MAREA DE VIGO POLA ELIMINACIÓN DO AMIANTO NAS LIÑAS DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE.

Marea de Vigo rexistra unha moción para a eliminación do amianto e os seus derivados das infraestruturas municipais con prioridade sobre as liñas de abastecemento de auga potable á poboación.

O Grupo Municipal considera que, dentro das inversións de Aqualia, sexa prioritario a eliminación deste material por enriba de actuacións puramente “ornamentais” .

As tubaxes de fibrocemento a base de fibras de amianto e cemento xeneralizáronse nas redes de auga europeas dende os anos 40, sendo esta unha expresión do auxe económico da industria do cemento e do sector da construción. O fibrocemento ou “amianto-cemento” é un material artificial obtido da mistura de auga, cemento e fibras de amianto, nas que estas representan entre o 10 e o 25% da mistura.

Os síntomas de enfermidade por exposición ao amianto foron durante moitos anos difíciles de detectar, xa que soen aparecer entre os 10 e os 40 anos despois da exposición ao material, Aínda así, desde 1935 coñécense os primeiros traballos que relacionan cientificamente a exposición ao asbesto e o cancro de pulmón. A substancia foi clasificada e recoñecida por organismos internacionais (Oficina internacional para a investigación do cancro, Oficina de Protección ambiental, etc..) como un canceríxeno humano, habendo relación entre a exposición ao asbesto e varios tipos de cancro, como o colonorrectal ou gastrointestinal.

A Directiva Europea 1999/77 do 26 de xullo do 1999 xa limitaba o uso e comercialización de substancias como o amianto, e por extensión, fibrocemento nas tubaxes. A través da orde do 7 de decembro do 2001, en España están prohibido o uso e comercialización de todo tipo de amianto e produtos que o conteñan. Dende 2003, están totalmente prohibidas tanto nos usos como en comercialización, esta vez, pola directiva europea 2003/18/CE, e márcase a súa substitución por outros materiais, dado o potencial perigo no tempo.

Mais, a pesar da prohibición total, en todo o ámbito do estado aínda quedan millóns de toneladas de amianto, que poden supoñer un potencial risco para a saúde. Hai dúas formas de exposición ao amianto: por inhalación (casos de demolicións de estruturas que conteñen amianto, traballos de reparación nelas ou a propia degradación da estrutura) ou por deglutición de fibras de amianto, contidas na auga ao pasar polas tubaxes de fibrocemento.

No caso de Vigo, a pesar da lexislación vixente, a cantidade de tubaxe con fibrocemento existente na cidade é moi alta, o que fai necesario e prioritario a asunción de medidas para erradicalo, así como das estruturas que tamén conten coa substancia, priorizando edificios públicos como escolas ou hospitais.

Mais, o problema non consiste exclusivamente en eliminar o material senón tamén de onde depositalo posteriormente de xeito seguro e sostible, xunto coas medidas que se deben tomar para garantir condicións de salubridade para as/os propias/os traballadoras/es que teñen que manipular e reparar este tipo de instalacións.

Na moción da Marea de Vigo, polo tanto, pídense unha serie de acordos baseados, en primeiro termo, na “realización dunha auditoría-informe sobre a cantidade e situación das conducións de auga potable de fibrocemento existentes nas redes de auga potable do Municipio, así como daqueloutras infraestruturas públicas de competencia municipal que poidan conter amianto ou dalgún dos seus derivados”, a partir do que se establecería un “Plan de Eliminación de amianto ou derivados das infraestruturas públicas municipais e en especial das correspondentes a conducións de auga potable”, establecendo un horizonte temporal próximo a partir do cal a erradicación destes materiais prexudiciais para a saúde sexa un feito.
Tanto para a diagnose da situación como para o Plan de Eliminación do amianto, para a Marea de Vigo é importante que exista colaboración doutras administracións públicas. Do mesmo xeito, pedirase á FEMP que impulse convenios de colaboración entre entidades para facilitar a erradicación destes materiais.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo, pedirá ademais que, dentro das inversións da empresa concesionaria, sufragadas con partidas posteriormente amortizadas no prezo do servizo nas facturas da veciñanza viguesa, teña prioridade a eliminación e substitución da tubaxe que conteña amianto, por enriba de ningunha outra inversión “ornamental”, dende logo non prioritaria para a saúde das e dos viguesas/es.

Advertisements

MAREA DE VIGO PRESENTA AS EMENDAS Á LEI DE ÁREA METROPOLITANA DE VIGO.

Marea-Vigo-rubenMarea de Vigo trasladou hoxe ao grupo parlamentar de AGE unha serie de emendas ao proxecto de Lei de Área Metropolitana. O Grupo Parlamentar de AGE non presentou finalmente a solicitude de devolución que garantía o debate sobre as insuficiencias da lei, e no seu lugar presentou as emendas que se lle trasladan dende este Grupo Municipal e as que elaborou o propio Grupo Parlamentar.

As emendas da Marea de Vigo están feitas baixo a filosofía da recuperación dos servizos públicos actualmente privatizados, así como do control dos servizos concesionados, incluíndo nas mesmas as garantías de cumprimento dos pregos no caso das empresas adxudicatarias de tales servizos, tal e como sempre defendeu a Marea de Vigo. Transporte, RSU, a auga, son servizos que poden ser perfectamente asumidos directamente dende a Área Metropolitana e o Grupo Municipal da Marea de Vigo considera que neste momento, co debate desta lei, ábrese a porta a cambios substanciais en materia de recuperación para a xestión pública directa.

Por outra banda, pídese artellar un estatuto de capitalidade para Vigo evitando o baleiro legal da declaración de capital semellante a capital provincial que expón o PSOE e que obrigaría a modificar a lei de bases de réxime local.pdf1

MAREA DE VIGO APOIA OS CONSENSOS DOS ALCALDES PERO OS CONSIDERA INSUFICIENTES DENTRO DUNHA LEI DE ÁREA METROPOLITANA QUE PRETENDE TER INCIDENCIA SOBRE MÁIS DE MEDIO MILLEIRO DE PERSOAS.

vigoEstando dacordo co consenso existente entre os alcaldes dos municipios da Área Metropolitana, o Grupo Municipal da Marea de Vigo considera necesario o afondamento nas materias substanciais da propia área como o transporte, a RSU ou a xestión da auga, temas que non se definen co detalle que se precisa no actual proxecto.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo considera insuficiente o contido da lei que vai ser debatida no parlamento galego, posto que soamente supón o 1% do conxunto das materias que deberían de ser debatidas na devandita lei e que serían competencia da Área Metropolitana. Actualmente a proposta está baseada na gobernanza da mesma, feito que é importante, pero non o único que debe existir na lei.

A Marea de Vigo, despois de non ter podido acceder o debate sobre a Lei de Área Metropolitana de Vigo, tal e como xa denunciou con anterioridade, onde solicitaba que este debate se dera no pleno como maior órgano de representación democrática do municipio, tal e como fixeron concellos como o de Cangas ou Moaña; vai presentar emendas substanciais sobre a mesma perante o parlamento galego, posto que considera, na liña do anteriormente exposto, que o debate sobre presidencias ou órganos xestores non poden deixar nun segundo plano asuntos tan importantes sobre os que se nos abre agora a posibilidade dun cambio real e efectivo como é a xestión do transporte, auga ou xestión de residuos. Non descartando, a través de AGE, solicitar a devolución da lei para a súa mellora.

RUBÉN PÉREZ “NON QUEREMOS QUE AQUALIA PAGUE NADA, QUEREMOS QUE DEIXE DE XESTIONAR A AUGA DE VIGO E DE LUCRARSE CO RECIBO INXUSTO QUE AGORA PAGAMOS”

dinosetoO voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo cualifica de “esperpénticas” as declaración do Concelleiro Font e considera que se a ampliación de 5 anos máis unha concesión que tarifica un consumo mínimo de 30 metros cúbicos ten un retorno para a cidade de unha ducia de setos ornamentais estamos “aviados”.

Marea de Vigo considera que de xeito directo ou indirecto, ao final se lle acaban consignando recursos públicos sen concurso e negociación a esta empresa chamada Xaroc.

Rubén Pérez, voceiro municipal da MAREA DE VIGO, acusa a AQUALIA e o Concello, de estar montando sistematicamente unha calculada cortina de fume sobre a xestión privada do subministro de auga e saneamento en Vigo.

Lembra que, inversións en humanizacións, subvencionar festas parroquiais ou agora encher Vigo de setos decorativos cun mantemento continuo, non son as función dun operador privado dunha concesión pública de auga.

Xeralmente unha parte ínfima dunha facturación elevada alimentada por un sistema tarifario inxusto sobre o que reiteradamente o pleno do Concello de Vigo acordou en estudar alternativas.

O negocio da auga privatizada sigue sendo un gran filón que permite contentar vontades como estas “aventuras xurásicas” que este goberno municipal quere emprender. Marea de Vigo considera evidente que FFC, que fíxose con gran parte dos servizos en grandes e medianos municipios e en 2001 creou un novo grupo chamado AQUALIA, converténdose nun auténtico “lobby” con poder ante concellos e partidos políticos representados.

A cidadanía responsable non vai permitir un “cambio de cromos” ante o feito de que o propio prego de concesión establece unha serie de medidas que deixan ao concello sen capacidade negociadora ante AQUALIA, sobre todo ao establecer un tope máximo de inversión en obra (saldo esgotado fai anos) e a permitir unha tarifa abusiva e que non contribúe ao aforro.

Unha familia que consuma 10 m3 e unha que consuman 30 m3 pagan case o mesmo. Xa que a primeira paga aprox 34 euros/bimestre e a segunda paga aprox 38 euros. O truco está en establecer un primeiro bloque de 30 m3, sendo esa pequena diferencia ó “canon de saneamento”, xa que por “abastecemento”, “saneamento”e “cota fixa” páganse case 33 euros aínda que non abras nin un grifo (o que ven sendo 500 litros ó día).

ESQUERDA UNIDA PIDE QUE O TELÉFONO DE INFORMACIÓN DE AQUALIA SEÑA GRATUITO E O PLAN DE INVERSIÓNS INCLÚA UNHA PARTIDA SOCIAL QUE EVITE OS CORTES DE AUGA ÁS FAMILIAS SEN RECURSOS

Pide que o Concello “audite de xeito permanente” o servizo de Aqualia que está obtendo beneficios sen inversión social equilibrada cos mesmos.

EU de Vigo considera evidente que Aqualia está facendo o que quere coas cláusulas do plego de contratación, non existe nin control das inversións prometidas e mesmo as liñas de teléfono de información teñen custe para o usuario. EU considera que como servizo público debería xestionarse dentro do tlf 010 de información municipal sen custe algún.

Igualmente duda da utilidade para o servizo de auga potable e saneamento de inversións da empresa en “embelecemento da cidade” e considera que debería empregar recursos en “políticas sociais activas de asegurar o suministro do servizo ás familias que quedan sen recursos e se lle corta a auga potable”. Nestes casos dende a empresa so se lles da pequenas moratorias de tempo que non solucionan o problema na maioría dos casos.

EU sigue defendendo a revocación da ampliación da concesión e recolle sinaturas na cidade para someter a consulta cidadá a mesma. “Miles de vigueses e viguesas están avalando coa sua firma unha xestión pública e social da auga na nosa cidade” suliña Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo

ESQUERDA UNIDA XA TEN MÁIS DE 7.000 FIRMAS DE VIGUESES PEDINDO UN REFERENDUM SOBRE A AMPLIACIÓN DA CONCESIÓN DO SANEAMENTO E A AGUA A AQUALIA

EU considera que el informe municipal presentado esta semana é un “fraude esperado” e que os acordos do pleno para tarificar soamente por consumo tomábanse co coñecemento dos tres grupos que sen tocar a concesión é imposible facelo. EU lembra que o que non paguemos os vigueses no recibo de Aqualia, esta o cobra directamente do Concello en forma de indemnización como así o fai Vitrasa no bonobús e nas lanzadeiras.

EU sigue recollendo sinaturas para pedir un referendo, fórmula presente no Regulamento de Participación cidadá, de vigueses e viguesas para solicitar que esta ampliación de concesión (que legalmente aínda non pasou por pleno) seña sometida a referendo municipal.

aqualiaEsquerda Unida está informando á cidadanía de cómo as presións que grandes corporacións como FCC fixeron ao goberno socialista de Felipe Gonzalez a nos anos 90 para que ser privatizaran todos os servizos públicos municipais non fóron alleas aos gobernos locais e en Vigo a corporación presidida por Manuel Soto decidíu privatizar o servizo en 1990 dando lugar a SERAGUA, empresa privada que modificaba sustancialmente o xeito non só de xestionar o servizo senón de FACTURALO, empezando a funcionar en adiante o sistema de pago por bloques que introducía o feito de que pagábase un primerio bloque de 30 metros cúbicos aínda que a maioría dos veciños e veciñas non chegaban a tal consumo.

O negocio da auga privatizada foi vento en popa, FFC fíxose con gran parte dos servicios en grandes e medianos municipios e en 2001 creou un novo grupo chamado AQUALIA que convertíuse nun auténtico lobby con poder ante concellos e partidos políticos representados.

O propio plego de concesión establecía unha serie de medidas que deixaron ao concello sen capacidade negociadora ante AQUALIA, sobre todo ao establecer un tope máximo de inversión en obra (saldo agotado fai anos) e a permitir unha tarifa abusiva e que non contribúe ao aforro,  por poñer un exemplo: unha familia que consuma 10m3 e unha que consuman 30m3 pagan case o mesmo. Xa que a primeira paga 34,24 euros/bimestre e a segunda 30m3 paga 38,42 euros. O truco está en establecer un primeiro bloque de 30m3, sendo esa pequena diferencia ó “canon de saneamento”, xa que por “abastecemento”, “saneamento”e “cota fixa” páganse 32,15 euros aínda que non abras nin un grifo.

EU considera que a irresponsabilidade do goberno municipal na ampliación por cinco anos máis da concesión incapacita ao goberno local de conquerir calqueira solución a este problema.

RUBÉN PÉREZ (EU): QUE SE PRORROGUE Á CONCESIÓN A AQUALIA A CAMBIO DE INVERSIÓN EN OBRA PÚBLICA É INDIGNANTE. A APERTURA DUN NOVO CONCURSO PÚBLICO É IMPRESCINDIBLE PARA GARANTIR UN SERVICIO DE AUGA E SANEAMENTO SOSTIBLE, PÚBLICO E SOCIAL

ESQUERDA UNIDA di que unha prórroga dunha concesión que consagra tramos de consumo intolerables para as economías familiares é unha noticia negativa ao tempo que estudará a legalidade de dita prórroga”.

Para EU os incrementos de tarifas dende a privatización do servicio nos 90 foron monumentais, sobre todo nunha cidade donde a maioría das familias consume realmente menos de eses 30 metros cúbicos fixo de agua que se aplica ao primeiro tramo da tarifa. Igualmente a excusa da empresa do agotamento das inversións recollidas no plego fai que dende anos non se melloren acometidas e se mellore a rede ante a indiferencia cómplice das corporacións que fóronse sucedendo con maiorías do PSOE, BNG e PP.

Para EU, a finalización da concesión de AQUALIA é un momento idóneo para plantexar a volta a unha EMPRESA MUNICIPAL DE AUGAS e evitar xestión privada de calquera das fases do ciclo integral da auga e polo tanto o artellamento dunha política de taxas e canons claramente progresiva. Consideraos que é necesario un novo modelo de xestión que incentive o aforro no uso doméstico, de servicios e industrial, que obrigue ás industrias á depuración selectiva das súas augas residuais e a reciclalas correctamente, que obrigue a reutilizar a auga depurada na EDAR, aireada e saneada, para usos de xardiñería e limpeza de rúas.

Para o coordenador local de EU, Rubén Pérez. “Non podemos permitir que unha empresa privada siga empregando as malas decisións políticas: privatizacións, plegos con cláusulas desventaxosas para o Concello…. como escudo para enriquecerse á costa dun dereito como é a auga, un dereito que ten que ser, como tal, público e que busque a xustiza impositiva na sua sustentabilidade económica”.

%d bloggers like this: