ESQUERDA UNIDA DE VIGO PREGÚNTASE SE O CONCELLO, QUE VEN DE APROBAR NON TRABALLAR CON ENTIDADES QUE REALIZAN DESAFIUZAMENTOS, PENSA TODAVÍA OBTER 27 MILLÓNS DE EUROS EN PRÉSTAMOS A ENTIDADES BANCARIAS ENTRE ESTE 2012 E O 2014.

O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, valorou hoxe como “baleiro de contido real” o anuncio do Concello de non operar con entidades bancarias que realicen execucións hipotecarias. O coordenador considera que o PSOE ten unha responsabilidade “ineludible” na arquitectura legal e institucional aos desafuizamentos que agora pretende agochar tras acordos en pleno que son “papel mollado” ante o feito do contínuo recurso do endebedamento municipal con entidades bancarias (máis de 30 millóns se lle deben ao BBVA actor protagonista de miles de desafiuzamentos no estado español).

EU lembra que nos ORZAMENTOS APROBADOS para o 2012 establecíase un horizonte de novos préstamos entre 2012 e 2014 por valor de 27,6 millóns de euros, préstamos adicados case en exclusiva a seguir coa política de humanizacións con cargo ao endebedamento coas entidades de crédito privadas. Curioso xeito entón, engadíu Rubén Pérez, de castigar co “latigo da indiferencia municipal” a estas entidades bancarias.*

ESQUERDA UNIDA leva dende mediados dos 90 protestando e presentando iniciativas contra as sucesivas modificacións da lei do solo, da lei hipotecaria, da de arrendos urbáns…. igualmente seguimos denunciando as medidas de “puro maquillaxe” do drama dos desafiuzamentos xa que como recollía Yolanda Díaz, deputada de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA e coordenadora nacional de EU: “O Real Decreto Lei 27/2012 de medidas urxentes para protexer aos debedores hipotecarios, é inxusto, déixanos na indefensión e só beneficia á banca “

EU considera inútil a proposta do PP, xa que:

a) O marco temporal decretado para a efectividade da suspensión temporal semella a todas luces insuficiente xa que nada, nada, garante que dentro de dous anos a situación das persoas afectadas mellore de forma substancial. A afirmación “con la confianza de que, a la finalización de este período, habrán superado la situación de dificultad en que se puedan encontrar en el momento actual” é un auténtico disparate, análogo ao dos “brotes verdes”. Desde Esquerda Unida, polo contrario, estamos convencidos que a mala situación económica, tendo en conta as desastrosas políticas do PP e da Troika, poden manterse, cando non empeorar.

b) Unámoslle ao anterior que o PP decidiu inhibirse e declara textualmente que o real decreto-lei non altera o procedemento de execución hipotecaria, polo que as persoas que estean nunha situación de “suspensión temporal” verán como os intereses de mora medran durante os dous anos como unha enorme lousa.  A consecuencia semella devastadora: o mantemento dunha mala situación económica, unida ao incremento dos intereses significarán, de forma inmediata, a perda da vivenda e a adquisición dunha débeda incrementada (polo propio goberno).

c)  Os supostos e os límites económicos (19.200 euros) son restritivos, xa que deixan fóra a moitas persoas que están, por moito que non o recoñeza este real decreto-lei, pasando por moitísimas dificultades debido non só a que hai unha situación de crise capitalista, senón a que todas as políticas de austeridade (neoliberal) do goberno foron contrarias ás posibilidades de que as persoas cheguen a fin de mes con tranquilidade.

d)  A única retroactividade que existe no real decreto-lei ten que ver co banco de vivendas na disposición adicional única. Pero o texto é claro no verbo empregado, promover, e, polo tanto, como a súa realidade efectiva vai depender, unha vez máis, da vontade da oligarquía financeira, estamos convencidos de que nada se vai facer ao respecto.

O grupo parlamentar de IU-A ESQUERDA PLURAL ven de presentar unha Proposición Non de Lei de moratoria de lanzamento execucións hipotecarias ao considerar que mentras no existe un marco legal e institucional non se pode seguir expulsando a cidadáns das súas videndas.

*Datos do endebedamento municipal en Vigo:

http://hoxe.vigo.org/pdf/orzamentos/2012/Concello_Estado_Deuda_Tres_Anos.pdf

 

ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE ABEL CABALLERO E FEIJOO DEBERÍAN EXPLICAR PÚBLICAMENTE OS SEUS ELOXIOS RECENTES AO PROCESO DE FUSIÓN DE NCG E A FIGURAS COMO JOSE LUIS PEGO, EXDIRECTOR XERAL DE CAIXANOVA

Para EU as noticias que recolle hoxe EL PAIS de que 3 executivos, entre os que se atopa o exdirector xeral de Caixanova, cobraron 23 millóns de euros de prexubilación antes do proceso de fusión é a demostración de que a única saída para a estabilidade das caixas de aforros é a nacionalización e o control público sobre os consellos de administración das entidades de crédito e aforro.

Para o coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez é significativo que fai escasamente uns días o propio alcalde de Vigo loubaba públicamente a laboura de Jose Luis Pego como director xeral da antiga Caixanova, agradecendo os servicios prestados e casi identificando a súa prexubilación como un favor que facía para o bo desenvolvemento futuro da entidade fusionada. Para ESQUERDA UNIDA esa laboura excepcional que suliñaba o alcalde de Vigo ten un nome “10,8 millóns de euros que se levou no peto ao prexubilarse”. Sen considerar este feito ilegal ou fraudulento, EU considera moralmente reproblable que un consello decida aportar esa inxente cantidade de euros a tres executivos meses antes de que se coñeza o valor real da caixa fusionada que actualmente está nos 181 millóns de euros. Para Rubén Pérez que tres executivos cobren de indemnización por prexubilación o 17% de valor real de NCG é un feito gravísimo.

Para ESQUERDA UNIDA, que esta semán comezou en Vigo unha campaña explicativa sobre o proceso de bancarización das antigas caixas de aforros galegas que repartirá miles de dípticos explicativos na cidade, o verdadeiro problema da fusión das caixas e que se fixo tanto por parte do goberno como da Xunta co único obxectivo de satisfacer a voracidade do sector bancario estatal que sempre ollou con cobiza o aforro familiar que atesoran as caixas de aforros

¿QUÉ HAI DETRÁS DO PROCESO DE BANCARIZACIÓN DE NOVACAIXAGALICIA?

Dende fai moitos anos a Banca privada pretende que desaparezan as caixas de aforros semipúblicas, entidades de orixe público e que atesoraban máis do 50% do aforro familiar do estado. En 1996 coa chegada de Aznar á presidencia do goberno a AEB (Asociación Española da Banca) dirixiuse en numerosas ocasións ao goberno para que privatizara ás caixas e con elas dera acceso á banca privada e ao capital especulativo dos golosos fondos das mesmas, esencialmente o aforro familiar.

A crise financiera que vivimos (xunto coa mala xestión dos consellos de dirección das caixas e nula planificación de crecemento vexetativo da súa rede de oficinas) é unha excusa perfecta para que a Banca privada, coa inestimable axuda dun goberno do PSOE posto de xeonllos ante o capital e o poder financiero, consigan que se convirtan as caixas de aforros en bancos, de forma rápida e sen que os impositores teñan acceso a unha información de que vai pasar cos seus fondos e quen vai a empregar os nosos aforros e en que operacións especulativas. O que se trata e de que a Banca acceda de xeito legal aos fondos das caixas, ao seu inestimable patrimonio inmobiliario, que se desartelle a obligatoria obra social do sistema de caixas de aforros que obriga a que o 17% do beneficio adíquese á mesma. Non é extrano que o maior especulador financiero privado, JC Flowers, individuo que tiña o 25% do Hipo Real Estate Bank, banco alemán que o goberno nacionalizou ante a súa quebra, aterrice en Peinador uns días despois de coñecerse a definitiva bancarización de NCG.

ESQUERDA UNIDA de Vigo creemos firmemente que estamos asistindo ao maior roubo cometido á cidadanía, que ninguén nos preguntou se queremos ter os nosos aforros en banca privada, se queremos que fondos de inversión de capital risco xestionen os fondos da caixa. Os miles de vigueses e viguesas co alcalde á cabeza que protestaban porque o centro de decisión da NCG quedaba xeográficamente en Coruña deberían agora protestar dobremente porque o centro de decisión da nova ente financiera vai quedar en paraísos fiscais ou en mans dos “buitres do sistema financiero”.

Esquerda Unida fixo pública recentemente a súa proposta de intervención e saneamento das caixas de aforro para garantir o crédito ás pequenas empresas e as familias, e contribuír á creación dunha Banca Pública, que permita financiar o cambio de modelo produtivo. Nesas datas o Goberno anunciaba o seu proxecto de acelerar a privatización bancaria desas mesmas caixas con diñeiro público.  Parece que as caixas entraron dentro dos saldos de xaneiro para maior beneficio do capital financeiro e fronte ás necesidades reais da economía do país.

 

EU DEFENDE E CHAMA A MOBILIZARSE POR:

– Unha nova caixa pública ou entidade de aforro e crédito non especulativa fomentada dende o Concello de Vigo de acordo coa formativa legal que así o permite e en réxime de cooperativa, sobre o modelo das actuais Caixas Rurais.

–  Nacionalización da Banca e das Caixas que sexan participadas polo FROB en máis dun 50%.

–  Control estatal do patrimonio inmobiliario e cultural das caixas de aforros bancarizadas.

–  Prohibición das SICAV (sociedades de Inversión de Capital Variable) que van a especular cos fondos financieros do Banco NCG.

NON A BANCARIZACIÓN DAS CAIXAS

¡¡BANCA PÚBLICA XA!!

ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE O DESFILE DE ESPECULADORES FINANCEIROS COMO JC FLOWERS PARA QUEDARSE CON PARTE DO PASTEL DE NCG BANCO É O EXEMPLO DA VERDADEIRA INTENCIÓN DA BANCARIZACIÓN DAS CAIXAS GALEGAS.

Para ESQUERDA UNIDA o que trasluce deste interés dos fondos de inversión de capital privados polos activos de NCG é esa histórica teima da banca privada de facerse co importante montante do aforro familiar que atesoran as caixas, nun momento donde a liquidez para seguir especulando nos mercados faise esencial.

Esquerda Unida recorda que este inversor privado tiña o 25% do accionariado do Hypo Real Estate cando foi intervido polo goberno alemán ante a insolvencia e risco de moitas das operacións deste banco. Para EU non será o único xa que os activos das dúas caixas galegas, baseados especialmente no aforro familiar son unha “auténtica lambetada” para os inversionistas privados que teñen provocado esta crise financeira mundial.

ESQUERDA UNIDA sigue considerando a bancarización de NCG como o mayor roubo feito ás familias e aforristas da nosa cidade, enaxenando un patrimonio histórico como é a Obra Social das caixas, os centros educativos e culturais dependentes,… e privando á cidadanía de participar indirectamente nas decisións mediante o control público (concellos, xunta e deputacións) nos consellos de administración das entidades.

EU defende que o Concello de Vigo impulse a creación dunha entidade financiera municipal, recobrando os valores das primigenias caixas de aforro e primado o concepto de caixa pública, sen ánimo de lucro e con vocación de eixo de desenvolvemento social e industrial tan necesario na nosa cidade.

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE A POSIBLE ENTRADA DE CASTELLANO EN NOVACAIXAGALICIA EXEMPLIFICA Á PERFECCIÓN A TOMA DO CAPITAL ESPECULATIVO DAS CAIXAS DE AFORRO.

Para o coordenador local de ESQUERDA UNIDA de Vigo Rubén Pérez o discurso populista de Abel Caballero de identificar Caixanova coa antiga Caixa de Aforros Municipal non só era falso senón que ocultaba como sistemáticamente se foron cambiando os estátus xurídicos da caixa para convertila en Banco e acelerar a entrada de capital especulativo ansioso de facerse cos aforros dos vigueses e viguesas para seguir especulando. Agora temos unha pregunta para o alcalde ¿Qué é maís perigoso que o centro de decisión de NCG esté en Coruña ou que esté en mans dun inversor privado como Jose María Castellano?

Para ESQUERDA UNIDA a gran teima da ASOCIACIÓN DA BANCA PRIVADA DE ESPAÑA de facerse cos activos do sistema das caixas públicas que esixiran sucesivamente aos gobernos de Felipe González e de Aznar faise real. Para EU, o que está pasando con caixas como a NCG amosa como estamos ante a máis xigantesca expropiación da historia de España, é dicir, vaise a entregar ao capital financeiro privado o cincuenta por cento do crédito e do aforro do noso país, que é aproximadamente o que xestionan as Caixas, e vaise a entregar a través dunha ofensiva orientada á concesión de dereitos políticos ás cotas participativas nas Caixas.

Para EU esta ofensiva tivo dúas fases, a primeira, desprestixiar o control democrático das Caixas de Aforro e, doutra banda, o empeño do capital financeiro por cuestionar que cidadáns elixidos democraticamente non poidan encargarse da xestión de aforro.

EU seguirá defendendo un modelo de caixas públicas alonxadas do modelo bancarizado que PP e PSOE aplauden por igual. Os grandes perxudicados están sendo os aforradores e as plantillas das caixas que sufrirán despidos e condicións laborais máis indignas. Os beneficiados como sempre os especuladores que provocaron esta crise e que queren tapar buracos cos importantes activos das caixas públicas.

Esquerda Unida reunese con ADICAE

Rubén Pérez (cabeza de lista de ESQUERDA UNIDA) e Eva Solla (nº 2 da lista de EU en Vigo) mantiveron un encontro con Isabel Prado, responsable desta organización en Vigo.

ESQUERDA UNIDA trasladou a concordancia e o apoio de ESQUERDA UNIDA á macrodemanda colectiva interposta por ADICAE contra 45 entidades, á que se sumaron xa máis de 17.000 familias afectadas e que se ampliará coa incorporación de 46 entidades que non entraran na demanda inicial, continúa o seu avance na vía xudicial e parlamentaria, entre elas IZQUIERDA UNIDA.

Igualmente ADICAE trasladou ao candidato de EU Rubén Pérez un documento con propostas políticas para as municipais de 2011 que a comisión programática de ESQUERDA UNIDA Vigo incorporará a elaboración do programa.

Tanto ADICAE como ESQUERDA UNIDA suliñaron a dramática situación que viven centos de familias ante a débeda contraída coas entidades bancarias e a necesidade de modificar a lei hipotecaria e o código civil para que coa entrega da vivenda se cancele a débeda, evitando que incluso despois dos embargos miles de familias sigan mantendo débedas coas entidades lastrando o seu futuro.

ESQUERDA UNIDA trasladou igualmente a súa proposta de BANCA PÚBLICA e de nacionalización das entidades de aforro privadas.

Vídeo resumo: Manifestación e mitin 27-X: Loitamos por unha alternativa social contra a crisis

%d bloggers like this: