do PXOM de Vigo”.

EU considera que Liñeiriños é a plasmación da “tolemia urbanista que contén o PXOM de Vigo” e traballará arreo pola redacción dun novo PXOM e a modificación da presión que promotores e intereses económicos especulativos fan sobre o monte comunal de Cabral e por extensión na superficie rústica de Vigo.

O coordenador local de EU en Vigo anunciou que en vindeiras semáns ESQUERRA UNIDA en Paterna e IU-OS VERDES en Madrid estarán en Vigo invitados por EU para contar a súa loita contra os proxectos de Eurofund así como coordinarse con EU Vigo en estratexias conxuntas e de denuncia dos proxectos faraónicos especulativos

ADXUNTAMOS O BOLETÍN QUE HOXE EMPEZA A SER DISTRIBUIDO EN CABRALICONO PDF

%d bloggers like this: