RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): O ABANDONO DE PEMEX DA INVERSIÓN EN BARRERAS CONFIRMA AS SOSPEITAS DA INTENCIÓN REAL DA COMPRA DO ASTELEIRO.

barreras-astillero-vigo--644x362O CANDIDATO DE EU Á ALCALDÍA DE VIGO LEMBRA QUE EN 2013 O GOBERNO RESPONDEU A EU QUE QUE BARRERAS TIÑA QUE SOMETERSE ÁS “SOLUCIÓNS DE MERCADO” E DESCARTABA A INTERVENCIÓN PÚBLICA NO ASTELEIRO, FEITO QUE IMPOSIBILITA AGORA RETOMAR A PARTICIPACIÓN PÚBLICA ANTE A MALA XESTIÓN PRIVADA.

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo e candidato de EU á alcaldía de Vigo, considera que un eventual abandono de Pemex das inversións no asteleiro obriga ao goberno a dar a batalla por un sector naval público recuperando asteleiros privatizados e que xa non pode o goberno ampararse no artigo 107.1 do Tratado de Funcionamento da UE amosa que “admite que o modelo actual de construcción europea é incompatible coa defensa dos sectores productivos xeneradores de emprego en Galicia”

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo, sigue considerando que o goberno ten que tomar todas as medidas necesarias para salvagardar os intereses públicos e o ben xeral evitando que o diñeiro público invertido nesta empresa e o esforzo fiscal de quitas e axudas acabe sendo pasto de intereses alonxados do interese xeral.

O coordinador local de EU lembra que EU considerou en 2013 “indignante” que a solución que a Xunta para un asteleiro que no seu día foi público fóra a venta a unha multinacional mexicana da que “non se coñecía máis interes que apropiarse do know-how da construcción naval”

ESQUERDA UNIDA sigue defendendo que, ao igual que Francia e Holanda, teríamos seriamente que enfrontarnos á lexislación europea en materia de presencia pública no sector da construción naval. Pide que se tomen medidas de “urxencia estratéxica” como en Francia está facendo o goberno cos asteleiros TX en Saint-Nazaire, especializados en cruceiros, que o goberno pretende nacionalizar “aínda contravindo as leis europeas” para salvagardar a “industria estratéxica do país”

Advertisements

ESQUERDA UNIDA, O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA E A XUVENTUDE COMUNISTA, PIDEN A MOBILIZACIÓN DA CIDADE DE VIGO EN DEFENSA DA SÚA INDUSTRIA.

cartel_industriaAs tres forzas apoian a mobilización convocada por CCOO en Vigo o domingo 9 de Novembro, e consideran crítica a situación do emprego e do futuro do sector industrial.

EU, PCG e XC consideran extremadamente graves os anuncios de EREs, recortes salariais e en dereitos laborais que están a anunciarse veladamente, ou de xeito formal, en empresas como PSA, Gestamp, etc… que xustifican a convocatoria inmediata de folgas e mobilizacións nos centros de traballo.

Os replantexamentos de modelos productivos no sector da automoción, nomeadamente o abandono do sistema de fabricación just-in-time, que obrigaba a ter os proveedores ubicados xeograficamente no entorno das plantas, aceleran a deslocalización que xa viñamos sufrindo a clase traballadora, xunto con outras medidas, propiciadas pola reforma laboral, que están a destrozar as relacións laborais, e invalidando a capacidade da negociación colectiva.

Por outra banda, estase a cronificar a precariedade no sector naval, dada tanto pola represión sindical mediante “listas negras” nalgúns asteleiros, como pola ausencia dunha política fortalecedora do sector naval no seu conxunto, xa que a que se está a aplicar, fomenta unha competitividade entre as empresas do sector en canto os custes, recortando éstas polo tanto, en custes e dereitos laborais, utilizando tamén todas as ferramentas precarizadoras aportadas na reforma laboral.

A continua perda de peso do sector industrial de Vigo, e a masa asalariada vinculada a éste, está repercutindo na economía da cidade, especialmente no sector servizos, no consumo, etc. polo tanto, a loita pola defensa do tecido industrial da cidade e o futuro da mesma, é unha responsabilidade colectiva.

PCG, EU e XC fan polo tanto un chamamento á mobilización convocada este domingo pola defensa da industria con emprego e con dereitos que sairá as 11:30  do cruzamento entre Urzaiz/Vía Norte.

O GOBERNO RESPONDE A ESQUERDA UNIDA QUE BARRERAS TEN QUE SOMETERSE ÁS “SOLUCIÓNS DE MERCADO” E DESCARTA A INTERVENCIÓN PÚBLICA NO ASTELEIRO

barreras-astillero-vigo--644x362O goberno contestou á pregunta remitida por Esquerda Unida de Vigo en maio de 2013 solicitando a nacionalización do asteleiro e a declaración de sector estratéxico e sistémico do sector naval e descarta intervir como así o fixo na banca ao entender que esta si ten un carácter sistémico e o sector naval non

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo, considera que o goberno efectivamente ten renunciado a dar a batalla por un sector naval en Galicia e no estado e que a propia resposta do goberno, amparandose no artigo 107.1 do Tratado de Funcionamento da UE amosa que “admite que o modelo actual de construcción europea é incompatible coa defensa dos sectores productivos xeneradores de emprego en Galicia”

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo, sigue considerando que o goberno ten que tomar todas as medidas necesarias para salvagardar os intereses públicos e o ben xeral evitando que o diñeiro público invertido nesta empresa e o esforzo fiscal de quitas e axudas acabe sendo pasto de intereses alonxados do interese xeral.

O coordinador local de EU considera “indignante” que a solución que a Xunta ten para un asteleiro que no seu día foi público sexa a venta a unha multinacional mexicana e considera que ao igual que fai Francia e Holanda teríamos seriamente que enfrontarnos á lexislación europea en materia de presencia pública no sector da construción naval. Pide que se tomen medidas de “urxencia estratéxica” como en Francia está facendo o goberno cos asteleiros TX en Saint-Nazaire, especializados en cruceiros, que o goberno pretende nacionalizar “aínda contravindo as leis europeas” para salvagardar a “industria estratéxica do país”

EU defende que o goberno central actúe defendendo o artigo 128 da constitución española que dí:
“Toda la riqueza del país en sus distintas formas y sea cual fuere su titularidad está subordinada al interés general. Se reconoce la iniciativa pública en la actividad económica. Mediante ley se podrá reservar al sector público recursos o servicios esenciales, especialmente en caso de monopolio y asimismo acordar la intervención de empresas cuando así lo exigiere el interés general.”

ADXUNTAMOS REPOSTA DO GOBERNO Á PREGUNTA DE ESQUERDA UNIDAICONO PDF

ESQUERDA UNIDA DE VIGO TRASLADA UNHA BATERÍA DE PREGUNTAS AO DEPUTADO GASPAR LLAMAZARES NA COMPARECENCIA DE HOXE DO MINISTRO DE INDUSTRIA JOSE MANUEL SORIA HOXE NO CONGRESO

EU, que solicitara formalmente a comparecencia a través do deputado Llamazares considera que o esforzo das organizacións sindicais teñen sido claves para que o goberno retome os esforzos por impedir o afundimento do sector naval.

Na comparecencia IU cuestionará a estratexia levada a cabo estes meses polo goberno, incapaz de plantarlle cara á comisión europea e nomeadamente ao comisario Almunia e cunha reacción tardía a poucos días da resolución final do colexio de comisarios.

EU considera necesario implementar medidas de control público nos asteleiros privatizados, considerándoo como sector estratéxico para evitar a reducción drástica de emprego que desde 2007 e até 2011 aconteceu (máis do 27% o que supuxo a perda de 40.000 postos de traballo no conxunto do sector.

Igualmente Llamazares recriminará ao ministro Soria a falla de cumprimentos das promesas de carga de traballo e sistemas de financiación axeitados para a construcción naval anunciados a bombo e prato polo goberno.

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): “ALMUNIA SE LLE QUEDA ALGO DE DIGNIDADE QUE NON PISE VIGO NO QUE LLE RESTA DE VIDA”

barreras-astillero-vigo--644x362PARA O COORDENADOR LOCAL DE EU, A DECISIÓN DO COLEXIO DE COMISARIOS DA DEVOLUCIÓN DAS BONIFICACIONS OBTIDAS MEDIATE O SISTEMA DO TAX LEASE ENTRE 2007 E 2011 AMOSA QUE ESA EUROPA DE MAASTRICH É UNHA PATRAÑA QUE DESTRÚE A INDUSTRIA DO NOSO PAÍS FRONTE A INTERESES DE LOBBIES CON MÁIS PODER DECISORIO.

EU considera nefasta a xestión do goberno autonómico do PP en Galicia e o do estado, que simplemente reaccionaron na última semana previa á resolución. Para EU hoxe asinouse o fin non só do sector naval senón a entrada en barrena definitiva da economía productiva viguesa.

EU considera que non existe alternativa seria para a construcción naval que non implique a axuda e soporte financeiro público, o resto son xiros baseados na economía especulativa que acaban causando desastres como o tax lease polo que seguirá defendendo a nacionalización dos asteleiros privatizados.

EU chama a mobilización sostida e a rebelión cidadá contra este “tiro de gracia” no futuro da nosa comarca e de localidades asturianas, bascas, canarias, etc…

EU pedirá unha comparecencia de urxencia do ministro Soria na comisión permanete do Congreso dos Deputados

ESQUERDA UNIDA DE VIGO TRASLADA AO SEU GRUPO PARLAMENTARIO UNHA PREGUNTA AO GOBERNO SOBRE A ADSCRIPCIÓN DE PYMAR AO CONCURSO DE ACREEDORES DE VULCANO

O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez,  deu traslado hoxe ao grupo parlamentario de IZQUIERDA UNIDA-A ESQUERDA PLURAL unha pregunta dirixida ao goberno solicitando que interveña ante PYMAR para que este se incorpore ao concurso de acreedores de VULCANO e se evite un peche que sería demoledor para o futuro de Vigo.

 ESQUERDA UNIDA considera que a acción do goberno é indispensable para que os administradores de PYMAR actúen favorablemente aos intereses da plantilla de VULCANO, os principais sufridores dunha situación que eles non provocaron e que ESQUERDA UNIDA carga nos administradores do asteleiro e as súas aventuras especulativas como a compra do asteleiro xixonés Juliana.

ESQUERDA UNIDA considera que o ministerio de industria ten que poñer en valor o mantemento dos postos de traballo no sector, a consolidación futura do sector na ría de Vigo antes que os balances económicos dos grupos accionariais que levaron a este asteleiro vangarda de traballos tan importantes como os sísmicos 533, a unha situación crítica.

Na mesma pregunta EU interpela ao goberno se está dando pasos firmes para elaborar un plan de defensa do sector naval ante os riscos reais de desaparición do mesmo que problemas como este e o TAX LEASE están provocando.

Pregunta parlamentaria

 

O EMPREGO POR RIBA DE TODO COMO EIXO ESENCIAL DO PROGRAMA DE ESQUERDA UNIDA, INVERTIR EN EMPREGO NON É UN GASTO SENÓN UNHA INVERSIÓN

Rubén Pérez, candidato ao Congreso dos Diputados pola provincia de Pontevedra reuniuse hoxe co Comité de Empresa de Barreras onde deu traslado ás propostas de EU en materia de emprego suliñando que frente ao que expoñen os grandes partidos hai marxe para que o estado invirta no sector industrial mediante o endebedamento e o gasto público (actualmente moi por debaixo da media europea). 

Rubén Pérez lembra que o comezo do problema dos asteleiros como Barreras foi cando en 1997 privatizaronse e entregaronse a empresas “fantasmas”, algunhas delas con sede en paraísos fiscais que tiñan como único fin a especulación.

En materia de xeración emprego ESQUERDA UNIDA propón 3 medidas fundamentais:

1- Crear emprego dende o público, porque hoxe as empresas teñen moitas dificultade para crealo sen axuda.

2- Apoiar ás pequenas empresas e autónomo para que estén en condicións de crear emprego.

3- Redistribuir e racionalizar o emprego existente.

 O plan de choque creará máis de 600.000 emprego a través dun Programa de empregos verdes que comprenden reforestación, explotación e mantemento de superficies forestais (300.000 empregos), un programa de rehabilitación sostible de vivendas residencias (200.000 empregos) e un plan de Empregos Sociais, para asegurar o desenvolvemento da Lei de Dependencia e determinado servizo da Administración (170.000 empregos).

Non hai que esquecer aos que remataran as súas prestación para eles, crearase un Plan de Formación/Emprego para atender a situación dos parados e das paradas que esgotaran as súas prestacións en colaboración cós Concellos (300.000 empregos, incluídos 20.000 formadores e formadoras).

 E para repartir o traballo existente, Esquerda Unida propón unha reducción por Lei da xornada laboral a 35 horas (mantendo a retribución), a compensación da reducción da xornada nas empresa e nas Administracións Públicas xerarían 400.000 postos de traballo segundo as sús estimacións.

 Ante a cuestión da financiación destas medidas, Rubén Pérez fala dunha reforma fiscal xusta, loita contra a economía sumerxida e o fraude fiscal, a racionalización do gasto público, unha Banca Pública que facilite o crédito e a construcción dun novo modelo produtivo baseado na defensa do público e no papel do público.

%d bloggers like this: